Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Antropoloxía Social
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Poñer en contacto o estudo dos alimentos dende un punto de vista tecnolóxico coa disciplina antropológica tendo en conta que a alimentación humana é tamén un feito cultural.
Coñecer as achegas teóricas da antropología e a súa evolución no estudo dos comportamentos alimentarios do ser humano.
Percibir a produción, distribución e consumo de alimentos como factores que marcan as pautas de diferenciación e identificación das diferentes sociedades desde unha dobre perspectiva: diacrónica e sincrónica.
Tema 1: Cultura e culturas. Conceptos definitorios e características das culturas
Tema 2: A alimentación, un fenómeno biocultural
Tema 3: A variabilidade cultural da alimentación.
Tema 4: A alimentación como feito simbólico e ideolóxico.
Tema 5: Producción, distribución e consumo de alimentos nos distintos tipos de sociedades. O proceso de industrialización dos alimentos.
Tema 6: Alimentación e identidade cultural nun mundo globalizado
Tema 7: Alimentación e diferenciación social: xénero, xeración e clase
Tema 8: Obesidade, anorexia, vigorexia, ortorexia: doenzas socio-culturais das sociedades da abundancia
Seminarios
Alimentación e migracións en Galicia
Multidimensionalidade alimentaria a través das nosas fotografías (obradoiro)
Cineforum, co documental “Darwin´s Nightmare"
A fame nunha perspectiva multidimensional
Bibliografía básica
Cantarero, L. (2012) Antropología de la alimentación en España, Barcelona, Editorial UOC
Contreras, J. y Gracia, M. (2005) Alimentación y cultura. Perspectivas antropológicas. Barcelona Ariel.
Goody, J. (1995) Cocina, cuisine y clase, Barcelona, Gedisa.
Gracia Arnaiz, M. (2002) Somos lo que comemos estudios de alimentación y cultura en España, Barcelona, Ariel.
Bibliografía complementaria
Conde, D.; Rivero, B.; Juárez, M. e Medina, F. (2024). Popular ayer, foodie hoy. Sabor, comida, clase y distinción en el siglo XXI, Madrid, Mc Graw Hill.
Contreras, J. (1993) Antropología de la Alimentación. Eudema.
Contreras, J. (comp.)(1995) Alimentación y cultura. Barcelona, Gedisa.
Fischler, C. (1995) El (H)Omnívoro, Barcelona, Anagrama.
Gracia, M. (1998) La trasformación de la cultura alimentaria. Cambios y permanencias en su contexto, Madrid, Ministerio de Cultura.
Gefre, Ch. et alt. (1988) El imperio de la hamburguesa, Barcelona, Gedisa.
Harris, M. (1997) Caníbales y Reyes, Madrid, Alianza Editorial.
Harris , M. (1999) Bueno para comer, Madrid, Alianza Editorial.
Mintz, S. (1996): “Enduring substances, trying theories: the Caribean region as oikoumene”, en Royal Anthropological Institute: 2(2): pp.291-311.
Mintz, S. (1999), “La comida como un campo de combate ideológico”, en VIII Congreso de Antropología, Santiago de Compostela, FAAEE.
Medina, F. Xavier , ed. / Alonso, R. / Grande Covián, Francisco , pr., (1996) La Alimentación mediterránea historia, cultura, nutrición, Barcelona, Institut Català de la Mediterrània d'Estudis i Cooperació Icaria cop.
Mennell, S. et alt. (1992) The sociology of food: eating, diet and culture, Londres, Sage Publications.
Ritchie, C. (1988) Comida y civilización, Madrid, Alianza.
Sasson, A. (1993) La alimentación del hombre del mañana, Barcelona, Reverté.
CB1.- Que os estudantes teñan demostrado poseer e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e soe atoparse a un nivel que, si ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúee tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha re exión sobre temas relevantes de índole social, cientí ca ou ética.
CB4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5.- Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía
CG1 Recoñecer os elementos esenciais da profesión de Nutricionista Dietista, incluíndo os principios éticos, as responsabilidades legais e o exercicio da profesión, aplicando o principio de xustiza social ao exercicio profesional e desenvolvéndoo con respecto ás persoas, os seus hábitos, crenzas e culturas.
CG2 Desenvolver a profesión con respecto aos demais profesionais da saúde, adquirindo habilidades para traballar en equipo
CG3 - Recoñecer a necesidade de manter e actualizar a competencia profesional, prestando especial importancia á aprendizaxe, de forma autónoma e continua, de novos coñecementos, produtos e técnicas en nutrición e alimentación, así como á motivación pola calidade.
CG4 Coñecer os límites da profesión e as súas competencias, identificando cando é necesario un tratamento interdisciplinar ou a derivación a outro profesional.
CG5 Comunicarse de forma eficaz, tanto de forma oral como escrita, coas persoas, cos profesionais da saúde ou do sector e cos medios de comunicación, sabendo utilizar as tecnoloxías da información e da comunicación, especialmente as relacionadas coa alimentación e os hábitos de vida
CG6 Coñecer, valorar criticamente e saber utilizar e aplicar fontes de información relacionadas coa nutrición, a alimentación, os estilos de vida e os aspectos de saúde.
CG7 Ter capacidade para elaborar informes e completar rexistros relacionados coa intervención profesional do Dietista-Nutricionista.
CG29 ‐ Adquirir a formación básica para a actividade investigadora, sendo capaces de formular hipóteses, recoller e interpretar a información para a resolución de problemas seguindo o método cientí co, e comprendendo a importancia e as limitacións do pensamento cientí co en materia sanitaria e nutricional.
CE3 Coñecer a estatística aplicada ás Ciencias da Saúde. Coñecer as bases psicolóxicas e os factores biopsico-sociais que inciden no comportamento humano.
CE4. Coñecer a evolución histórica, antropolóxica e sociolóxica da alimentación, a nutrición e a dietética no contexto da saúde e a enfermidade.
CE5. Coñecer os distintos métodos educativos de aplicación nas ciencias da saúde, así como as técnicas de comunicación aplicables na alimentación e na nutrición humana.
CE7. Adquirir habilidades de traballo en equipo como unidade na que se estruturan de forma unificada os profesionais multidisciplinares e interdisciplinares e demais persoal relacionado coa avaliación diagnóstica e o tratamento da dietética e nutrición.
CE8. Coñecer o sistema sanitario español e os aspectos básicos relacionados coa xestión dos servizos sanitarios, fundamentalmente os relacionados cos aspectos nutricionais.
CE9. Describir os fundamentos antropolóxicos da alimentación humana.
Describir e argumentar as desigualdades culturais e sociais que poden incidir nos hábitos de alimentación.
ME1.- As clases maxistrais consistirán na explicación, por parte do persoal docente, axudándose dos medios que considere oportunos, dos contidos da materia reflictidos na guía docente anual.
ME2.- Os seminarios serán preparados polo alumnado divididos en grupos, realizando revisións dos aspectos avanzados da asignatura, recopilando, analizando críticamente e presentando a información con apoio de tecnoloxías da información.
ME3.- Ao longo do curso ofertaranse ao alumnado sesións voluntarias dunha hora para grupos pequenos de alumnos. Nas titorías de grupo aclararanse dúbidas acerca dos contidos da materia. Nestas sesións poderanse analizar respostas dos/as alumnos/as aos cuestionarios facilitados na Aula Virtual para o seguimento da materia.
Todas as tarefas do estudantado (estudo, traballos, lecturas) serán orientadas polo persoal académico nas sesións de titoría en grupo (ME4) ou individuais (ME8).
Como recurso fundamental empregarase o Campus Virtual da USC (Moodle)
Visitas de estudo
Están previstas 2 saídas na cidade, relacionadas coa materia (mercado, banco de alimentos, zona hostelera), que serán realizadas en venres (sesión de duas horas).
Prevese tamén unha saída de estudo fora da cidade, para coñecer a realidade do sector pesqueiro da provincia (A Mariña).
A avaliación do nivel de capacidades e coñecementos teóricos adquiridos polo alumnado, correspondentes ás clases expositivas e interactivas, realizarase a través dun exame, que consistirá nunha proba escrita. As competencias avaliadas nesta proba serán CB 1, 2, 3, 4 e 5; CX 1 e 29; CT 1, 6, 9, 10 e 11 e CE 4, 5, 6, 9. A nota obtida supoñerá o 70% da nota total.
A avaliación do nivel de competencias, coñecementos, habilidades, destrezas, actitudes e valores adquiridos coa preparación e realización das sesións interactivas realizarase de maneira continuada ao longo de todo o semestre e de xeito específico a través de duas exposición grupais nas sesións reservadas para tal efecto ao longo do semestre. As competencias avaliadas nesta proba serán CB 1, 2, 3, 4 e 5; CX 22; CT 1, 3, 6, 9, 10 e 11 e CE 4, 5, 6, 7 e 9. A nota desta avaliación supoñerá o 30% da nota total.
É imprescindíbel acadar unha cualificación de 5 sobre 10 en ámbalas dúas partes da avaliación para superar a materia
O alumnado que solicite DISPENSA DE ASISTENCIA ás aulas deberá, OBRIGATORIAMENTE, poñerse en contacto coa docente no comenzo do semestre para comunicar esa excepcionalidade. Ao longo do mesmo, ese contacto manteráse a través de medios electrónicos (de xeito específico, mediante a aula virtual, pero tamén a través do e-mail), estando este alumnado suxeito ás mesmas provas que o alumnado asistente.
PESO PORCENTUAL NA CUALIFICACIÓN FINAL DE AMBOS TRAMOS (alumnado asistente e con dispensa)
Avaliación continua 30% - Exame 70% - Total 100%
O ALUMNADO DE 2ª CONVOCATORIA (repetidor) pode optar por implicarse en todas as actividades que realiza o alumnado ordinario desde inicios do semestre, e neste caso estaría a todos os efectos dentro da casuística xeral.
Se decide non participar da actividade ordinaria da materia, de cara á avaliación deberá facer unicamente a proba final (a mesma que o alumnado habitual) e respéctanselle as cualificacións obtidas o curso anterior nos restantes apartados obxecto de avaliación, no caso de ter realizadas as actividades de avaliación establecidas. En caso de non ter realizadas ditas actividades: non se computarán as actividades de avaliación continua, sumando o exame o 100%:
Actividades de avaliación continua– ponderación 30%; Exame – ponderación 70%.
De calquera maneira, con carácter xeral o alumnado repetidor deberá poñerse en contacto coa docente (empregando o horario de titorías) dentro das dúas primeiras semanas de curso, a fin de acordar o plan de traballo específico que en cada caso se seguirá.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das calificacións".
Actividade: Horas traballo alumno Créditos ECTS
Clases maxistrais 40 60
Seminario 8 16
Titorías Grupo 3 3
Traballos Indiv. 3 67
SubTotal 51
Realización exames e revisión 4 4
A asistencia ás clases presenciais, a participación nas sesións e a realización das tarefas prácticas.
A dedicación continuada ó estudo da materia.
A adquisición dun hábito lector áxil e eficaz, xunto a unha actitude crítica e analítica dos textos e materiais didácticos.
O dominio dos conceptos teóricos que se verá moi reforzado coa utilización constante das lecturas recomendadas na bibliografía.
- Lingua na que se imparte a materia: galego.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual, salvo sexa indicado o contrario.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados, segundo as recomendacións da USC.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, MS-Teams e outras ferramentas institucionais.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Obrigatoriedade do cumprimento da Normativa de protección de datos.
Luzia Oca Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Antropoloxía Social
- Teléfono
- ext 24732
- Correo electrónico
- luzia.oca [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
Venres | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
12:00-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
29.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
29.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
02.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 4 PLANTA BAIXA |
02.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 7 PLANTA BAIXA |