Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Zooloxía
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Coñecer e comprender a estrutura e funcionamento da célula e dos elementos que a compoñen.
• Coñecer e comprender o ciclo celular e os procesos de diferenciación e envellecemento, integrándoos cos mecanismos de comunicación celular e as súas implicacións para a patoloxía celular e a aparición de cancros.
• Identificar os modelos básicos de tecidos no home e os diferentes tipos de células que os compoñen.
• Proporcionar unhas nocións elementais de xenética para que o alumno entenda como se transmiten os caracteres.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
TEORÍA: Introdución á célula eucariótica. Superficie celular. Estrutura e función da membrana plasmática. Núcleo celular. Envolta nuclear e tráfico entre núcleo e citoplasma. Tráfico vesicular, secreción e endocitose. O citoesqueleto e a motilidade celular. Ciclo celular e a súa regulación. Comunicación celular. Diferenciación e proliferación celular. Cancro. Patoloxía celular, envellecemento e morte celular. Fundamentos de xenética. Bioloxía molecular na nutrición humana. PRÁCTICAS: Observación de distintos tipos de células en fresco mediante contraste de fases e tincións. Tincións vitais para determinar a viabilidade celular. Ciclo celular e cariotipado. Determinación de polimorfismo enzimático.
Estos contidos serán desenvolvidos de acordo co seguinte temario:
TEORÍA
Organización e funcionamento celular
Tema 1.- Introdución á célula eucariótica. Niveis de organización en bioloxía. Características da célula procariótica. Características da célula eucariótica, orixe, estructura e tipos principais. Membrana celular. Núcleo. Citosol. Organelas celulares. Citoesqueleto e movemento.
Tema 2.- Superficie celular, estrutura e función da membrana plasmática. Modelo de mosaico fluído. Compoñentes da membrana plasmática. Lípidos. Proteínas. Hidratos de carbono (glicocálice). A renovación da membrana plasmática.
Tema 3.- Núcleo celular. Envolta nuclear e tráfico entre núcleo e citoplasma. Características xerais e propiedades do núcleo. Envoltura nuclear. Cisterna perinuclear. Lámina nuclear. Poros nucleares. Tráfico entre núcleo e citoplasma. A cromatina. Os cromosomas. O nucléolo. Os procesos de replicación, transcripción e traducción.
Tema 4.- Tráfico vesicular, secreción e endocitose. A permeabilidade da membrana plasmática. Transporte mediado por proteínas. Endocitose: pinocitose e fagocitose. Exocitose: secreción constitutiva e secreción regulada. Distribución e transporte de proteínas: RE, complexo de Golgi e lisosomas.
Tema 5.- Citoesqueleto e motilidade celular. Compoñentes do citoesqueleto. Miofilamentos e microfilamentos. Filamentos intermedios. Os microtúbulos. Centríolos, pestanas e flaxelos. Movemento ameboide, movemento de fibroblastos, o movemento ciliar e movemento de flaxelos.
Tema 6.- Comunicación celular. Interacións célula-célula. Unións celulares entre si e coa matriz extracelular. Moléculas sinalizadoras: neurotransmisores, hormonas e mediadores químicos locais. Receptores intracitoplasmáticos. Receptores de superficie.
Tema 7.- Ciclo celular e a súa regulación. Introducción. Fases do ciclo celular: mitose (M) e interfase (G1, S e G2). A regulación do ciclo celular: punto de restrición, puntos de control e reguladores da progresión do ciclo celular. Sucesos da fase M. Meiose.
Tema 8.- Diferenciación e proliferación celular. Desenvolvemento embrionario. A diferenciación celular e a formación de tecidos e órganos. Proliferación das células diferenciadas. Células nai e mantemento de tecidos adultos.
Tema 9.- Patoloxía celular, envellecemento e morte celular. Factores de natureza física, química e biolóxica que cambian a función normal da célula eucariótica. Envellecemento celular, as teorías e as causas. A morte celular: necrose e apoptose.
Tema 10.- Cancro. Tipos de cancro. Desenvolvemento do cancro. Mecanismos de transformación de células normais nun tumor: oncoxenes e xenes supresores dos tumores. Propiedades das células cancerosas.
Xeralidades de organización tisular
Tema 11.- Tecidos epiteliais. Características e funcións do epitelio. Epitelio de revestimento. Epitelio glandular: glándulas exócrinas e endócrinas. Renovación das células epiteliais.
Tema 12.- Tecidos conxuntivos. Tecido conxuntivo propiamente dito: tecido conxuntivo embrionario e do adulto, tipos de fibras, sustancia fundamental, líquido tisular, células do tecido conxuntivo. Tecidos conxuntivos especializados: adiposo, sangue, cartilaxe e óseo.
Tema 13.- Tecido muscular: Introdución. Músculo estriado esquelético: características, tipos de fibras, o ciclo da contracción. Músculo estriado cardíaco. Músculo liso. Capacidade de renovación das células musculares.
Tema 14.- Tecido nervioso: Neuronas. Sinapse. Neuroglía. Fibras nerviosas. Tecido conxuntivo do SNC.
Nocións de xenética
Tema 15.- Fundamentos de xenética. Base cromosómica da herdanza. Cariotipo. Haploidía, diploidía e poliploidia. Sexualidade. Meiose. Xenética mendeliana. Dominancia. Alelismo múltiple. Enfermidades debidas a un xen. Pleiotropia. Penetrancia e expresividade.
PRÁCTICAS
Práctica 1.
Introducción ás ferramentas e técnicas de estudo da célula e dos tecidos. Uso do microscopio óptico.
Práctica 2
Estudo de cortes de tecido muscular estriado esquelético e cardiaco e muscular liso.
Estudo de cortes de oso e de osificación endocondral.
Estudo de una extensión de sangue.
Práctica 3.
Estudo de cortes de pel, arterias, veas e nervios.
Estudo de cortes de esófago, estómago e intestino.
Estudo de cortes de páncreas e fígado.
Práctica 4.
Estudo de cortes de tráquea e pulmón.
Estudo de cortes de ril, tiroides e paratiroides
Estudo de cortes de testículo e ovario.
Alberts, B.; Johnson, A.; Lewis, J.; Raff, M.; Roberts, K. & Walter, P. (2016).- Biología molecular de la célula. 6ª ed. Ed. Omega, Barcelona, 1472 pp.
Becker, W. M.; Kleismith, L. J. & Hardin, J. (2007).- El mundo de la célula. Ed. Pearson Educación S. A., Madrid, 970 pp.
Cooper, G. M. & Hausman, R. E. (2017).- Cooper´s La célula. Ed. Marbán Libros S. L., Madrid, 798 pp.
Junqueira, L.C.; Carneiro, J. (2022). Histología básica: Texto y Atlas. 13ª ed. Ed. Médica Panamericana S. A., Madrid, 608 pp.
Paniagua, R.; Nistal, M.; Sesma, P.; Álvarez-Uría, M.; Anadón, R.; Fraile, B.; Sáez, FJ. (2003). Biología celular. 2ªed. Ed. Interamericana-McGraw-Hill., Madrid, 381 pp.
Ross, M. H. & Pawlina, W. (2020). Histología. Texto y Atlas. Correlación con Biología Molecular y Celular. 8ª ed. Ed. Wolters Kluwer, Barcelona, 1045 pp.
Stevens, A.; Lowe, J. (2007). Histología humana. 3ª ed. Ed. Elsevier, Barcelona, 464 pp.
Competencias básicas:
CB1 - Que os estudantes teñan demostrado posuir e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita acadarse a un nivel que, si ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación de una forma profesional e que posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de recoller e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes teñan desenvolvidas aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía.
Competencias xerais:
CG1 - Recoñecer os elementos esenciais da profesión do Dietista-Nutricionista, incluindo os principios éticos, responsabilidades legais e o exercicio da profesión, aplicando o principio de xusticia social á práctica profesional e desenvolvendoa con respeto ás persoas, ós seus hábitos, crenzas e culturas.
CG2 - Desenvolver a profesión con respeto a outros profesionais da saúde, adquirindo habilidades para traballar en equipa.
CG3 - Recoñecer a necesidade de manter e actualizar a competencia profesional, prestando especial importancia ó aprendizaxe, de maneira autónoma e continuada, de novos coñecementos, produtos e técnicas en nutrición e alimentación, así como a motivación por a calidade.
CG4 - Coñecer os límites da profesión e as súas competencias, identificando cando é necesario un tratamento interdisciplinar ou a derivación a outro profesional.
CG5 - Facer a comunicación de xeito efetivo, tanto de forma oral como escrita, coas persoas, os profesionais da saúde ou da industria e os medios de comunicación, sabendo utilizar as tecnoloxías da información e da comunicación especialmente as relacionadas con nutrición e hábitos de vida.
CG6 - Coñecer, valorar críticamente e saber utilizar e aplicar as fontes de información relacionadas con nutrición, alimentación, estilos de vida e aspectos sanitarios.
CG7 - Ter a capacidade de elaborar informes e cumplimentar rexistros relativos á intervención profesional do Dietista- Nutricionista.
CG29 - Adquirir a formación básica para a actividade investigadora, sendo capaces de formular hipótesis, recoller e interpretar a información para a resolución de problemas seguindo o método científico, e comprendendo a importancia e as limitacións do pensamento científico en materia sanitaria e nutricional.
Competencias transversais:
CT1: Capacidade de análise e síntese.
CT3: Capacidade para traballar en equipa (incluida en CG2)
CT5: Capacidade para usar tecnoloxías da información e comunicación (incluida en CG5).
CT6: Capacidade para xestionar a información (incluida en CG6).
CT9: Capacidade para transmitir coñecementos (incluida en CG5).
CT12: Capacidade para utilizar información en lengua extranxeira.
Competencias específicas:
CE1: Coñecer os fundamentos químicos, bioquímicos e biolóxicos de aplicación en nutrición humana e dietética.
CE2: Coñecer a estructura e función do corpo humano desde o nivel molecular ao organismo completo nas distintas etapas da vida.
CE7: Adquirir habilidades de traballo en equipa como unidade na que se estruturan de xeito uni ou multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais e o resto do persoal relacionado coa avaliación diagnóstica e tratamento de dietética e nutrición.
As clases maxistrais consistirán na explicación, por parte do persoal académico, coa axuda dos medios audiovisuais que consideren apropiados dos contidos da materia reflectidos na guía docente anual. A docencia interactiva de seminario é unha actividade complementaria que pode ser impartida por persoal académico ou por estudantes, baixo a supervisión do primeiro.
As prácticas de laboratorio servirán para ilustrar os contidos teóricos da materia e estarán orientadas principalmente a que o alumno adquira habilidades e experiencia prácticas.
Utilizará cuestionarios con función de autoavaliación que estarán dispoñibles na Aula Virtual durante un período limitado de tempo (unhas dúas semanas). A súa realización contribuirá ao proceso de aprendizaxe do alumno e pode aportar un certo número de puntos á nota final (ver sección de avaliación).
Todas as tarefas do estudante (estudo, traballos, lecturas) serán guiadas polo persoal académico nas sesións de titoría.
Campus virtual:
Os recursos proporcionados pola USC virtual serán empregados para que o alumno poida dispoñer da documentación necesaria para o seguimento e preparación da materia, así como para a comunicación de novas por parte dos profesores. Así mesmo, mediante o uso da USC virtual, o alumno deberá responder aos cuestionarios e enviar tarefas como parte do seu proceso de aprendizaxe e avaliación continua.
O traballo dos estudantes avaliarase continuamente e periódicamente mediante diversos mecanismos que se explican e complementan cunha proba final de coñecemento.
Avaliación continua (30% da nota final):
- Asistencia e participación en clases expositivas, seminarios e titorías (5% da nota final). Avaliarase mediante control de asistencia e participación dos estudantes.
Competencias avaliadas: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CG4, CG5, CG6, CT1, CE1, CE2
- Preparación de traballos de seminario e exposición dos mesmos. Contribuirá ata un 5% da nota final.
Competencias avaliadas: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CG6, CG7, CG29, CT1, CT3, CT5, CT6, CT9, CT 12, CE1, CE2, CE7.
- Informe escrito das prácticas realizadas. (Asistencia e presentación obrigatoria para aprobar o curso, pode contribuír ata un 10% da nota final).
Competencias avaliadas: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CE1, CE2.
- Realización de 5 cuestionarios de preguntas test que estarán dispoñibles ao longo do curso durante un periodo de unha a dúas semanas. Proporcionará o 10% da nota final.
Competencias avaliadas: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CE1, CE2.
Proba de coñecemento final (70% da nota final):
- Haberá un exame final dos contidos teóricos e prácticos de toda a materia que poderá conter preguntas tipo test e preguntas de resposta curta. Será obrigatoria a súa realización para superar á materia e a nota obtida será complementaria á avaliación continua.
Competencias avaliadas: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CE1, CE2.
- Para aprobar a materia, será imprescindible ter realizadas as prácticas de laboratorio así como a proba final de coñecemento e acadar como mínimo o 50% da nota total posible.
- Soamente obterán a cualificación de NON PRESENTADO os alumnos que non participen en ningunha das seguintes actividades avaliables: preparación de traballos, memoria de prácticas, realización de cuestionarios, proba final de coñecemento.
- As cualificacións obtidas nas distintas seccións de avaliación serán válidas durante o curso académico no que se avalían, de xeito que non contribuirán á cualificación final en cursos sucesivos aínda que xustifiquen a súa realización.
- Os alumnos repetidores non se rexerán polo sistema de avaliación indicado anteriormente, senón que só terán dereito á proba final de coñecemento. Se teñen prácticas pendentes, terán que realizalas ou superar un cuestionario sobre aspectos relacionados con elas.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
O número total de horas de traballo do estudante nunha materia organizada en créditos ECTS é igual a 25 x número ECTS. A presencialidade é do 36% e o horario de traballo do estudantado é do 64%.
Polo tanto, nunha materia como esta de 6 créditos ECTS, o número total de horas de traballo do alumno é de 150:
54 hh presenciais (32 hh exp. +13 hh lab. + 4 hh sem. + 2 hh tut. g. + 1 h tut. i. + 2 hh. exam.).
96 horas traballo do estudante (estudo de temas + resposta a cuestionarios + preparación do caderno de prácticas e traballos + preparación do exame).
É necesario ter adquirido previamente un coñecemento básico de bioloxía xeral.
Asistencia, seguimento e participación activa nas actividades de ensino programadas.
A docencia presencial da materia impartirase nos dous idiomas oficias da comunidade: galego e castelán.
Juan Angel Diaz Pazos
Coordinador/a- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Teléfono
- 982822312
- Correo electrónico
- juanangel.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
08.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
08.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
16.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
16.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |