Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fisioloxía
Áreas: Fisioloxía
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Identificar, analizar e sistematizar a estrutura macro e microscópica dos diferentes órganos, aparellos e sistemas do organismo.
• Integrar de forma eficaz estrutura histolóxica, morfoloxía macroscópica biomecánica e función.
• Comprender as implicacións que os coñecementos adquiridos sobre estrutura e organización do corpo humano terán para o estudo da función dos distintos aparellos e sistemas en situacións de saúde e enfermidade.
CAPÍTULO UN.- INTRODUCIÓN
T01 Fundamentos de histoloxía. Tipos de tecidos. Epitelio. Tx. Conxuntivo. Tx. Muscular, Tex. Nervioso
T02 Conceptos xerais en anatomía (eixes, planos, desprazamentos, medidas)
T03 Fundamentos de osteoloxía. Tecido óseo. Clasificación dos elementos óseos. Esqueleto axial e apendicular
T04 Fundamentos de artroloxía. Sistemática das articulacións. Sinartroses, Anfiartroses e Diartroses. Tipos de diartroses
T05 Fundamentos de mioloxía. Fundamentos de neuroloxía. Fundamentos de anxioloxía
CAPÍTULO DOUS.- APARELLO LOCOMOTOR
T06 Cintura escapular
T07 Membro superior. Osteoloxía e artroloxía
T08 Membro superior. Mioloxía, neuroloxía e anxioloxía
T09 Cintura pelviana
T10 Membro inferior. Osteoloxía e artroloxía
T11 Membro inferior. Mioloxía, neuroloxía e anxioloxía
CAPÍTULO TRES.- ESQUELETO AXIAL, CABEZA E COLO
T12 Columna vertebral e tórax. Osteoloxía e artroloxía
T13 Tórax, abdome e perineo. Mioloxía e anxioloxía
T14 Osos e articulacións do cráneo
T15 Musculatura da cabeza e o colo. Vasos e nervios
CAPÍTULO CATRO.- SISTEMA RESPIRATORIO
T16 Vías respiratorias superiores e inferiores.
T17 Pulmóns e cavidade pleural.
T18 Histoloxía do aparello respiratorio
CAPÍTULO CINCO.- SISTEMA CARDIOVASCULAR
T19 Corazón. Cámaras cardíacas. Aparello valvular. Sistema de condución
T20 Anxioloxía. Arterias. Venas. Microcirculación. Linfáticos
T21 Histoloxía do aparello cardiovascular.
CAPÍTULO SEIS.- SISTEMA DIXESTIVO
T22 Cavidade bucal, farinxe, esófago, estómago. Histoloxía da rexión proximal do aparello digestivo
T23 Abdome e cavidade peritoneal. Intestino delgado e intestino groso. Histoloxía da rexión distal do aparello digestivo
T24 Fígado e vesícula biliar, páncreas. Bazo. Histoloxía hepatobiliar e pancreática
CAPÍTULO SETE.- SISTEMA UROXENITAL
T25 Cavidade pélvica.
T26 Ril e vías urinarias.
T27 Aparello xenital masculino e feminino
T28 Histoloxía do sistema uroxenital
CAPÍTULO OITO.- SISTEMA NERVIOSO
T29 Neurohistoloxía. Medula espinal, tronco encefálico, diencéfalo
T30 Ganglios basais e cerebelo. Telencéfalo
T31 Sistemas somatosensitivo e somatomotor
T32 Sistema nervioso autónomo
T33 Organos dos sentidos. Histoloxía dos sentidos especiais.
CAPÍTULO NOVE.- SISTEMA ENDÓCRINO
T34 Hipotálamo-hipófise. Glándula pineal
T35 Tiroides e paratiroides.
T36 Suprerrenais
T37 Páncreas endócrino
T38 Histoloxía do sistema endócrino.
PRÁCTICAS
1 Osteoloxía das cinturas escapular e pelviana
2 Osteoloxía do membro superior
3 Osteoloxía do membro inferior
4 Columna vertebral e costelas
5 Osteoloxía do cráneo
Compendio de anatomía descriptiva. Testut L, Latarjet A. 22ª ed. Masson 2007
Atlas de anatomía humana. Netter FH. 5ª ed. Elsevier 2011
Atlas de anatomía humana. Sobotta J, Reinhard P. 21ª ed. Panamericana 2002
Fichas de autoevaluación. Anatomía. Netter FH. 2ª ed. Elsevier 2007
Histologia básica. Junqueira LC, Carneiro J. 6ª ed. Elsevier 2005
Human Anatomy and Physiology. Marieb, Hoehn. 9th ed. Pearson 2013
Recursos dispoñibles na web:
1.- Anatomy and Physiology- OpenStax https://openstax.org/details/books/anatomy-and-physiology
2.- Gray's Anatomy, 20th edition http://www.bartleby.com/107/
3.- Gray's Anatomy, 20th edition, index of illustrations http://www.bartleby.com/107/indexillus.html
4.- Anatomy Atlases (University of Iowa)
Atlas of Human Anatomy http://www.anatomyatlases.org/MicroscopicAnatomy/MicroscopicAnatomy.sht… Atlas of Microscopic Anatomy http://www.anatomyatlases.org/MicroscopicAnatomy/MicroscopicAnatomy.sht…
5.- Contidos expandidos e comentados para a materia de Anatomía e Histoloxía Dispoñibles na aula virtual da asignatura
Competencias básicas
CB1.- Que os estudantes demostraran posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que se adoita atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vanguarda da súa área de estudo.
CB2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a o seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que se adoitan demostrar por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5.- Que os estudantes desenvolveran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias xerais
CG3.- Recoñecer a necesidade de manter e actualizar a competencia profesional, prestando especial importancia á aprendizaxe, de xeito autónomo e continuado, de novos coñecementos, produtos e técnicas en nutrición e alimentación, así como á motivación pola calidade.
CG29.- Adquirir a formación básica para a actividade investigadora, sendo capaces de formular hipóteses, recoller e interpretar a información para a resolución de problemas seguindo o método científico, e comprendendo a importancia e as limitacións do pensamento científico en materia sanitaria e nutricional.
Competencias transversais
CT1.- Capacidade de análise e síntese.
CT3.- Capacidade para traballar en equipo (incluída en CG2)
CT5.- Capacidade para usar tecnoloxías da información e comunicación (incluída en CG5)
CT6.- Capacidade para xestionar a información (incluída en CG6)
CT9.- Capacidade para transmitir conocimientos (incluida en CG5)
CT10.- Capacidade para o razonamento crítico e a argumentación
CT11.- Capacidade para a aprendizaxe autónoma (incluída en CG3)
CT12.- Capacidade para utilizar información en lingua estranxeira.
Competencias específicas
CE2.- Coñecer a estrutura e a función do corpo humano desde o nivel molecular ao organismo completo nas distintas etapas da vida
CE7.- Adquirir habilidades de traballo en equipo como unidade na que se estruturan de forma uni ou multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais e demais persoal relacionados coa evaluación diagnóstica e o tratamento de dietética e nutrición
ME1.- As clases maxistrais consistirán na explicación, por parte do persoal académico, coa axuda da pizarra, dos medios audiovisuais que considere oportunos e dos contidos da materia reflectidos na guía docente anual.
ME3.- As prácticas de laboratorio, de campo e de ordenador serverán para a ilustración dos contidos teóricos da materia e estarán orientadas fundamentalmente a que os estudantes adquiran habilidades e experiencia prácticas.
ME6.- Os seminarios serán preparados polos alumnos divididos en grupo, realizando revisións do estado actual de aspectos avanzados da asignatura, recompilando, analizando criticamente e presentando a información con soporte de tecnoloxías da información.
Todas as tarefas dos estudantes (estudo, traballos, lecturas) serán orientadas polo persoal académico nas sesións de titoría en grupo (ME4) ou individuais (ME8).
Como recurso fundamental de soporte á docencia utilizarase o Campus Virtual da USC (Moodle).
A calificación de cada estudante farase en base a tres criterios:
1.- Calificación teórica (80% da puntuación final). Poderá obterse de dúas formas:
(a).- SE3.- Avaliación contínua: 6 controis escritos periódicos, tipo test. Os alumnos que consigan neles unha media final superior a 5,0 e que non teñan ningún control con calificación inferior a 3,5 non necesitarán realizar o exame final. Competencias avaliadas: CB1, CB5, CG3, CT10, CT11, CE2.
(b).- SE1.- Exame final: 1 único exame tipo test ao que se presentarán os alumnos que decidan non someterse á avaliación contínua, que a fixeran pero non a superaran, ou que a fixeran e desexen subir a súa calificación final. Competencias avaliadas: CB1, CB5, CG3, CT10, CT11, CE2.
2.- SE5.- Calificación práctica (20% da puntuación final): Exame test. Competencias avaliadas: CB1, CT10, CT11, CE2.
3.- SE4.- Calificación adicional (ata un 10% da puntuación final): A realización e exposición de traballos en grupo permitirá obter unha nota adicional que se sumará linealmente á calificación teórico-práctica ata completar o 100%. Competencias evaluadas: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG3, CG29, CT1, CT3, CT5, CT6, CT9, CT10, CT11, CT12, CE2, CE7.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendimento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”
O número total de horas de traballo dos estudantes nunha materia organizada en créditos ECTS é igual a 25 x nº ECTS. A presencialidade é do 40% e as horas de traballo do alumno do 60%, que se distribuirán da seguinte forma:
Clases expositivas: 32 h presenciais / 64 h traballo autónomo
Clases prácticas: 13 h presenciais / 13 traballo autónomo
Seminarios: 4 h presenciais / 12 h traballo autónomo
Titorias: 2 h presenciais / 1 h traballo autónomo
Exames e revisión: 9 h presenciais
Total presencialidade: 60h
Total traballo autónomo: 90h
Coñecementos básicos de bioloxía xeral
As actividades académicas impartiranse nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma (castelán e galego).
O sistema de avaliación dos alumnos que se presenten á 2ª oportunidade será idéntico ao dun alumno de 1ª oportunidade que decida non someterse a avaliación contínua (SE1, 80%; SE5, 20%; SE4, ata un 10% da puntuación final).
Jesús Antonio Casabiell Pintos
Coordinador/a- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- x.casabiell [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Mercedes Rodríguez Vieytes
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- mmercedes.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Mercedes Camiña Garcia
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- merchi.camina [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Pablo Cabezas Sainz
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- pablo.cabezas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Rebeca Alvariño Romero
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- rebeca.alvarino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
23.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
23.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
27.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 4 PLANTA BAIXA |
27.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |