Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 92 Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 49 Clase Interactiva: 8 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
Áreas: Obstetricia e Xinecoloxía
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Anual
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O alumno ten que adquirir os coñecementos e habilidades básicas da Obstetricia e Xinecoloxía necesarios para o acceso a súa formación postgrado, sexa como Médico de Familia ou Especialista.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
O alumno ten que adquirir os coñecementos teóricos do programa da materia e a as habilidades clínicas que se desenvolven a continuación:
COÑECEMENTOS TEÓRICOS
OBSTETRICIA
Endocrinoloxía e Fisioloxía da xestación.
Fisioloxía e Mecanismo do parto eutócico e distócico.
Fisipatoloxía, diagnose e manexo das principais patoloxías proprias da xestación, como hemorraxias do primeiro trimestre, embarazo ectópico, hemorraxias do 2º e 3º trimestre, isoinmunización, estados hipertensivos e parto pretérmino.
Identificación e manexo do risco obstétrico.
Fisiopatoloxía, diagnose e manexo das patoloxías médico-cirúrxicas na muller xestante, como diabetes mellitus, cardiopatías, infeccións, nefropatías e patoloxía cirúrxica abdominal.
XINECOLOXIA
Fisioloxía do ciclo menstrual e reproductivo.
Diagnose e manexo dos trastornos menstruais e hemorraxia uterina disfuncional.
Diagnose e manexo das infeccións do tracto xenital inferior e enfermedades de transmisión sexual.
Diagnose e manexo da dor pélvico.
Diagnose e manexo da esterilidade.
Regulación da natalidade.
Diagnose e manexo da disfunción do chan pélvico.
Diagnose e manexo da menopausia.
Diagnose e manexo do cancro xinecolóxico.
OBSTETRICA
EMBARAZO NORMAL E CONSULTA PRENATAL
Tema 1.- O inicio do embarazo: gametoxénese. Fecundación, migración e implantación do óvulo. Concepto de duración do embarazo e idade xestacional. Placentación: desenvolvemento da placenta e das membranas ovulares.
Tema 2.- Morfoloxía e estrutura da placenta. circulación placentaria. Funcións da placenta. Mecanismos de intercambio. A placenta como órgano endócrino. Unidade feto-placentaria. Utilidade das determinacións hormonais. O líquido amniótico.
Tema 3.- Modificacións locais e xerais do organismo materno durante a xestación. Diagnóstico do embarazo: clínico, hormonal e ecográfico. Estimación da idade xestacional.
Tema 4.- A consulta prenatal: obxectivo e xeneralidades. Rutina e analítica recomendada nas primeiras e sucesivas consultas. Ecografías, horario de citas, hixiene, normas dietéticas e suplementos recomendados. Riscos teratoxénicos: medicamentos, radiación e vacinación. Síntomas e sinais de advertencia no embarazo.
Tema 5.- Diagnóstico prenatal. Identificación do risco de defectos conxénitos. Screening . Técnicas especiais empregadas no diagnóstico prenatal. Diagnóstico preimplantacional.
PARTO NORMAL
Tema 6.- As causas do parto. Fisioloxía da contracción uterina. Os elementos do parto: contracción uterina, canle do parto, obxecto do parto. Descrición clínica do parto. Períodos do parto.
Tema 7.- Mecanismo do parto normal do vértice: dilatación, expulsión e parto. Avaliación do progreso do parto. Partograma.
PARTO IRREGULAR:
Tema 8.-Partos irregulares en presentación cefálica. Parto podálico: frecuencia, etioloxía, diagnóstico, variedades. Prognóstico e conduta obstétrica. Morbilidade e mortalidade.
Tema 9.- Embarazo e parto múltiple: frecuencia, etioloxía e nomenclatura. Diagnóstico. Características clínicas e evolución do embarazo. Conduta obstétrica, complicacións na xestación xemelar, morbilidade e mortalidade perinatal.
PUERPERIO NORMAL E PATOLÓXICO.
Tema 10.- Modificacións locais e xerais do puerperio. Asistencia clínica ao puerperio normal. Hemorraxia posparto. Alumbramento patolóxico.
Tema 11.- Patoloxía do puerperio. Infección puerperal: epidemioloxía, etioloxía, epidemioloxía, formas anatomoclínicas e tratamento. Enfermidade tromboembólica no puerperio, etiopatoxénese, profilaxe e tratamento.
PATOLOXÍA DO EMBARAZO.
Tema 12.- Embarazo de alto risco: concepto e identificación. Alteracións da función placentaria: concepto de insuficiencia placentaria, retraso do crecemento intrauterino ( IRG) e baixo peso para a idade xestacional. Etioloxía, repercusións no feto durante o embarazo e o parto. Diagnóstico e tratamento.
Tema 13.- Patoloxía na duración do embarazo. Pretérmo: frecuencia, patoxénese, diagnóstico e comportamento obstétrico. Rotura prematura de membranas. Xestación posttérmo : frecuencia, patoxénese, diagnóstico, manexo obstétrico.
HEMORRAXÍAS DA PRIMEIRA METADE DA XESTACIÓN.
Tema 14.- Aborto. Definición, frecuencia, etioloxía, evolución e formas clínicas. Diagnóstico, prognóstico, tratamento e complicacións. Aborto habitual. Aborto séptico. Aborto inducido e interrupción legal do embarazo. Xestación molar. Enfermidade trofoblástica xestacional.
Tema 15.- O embarazo ectópico: definición e clasificación, frecuencia, etioloxía, clínica, diagnóstico, prognóstico e tratamento.
HEMORRAXIAS DA SEGUNDA METADE DA XESTACIÓN.
Tema 16.- Placenta previa: frecuencia, clasificación, etioloxía, clínica, diagnóstico, conduta obstétrica. Abruptio placentae (DPPNI), frecuencia, etioloxía, patoxenia, clínica, diagnóstico, evolución, pronóstico materno-fetal, comportamento obstétrico. Vasa previa.
ENFERMIDADES DO EMBARAZO.
Tema 17.- Concepto de xestose. Clasificación. Trastornos hipertensivos do embarazo. Fisiopatoloxía da preeclampsia.
Tema 18.- Trastornos hipertensivos do embarazo. Preeclampsia. Eclampsia. Diagnóstico, prevención e tratamento. Síndrome HELLP.
ENFERMIDADES QUE COMPLICAN O EMBARAZO.
Tema 19.- Enfermidades hematolóxicas no embarazo: anemias deficitarias, trastornos da coagulación. Enfermidade hemolítica perinatal: concepto, etiopatoxénese, formas clínicas, diagnóstico, prognóstico e comportamento obstétrico. Prevención.
Tema 20.- Diabetes e embarazo: clasificación. Diabetes xestacional, cribado e diagnóstico. Repercusión da diabetes no embarazo, conduta obstétrica. Obesidade e embarazo. Patoloxía tiroidea e embarazo.
Tema 21.- Patoloxía dixestiva: hiperemese, hepatopatías. Enfermidade cardíaca e embarazo. Trastornos das vías urinarias e embarazo. Trastornos respiratorios e embarazo. Patoloxía pulmonar e embarazo. Epilepsia e embarazo.
Tema 22.- Enfermidades infecciosas no embarazo: forma de transmisión maternofetal, repercusións no feto, diagnóstico e comportamento obstétrico. Repercusións na nai. Principais infeccións no embarazo.
PATOLOXÍA DO PARTO
Tema 23.- Distocias: distocias dinámicas, distocias da canle do parto. Concepto de parto detido, desproporción pelvifetal e estenose pélvica. Diagnóstico e xestión clínica.
Tema 24.- Control do benestar fetal anteparto e intraparto. Conceptos, metodoloxía. Sospeita de perda de benestar fetal (SPBF) e sufrimento fetal intraparto .
XINECOLOXÍA.
SEMIOLOXÍA.
Tema 25.- Síntomas cardinais en xinecoloxía: trastornos menstruais e hemorraxias, leucorrea, prurito. Dor en Xinecoloxía: dismenorrea. Dor pélvica crónica.
TRASTORNOS XERAIS EN XINECOLOXÍA.
Tema 26.- Endometriose: etiopatoxénese, formas anatomo-clínicas, presentación clínica, diagnóstico e tratamento. Adenomiose.
Tema 27.- Infeccións do tracto xenital inferior. Vulvite, colpite e cervicite. Enfermidades de transmisión sexual.
Tema 28.- Infeccións do tracto xenital superior. Enfermidade inflamatoria pélvica: concepto, clasificación, etioloxía, epidemioloxía, diagnóstico e tratamento.
Tema 29.- Distopias. Prolapso xenital: etioloxía, clínica, diagnóstico e tratamento. Incontinencia urinaria na muller: concepto, formas clínicas, diagnóstico e tratamento.
Tema 30.- Desenrolo sexual diferente (DSD): 46XX, 46XY e alteracións do cariotipo. Desenrolo incompleto do aparello xenital.
TRASTORNOS FUNCIONAIS DO APARATO XENITAL.
Tema 31.- Diagnóstico diferencial da amenorrea. Galactorrea e hiperprolactinemia.
Tema 32.- Anovulación crónica con hiperandroxenismo. Síndrome de ovario poliquístico. Hiperandroxenismos .
Tema 33.- Hemorraxia uterina funcional: concepto, frecuencia e clasificación. Sangrado ovulatorio e anovulatorio . Diagnóstico e tratamento.
Tema 34.- Climaterio e menopausa. Cronoloxía. Tratamento da menopausa.
PLANIFICACIÓN FAMILIAR.
Tema 35.- Planificación familiar, concepto. Índices. Infertilidade, definición, causas, diagnóstico e tratamento.
Tema 36.-Esterilidade II: indución da ovulación, técnicas de reprodución asistida.
Tema 37.- Anticoncepción. Métodos: descrición, indicacións e contraindicacións.
PATOLOXÍA ESPECIAL.
Tema 38.- Virus do papiloma humano e patoloxía do aparello xenital inferior. Bases para a prevención primaria e secundaria.
Tema 39.- Patoloxía do cérvix uterino I: displasias e carcinoma microinvasivo .
Tema 40.- Patoloxía do cérvix uterino II: cancro cervical.
Tema 41.- Patoloxía vulvovaxinal I: lesións benignas, fístulas e patoloxía preneoplásica .
Tema 42.- Patoloxía vulvovaxinal II cancro vulvar. Cancro vaxinal.
Tema 43.- Patoloxía do corpo uterino. Mioma uterino, frecuencia, formas anatomoclínicas , diagnóstico e tratamento. Mioma e embarazo.
Tema 44.-Patoloxía do corpo uterino. Sarcoma uterino. Hiperplasias endometriais.
Tema 45.- Patoloxía do corpo uterino. Cancro de endometrio: frecuencia, epidemioloxía, tipos anatomoclínicos, factores pronósticos, extensión, estadificación e tratamento. Pólipo end ometrial.
Tema 46.- Patoloxía dos anexos uterinos I. Tumores ováricos: frecuencia, epidemioloxía, clasificación e clínica. Diagnóstico diferencial das masas ováricas.
Tema 47.- Patoloxía dos anexos uterinos II. Cancro de ovario, frecuencia, epidemioloxía, diagnóstico e tratamento.
A MAMA.
Tema 48.- Fisioloxía da mama e a lactación. Lesións mamarias benignas: mastite, fibroadenoma , mastopatía fibroquística.
Tema 49.- Cancro de mama. Epidemioloxía, enfoque diagnóstico e terapéutico.
PROGRAMA DE SEMINARIOS
1.- Historia clínica obstétrica e xinecolóxica.
2.- Seguimento do estado fetal durante o embarazo e o parto.
3.- Asistencia ao parto normal e cirurxía obstétrica.
4.- Cirurxía xinecolóxica: cirurxía ambulatoria, endoscopia, cirurxía aberta.
5.- Ecografía Obstétrica e Xinecolóxica.
6.- Casos clínicos: amenorrea/ oligomenorrea .
7.- Casos clínicos: sangrado anormal.
8.- Casos clínicos: dor pélvica.
Basica
Obstetricia y Ginecología en la formación de grado. Alcazar 2017 editorial Panamericana
Obstetricia y ginecología Bekman y Ling 8ª edicion 2019. Wolters Kluwer.
Obstetricia y ginecología para el grado. Pellicer y Bonilla 2014. Edit panamericana
Complementaria
Gonzalez Merlo Obstetricia 7ª Edición 2018 Elsevier editorial
Gonzalez Merlo Ginecología 10ª Edición 2020 Elsevier
Endoccrinologia Ginecológica clínica y Esterilidad Sperof 9 ª edicion en Español 2021. Wolters Kluwer..
Berek y Novak Ginecologia 16ª edicion 2019. Wolters Kluwer.
O alumno ten que acadar as seguintes competencias para superar a asignatura:
-Adquirir os coñecementos teóricos básicos en Obstetricia e Xinecoloxía contidos no programa da asignatura
-Saber facer uhna historia clinica obstetrica e xinecoloxica dirixida
-Introducirse no análise de casos clínicos do ámbito da Xinecoloxía e a Obstetricia
Basearase en 4 aspectos fundamentais:
-Asistencia e participación nas clases teóricas, nas que se explicarán os fundamentos da disciplina.
-Asistencia e participación nos seminarios, nos que habrán de aplicarse os coñecementos teóricos á resolución de problemas clínicos prácticos.
-Resolución de dúbidas nas clases e titorías.
-Estudo persoal, preparación dos temas e seminarios incluidos no programa e consulta da bibliografía recomendada.
Avaliación continua: A asistencia e participación nos seminarios e clases será avaliada con hasta 1,5 puntos. É preciso superar o exame teórico para sumar a puntuación por asistencia. Para aprobar a asignatura é obrigatoria a asistencia a lo menos a 5 seminarios.
Avaliación final: Consistirá nun exame teórico da totalidade da materia (expositiva e interactivas) nas datas das convocatorias oficiais que sexan anunciadas pola Facultade (1ª convocatoria en Abril e 2ª convocatoria en Xuño/Xullo).
O exame será tipo test, con catro opcións de resposta e só unha válida. Cada resposta correcta sumará 1 punto e cada resposta incorrecta penalizará restando 0,33 puntos, o que supón que cada 3 respostas incorrectas restarase 1 punto. Superarase a proba co 50 % de puntuación unha vez feito o cómputo global de todas as respostas correctas e incorrectas, sendo necesario acadar unha nota de 5 sobre 10 para aprobar.
Acordarase cos delegados e delegadas de curso a realización dun exame parcial ao finalizar a parte do programa correspondente a Obstetricia, cuxa data se anunciará no Campus Virtual e a través dos representantes estudiantís.
Dado que a asignatura de Obstetricia e Xinecoloxia son 6 créditos ECTS e coñecendo que cada uno de estes créditos equivale a 25 horas de traballo do estudiante, a estimación de horas que o alumno ha de adicar á asignatura é de 150.
Posto que las clases presenciales y seminarios supoñen 57 horas lectivas, o alumno ten que adicar un tempo de traballo persoal individualizado non menor de 93 horas segundo a nova ficha docente da asignatura para poder preparar, participar nas clases e superar a avaliación.
1) Asistencia as clases teóricas participando nas mesmas.
2) Asistencia a todos os seminarios e participar preguntando as dúbidas e poñendo interese nos casos clínicos.
3) Estudo persoal da materia teórica que se vai explicando.
4) Asistir aos seminarios e sesións clínicas hospitalarias que se lle recomenden.
5) Utilizar as horas de titorías para orientación do estudo ou resolución de dúbidas.
6) Busca persoal de bibliografía dos temas ou patoloxías que se estudan ou tratan tanto nas clases teóricas como nas prácticas hospitalarias.
Maria Fe Aguilar Blanco
- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Obstetricia e Xinecoloxía
- Correo electrónico
- mariafe.aguilar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Efigenia Arias Baltar
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Obstetricia e Xinecoloxía
- Correo electrónico
- mefigenia.arias.baltar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Maria Efigenia Arias Baltar
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Obstetricia e Xinecoloxía
- Correo electrónico
- mefigenia.arias.baltar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Maria Victoria Sampayo Montenegro
- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Obstetricia e Xinecoloxía
- Correo electrónico
- mariavictoria.sampayo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
08:30-09:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | R.N.S.-Aula 1 |
09:30-10:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | R.N.S.-Aula 2 |
Martes | |||
08:30-09:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | R.N.S.-Aula 1 |
09:30-10:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | R.N.S.-Aula 2 |
Mércores | |||
08:30-09:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | R.N.S.-Aula 1 |
09:30-10:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | R.N.S.-Aula 2 |
Xoves | |||
08:30-09:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | R.N.S.-Aula 1 |
09:30-10:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | R.N.S.-Aula 2 |
Venres | |||
08:30-09:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | R.N.S.-Aula 1 |
09:30-10:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | R.N.S.-Aula 2 |
22.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula 1 |
22.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula 2 |
22.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula 3 |
22.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula 4 |
22.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula Magna |
27.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula 1 |
27.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula 2 |
27.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula 3 |
27.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula 4 |
27.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula Magna |