Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 91 Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 44 Clase Interactiva: 14 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fisioloxía
Áreas: Fisioloxía
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo da Fisioloxía Xeral (que se continúa nas outras dúas materias dedicadas á Fisioloxía, a Fisioloxía Médica e a Fisioloxía Integrada) é que o grao de comprensión do funcionamento do organismo san e da fisiopatoloxía sexa o necesario para a función asistencial e investigadora do graduado en Medicina. Para iso hai que coñecer e entender os mecanismos homeostáticos do corpo humano.
Tema I
- Compartimentos corporais e transporte.
- Intercambio capilar de substancias.
Tema II
-Principios de comunicación e sinalización celular.
Tema III
- Fisioloxía xeral das células excitables.
- Potencial de membrana.
- Potencial de acción en nervio.
- Canles iónicas.
- A neurona: sinapses químicas e eléctricas.
- Receptores sensoriais.
- Propioceptores musculares.
Tema IV
- Sistema nervioso autónomo.
Tema V
- LCR, BHE, Glía.
Tema VI
- Reoloxía e hemodinámica.
Tema VII
- Fisioloxía do sangue.
Tema VIII
- Músculo esquelético.
- Músculo liso.
- Músculo cardíaco.
Bibliografía básica:
• Fisiología Médica 3ª Ed. Walter F. Boron, Emile L. Boulpaep. Elsevier, 2017.
• Fisiología. Berne y Levy. Sexta edición. Elsevier-Mosby. 2009.
Bibliografía complementaria:
• Fisiología Humana. 12a edición. Stuart Ira Fox, McGraw Hill-Interamericana, 2014.
• Guyton & Hall. Tratado de Fisiología Médica. 14a edición John E. Hall y John E. Hall. Elsevier-Saunder, 2021.
• Principles of Neuroscience, 5th Edition. (eds. E.R.Kandel, J.H.Schwartz, T.M. Jessell). McGraw-Hill. 2012.
• Molecular Biology of the Cell. 7th ed. Bruce Alberts. Norton & Company, 2022.
Os estudantes deberán comprender os mecanismos fisiolóxicos, especialmente os conceptos básicos máis importantes, para dispoñer deste xeito dunha ferramenta que lles axude a entender os procesos fisiolóxicos funcionalmente integrados.
As competencias xerais que deben de adquirir os alumnos son:
• Comprender e recoñecer a estrutura e función normal do corpo humano, a nivel molecular, celular, tisular, orgánico e de sistemas, nas distintas etapas da vida e nos dous sexos.
• Adquirir a formación básica para a actividade investigadora.
As competencias específicas que deben adquirir os alumnos son a de:
• Entender o concepto de homeostase.
• Coñecer as leis que gobernan o paso da materia entre compartimentos corporais.
• Describir os principios básicos da comunicación celular.
• Coñecer as bases físicas e biolóxicas das membranas excitables e da contracción muscular.
• Comprender principios xerais da función do sistema nervioso.
• Coñecer a fisioloxía do sangue e os principios que gobernan a súa circulación por os vasos sanguíneos.
Docencia expositiva en aula: 44 horas. Impartiranse de forma presencial, dentro dos límites normativos pertinentes.
Docencia interactiva:
- Seminarios 8 horas.
- Prácticas 6 horas.
- Titorías: 3 horas.
Para algúns contidos poderá utilizarse o inglés.
As prácticas poderanse realizar en base ao uso de simulacións de laboratorio de Fisioloxía. Os alumnos dispoñerán con antelación do material necesario para asegurar a súa participación activa nos laboratorios.
A información e os materiais para a realización dos laboratorios dispoñeranse con antelación na aula virtual da USC.
A inclusión nun grupo de prácticas pode modificarse se hai intercambio cun compañeiro doutro grupo. Os alumnos implicados no intercambio deben de comunicarllo ao coordinador da materia con antelación ao desenvolvemento da práctica.
A nota final dependerá nun 20% de avaliación continua e nun 80% do exame final.
- Na avaliación continua poderanse considerar a participación en seminarios, a realización de exercicios de forma presencial ou autónoma, ou a contestación de preguntas de forma presencial ou de forma telemática. A mera presencialidade non puntuará para a avaliación continua.
- O exame final será presencial. As respostas correspondentes ás preguntas de cada práctica serán avaliadas só se se asistiu á práctica.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Expositivas: 44 horas.
Seminarios: 8 horas.
Laboratorio: 6 horas.
Titorias: 3 horas.
Proba de avaliación: 1 hora.
Traballo individual: 92 horas.
Os estudantes deberán de traballar sobre libros de texto e participar activamente nas actividades interactivas, co obxectivo de adquirir as competencias xerais e específicas da materia. Así mesmo, deberán preparar as clases expositivas antes da súa impartición, mediante os recursos postos á súa disposición nas aplicacións telemáticas das que se dispoña na USC.
Durante o curso 2023-2024 actuará de coordinador o Prof. Juan Bautista Zalvide Torrente. Para poñerse en contacto con el para calquera incidencia usarase preferentemente o correo electrónico (juan.zalvide [at] usc.es (juan[dot]zalvide[at]usc[dot]es)). A correspondencia entre alumnos e profesores será a través das direccións de correo que provea o servidor da USC para profesores e alumnos (@usc o @rai.usc)
Abrirase un aula virtual como medio de comunicación entre profesores e alumnos ao longo do curso.
Clara Alvarez Villamarin
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Teléfono
- 881815452
- Correo electrónico
- clara.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Victor Manuel Arce Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Teléfono
- 881812291
- Correo electrónico
- victor.arce [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Rosa Maria Señaris Rodriguez
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Teléfono
- 881815442
- Correo electrónico
- rosa.senaris [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Juan Bautista Zalvide Torrente
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Teléfono
- 881815414
- Correo electrónico
- juan.zalvide [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Nicolas Fernandez Malvido
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- nicolas.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Jose Tubio Viturro
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- jose.tubio.viturro [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Tamara Parracho Martínez
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- tamara.parracho.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Antia Gonzalez Vila
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- antiagonzalez.vila [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Martes | |||
---|---|---|---|
10:30-12:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
17:30-19:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
Mércores | |||
11:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
18:30-20:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
Xoves | |||
10:30-12:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
17:30-19:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
Venres | |||
11:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
18:30-20:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
30.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 2 |
30.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 3 |
30.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
30.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
30.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 6 |
30.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
30.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |
18.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
18.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
18.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
18.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |