Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 46 Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 16 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer os fundamentos do método epidemiolóxico como núcleo esencial da Saúde Pública.
- Coñecer e aplicar os criterios de causalidade en Epidemioloxía e Ciencias da Saúde.
- Coñecer as claves da análise epidemiolóxica: deseños; medidas de frecuencia, medidas de efecto; identificación de nesgos (de selección, de información, de confusión).
- Coñecer os fundamentos dos estudos de probas diagnósticas, tanto na súa validez coma na súa reproducibilidade.
- Coñecer e saber aplicar os fundamentos da Demografía como ciencia auxiliar da Epidemioloxía e da Saúde Pública: identificación é análise das poboacións, tanto estática como dinámica.
- Saber interpretar unha publicación científica.
- Saber planificar, co deseño axeitado, un estudo epidemiolóxico.
- Coñecer as principais ferramentas de síntese da literatura científica, a revisión sistemática e o metaanálise.
PROGRAMA DE CLASES EXPOSITIVAS (12 temas)
Bloque 1. Introdución
Tema 1. Historia da saúde pública e a epidemioloxía. Concepto de saúde e enfermidade. Cadea epidemiolóxica e introdución á causalidade.
Bloque 2. Demografía
Tema 2. Demografía Estática e Demografía Dinámica
Tema 3. Indicadores sanitarios e enquisas de saúde.
Bloque 3. Deseño de estudos epidemiolóxicos.
Tema 4. Medidas de frecuencia, efecto e impacto.
Tema 5. Ensaios clínicos.
Tema 6. Estudos de cohortes.
Tema 7. Estudos de casos e controis
Tema 8. Estudos transversais
Tema 9. Nesgos.
Bloque 4. Estudos de probas diagnósticas.
Tema 10. Probas diagnósticas
Bloque 5. Síntese da evidencia científica.
Tema 11. Revisións sistemáticas da literatura científica.
Tema 12. Metaanálise.
PROGRAMA DE SEMINARIOS PRÁCTICOS.
Seminario 1. Estandarización de taxas.
Seminario 2. Medidas de frecuencia e de efecto (I).
Seminario 3. Medidas de frecuencia e de efecto (II).
Seminario 4. Deseño de estudos.
Seminario 5. Probas diagnósticas
Seminario 6. Lectura crítica de estudos científicos.
Bibliografía básica e complementaria
Ildefonso Hernández-Aguado y Blanca Lumbreras Lacarra. Manual de Epidemiología y Salud Pública para Grados en Ciencias de la Salud. Ed Panamericana. ISBN 9788491101734. 2018. 420 páxinas.
Ahlbom A, Alfredssom L, Alfven T. Fundamentos de epidemiología. 9ª ed. Siglo XXI de España Eds. Madrid, 2007.
Argimón JM, Jiménez J. Métodos de investigación aplicados a la atención primaria de salud. Ed Doyma. Barcelona, 1991.
Argimón JM, Jiménez J. Métodos de investigación clínica y epidemiológica. 2ª Ed. Ediciones Harcourt. Madrid, 1999.
Ashton J. La Nueva Salud Pública. Ed Masson. Barcelona, 1990.
Hulley SB, Cummings SR. Diseño de la investigación clínica. Un enfoque epidemiológico. Ed. DOYMA. Barcelona, 1993.
Institut Universitari de Salut Pública de Catalunya. La epidemiología y sus apellidos. Promociones y Publicaciones Universitarias, S.A. Barcelona, 1995..
Last JM, Ed. A dictionary of Epidemiology. International of Epidemiology Association. Oxford University Press. Oxford, 1983.
Martínez Navarro F et al. Salud Pública. MacGraw-Hill-Interamericana. Madrid, 1997.
Norell S. Diseños de estudios epidemiológicos. Siglo XXI de España Eds. Madrid,1994.
Rothman KJ. Epidemiología Moderna. Diaz de Santos. Madrid, 1987
Rothman KJ. Epidemiology: An introduction. Oxford University Press, 2002.
Método Epidemiológico. Instituto de Salud Carlos III. http://www.isciii.es/ISCIII/es/contenidos/fd-publicaciones-isciii/fd-do… 2009.
Competencias
O alumno deberá estar en condicións de deseñar un estudo epidemiolóxico, manexar os instrumentos de medida epidemiolóxica e discutir as relacións de variables coa visión crítica dos métodos aprendidos ao longo do curso. Debe ser capaz de interpretar un estudo de probas diagnósticas
Clases expositivas, clases prácticas e trabajo personal
IMPORTANTE: O peso do exame pode ser do 70 ou do 100%, xa que o peso da avaliación continua pode ser do 30 ou do 0%.
A avaliación será a seguinte para a primeira oportunidade.
Exame: A adquisición dos coñecementos impartidos nas distintas clases será avaliado mediante unha proba escrita de tipo test, con como máximo 60 preguntas. Para superar a materia será preciso superar esta proba escrita. Para superar con aprobado (5) a proba escrita será preciso obter o 70% ou máis dos puntos posibles. O peso da devandita proba escrita poderá representar entre un 70 e un 100% da nota final.
Avaliación continua: podería representar ata un 30% da nota final, sempre que se supere a proba escrita.
Poderase computar a asistencia e participación nas clases expositivas e seminarios interactivos. Poderase facer unha proba ao final dos seminarios ou das clases expositivas presenciais ou algunha tarefa a través da aula virtual.
O peso da avaliación continua na oportunidade extraordinaria de recuperación (probas de xullo) será o mesmo que o que se empregase na convocatoria anterior.
Para obter a nota final sumaranse as notas do exame e a avaliación continua sempre que se supere a proba do exame. Se o exame non está aprobado a nota final será a do exame, non se terá en conta a avaliación continua. A nota será cero si non se fai o exame con independencia da avaliación continua. Se non hai avaliación continua, a nota final será a nota obtida no exame.
Para a segunda oportunidade poderase empregar o mesmo sistema de cualificación empregado na primeira oportunidade ou substituírse o exame tipo test por un exame oral con algún dos profesores da asignatura, que terá o mesmo peso na avaliación que o exame tipo test. Neste caso manterase a nota acadada na avaliación continua, no caso de que se fixera dita avaliación ó longo do curso. Mantéñense os demais supostos de avaliación.
Tres horas semanais, coa revisión da teoría dada en clase así como a realización dos problemas xa resoltos nas prácticas e algúns novos semellantes que constan, resoltos, en varias das obras recomendadas.
Asistencia ás clases, tanto teóricas como prácticas, e dedicación a reler a materia o tempo semanal recomendado. Consulta, ampliando os temas, das obras recomendadas, dúas ou tres básicas, e asistencia de cando en vez ás titorías. Comprensión absoluta dos exercicios propostos nos seminarios.
Alberto Ruano Raviña
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Teléfono
- 881812267
- Correo electrónico
- alberto.ruano [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Leonor Varela Lema
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- leonor.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Monica Perez Rios
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Teléfono
- 881812277
- Correo electrónico
- monica.perez.rios [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Julia Rey Brandariz
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- juliarey.brandariz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Ana Teijeiro Teijeira
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- anat.teijeira [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Martes | |||
---|---|---|---|
15:30-16:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 7 |
Mércores | |||
15:30-16:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 8 |
Xoves | |||
15:30-16:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 7 |
Venres | |||
15:30-16:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 8 |
15.05.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 3 |
15.05.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
15.05.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
15.05.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 6 |
15.05.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
15.05.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |
27.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
27.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
27.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
27.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |