Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 92 Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 48 Clase Interactiva: 9 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas, Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Cirurxía, Medicina
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Adquisición dos coñecementos necesarios para a formulación preventiva, diagnóstico e terapéutico, así como as características do prognóstico, de pacientes con enfermidades endocrinológicas, metabólicas e nutricionais. Tendo en conta os contidos médico-cirúrxicos da materia, o desenvolvemento do programa levará a cabo de forma conxunta e coordinada cos aspectos cirúrxicos de cada un dos grupos de patoloxías para obter un coñecemento integrado das mesmas.
Clases expositivas:
Lección 1. Introducción da asignatura. Organización da materia, metodoloxía do aprendizaxe, obxetivos e sistema de avaliación.
Lección 2. Patoloxía hipotálamo-hipofisaria (I). Hipopituitarismo: Concepto e epidemioloxía, etioloxía, patoxenia, fisiopatoloxía, clínica, diagnóstico, diagnóstico diferencial, pronóstico e tratamento. Retraso da medranza: Concepto e epidemioloxía, etioloxía, patoxenia, fisiopatoloxía, clínica, diagnóstico, diagnóstico diferencial, pronóstico e tratamento.
Lección 3. Patoloxía hipotálamo-hipofisaria (II). Tumores hipofisarios. Adenomas hipofisarios non funcionantes: Concepto e epidemioloxía, etioloxía, patoxenia, fisiopatoloxía, clínica, diagnóstico, diagnóstico diferencial, pronóstico e tratamento.
Lección 4. Patoloxía hipotálamo-hipofisaria (III). Hiperprolactinemia e prolactinoma: Concepto e epidemioloxía, etioloxía, patoxenia, fisiopatoloxía, clínica, diagnóstico, diagnóstico diferencial, pronóstico e tratamento. Acromegalia e xigantismo: Concepto e epidemioloxía, etioloxía, patoxenia, fisiopatoloxía, clínica, diagnóstico, diagnóstico diferencial, pronóstico e tratamento.
Lección 5. Patoloxía tiroidea (I): Tiroidite autoinmune, subaguda e pióxena: Diagnóstico, diagnóstico diferencial, pronóstico e tratamento. Diagnóstico, pronóstico e tratamento do hipotiroidismo primario e central. Coma mixedematoso: Concepto e epidemioloxía, etioloxía, patoxenia, fisiopatoloxía, clínica, diagnóstico, diagnóstico diferencial, pronóstico e tratamento.
Lección 6. Patoloxía tiroidea (II). Enfermidade de Graves, nódulo tóxico e BMN tóxico: Diagnóstico, diagnóstico diferencial, pronóstico e tratamento médico. Tormenta tiroidea: Concepto e epidemioloxía, etioloxía, patoxenia, fisiopatoloxía, clínica, diagnóstico, diagnóstico diferencial, pronóstico e tratamento.
Lección 7:Patoloxía tiroidea (III). Bocio e nódulo tiroideo: actitude diagnóstica e terapéutica diante dun doente con bocio e/ou nódulo/s tiroideo/s. Nocións básicas da ecografía cervical. Criterios e técnica da PAAF..
Lección 8: Patoloxía tiroidea (IV). Cancro de tiroides: diagnóstico, diagnóstico diferencial, pronóstico, seguimento e tratamento.
Lección 9: Patoloxía do metabolismo fosfo-cálcico: Hipercalcemia: Diagnóstico, diagnóstico diferencial, pronóstico e tratamento. Hiperparatiroidismo primario e NEM: Concepto e epidemioloxía, etioloxía, patoxenia, fisiopatoloxía, clínica, diagnóstico, diagnóstico diferencial, pronóstico e tratamento. Hipocalcemia: Diagnóstico, diagnóstico diferencial, pronóstico e tratamento.
Lección 10: Patoloxía das glándulas suprarrenais (I). Hipercortisolismo crónico: Diagnóstico, diagnóstico diferencial, pronóstico e tratamento. Insuficiencia suprarrenal: Diagnóstico, diagnóstico diferencial, pronóstico e tratamento. Crise adissoniana: Diagnóstico, diagnóstico diferencial, pronóstico e tratamento.
Lección 11: Patoloxía das glándulas suprarrenais (II). Hipertensión endocrina: Feocromocitoma e paraganglioma: Concepto e epidemioloxía, etioloxía, patoxenia, fisiopatoloxía, clínica, diagnóstico, diagnóstico diferencial, pronóstico e tratamento. Hiperaldosteronismo primario: Concepto e epidemioloxía, etioloxía, patoxenia, fisiopatoloxía, clínica, diagnóstico, diagnóstico diferencial, pronóstico e tratamento.
Lección 12. Patoloxia do metabolismo dos hidratos de carbono (I). Diabetes mellitus: diagnóstico, diagnóstico diferencial, pronóstico, complicacións macro e microanxiopáticas. Tratamento integral non insulínico da diabetes.
Lección 13. Patoloxia do metabolismo dos hidratos de carbono (II). Tratamento insulínico da diabetes mellitus. Tecnoloxía da diabetes: bombas de infusión e sensores de glucemia.
Lección 14. Patoloxia do metabolismo dos hidratos de carbono (III). Diabetes mellitus: Cetoacidosis e descompesación hiperosmolar : diagnóstico, diagnóstico diferencial, pronóstico e tratamento.
Lección 15. Patoloxia do metabolismo dos hidratos de carbono (IV). Hipoglucemia e insulinoma: Concepto e epidemioloxía, etioloxía, patoxenia, fisiopatoloxía, clínica, diagnóstico, diagnóstico diferencial, pronóstico e tratamento.
Lección 16: Patoloxía do metabolismo lipídico: tratamento das hiperlipoproteinemias.
Lección 17. Diabetes insípida: concepto, epidemioloxía, patoxenia e fisiopatoloxía, diagnóstico, diagnóstico diferencial, pronóstico e tratamento.
Lección 18. Hirsutismo e virilización: SOP: : Concepto e epidemioloxía, etioloxía, patoxenia, fisiopatoloxía, clínica, diagnóstico, diagnóstico diferencial, pronóstico e tratamento. Hiperplasia suprarrenal conxénita:: Concepto e epidemioloxía, etioloxía, patoxenia, fisiopatoloxía, clínica, diagnóstico, diagnóstico diferencial, pronóstico e tratamento.
Lección 19. Trastornos do texido adiposo e do estatus nutricional (I): Valoración do estado nutricional. Malnutrición: Concepto e epidemioloxía, etioloxía, patoxenia, fisiopatoloxía, clínica, diagnóstico, diagnóstico diferencial, pronóstico e tratamento.
Lección 20. Trastornos do texido adiposo e do estatus nutricional (II): Tratamento non cirúrxico da obesidade.
Lección 21. Trastornos do texido adiposo e do estatus nutricional (III): Lipodistrofias: Concepto e epidemioloxía, etioloxía, patoxenia, fisiopatoloxía, clínica, diagnóstico, diagnóstico diferencial, pronóstico e tratamento.
Lección 22: Nutrición clínica: Dieta saudable e principios básicos da dietoterapia. Dietas especiais. Principios e técnicas básicas, indicacións e complicacións da nutrición artificial.
Lección 23: Cirurxía Tiroidea e paratiroidea (I).
Lección 24: Cirurxía Tiroidea e paratiroidea (II)
Lección 25: Cirurxía das glándulas adrenais.
Lección 26: Cirurxía da obesidade
Lección 27: Cirurxía da mama I.
Lección 28: Cirurxía da mama II.
Lección 29: Cirurxía da mama III.
Clases interactivas
Seminario 1. Caso de patoloxía funcional tiroidea
Seminario 2. Caso de nódulo tiroideo
Seminario 3. Caso de hipertensión endocrina
Seminario 4. Caso de complicación aguda de diabetes mellitus
Seminario 5. Caso de alteración da calcemia
Seminario 6. Caso de xinecomastia
Seminario 7. Caso de malnutrición
Seminario 8. Caso de cirurxía reconstructiva da mama (cirurxía)
Seminario 9. Caso práctico de doente sometido a cirurxía bariátrica (cirurxía)
Harrison. Principios de Medicina Interna. McGraw Hill
Townsed, CM. Sabiston. Tratado de Cirurxía. Ed. Mc Graw Hill
(Últimas edicións)
Adquirir os coñecementos necesarios para levar a cabo unha formulación preventiva, diagnóstico e terapéutico en pacientes con patoloxías endocrinológicas, metabólicas e nutricionais.
Docencia expositiva: Presencial. Nas sesións de docencia expositiva, o profesorado explicará os aspectos teórico-prácticos principais dos contidos, apoiándose en presentacións multimedia. De cada un dos temas indicarase un documento que conteña en maior detalle os coñecementos do tema que é necesario coñecer. Devandito documento poderá ser un capítulo dos libros arriba mencionados ou outros, ou ben outro documento de fácil acceso e do nivel adecuado para un alumno de cuarto curso do Grao en Medicina.
Docencia interactiva: Presencial. Está baseada en supostos clínicos que serán aportados con antelación ao alumnado e sobre os que deberán traballar, respondendo as cuestións que se plantexen. Posteriormente, durante o seminario o profesor discutirá cos alumnos o caso co gallo de clarexar dúbidas e afianzar coñecementos. As preguntas e repostas dos alumnos teranse en conta na avaliación final.
Titorías: Estarán destinadas a solucionar as dúbidas dos alumnos, ben mediante correo electrónico o presenciais.
A asistencia tanto as clases expositivas como interactivas (seminarios) é obrigatoria. Máis de 5 faltas de asistencia que non estean debidamente xustificadas suporá a non superación da asignatura.
A adquisición de coñecementos das clases e seminarios e o estudo individual das lecturas recomendadas serán avaliadas mediante unha proba escrita ou oral, que será preciso superar para aprobar a materia. A proba escrita será, preferentemente, “tipo test” (preguntas curtas con respostas predeterminadas, a elixir entre elas unha válida), cun número amplo de preguntas. Cada pregunta acertada sumará un punto e cada pregunta contestada erroneamente restará un terzo de punto, sendo necesario obter unha puntuación superior ao 50% do total de preguntas para superar a proba, sempre co número de faltas de asistencia sexa inferior a cinco. De considerarse oportuno, a proba escrita poderá ser en formato "pregunta curta".
Nalgúns casos realizarase un mini-test ao final dos seminarios. Poderase avaliar a participación destacada neses seminarios. O peso da avaliación continua na oportunidade extraordinaria de recuperación (probas de Xullo) será o mesmo que na de Xuño (10%).
Nesta materia, o alumnado conta cunhas 50 horas de docencia presencial (41 horas de docencia expositiva e 9 horas de docencia interactiva). Por cada hora de docencia expositiva, considérase necesario dedicar ao estudo ao redor de 2 horas de traballo do alumnado (revisión de conceptos e consulta de bibliografía).
En relación á docencia interactiva, por cada hora considérase necesaria unha hora e media para a preparación e revisión da clase.
Adquisición regular dos coñecementos con clases teóricas, labor individual dos alumnos e seguimento mediante as tutorías expostas polo Departamento. En casos de dificultades poderá solicitarse un seguimento máis individualizado por algún dos profesores da materia.
Para circunstancias de dificultade de acceso ou determinadas cualificacións, poderase considerar o exame oral.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Está prohibido levar teléfonos móbiles ou calquer outro dispositivo de transmisión de datos ás probas de avaliación.
David Araujo Vilar
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina
- Teléfono
- 881815426
- Correo electrónico
- david.araujo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jesus Pedro Paredes Cotore
- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Cirurxía
- Correo electrónico
- jesuspedro.paredes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Roberto Peino Garcia
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina
- Correo electrónico
- roberto.peino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Ciencias da Saúde LOU
Elena Gamborino Carames
- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Cirurxía
- Correo electrónico
- elena.gamborino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Ciencias da Saúde LOU
Antonio Taboada Suarez
- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Cirurxía
- Correo electrónico
- antonio.taboada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Ciencias da Saúde LOU
Ana Canton Blanco
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina
- Correo electrónico
- ana.canton [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Ciencias da Saúde LOU
Miguel Angel Martinez Olmos
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina
- Correo electrónico
- miguelangel.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Ciencias da Saúde LOU
Antía Fernández Pombo
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina
- Correo electrónico
- antia.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a Juan Rodés
Francisco Javier Baltar Boileve
- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Cirurxía
- Correo electrónico
- franciscojavier.baltar.boileve [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Ciencias da Saúde LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-12:30 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | R.N.S.-Aula 1 |
Martes | |||
10:30-12:30 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | R.N.S.-Aula 1 |
Mércores | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | R.N.S.-Aula 1 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_03 | Galego, Castelán | R.N.S.-Aula 2 |
Xoves | |||
10:30-12:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán, Galego | R.N.S.-Aula 2 |
Venres | |||
10:30-12:30 | Grupo /CLE_03 | Galego, Castelán | R.N.S.-Aula 2 |
23.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula 1 |
23.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula 2 |
23.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula 3 |
23.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula 4 |
23.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula Magna |
19.06.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula 1 |
19.06.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula 2 |
19.06.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula 3 |
19.06.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula 4 |
19.06.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula Magna |