Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 49 Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 23 Clase Interactiva: 2 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía, Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Microbioloxía, Parasitoloxía, Medicina
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia Enfermidades Infecciosas Tropicais e Entomoloxía Médica é unha materia optativa do Grao de Medicina que contempla os seguintes obxectivos:
- Coñecer a bioloxía e ecoloxía dos principais artrópodos que actúan como vectores de enfermidades infecciosas tropicais transmisibles ao ser humano, así como os métodos de control vectorial.
- Coñecer a etioloxía, ciclos biolóxicos, epidemioloxía, patoxenia, clínica, diagnóstico diferencial, e as bases diagnóstico-terapéuticas das enfermidades infecciosas tropicais, especialmente nas coñecidas como "enfermidades desatendidas"
Tema 1. Introdución ao estudo das enfermidades infecciosas tropicais e á entomología médica: Etiología das enfermidades infecciosas tropicais. Fontes de infección. Vías e mecanismos de transmisión.
Tema 2. Transmisión por vectores: Tipos de vectores. Bioloxía e ecoloxía dos principais artrópodos de interese médico. Mosquitos (Anopheles Culex e Aedes), Flebotominos, Chinches triatominos, Moscas (Glossina e Simulium), Tábanos (Chrysops), piollos, pulgas e garrapatas. Control vectorial. Enfermidades tropicais producidas por artrópodos. Miasis, tungosis (nigua) e sarna.
Tema 3. Etiología das enfermidades infecciosas tropicais víricas. Enfermidades infecciosas tropicais producidas por virus. Virus hemorrágicos. Virus da síndrome respiratoria severa agudo (SARS). Síndrome respiratoria por Hantavirus. Encefalitis virales. Rabia. Virus influenza aviario. Outras infeccións virales.
Tema 4. Etiología das enfermidades infecciosas tropicais bacterianas e fúnxicas. Enfermidades infecciosas tropicais producidas por bacterias e fungos. Cólera. Diarrea por enterobacterias. Enfermidades por micobacterias (úlcera de Buruli, lepra). Febres recorrentes. Infeccións por rickettsias e clamidias. Leptospirosis. Outras infeccións bacterianas. Histoplasmosis. Paracoccidiodomicosis. Outras infeccións por fungos.
Tema 5. Aspectos clínicos, diagnóstico diferencial e tratamento das infeccións tropicais producidas por virus, bacterias e fungos.
Tema 6. Protozoosis intestinais: amebosis e outras protozoosis causantes de diarrea.
Tema 7. Protozoosis hemáticas e tisulares: paludismo, leishmaniosis visceral, leishmaniosis cutánea, trypanosomosis africanas, enfermidade de Chagas.
Tema 8. Aspectos clínicos, diagnóstico diferencial e tratamento das infeccións tropicais producidas por protozoos intestinais, hemáticos e tisulares.
Tema 9. Geohelmintosis (ascariosis, trichuriosis, strongyloidosis e uncinariosis). Parasitose causada por nematodos tisulares (filariose, dracunculose). Aspectos clínicos, diagnóstico diferencial e tratamento das helmintoses transmitidas polo solo e a filariose
Tema 10. Cestodosis e cestodosis larvarias (hymenolepiosis e cisticercosis). Aspectos clínicos, diagnóstico diferencial e tratamento.
Tema 11. Schistosomosis e outras trematodosis. Aspectos clínicos, diagnóstico diferencial e tratamento.
B. Básica
Harrison's Principles of Internal Medicine (2018). Ed. McGraw-Hill. 20th Ed.
GILL, GV AND BEECHING, NJ. (2014) Lecture notes on Tropical Medicine. 7th Ed. Blackwell Publishing
Gerrant et al. (2011). Tropical Infectious Diseases. Principles, Pathogens and Practice. Expert consult. 3rd Ed. Saunders-Elsevier.
B. Complementaria
García, S. Lynne. Diagnostic medical parasitology. ASM Press, Washington, D.C. 6ªEd. 2016
Murray, Patrick R., Ellen Jo Baron, James H. Jorgensen, Marie Louise Landry, and Michael A. Pfaller. Manual of Clinical Microbiology, 9º Ed. Washington,
DC: ASM Press, 2007.
Prats, G. Microbiología Clínica y Parasitología Médicas. Ed. Panamericana, 2013.
CEMIII.21 (Coñecer os principais axentes infecciosos e os seus mecanismos de acción), CEMIII.22 (Recoñecer, diagnosticar e orientar no manexo das principais patoloxías infecciosas nos distintos órganos e aparatos), CEMIII.23 (Recoñecer, diagnosticar e orientar no manexo das principais patoloxías infecciosas sistémicas).
As clases expositivas (23 horas) impartiranse presencialmente na aula.
As clases interactivas de laboratorio (2 horas) impartiranse de xeito presencial no laboratorio.
A través de foros e chats, manterase e reforzarase a comunicación cos estudantes a través da Aula Virtual, onde tamén se poden incluír exercicios de autoavaliación para promover a aprendizaxe autónoma.
As titorías (1 hora) estarán dedicadas á resolución de dúbidas ou aclaracións e serán programadas polo profesor, a petición do alumno
Os coñecementos adquiridos avaliaranse mediante unha proba escrita final (60%) complementaria a unha avaliación continua (40%):
A proba final escrita consistirá nun exame de proba con preguntas de resposta múltiple, das que só unha será certa (catro respostas incorrectas eliminarán o valor dunha correcta).
Para a avaliación continua, controlarase a asistencia ás clases teóricas, o que permitirá obter un máximo de 3 puntos (30%) e a participación activa en clases prácticas de laboratorio que permitirán obter un máximo de 1 punto (10%).
Os puntos da avaliación continua engadiranse ao valor dos obtidos no exame da proba, sempre que se obtivese neste un valor mínimo de 3 puntos sobre 10.
A avaliación na segunda oportunidade rexerase polos mesmos criterios.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios e probas, será de aplicación o establecido no "Regulamento para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e a revisión de cualificacións".
Horas de traballo presencial: 27
Hora de traballo persoal do estudante: 41
- Recoméndase ter cursado as materias do módulo II e Microbioloxía, Anatomía Patolóxica e Farmacoloxía do módulo IV.
- Recoméndase actualizar o tema e asistir ás clases expositivas e interactivas.
- NOTA: Todos os xéneros e especies do programa deben estar escritos correctamente en cursiva, a aplicación informática dispoñible actualmente non o permite.
Maria Esperanza Paniagua Crespo
Coordinador/a- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Parasitoloxía
- Teléfono
- 881815004
- Correo electrónico
- mesperanza.paniagua [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Antonio Aguilera Guirao
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- antonio.aguilera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Antonio Rafael Antela López
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina
- Teléfono
- 981951276
- Correo electrónico
- antonio.antela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
13:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 7 |
Xoves | |||
13:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 7 |
Venres | |||
13:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 7 |
23.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
23.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
30.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |