Créditos ECTS Créditos ECTS: 4
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 4 Clínicos EEES: 13 Total: 100
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
Áreas: Dermatoloxía
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A dermatoloxía é aquela parte da medicina que se ocupa do estudo das enfermidades cutáneas que primaria ou secundariamente a afectan, así como dos métodos para a preservación ou a recuperación da normalidade cutánea. Para levar a cabo o estudo da Dermatoloxía (Especialidade Médico-Cirúrxica) e Venereoloxía programáronse clases expositivas, seminarios interactivos e prácticas clínicas. Nestas últimas permíteselle ao alumno que se integre nas diferentes consultas, para que poida observar e practicar as técnicas exploratorias básicas da especialidade.
Mediante o estudo da materia pretendemos que os alumnos poidan:
1. Comprender as variables implicadas nos estados de saúde e enfermidade dermatolóxica.
2. Obter información clínica pertinente procedente do interrogatorio e dos cambios cutáneos, razón de ser da especialidade de Dermatoloxía Médico-Cirúrxica e Venereoloxía, para chegar ao diagnóstico morfolóxico; a selección de datos de laboratorio, análise de diferentes exploracións complementarias para discernir sobre a natureza da enfermidade, o seu prognóstico, posibilidades de curación, melloría, complicacións, etc.
3. Coñecer os mecanismos xerais das enfermidades, as desordes da estrutura e función resultantes destas, a súa expresión sindrómica e finalmente os principios terapéuticos elementais necesarios para a restauración do estado normal da saúde.
4. Iniciarse no método científico, na utilización das fontes bibliográficas e técnicas de documentación científica en xeral.
5. Incidir nos aspectos epidemiolóxicos e psicolóxicos, importantes nos afectados por procesos cutáneos crónicos, que repercuten de forma acusada na súa calidade de vida.
Programa da materia:
MODULO DIDÁCTICO I.
TEMA 1. Introdución. Semioloxía dermatolóxica xeral
TEMA 2 Terapia dermatolóxica
MÓDULO DIDÁCTICO II.
TEMA 3 Afeccións zooparasitarias
TEMA 4 Enfermidades causadas por fungos
TEMA 5 Enfermidades causadas por bacterias y superantíxenos bacterians.
TEMA 6 Micobacterioses
TEMA 7 causadas por virus. SIDA. Covid.
TEMA 8 Concepto de ETS. Sífilis
TEMA 9 Síndroma da úlcera xenital. Síndrome de uretrite-cervicite
MÓDULO DIDÁCTICO III.
TEMA 10 Procesos inflamatorios eritematoso-descamativos I.
TEMA 11 Procesos inflamatorios eritematoso-descamativos II.
TEMA 12 Eccemas. Alerxia de contacto. dermatite atópica.
TEMA 13 Afeccións dos anexos: acne vulgar, rosácea
TEMA 14 Alopecia. Discromías.
TEMA 15 Reaccións de hipersensibilidade: urticaria e anxioedemas
TEMA 16 Púrpuras, vasculites, síndromes nodulares
TEMA 17 Toxicodermias. EEM. NET
MÓDULO DIDÁCTICO IV.
TEMA 18 Manifestacións cutáneas das afeccións metabólicas e carenciais.
TEMA 19 Afectación cutánea en enfermidades sistémicas I. Lupus eritematoso.
TEMA 20 Afectación cutánea en enfermidades sistémicas II. Dermatomiosite. Esclerodermia
TEMA 21 Enfermidades bullosas I
TEMA 22 Enfermidades bullosas II
TEMA 23 Alteración da diferenciación epidérmica.
MÓDULO DIDÁCTICO V.
TEMA 24 Trastornos profiferativos non tumorais. Sarcoidose. Mastocitose.
TEMA 25 Neurocristopatías: Neurofibromatose. Proteo. Epiloia.
TEMA 26 Malformacións e tumores vasculares
TEMA 27 Precancro cutáneo-mucoso.
TEMA 28 Cancro cutáneo-mucoso.
TEMA 29 Tumores pigmentarios.
TEMA 30 Linfomas. Micose fungoide, Sézary. Histiocitose
SEMINARIOS
SEMINARIO 1 (Módulos I y II) O exame do enfermo dermatolóxico. Anamnese. Exame físico. Importancia e límites do exame morfolóxico. Exploracións complementarias. Luz de Woods, dermoscopia, exame micolóxico, toma de biopsias. Epicutáneas. Diagnóstico clínico das principais infestacións, infeccións y ETS.
SEMINARIO 2 Valoración e importancia das manifestacións cutáneas nos procesos mais relevantes dos temas impartidos no módulo III. Procedementos diagnósticos, diagnóstico diferencial, terapéutica tópica e sistémica coas indicacións específicas.
SEMINARIO 3 Valoración e importancia das manifestacións cutáneas nos procesos mais relevantes dos temas impartidos no módulo III. Procedementos diagnósticos, diagnóstico diferencial, terapéutica tópica e sistémica coas indicacións específicas.
SEMINARIO 4 Valoración e importancia das manifestacións cutáneas nos procesos mais relevantes dos temas impartidos no módulo III. Procedementos diagnósticos, diagnóstico diferencial, terapéutica tópica e sistémica coas indicacións específicas.
PROGRAMA PRÁCTICO:
Consta de prácticas tuteladas, recollidas no plan de estudos vixente, que se realizarán no Servizo de Dermatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Nelas introdúcese o alumno na realización dunha historia clínica dermatolóxica, no recoñecemento das principais lesións cutáneas que conforman o cadro clínico morfolóxico do paciente e é orientado na selección de probas complementarias de carácter xeral para chegar a un diagnóstico, así como na realización de métodos de diagnóstico propios da especialidade (luz de Wood, toma de escamas, visualización de parasitos, exame con KOH).
Bibliografía básica e complementaria
General
• Manual Oxford de Dermatología Médica. Burge, S. - Matin, R. - Wallis, D. 2ª Edición Julio 2018. ISBN 9788478856343. Editorial AULA MEDICA.
• Conejo Mir-Moreno-Serrano. Manual de Dermatología. Aula Médica,2ª ed. Madrid, 2017.
• Ferrándiz, C. Dermatología clínica. Elsevier, 4ªed. , Barcelona 2014.
• Fitzpatrick TB, Wolff K et al: Atlas en color y Sinopsis de Dermatología clínica. McGraww-Hill-Interamericana de España, 7ª edición, Madrid, 2014.
• Mascaró JM. Claves para el diagnóstico clínico en Dermatología. Elsevier, 3ª ed. Barcelona, 2008.
• Lázaro Ochaita, P. Dermatología. Aula Médica,3ª ed Madrid, 2003.
• García Pérez, A. Dermatología clínica. 6ªed. Ed. Salamanca: Librería Cervantes, 2002.
• Lever WF, Schamburg-Lever G. Histopatología de la piel. 7ª ed. Ed Inter-Médica SAICI, Buenos Aires 1991 (Edición en español).B.
Complementaria: Recursos ON-Line e WEBS docentes
• WEB docentes:
• Utah University http://library.med.utah.edu/kw/derm/
• Dermatlas http://dermatlas.med.jhmi.edu/derm/
• DermQuest http://dermquest.com/index.html
• DermIS http://www.dermis.net/dermisroot/en/home/index.htm
• Global Skin Path Atlas http://www.globalskinpathatlas.com/
• Loyola http://www.meddean.luc.edu/lumen/MedEd/medicine/dermatology/ MELTON/atlas.htm
• Hardin Meta Directory of Internet Health Sources http://hardinmd.lib.uiowa.edu/
Cada profesor ao finalizar a clase poderá recomendar algunha bibliografía específica, dependendo da actualidade do tema, de doado acceso para o alumno.
Deberá ter coñecementos teóricos da dermatoloxía xeral, especial e enfermidades de transmisión sexual.
Coñecer como se realiza unha historia clínica orientada á patoloxía dermatolóxica que conteña toda a información relevante. Para iso deberá saber escoitar con atención, obter e sintetizar información acerca dos problemas que afectan o enfermo, e comprender o contido desta información para redactar a historia clínica de forma comprensible.
Recoñecer e saber describir as principais lesións elementais cutáneas base para a realización dunha exploración dermatolóxica.
Coñecer os principais métodos de diagnóstico así como as probas básicas complementarias.
Establecer o diagnóstico das principais enfermidades dermatolóxicas.
Indicar a terapéutica máis adecuada dos procesos dermatolóxicos máis prevalentes.
Coñecer a base do tratamento dermatolóxico (tópico e xeral).
Tempo de estudo e traballo persoal
Estudo persoal diario utilizando a bibliografía recomendada e as notas persoais.
Utilizar as horas de titorías e afacerse a preguntar todas as dúbidas que vaian xurdindo.
O tempo que cada alumno debe de dedicar ao estudo da materia, dependerá do interese e a propia capacidade e é responsabilidade de cada un. Debería de reservar polo menos 1 hora ao día para o estudo do explicado nas clases teóricas ou dos casos vistos nas prácticas clínicas. As horas de preparación do exame dependerán da capacidade do alumno. A duración estimativa do exame é de 2 horas.
1.- A docencia da materia realizarase en principio baseándose na docencia presencial con clases expositivas e unha avaliación continua mediante o uso do campus virtual. Para iso, as presentacións empregadas na docencia expositiva e materiais complementarios apropiados publicaranse no campus virtual seguindo a orde do programa da materia. Os temas dividiranse en catro grupos, impartindo un seminario ao final de cada grupo de temas. Os seminarios centraranse na presentación clínica morfolóxica dos distintos síndromes e / ou procesos cutáneos máis frecuentes na práctica clínica.
2.- As prácticas clínicas levaranse a cabo nas distintas unidades que teñen os Servizos onde hai profesores ou colaboradores docentes nesta materia, asignando o número de horas ás posibilidades reais. Integraranse na práctica clínica de rutina. O obxectivo é que vexan primeiro e poidan despois, realizar unha historia clínica orientada á patoloxía dermatolóxica, recoñecer e saber describir as principais lesións cutáneas; indicar e interpretar baixo supervisión, estudos complementarios como biopsia, probas de alerxias, o informe dun estudo patolóxico da pel, o manexo de certos grupos farmacolóxicos, o manexo de síndromes máis rutineiros.
Se a situación xeral de saúde obriga a interromper o desenvolvemento de actividades expositivas, seminarios ou prácticas clínicas presenciais, estas actividades presenciais serán substituídas por actividades prácticas no campus virtual empregando os recursos dispoñibles do campus virtual e sesións. equipo en calquera momento do curso.
O exame final realizarase baixo algún dos seguintes formatos: tipo test, exame de preguntas curtas, exame de preguntas longas, exame oral ou unha combinación destas modalidades adecuada ás circunstancias do momento.
En calquera dos casos, a avaliación final da aprendizaxe realizarase mediante un exame que constará de dúas partes: unha parte teórica e outra práctica. No exame práctico achegaranse imaxes clínicas sobre as que se formularán 3-4 preguntas para avaliar o enfoque diagnóstico e terapéutico, as posibles complicacións e o seguimento de 3-5 casos clínicos que se visualizarán no momento do exame. Para iso, achegarase un resumo dos principais datos da anamnese, exploración clínica e probas complementarias pertinentes.
No exame teórico-práctico tipo test de opción múltiple, cada pregunta constará de catro respostas cunha única resposta válida. Contarán 0,33 puntos negativos cada resposta incorrecta. Para obter o aprobado, tense que superar cada parte por separado. O alumnado que obteña unha media de 5 (50% de puntuación final) en cada parte da proba aprobará a materia.
Na avaliación final haberá preguntas de reserva que só serán avaliadas se se anula algunha das que forman parte da proba de avaliación.
Os exames finais realizaranse nas convocatorias de grao: xaneiro e xullo.
Estudo persoal diario utilizando a bibliografía recomendada e as notas persoais.
Utilizar as horas de titorías e afacerse a preguntar todas as dúbidas que vaian xurdindo.
O tempo que cada alumno debe de dedicar ao estudo da materia, dependerá do interese e a propia capacidade e é responsabilidade de cada un. Debería de reservar polo menos 1 hora ao día para o estudo do explicado nas clases teóricas ou dos casos vistos nas prácticas clínicas. As horas de preparación do exame dependerán da capacidade do alumno. A duración estimativa do exame é de 2 horas.
Asistencia ás clases teóricas
Asistencia aos seminarios con participación activa nestes
Participación activa nas prácticas clínicas. Debe afacerse a anotar e posteriormente estudar as enfermidades que foron vistas nas prácticas clínicas.
Acordo da Comisión de Biblioteca da Facultade de Medicina e Odontoloxía ( 3-5-2017): Aconséllase os estudantes que realicen o curso básico e avanzado de "Formación de competencias Informacionais" válido para a aprendizaxe en buscas bibliográficas, lectura crítica, redacción dos traballos , e en particular nas referencias no Traballo Fin de Grao
Derivado da preocupación por parte do PDI da cantidade de faltas de asistencia que algúns alumnos presentan, enviase resposta de Secretaría Xeral á consulta realizada desde o Decanato da Facultade de Medicina e Odontoloxía sobre cales son as faltas xustificadas e cal é a porcentaxe para efectos de incumprimento.
“As causas xustificadas son as que figuran na Normativa de Asistencia a Clase (artigo terceiro) así como o procedemento para determinar se unha causa é ou non xustificada.
As porcentaxes e os efectos do incumprimento deben fixarse nas Guía Académicas e o normal e que sexan diferentes en función do tipo de materia (teoría e prácticas)
Por último a normativa tamén contempla unha revisión anual da asistencia a clase para establecer as medidas correctoras que procedan (artigo 7)”
LOCALIZACIÓN PREFERENTE DO PROFESORADO:
FACULTADE DE MEDICINA - CÁTEDRA DE DERMATOLOXÍA (1ª entreplanta):
Pereiro Ferreiros, Manuel
HOSPITAL GIL CASARES – CHUS
Ginarte Val, Manuel Javier
Labandeira Garcia, Javier Angel
Rodriguez Granados, Maria Teresa
Rosón López, Elena
Sánchez-Aguilar Rojas, Maria Dolores
Rodriguez Blanco Mª Isabel
CHOP
Flórez Menéndez, Ángeles
CHUAC:
Fonseca Capdevila, Eduardo
CHUVI:
Zulaica Garate, Ander
SECRETARÍA DO DEPARTAMENTO CIRUXIA E ESPECIALIDADES MEDICO-CIRURXICAS:
Montserrat Cabezas
Unidade de Docencia. Decanato Porta 7. Planta baixa.
Hospital Clínico Universitario.
Teléfono: 981950808
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: 34 881 811 000 e 34 982 820 000 | Contacto
Maria Dolores Sanchez-Aguilar Y Rojas
- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Dermatoloxía
- Correo electrónico
- mdolores.sanchez-aguilar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Ciencias da Saúde LOU
Manuel Pereiro Ferreiros
Coordinador/a- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Dermatoloxía
- Teléfono
- 881812250
- Correo electrónico
- manuel.pereiro.ferreiros [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Manuel Javier Ginarte Val
- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Dermatoloxía
- Correo electrónico
- manueljavier.ginarte [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Ciencias da Saúde LOU
Maria Isabel Rodriguez Blanco
- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Dermatoloxía
- Correo electrónico
- misabelrodriguez.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Ciencias da Saúde LOU
Maria Elena Roson Lopez
- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Dermatoloxía
- Correo electrónico
- mariaelena.roson.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Ciencias da Saúde LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
08:30-09:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | R.N.S.-Aula 4 |
09:30-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | R.N.S.-Aula 3 |
Martes | |||
08:30-09:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | R.N.S.-Aula 4 |
09:30-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | R.N.S.-Aula 3 |
Mércores | |||
08:30-09:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | R.N.S.-Aula 4 |
09:30-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | R.N.S.-Aula 3 |
Xoves | |||
08:30-09:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | R.N.S.-Aula 4 |
09:30-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | R.N.S.-Aula 3 |
Venres | |||
08:30-09:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | R.N.S.-Aula 4 |
09:30-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | R.N.S.-Aula 3 |
16.12.2024 19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula 1 |
16.12.2024 19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula 2 |
16.12.2024 19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula 3 |
16.12.2024 19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula 4 |
16.12.2024 19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula Magna |
11.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula 1 |
11.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula 2 |
11.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula 3 |
11.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula 4 |
11.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula Magna |