Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 47 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 14 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública, Psiquiatría
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Unha vez superada a materia, o estudante debe:
1. Poder integrar os coñecementos adquiridos nesta área cos adquiridos noutros campos
2. Comprender o proceso aditivo tanto a nivel do individuo como a nivel social para poder executar unha intervención profesional eficaz
3. Alcanzar a destreza mínima necesaria para poder realizar o diagnóstico e o tratamento, así como para definir os obxectivos da intervención
4. Coñecer os recursos sociosanitarios existentes, a súa dispoñibilidade e esixencias para a súa utilización nos casos diagnosticados
5. Ser capaz de avaliar criticamente os informes e a literatura sobre adiccións dende a óptica do modelo bio-psico-social
6. Ter desenvolvido un tema de investigación relacionado coas drogodependencias
7. Manexar eficazmente a comunicación sobre as adiccións tanto fóra como dentro do marco da entrevista clínica
Descritores: O Contexto Sociocultural do Consumo de Drogas, Marco Legal e Política Asistencial.Neurobioloxía da Adicción. Patoloxía, Diagnóstico e Tratamento das adiccións ás diversas sustancias. A relación médico-paciente no paciente drogodependente. A investigación en Drogodependencias.
O desenvolvemento do temario está organizado en 11 temas a desenvolver nas clases expositivas, organizados en dous bloques temáticos: un correspondente ás drogas ilegais e mailo alcohol e outro correspondente ao tabaco.
Bloque I
Tema 1. Conceptos xerais. Contexto sociocultural das adiccións. Epidemioloxía. Marco legal e política asistencial
Tema 2. Etioloxía e etiopatoxenia das adiccións
Tema 3. Patoloxía, diagnóstico e tratamento da adicción ao alcol
Tema 4. Patoloxía, diagnostico e tratamento de sustancias ilegais
Tema 5. Aspectos xerais do tratamento das adiccións. A prevención en adiccións
Tema 6. Adiccións sen sustancias. A comorbilidade
Bloque II
Tema 7. Tabaquismo. Evolución histórica. Compoñentes tóxicos do fume do tabaco. O fume ambiental de tabaco.
Tema 8. Problemas de saúde asociados ao consumo de tabaco.
Tema 9. Epidemioloxía do tabaquismo.
Tema 10. Diagnóstico e actitude terapéutica do tabaquismo.
Tema 11. Prevención e control do tabaquismo.
O programa de clases interactivas inclúe 5 seminarios.
Seminario 1. Traballo práctico con supostos clínicos encamiñados a familiarizarse cos conceptos básicos traballando con supostos clínicos
Seminario 2. A investigación en condutas aditivas
Seminario 3. Presentación do traballo fin de curso
Seminario 4. Visionado dun documental sobre tabaquismo con posterior debate.
Seminario 5 . Casos clínicos: diagnóstico do fumador e actitude terapéutica. Manexo do cooxímetro
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
- Manual de adicciones para médicos especialistas en formación. Ed. Cesar Pereiro Gómez. Socidrogalcohol
- Miguel Barrueco, Miguel Ángel Hernández y Miguel Torrecilla. Manual de Prevención y tratamiento del tabaquismo. 4ª Ed. EUROMEDICE. 2009 (Texto de referencia básico para o bloque de tabaquismo)
- David Simpson. Los Médicos y el Tabaco: El Gran Reto de la Medicina. Tobacco Control Resource Centre. 2000.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
- Informe OMS sobre la epidemia mundial de tabaquismo, 2008: Plan de medidas MPOWER. OMS. 2008. (Accesible en: http://whqlibdoc.who.int/publications/2008/9789243596280_spa.pdf)
- Becoña, E. MONOGRAFÍA TABACO. Adicciones, Vol. 16, suplemento 2 (2004)(Accesible en: http://www.pnsd.msc.es/Categoria2/publica/pdf/tabaco.pdf).
Competencias dá titulación ás que contribúe a materia (segundo Orde ECI/332/2008):
1. Recoñecer os elementos esenciais da profesión médica, incluíndo os principios éticos, as responsabilidades legais e o exercicio profesional centrado no paciente.
2. Comprender a importancia de tales principios para o beneficio do paciente, da sociedade e a profesión, con especial atención ao segredo profesional.
3. Saber aplicar o principio de xustiza social á práctica profesional e comprender as implicacións éticas da saúde nun contexto mundial en transformación.
4. Desenvolver a práctica profesional con respecto á autonomía do paciente, ás súas crenzas e cultura, dentro dos principios éticos e legais.
5. Recoñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a súa competencia profesional, prestando especial importancia á aprendizaxe de maneira autónoma de novos coñecementos e técnicas e á motivación pola calidade.
6. Desenvolver a práctica profesional con respecto a outros profesionais da saúde, adquirindo habilidades de traballo en equipo.
8. Coñecer e recoñecer as bases da conduta humana normal e as súas alteracións.
12. Comprender os fundamentos de acción, indicacións e eficacia das intervencións terapéuticas, baseándose na evidencia científica dispoñible.
13. Obter e elaborar unha historia clínica que conteña toda a información relevante.
14. Realizar un exame físico e unha valoración mental.
15. Ter capacidade para elaborar un xuízo diagnóstico inicial e establecer unha estratexia diagnóstica razoada.
16. Recoñecer e tratar as situacións que poñen a vida en perigo inmediato e aqueloutras que esixen atención inmediata.
17. Establecer o diagnóstico, prognóstico e tratamento, aplicando os principios baseados na mellor información posible e en condicións de seguridade clínica.
18. Indicar a terapéutica máis adecuada dos procesos agudos e crónicos máis prevalentes, así como dos enfermos en fase terminal.
19. Expor e propor as medidas preventivas adecuadas a cada situación clínica.
21. Escoitar con atención, obter e sintetizar información pertinente acerca dos problemas que afectan ao enfermo e comprender o contido desta información.
22. Redactar historias clínicas e outros rexistros médicos de forma comprensible a terceiros.
23. Comunicarse de modo efectivo e claro, tanto de forma oral como escrita, cos pacientes, os familiares, outros profesionais e os medios de comunicación.
24. Establecer unha boa comunicación interpersoal que capacite para dirixirse con eficiencia e empatía aos pacientes, aos familiares, outros profesionais e os medios de comunicación.
25. Coñecer e recoñecer os determinantes de saúde na poboación, tanto os xenéticos como os dependentes do sexo e estilo de vida, demográficos, ambientais, sociais, económicos, psicolóxicos e culturais.
26. Asumir o seu papel nas accións de prevención e protección ante enfermidades, lesións ou accidentes e mantemento e promoción da saúde, tanto a nivel individual como comunitario.
27. Recoñecer o seu papel en equipos multiprofesionais, asumindo o liderado cando sexa apropiado, tanto para a subministración de coidados da saúde, como nas intervencións para a promoción da saúde.
28. Obter e utilizar datos epidemiolóxicos e valorar tendencias e riscos para a toma de decisións sobre saúde.
29. Coñecer as organizacións nacionais e internacionais de saúde e as contornas e condicionantes dos diferentes sistemas de saúde.
30. Coñecementos básicos do Sistema Nacional de Saúde e de lexislación sanitaria.
31. Coñecer, valorar criticamente e saber utilizar as fontes de información clínica e biomédica para obter, organizar, interpretar e comunicar a información científica e sanitaria.
34. Ter, na actividade profesional, un punto de vista crítico, creativo, con escepticismo construtivo e orientado á investigación.
35. Comprender a importancia e as limitacións do pensamento científico no estudo, a prevención e o manexo das enfermidades.
36. Ser capaz de formular hipótese, recoller e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, seguindo o método científico.
37. Adquirir a formación básica para a actividade investigadora.
Competencias específicas dá materia:
Comprender e recoñecer os efectos, mecanismos e manifestacións das distintas drogas sobre a estrutura e función do corpo humano. Comprender e recoñecer os axentes causantes e factores de risco que determinan os estados de saúde e o desenvolvemento das adiccións. Comprender os fundamentos de acción, indicacións e eficacia das intervencións terapéuticas, baseándose na evidencia científica. Obter e elaborar unha historia clínica que conteña toda a información relevante. Realizar un exame físico e unha valoración mental. Ter capacidade para elaborar un xuízo diagnóstico inicial e establecer unha estratexia diagnóstica razoada. Recoñecer e tratar as situacións que poñen a vida en perigo inmediato e aqueloutras que esixen atención inmediata. Establecer o diagnóstico, prognóstico e tratamento, aplicando os principios baseados na mellor información posible e en condicións de seguridade clínica. Escoitar con atención, obter e sintetizar información pertinente acerca dos problemas que afectan ao enfermo e comprender o contido desta información. Comunicarse de modo efectivo e claro, tanto de forma oral como escrita, cos pacientes, os familiares, outros profesionais e os medios de comunicación. Establecer unha boa comunicación interpersoal que capacite para dirixirse con eficiencia e empatía aos pacientes, aos familiares, outros profesionais e os medios de comunicación.
Clases expositivas: Exporanse os obxectivos docentes e os conceptos fundamentais do programa. Utilizarase material audiovisual. O profesor sinalará os obxectivos que o alumno deberá alcanzar, presentará os temas destacando os aspectos máis relevantes e actuais fomentando a participación dos alumnos.
O alumno realizará unha lectura comprensiva dos materiais de clase e da bibliografía recomendada, e reflexionará sobre os contidos da materia
Clases interactivas: A sesión de seminario será moi activa e participativa asumindo o profesor o papel de introdutor do tema e orientador e moderador das discusións, realizando os alumnos as presentacións dos temas a estudo e/ou a resolución dos casos presentados.
Terase en conta a avaliación continuada, valorando a participación nas clases expositivas, o traballo individual nos seminarios e a capacidade de interacción co grupo.
A avaliación do alumno farase en función dos bloques do programa e terá que superar cada bloque para aprobar a materia:
Bloque I:
- Exame escrito de contidos teórico-prácticos: 70%
- Avaliación dos seminarios: 30%
Alternativamente:
- Traballo programado polo profesor: 70%
- Avaliación dos seminarios: 30%
Avaliación na segunda oportunidade: Manterase o mesmo sistema que na primeira oportunidade.
Bloque II:
- Exame escrito de contidos teórico-prácticos: 70%
- Avaliación dos seminarios: 30%
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Horas presenciais:
- Expositivas: 14
- Seminario: 12
Horas non presenciais:
- Estudio e lectura de textos básicos e complementarios: 29
- Realización dos traballos propostos: 20
Total horas de dedicación: 75
- Ter cursada e superada a materia Psiquiatría. É conveniente coñecer as grandes síndromes médicas.
- Asistencia regular ás clases expositivas e ás interactivas.
- Manter unha actitude participativa durante as clases, especialmente durante as clases interactivas.
- Lectura dos textos recomendados.
Agustin Montes Martinez
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Teléfono
- 881812271
- Correo electrónico
- agustin.montes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Del Carmen Garcia Mahia
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Psiquiatría
- Correo electrónico
- mcarmen.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Maria Vidal Millares
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Psiquiatría
- Correo electrónico
- maria.millares [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Homero Indalecio Carrera Machado
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Psiquiatría
- Correo electrónico
- hindalecio.carrera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
13:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | R.N.S.-Aula 1 |
Xoves | |||
13:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | R.N.S.-Aula 1 |
19.05.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula 3 |
19.05.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula 4 |
08.07.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula 3 |
08.07.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula 4 |