Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 94 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 18 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias Morfolóxicas
Áreas: Anatomía e Embrioloxía Humana
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos están deseñados para abordar o coñecemento e a comprensión da morfoloxía humana xeral do home vivo e san, e da globalidade do complexo deseño do aparello locomotor, o seu funcionalismo, é dicir, o rendemento e a súa proxección dende a normalidade ata o campo da patoloxía.
1. XENERALIDADES
TEMA 1.- Concepto da Anatomía. A Anatomía humana. División da Anatomía. A Anatomía no contexto histórico. A Anatomía humana no conxunto das ciencias médicas: a súa importancia. Fontes bibliográficas
TEMA 2.- Concepto de Morfoloxía. Estudo da forma. Estudo da estrutura. Simetría. Homoloxía e proporción. Organización xeral do corpo humano
TEMA 3.- Concepto xeral do aparello locomotor. Estudo xeral do óso, articulacións e músculos TEMA 4.- Estudo xeral do sistema vascular: sistema arterial. Sistema venoso. Sistema linfático TEMA 5.- Estudo xeral do sistema nervioso: sistema nervioso central. Sistema nervioso periférico. Sistema nervioso vexetativo
TEMA 6.- Estudo xeral dos demais aparellos e sistemas
2. ANATOMÍA DO APARELLO LOCOMOTOR
2.1. PROGRAMA DA CABEZA ANATOMIA DO MACIZO CRANIOFACIAL
2.1.1 ESTRUTURA ESQUELETICA DA CABEZA HUMAN
TEMA 7.- Estudo xeral da cabeza. Desenvolvemento dos ósos do cranio: neurocranio. Frontal. Etmoides
TEMA 8.- Esfenoides
TEMA 9.- Temporal
TEMA 10.- Occipital. Parietal
TEMA 11.- Esplacnocranio: desenvolvemento. Maxilar Superior. Palatino
TEMA 12.- Malar. Unguis. Ósos propios do nariz. Cornete Inferior. Vómer. Maxilar inferior
TEMA 13.- Cavidades craniofaciais: o seu concepto. Cavidades orbitarias
TEMA 14.- Fosas nasais
TEMA 15.- Fosa ptérigo-maxilar. Fosa pterigoidea. Fosa Cigomática. Bóveda palatina
2.1.2 ARTICULACIONS DA CABEZA E MUSCULOS DA MASTICACION E DA MIMICA
TEMA 16.- Articulacións dos ósos do cranio e da cara. Articulación témporo-mandibular
TEMA 17.- Músculos derivados dos arcos farínxeos
2.1.3 VASCULARIZACION DO SISTEMA MUSCULO-ESQUELETICA DA CABEZA
TEMA 18.- Sistema arterial da carótide externa
TEMA 19.- Sistema arterial da carótide interna. Arteria vertebral. Polígono arterial de Willis
TEMA 20.- Veas da cabeza. Clasificación e estudo dos seos craniais. Sistema vascular linfático da cabeza e do pescozo
2.1.4 NERVIOS CRANIAIS
TEMA 21.- Nervios craniais periféricos. A súa clasificación e concepto funcional
2.2. PROGRAMA DO PESCOZO E DO TRONCO
TEMA 22.- Concepto xeral do pescozo e do tronco. Columna vertebral: desenvolvemento. Características rexionais das vértebras. Curvaturas da columna vertebral: fisiolóxicas e patolóxicas. Clasificación e estudo
TEMA 23.- Vértebras cervicais. Vértebras dorsais. Vértebras lumbares. Sacro-Coccix. Características individuais e vértebras especiais
TEMA 24.- Articulacións da columna vertebral: articulacións intersomáticas. Disco intervertebral. Articulacións das apófises articulares. Articulacións da cabeza coa columna vertebral. Articulacións do pescozo propiamente ditas
TEMA 25.- Músculos do pescozo. División topográfica. División aponeurótica: Aponeurose cervical superficial, media e profunda. Espazos aponeuróticos
TEMA 26.- Rexión lateral do pescozo
TEMA 27.- Estudo do aparello hioideo: rexión ventral do pescozo: superficial e profunda
TEMA 28.- Rexión posterior do pescozo ou caluga
TEMA 29.- Esterno. Arcos costais. Cartilaxes costais. Articulacións torácicas
TEMA 30.- División e estudo muscular do tórax. Rexión antero-lateral do tórax. R costal. Rexión posterior do tórax
TEMA 31.- Diafragma tóraco-abdominal
TEMA 32.- Rexións musculares do abdome. Aponeuroses abdominais e formacións dependentes. Traxectos herniarios
TEMA 33.- Vascularización do Sistema Músculo-esquelético do Tronco.
TEMA 34.- Inervación do Sistema Músculo-esquelético do Tronco.
2.3. PROGRAMA DO MEMBRO SUPERIOR
TEMA 35.- Estudo xeral e concepto do membro superior. Cintura escapular: osteoloxía. Clavícula. Omoplata
TEMA 36.- Brazo: osteoloxía. Estudo do úmero
TEMA 37.- Antebrazo: osteoloxía. Estudo do radio e do cúbito
TEMA 38.- Man: osteoloxía. Rexión carpiana. Rexión metacarpiana. Rexión falánxica. Ósos sesamoides
TEMA 39.- Concepto do ombreiro funcional: clasificación articular e mecánica do conxunto. Articulación esterno-costo ou condro-clavicular. Articulación acromio-clavicular. Ligamentos córaco-claviculares. Ligamentos propios da Escápula. Sisarcose escápulo-torácica. Articulación escápulo-humeral
TEMA 40.- Articulación do cóbado: concepto morfolóxico e concepto funcional. Articulacións do antebrazo: radio-cubitais superior e inferior
TEMA 41.- Articulación do pulso. Man articular: articulacións carpo-metacarpianas. Articulacións inter-metacarpianas. Articulacións metacarpo-falánxicas. Articulacións inter-falánxicas
TEMA 42.- Músculos e aponeurose do ombreiro
TEMA 43.- Músculos e aponeurose do brazo
TEMA 44.- Músculos e aponeurose do antebrazo
TEMA 45.- Corredeiras óso-fibrosas. Vaíñas e sinoviais
TEMA 46.- Músculos e aponeurose da man
TEMA 47.- Sistema arterial do membro superior
TEMA 48.- Sistema venoso do membro superior. Sistema linfático do membro superior
TEMA 49.- Plexo braquial. Concepto dos eixes neuro-musculares do membro superior
TEMA 50.- Técnicas de imaxe no membro superior
2.4. PROGRAMA DO MEMBRO INFERIOR
TEMA 51.- Estudo xeral e concepto do membro inferior. Cintura pélvica: osteoloxía. Estudo do coxal
TEMA 52.- Coxa: osteoloxía. Estudo do fémur
TEMA 53.- Perna: osteoloxía. Estudo da tibia. Estudo do peroné. Estudo da rótula
TEMA 54.- Pé: osteoloxía. Ósos do tarso. Ósos do metatarso. Ósos falánxicos. Ósos sesamoides
TEMA 55.- Concepto da pelve funcional. Clasificación articular e mecánica do conxunto. Articulacións sacroilíacas, Articulación da sínfise púbica. Articulación coxo-femoral
TEMA 56.- Articulación do xeonllo. Articulacións tibio-peróneas
TEMA 57.- Articulación do nocello
TEMA 58.- Articulacións do pé: articulación medio-tarsiana. Articulacións intertarsianas. Articulacións tarso-metatarsianas. Articulacións intermetatarsianas. Articulacións metatarso-falánxicas. Articulacións interfalánxicas
TEMA 59.- Músculos e aponeurose da cadeira e pelve. Chan pélvico
TEMA 60.- Músculos e aponeurose da coxa. Estudo da vaíña dos vasos femorais
TEMA 61.- Músculos e aponeurose da perna
TEMA 62.- Músculos e aponeurose do pé. Corredeiras tendinosas e sinoviais do membro inferior TEMA 61.- Estudo da vascularización arterial do membro inferior
TEMA 63.- Estudo da vascularización venosa do membro inferior. Estudo da vascularización do membro inferior
TEMA 64.- Plexo lumbo-sacro. Concepto de eixes neuromusculares do membro inferior
TEMA 65.- Técnicas de imaxe no membro inferior
TRATADOS:
- BOUCHET, A. e CUILLERET, J., Anatomía descriptiva, topográfica y funcional (Miembros Superiores, Cara, Cabeza y Órganos de los Sentidos, Miembros Inferiores, Cuello, Tórax), ed. Médica Panamericana, Madrid, 1998.
- FENEIS, Nomenclatura Anatomica Ilustrada, Ed Masson 5ª ed, Barcelona 2021.
- DRAKE, R.L.; MICHEL, A.; ET ALL: Gray, Anatomia para estudiantes, 3ªEd, Elsevier, Madrid 2020.
-GARCIA-PORRERO, J., HURLE, J., Anatomia Humana, McGraw-Hill Interamericana Madrid, 2021.
- KAPANDJI, I. A., Cuadernos de fisiología articular, 3 tomos, 6ª ed., Ed. Medica Panamericana, Barcelona, 2016.
- LATARJET, M. et RUIZ-LIARD, A., Anatomía Humana, tomos I e II, ed. Panamericana, Madrid, 2005.
- LAZORTHES, G., Sistema Nervioso Periférico, descripción, sistematización y exploración, ed. Toray-Masson, Barna, 2005.
- MOORE, K. L., Anatomía con orientación Clínica, 33ª ed., ed. Panamericana, Madrid, 2018.
- ROUVIERE, H. e DELMAS, A., Anatomía Humana Descriptiva, Topográfica y Funcional, tomos I, II e III, 9ª ed., ed. Masson, Barcelona, 2005.
- SUAREZ, J.; MEAÑOS, E.R.; CASTAÑO, M.T.; RODRIGUEZ, MA.; LOPEZ E; Anatomía del Aparato Locomotor, Ed. Meubook, Santiago de Compostela, 2021.
ATLAS:
- GOSLING, J. A.; HARRIS, P. F.; HUMPHERSON, M. B. e al., Texto y Atlas en Color de Anatomia Humana, 2ª ed., ed. Interamericana-McGraw-Hill, Mexico, 2016.
- MASTER, Atlas de Anatomia Humana, Ed. Marban, 2ª ed Madrid 2019.
- McMINN, R.M.H. e HUTCHINGS, R. T., Atlas de anatomía humana, ed. Espaxs, Barcelona, 2014.
- NETTER, F. H., Colección Ciba de ilustraciones médicas, tomos VIII/1/2/3: Sistema Locomotor: Anatomía, Fisiología y Semiología, Salvat Eds. S. A., Barcelona, 2016.
- NETTER, F.H. "Atlas de Anatomía Humana (+ Student Consult)" 6ª ed, Elsevier eds. Madrid, 2021.
- PAULSEN F., Atlas de Disección Sobotta, Elsevier 2017
- PROMETHEUS, Texto y Atlas de Anatomia, tomos 1, 2, 3, Ed Panamericana, Madrid 2018.
-ROHEN, S. W. e YOKOCHI,C. H., Atlas fotográfico del cuerpo humano, ed. Doyma, Barcelona, 2014.
- SOBOTTA, J. e BECHER, H., Atlas de Anatomía Humana, tomos I e II, 18ª ed., ed. Médica Panamericana, Madrid, 2018.
- WEIR, J. e ABRAHAMS, P., Atlas de Anatomía Radiológica, ed. Doyma, Barcelona, 2012.
O alumno deberá coñecer os aspectos xerais da anatomía do home vivo; ademais deberá coñecer, distinguir e diferenciar os distintos compoñentes dos varios aparellos e sistemas que configuran o organismo, e especialmente e en profundidade, do aparello locomotor, desde o óso, as articulacións, os músculos, a vascularización así como o concepto e proxección funcional aplicada dos eixos neuromusculares, coas peculiaridades de cada rexión, desde a cabeza e o tronco, ata os membros superior e inferior; tanto desde unha proxección teórica como práctica, que lle permita así, coñecendo os aspectos de normalidade poder aplicalos no futuro sobre o campo da patoloxía tanto desde perspectivas clínicas como cirúrxicas.
Desde as clases teóricas , coas sesións de clases interactivas e seminarios tamén semanais, establécese o desenvolvemento dos contidos do programa teórico, reforzándoo en seminarios e sesións interactivas, coa participación activa dos alumnos, mediante as exposicións orais tanto de docentes como discentes, os esquemas e debuxos de lousa, xunto coas proxeccións de arquivos de imaxe por computador (desde pendrive, CD, e desde almacenamentos na nube), desenvolverase abordaxe ao coñecemento do complexo deseño da estrutura do corpo humano en xeral e en profundidade baixo a proxección do seu aparello locomotor, pero estes aspectos teóricos reforzásense coas clases prácticas nas que o alumno tamén semanalmente poderá mellorar o seu aproveitamento e comprensión dos distintos coñecementos que previamente van sendo explicados, con estudo directo sobre óso e esqueleto, sobre maquetas das distintas rexións ou en preparacións anatómicas concretas de cadáver, ademais da participación de todos e cada un dos grupos de alumnos, en sesións de disección cadavérica. Tamén se establecerá o acceso á Aula Virtual-Moodle e en caso necesario habilitarase acceso a Microsoft Teams
As probas de Avaliación dos alumnos terán CARÁCTER PRESENCIAL e a valoración dos alumnos será realizada baixo unha dobre proxección, un exame práctico con pregunta curta de cada unha das catro partes (cabeza, tronco e membros superior e inferior), ao ser un exame básico, só permítense dous erros en cada unha das 4 partes, a cualificación é de Apto ou non Apto para cada unha delas, é necesario que se superen (as 4 partes), para acceder ao exame teórico que é un exame de test de resposta única, sobre os contidos desagregados no programa da materia para cada unha das catro partes (cabeza, tronco e membros superior e inferior) 120 preguntas, con 30 preguntas de cada unha das catro partes, é necesario ter en cada unha das 4 partes 19 respostas acertadas, non hai compensacións entre as distintas partes que non alcanzaron as 19 respostas e as que se superaron 19 ou máis. Coas 4 partes, superados os 19 puntos en cada unha, establecerase a nota media final, ao sumalas e dividir por 4; desde 19 = aprobado 5.0 a 30 = sobresaliente 10. Ademais ao longo do Curso realizásense PROBAS de AVALIACIÓN CONTINUADA, sobre os contidos teóricos de cada unha das catro partes que poden sumarse á avaliación final presencial (representando ata un 10% dela cualificación final) pero ha de superarse o mínimo dos 19 puntos en cada parte, para que se engadan os resultados desta Avaliación Continuada. Así mesmo tamén se realizasen Probas de Avaliación Continuada sobre os contidos Prácticos de cada unha das catro partes. Tamén poderán utilizarse para a Avaliación Continua, os recursos das plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams)
Horas totales : 150
Horas de Traballo Presencial : 60
Horas Expositivas 36
Horas Interactivas 18
Horas Tutorías 2
Examenes e revision : 4
Horas de Traballo Personal do Estudante: 90
Estudio Individual : 44
Elaboracion de Traballos : 30
Lecturas recomendadas e Actividades en Biblioteca ou similares: 16
O alumno debe partir do guion que é desenvolvido nas clases expositivas, cos esquemas de lousa e achegas gráficas das presentacións, que lle axudasen a configurar o contido de cada tema, sobre o cal debe complementar os aspectos que lle son sinalados nas referencias bibliográficas, para que ao abordar as clases prácticas poida completar o coñecemento e comprensión de cada un dos elementos anatómicos integrados no conxunto, a súa localización, disposición espacial e a súa funcionalismo, en condicións de normalidade.
Ademais as recomendacións para o estudo por parte do alumno son as mesmas, e xa especificadas na programación da materia. As titorías terán carácter presencial e/ou telemático, dependendo do escenario; e os recursos bibliográficos poderán ser utilizados en versión papel e/ou dixital dependendo do escenario e a dispoñibilidade do recurso.
Existe un formulario para a acreditacion do alumno, asi como é necesario que cada alumno entregue unha ficha co seu nome e unha foto tamaño carné nela, co seu e-mail, ao comezo do curso.
Juan Antonio Suarez Quintanilla
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881812224
- Correo electrónico
- juanantonisuarez.suarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Angeles Rodriguez Cobos
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881812227
- Correo electrónico
- mdelosangeles.rodriguez.cobos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Enrique Ramon Meaños Melon
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881812225
- Correo electrónico
- enriqueramon.meanos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Elena Lopez Martin
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881812310
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Antonio Dominguez Meijide
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Correo electrónico
- antonio.meijide [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Pablo Garrido Gil
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Correo electrónico
- pablo.garrido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mateo Vazquez Torres
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Correo electrónico
- mateovazquez.torres [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
09:30-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
12:30-13:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
16:30-17:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
19:30-20:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
Martes | |||
09:30-10:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
16:30-17:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
Mércores | |||
09:30-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
12:30-13:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
16:30-17:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
19:30-20:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
Xoves | |||
09:30-10:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
16:30-17:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
Venres | |||
09:30-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
12:30-13:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
16:30-17:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
19:30-20:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
08.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 2 |
08.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 3 |
08.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
08.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
08.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 6 |
08.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
08.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |
01.07.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
01.07.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
01.07.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
01.07.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |