Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 46.5 Horas de Titorías: 0.5 Clase Expositiva: 20 Clase Interactiva: 8 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias Morfolóxicas
Áreas: Anatomía e Embrioloxía Humana
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Establecido o coñecemento fundamental da Anatomía Humana Xeral e do Aparello Locomotor, a Espalcnoloxia e mais a Neuroanatomia, materias troncais nos cursos anteriores, plantexamonos nesta materia a proxección destes coñecementos e desta formación e preparación anatómica, aplicada ao seu esencial papel funcional, para que dende a normalidade poida proxectarse cara ao campo da patoloxía clínico-cirúrxica. Establecendo unhas bases anatómicas para a exploración física do doente, esenciais no futuro exercicio profesional no campo médico, para o que se deseñou como contidos dous bloques temáticos esenciais e básicos, que para o alumno suporalle unha eficaz e sinxela ferramenta na súa actividade profesional na área das Ciencias da Saúde.
BLOQUE TEMÁTICO I. Anatomía topográfica e de superficie
Unidade Temática I. Introdución
Tema 1.- Introdución: rexións do corpo. Bases anatómicas da exploración física
Unidade Temática II. Cabeza e pescozo
Tema 2.- Anatomía topográfica da cabeza e do pescozo: cranio. Cara. Rexións infrahioidea, carotídea, cervical lateral e cervical posterior
Tema 3.- Anatomía de superficie da cabeza e do pescozo
Unidade Temática III. Tronco
Tema 4.- Anatomía topográfica do tórax: parede torácica. Mamas. Rexión mediastínica
Tema 5.- Anatomía de superficie do tórax. Topografía tóraco-pulmonar e cardíaca. A súa proxección na parede torácica
Tema 6.- Anatomía topográfica do abdome e da pelve
Tema 7.- Anatomía de superficie do abdome e da pelve
Unidade Temática IV. Membro superior
Tema 8.- Anatomía topográfica do membro superior: ombreiro: rexión axilar, rexión escapular e rexión deltoidea. Brazo. Cóbado. Antebrazo. Pulso. Man
Tema 9.- Anatomía de superficie do membro superior
Unidade Temática V. Membro inferior
Tema 10.- Anatomía topográfica do membro inferior: cadeira. Coxa. Xeonllo. Perna. Nocello. Pé
Tema 11.- Anatomía de superficie do membro inferior
BLOQUE TEMÁTICO II. Bases anatómicas para a exploración do aparello locomotor
Unidade Temática VI. Introdución á exploración do aparello locomotor
Tema 12.- Aspectos xerais
Unidade Temática VII. Membro superior
Tema 13.- Bases anatómicas e exploración da cintura escapular. Proxección patolóxica clínico-cirúrxica
Tema 14.- Bases anatómicas e exploración do cóbado. Proxección patolóxica clínico-cirúrxica
Tema 15.- Bases anatómicas e exploración do pulso e da man. Proxección patolóxica clínico-cirúrxica
Unidade Temática VIII. Membro inferior
Tema 16.- Bases anatómicas e exploración da cintura pélvica. Proxección patolóxica clínico-cirúrxica
Tema 17.- Bases anatómicas e exploración do xeonllo. Proxección patolóxica clínico-cirúrxica
Tema 18.- Bases anatómicas e exploración do nocello e do pé. Proxección patolóxica clínico-cirúrxica
Unidade Temática IX. Cabeza, pescozo e tronco
Tema 19.- Bases anatómicas e exploración da columna vertebral. Rexión cervical, rexión dorsal, rexión lumbar, región sacro-cocíxea. Proxección Patolóxica Clínico-cirúrxica
Tema 20.- Bases anatómicas e exploración das articulacións da cabeza e pescozo. Articulación témporo-mandibular. Proxección patolóxica clínico-cirúrxica
Tema 21.- Bases anatómicas e exploración das disposicións posturais e da marcha. Proxección patolóxica clínico-cirúrxica
1.- Gosling JA. Harris PF. Humpherson JR. Whitmore I. Willan PLT. Anatomia Humana. Texto y Atlas. Ed. Mosby/Doyma. 20 ed.
2.-Hislop HJ. Daniels- Worthinghans Pruebas funcionales musculares. Ed Marban, 60 ed. Madrid, 2008.
3.- Lumley J.S.P. Anatomia de superficie.Las Bases Anatómicas de la Exploración Clínica. Ed Churchill Livinstone. 2013.
4.- Miralles Marrero RC. Biomecanica Clínica del Aparato Locomotor. Ed. Masson S.A. Barcelona 2009.
5.- Moore KL. Anatomia con Orientación Clínica. Ed. Médica Panamericana, Barcelona 2018.
6.- Snell R.S. Anatomia Clinica para estudiantes de Medicina. Ed. Mcgraw-Hill Interamericana. Méjico. 2019.
7.- Tixa S. Atlas de Anatomia Palpatoria del Cuello, Tronco y Extremidad Superior. Investigación manual de superficie. Ed. Masson. Barcelona. 2014.
8.- Tixa S. Atlas de Anatomia palpatoria de la Extremidad inferior. Investigación manual de superficie. Ed. Masson. Barcelona. 2014.
9.- Netter, John C. Thompsom: Atlas Practico de Anatomia Ortopedica Ed Masson Barcelona 2011.
10.- Netter, John T. Hansen, David R. Lambert: Anatomia Clinica; Ed Masson, Barcelona 2020.
11.- Pro Eduardo A. Anatomia Clinica; Ed Panamericana, Madrid 2021.
O alumno deberá ter o coñecemento aplicado para poder facer no seu doente unha avaliacion sistemática das distintas rexións do corpo, desde unha inspección, unha palpación xeral, tanto superfical como profunda, zonas de percusión asi como areas de auscultación; ademais de un desprazamento das articulacións de xeito activo e pasivo no aparello locomotor, cunha valoración de probas musculares, sensitivas e de reflexos xerais, xunto con probas complementarias que axuden a diferenciar a normalidade, a variación e a patoloxía dentro da exploración xeral do Corpo human de cada doente
O alumno terá clases expositivas teóricas e horas de seminarios á semana, de asistencia obrigatoria, nas que os contidos serán desenvolvidos, mediante exposicións orais, axudados (dado as características da materia) mediante debuxos e esquemas de lousa, e presentacións de computador, coa sistemática nos dous bloques temáticos #ante as distintas superficies, rexións ou manobras a desenvolver en cada unha delas, que se enmarcarán especialmente nas sesións interactivas. Coa participación activa dos alumnos, mediante as exposicións orais tanto de docentes como discentes. Tamén se establecerá o acceso á Aula Virtual-Moodle e en caso necesario habilitarase acceso a Microsoft Teams.
As probas de Avaliación dos alumnos terán CARÁCTER PRESENCIAL. O exame ha realizar para a avaliación final será de TIPO TEST, de 50 preguntas, abarcando contidos dos dous bloques temáticos desenvolvidos, 25+25, descóntase 1 resposta correcta por cada 3 erróneas, hai que ter un mínimo de 13 correctas de cada parte. Considérase esencial e básica a asistencia ás clases, pásase lista/firma en cada clase, sen asistencia a cualificación é suspenso, cero puntos, con menos dun 50% das asistencias totais que ten a materia, se se supera o exame, a cualificación será 5.0. Ademais ao longo do Curso realizásense PROBAS de AVALIACIÓN CONTINUADA, sobre os contidos teóricos de cada unha das dúas partes que poden sumarse á avaliación final presencial (representando ata un 10% dela cualificación final) pero ha de superarse o mínimo dos 13 puntos en cada parte, para que se engadan os resultados desta Avaliación Continuada. Tamén poderán utilizarse para a Avaliación Continua, os recursos das plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams)
Dada a base morfoloxica da anatomia human que o alumno coñece e domina, con 4 horas semanais e da bondo para dominar os contidos e aplicalos cas destrezas que se precisan.
É conveniente o repaso da morfoloxía e a función do corpo humano que o alumno xa coñece previamente para a súa aplicación ao campo da exploración nos seus distintos apartados que se desenvolven aquí.
O alumno debe partir do guion que é desenvolvido nas clases expositivas, cos esquemas de lousa e achegas graficas das presentacións, que lle axudasen a configurar o contido de cada tema, sobre o cal debe complementar os aspectos que lle son sinalados nas referencias bibliográficas, para que poida completar o coñecemento e comprensión de cada un dos elementos e rexións anatómicas do aparello locomotor integrados no conxunto, a súa localización, disposición espacial e a súa funcionalismo, así como a disposición das rexións desde a superficie á profundidade na anatomía topográfica en condicións de normalidade.
Ademais as recomendacións para o estudo por parte do alumno son as mesmas nos tres escenarios, e xa especificadas na programación da materia. As titorías terán carácter presencial e/ou telemático, dependendo do escenario; e os recursos bibliográficos poderán ser utilizados en versión papel e/ou dixital dependendo do escenario e a dispoñibilidade do recurso.
Juan Antonio Suarez Quintanilla
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881812224
- Correo electrónico
- juanantonisuarez.suarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Angeles Rodriguez Cobos
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881812227
- Correo electrónico
- mdelosangeles.rodriguez.cobos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Enrique Ramon Meaños Melon
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881812225
- Correo electrónico
- enriqueramon.meanos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:30-12:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 1 |
12:30-13:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 1 |
18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 1 |
19:30-20:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 1 |
Xoves | |||
11:30-12:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 1 |
12:30-13:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 1 |
18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 1 |
19:30-20:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 1 |
23.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 3 |
23.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
23.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
23.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
23.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |
23.06.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |