-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 6Horas ECTS Criterios/Memorias
Horas de Titorías: 2
Clase Expositiva: 30
Clase Interactiva: 24
Total: 56Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Química FísicaÁreas:
Química FísicaCentro
Facultade de FarmaciaConvocatoria:
Segundo semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable -
Estudo de todas as técnicas experimentais que, utilizando unha instrumentación complexa na maioría das ocasións, permite obter unha serie de datos cos que, ademáis da determinación analítica dunha substancia a nivel farmacéutico, se pode chegar tamén ao coñecemento das súas características estruturais.
Métodos Espectroscópicos:
Espectroscopía Ultravioleta-Visible. Ley de Lambert-Beer. Fluorescencia.
Métodos Electroquímicos:
Conductimetría e Potenciometría.
Métodos de Separación:
Métodos cromatográficos. Cromatografía Plana: Papel e Capa fina; Cromatografía en Columna: Cromatografía de Gases, Cromatografía Liquida (HPLC), Cromatografía de adsorción, Cromatografía de Reparto, Cromatografía de Intercambio Iónico, Cromatografía de Exclusión, Cromatografía quiral, Cromatografía de Fluidos Supercríticos.
Espectrometría de Masas.
Electroforesis, Isoelectroenfoque e Electroforesis capilar.
Programa de clases prácticas:
Práctica 1. Análise cuantitativa mediante espectrofotometría visible-ultravioleta: lei de Lambert-Beer
Práctica 2. Valoración potenciométrica dun ácido débil e determinación aproximada do seu pKa.
Práctica 3. Valoración conductimétrica dunha mestura.
Práctica 4. Análise de mostras por cromatografía de gasesBibliografía básica e complementaria
Básica
• Skoog, D. A.; Holler, F. J.; Nieman, T. A. Principios de Análisis Instrumental, (Traducción al español de Principles of Instrumental Análisis, por Mª C. Martín Gómez y otros), McGraw-Hill, Madrid, 2003.
• Ewing, G. W. Métodos Instrumentales de Análisis Químicos, (Traducción ao español del original inglés Instrumental Methods of Chemical Analysis, 4th ed., McGraw-Hill, 1975, por Eva Estrada Meza), Mc Graw-Hill, México, 1978.
Estes dous libros de carácter xeral pódense utilizar practicamente ao longo de todo o curso, por iso xa non se incluirán na bibliografía correspondente a cada capítulo xa que abranguen a maioría dos temas da materia cunha exposición clara e adecuada da materia para o alumno que os consulte.
Complementaria.
• Christian, G. D.; O´Reilly, J. E. Instrumental Analysis, 2nd ed., Allyn and Bacon, Boston, 1986.
• Ewing, G. W. Analytical instrumentation handbook, Marcel Dekker, New York, 1990.
• Miñones Trillo, J. Manual de Técnicas Instrumentales, 2 volúmenes, Círculo editor Universo, Barcelona, 1978.
• Valls, O.; del Castillo, B. Técnicas Instrumentales en Farmacia y Ciencias de la Salud, 4ª ed., Ediciones Piros, Barcelona, 1998.
• Delahay, P. Análisis Instrumental: (métodos fisicoquímicos del Análisis), (Traducción ao español de Instrumental Analysis, Mc Millan, New York, 1963.Coñecementos
Con 01. Coñecer a orixe, natureza, e como deseñar, obter, analizar, controlar e producir principios activos, fármacos e medicamentos, así como outros produtos e materias primas de interese sanitario de uso humano ou veterinario.
Con 03. Saber aplicar o método científico e adquirir habilidades no manexo da lexislación, fontes de información, bibliografía, elaboración de protocolos e demais aspectos que se consideran necesarios para o deseño e avaliación crítica de ensaios preclínicos e clínicos.
Con 04. Adquirir coñecementos para deseñar, preparar, fornecer e dispensar medicamentos e outros produtos de interese sanitario.
Con 11. Coñecer as características físico‐químicas das substancias utilizadas para a fabricación dos medicamentos.
Con 15. Coñecer os principios e procedementos para a determinación analítica de compostos: técnicas analíticas aplicadas á análise de auga, alimentos e medio ambiente.
Con 16. Coñecer e aplicar as técnicas principais de investigación estrutural incluíndo a espectroscopia.
Habilidades ou Destrezas
H/D 05. Desenvolver habilidades de comunicación e información, tanto orais como escritas, para tratar con pacientes e usuarios do centro onde desempeñe a súa actividade profesional.
H/D 06. Promover as capacidades de traballo e colaboración en equipos multidisciplinares e as relacionadas con outros profesionais sanitarios.
H/D 07. Seleccionar as técnicas e procedementos apropiados no deseño, aplicación e avaliación de reactivos, métodos e técnicas analíticas.
H/D 08. Levar a cabo procesos de laboratorio estándar incluíndo o uso de equipos científicos de síntese e análise, instrumentación apropiada incluída.
H/D 09. Estimar os riscos asociados á utilización de sustancias químicas e procesos de laboratorio.
Competencias:
Comp 01. Capacidade de análise e síntese.
Comp 10. Capacidade crítica e autocrítica.
Comp 18. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
Comp 25. Habilidade para traballar de forma autónoma.As trinta horas de clases expositivas inpartiránse como clases maxistrais presenciais xa que o elevado número de alumnos por grupo non permite a utilización de métodos alternativos. En ditas clases daránse os conceptos e contidos teóricos da materia. Para elo axudarémonos das novas tecnoloxías para presentacións colectivas, como power point, vídeos, etc. As clases interactivas estarán dedicadas á resolución de cuestións prácticas e problemas. O traballo práctico no laboratorio levarase a cabo en grupos de 20 persoas como máximo. Todo elo estará implementado coa utilización da plataforma virtual da USC.
A Nota global será a resultante de sumar a cualificación obtida en tres actividades
1º Un exame final de teoría e problemas.
2º A avaliación continua.
3º Prácticas de laboratorio.
O exame final de teoría e problemas será cualificado sobre un máximo de 7,5 puntos correspondéndolle 5,5 puntos ao exame de teoría e 2,0 puntos ao exame de problemas. O exame de teoría consistirá en varias cuestión aplicadas con varios apartados, podendo ser algunhas delas tipo test. O exame de problemas consistirá en dous ou tres problemas con diferentes apartados. É requisito indispensable para aprobar a materia obter unha nota igual ou superior a 1,65 puntos no exame de teoría e unha nota igual ou superior a 0,6 puntos no exame de problemas.
A avaliación continua constará dunha serie de probas que se levarán a cabo nas horas das clases interactivas. Ditas probas constarán de preguntas cortas, algunha das cales poderán ser de tipo test, así coma algún problema relacionado coa materia recentemente explicada. A cualificación máxima correspondente á avaliación continua é de 2 puntos. Non se manterá a nota de evaluación continua de cursos anteriores.
A realización das prácticas polo alumno é condición indispensable para poder ser avaliado da materia. Así mesmo será requisito indispensable superar un exame de ditas prácticas que consistirá nunha serie de cuestións relacionadas coas mesmas. A contribución á cualificación global será de 0,5 puntos. Manterase a nota de prácticas de cursos anteriores. Os alumnos repetidores que desexen realizar as prácticas de novo, deberán comunicarllo ao profesor e terán que facer de novo o exame correspondente e aprobalo.
Na segunda oportunidade da convocatoria do curso académico, soamente se realizará o exame final de teoría e problemas conservándose as cualificacións correspondentes ás prácticas e a avaliación continua obtidas. As notas máximas e os mínimos requiridos, serán os mesmos que para a primeira oportunidade.
O exame de Teoría e Problemas realizarase de forma presencial.
A avaliación farase en base ás competencias adquiridas, de forma que estas serán avaliadas nas diferentes actividades realizadas ao largo do curso:
No exame: Coñecementos: Con 01, Con 04, Con 11, Con 15, Con 16; Habilidades ou destrezas: H/D 07, H/D 09 e Competencias: Comp 01 y Comp 10.
En las clases interactivas: Coñecementos: Con 01, Con 04, Con 15, Con 16; Habilidades ou destrezas: H/D 07, H/D 09 e Competencias: Comp 01 y Comp 10.
En las prácticas de laboratorio: Coñecementos: Con 03, Con 11, Con 16; Habilidades ou destrezas: H/D 05, H/D 06, H/D 08, H/D 09 e Competencias: Comp 01, Comp 10, Comp 18 y Comp 25.Traballo presencial:
-Clases expositivas en grupo grande: 30 horas
-Clases interactivas en grupo reducido: 14 horas
-Titorías en grupo moi reducido: 2 horas
-Prácticas de laboratorio: 10 horas
-Exames e revisión: 4 horas
-Total horas traballo presencial na aula ou no laboratorio: 60 horas
Traballo persoal:
-Estudo autónomo individual ou en grupo: 48 horas
-Resolución de exercicios, ou outros traballos: 24 horas
-Orientación e resolución de dúbidas: 2,5 horas
-Preparación do traballo de laboratorio e elaboración da memoria das prácticas: 6,5 horas
-Realización e revisión do exame: 9 horas
-Total horas traballo persoal do alumno: 90 horas-Coñecementos matemáticos tales como: erros de medida.
- Nocións de estatística, representacións gráficas e interpretación de funcións.
-Funcións exponencial e logarítmica. Regresión lineal.
-Coñecementos básicos de física.
-Química-Física: Farase referencia constante aos conceptos estudados nesta materia, que servirán de punto de partida para abordar o fundamento de cada unha das técnicas.
-Dedicación regular ao estudo da materia (períodos diarios ou cada dous días).
-A medida que avanza o estudo é necesario ir resolvendo as cuestións e problemas formulados en cada capítulo.
-Evitar introducirse nun novo capítulo sen entender axeitadamente os anteriores.
-
Maria Mercedes Parajo Montes
Coordinador/a- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881814212
- Correo electrónico
- mmercedes.parajo@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Pedro Rodriguez Dafonte
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881814307
- Correo electrónico
- pedro.rodriguez@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Rafael Enrique Ramos Amigo
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Correo electrónico
- r.ramos@usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Jose Manuel Vila Fungueiriño
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Correo electrónico
- josem.vila@usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Programa Juan de la Cierva
David Ferro Costas
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881814289
- Correo electrónico
- david.ferro@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Víctor Álvarez Martínez
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Correo electrónico
- victoralvarez.martinez@usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Manuel Souto Salom
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Correo electrónico
- manuel.souto.salom@usc.es
- Categoría
- Investigador/a Distinguido/a
Paula Sara Escamilla Berenguer
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Correo electrónico
- paulasara.escamilla@usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Programa Juan de la Cierva
-
2º semestre - Do 27 de xaneiro ao 02 de febreiro Martes 12:00-13:00 GrupoA /CLE_01 Castelán 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas 17:00-18:00 GrupoB /CLE_02 Castelán 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas Mércores 12:00-13:00 GrupoA /CLE_01 Castelán 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas 17:00-18:00 GrupoB /CLE_02 Castelán 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas Xoves 12:00-13:00 GrupoA /CLE_01 Castelán 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas 17:00-18:00 GrupoB /CLE_02 Castelán 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas Venres 12:00-13:00 GrupoA /CLE_01 Castelán 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas 17:00-18:00 GrupoB /CLE_02 Castelán 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas