-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 4.5Horas ECTS Criterios/Memorias
Horas de Titorías: 5.5
Clase Expositiva: 25
Clase Interactiva: 22
Total: 52.5Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Química FísicaÁreas:
Química FísicaCentro
Facultade de FarmaciaConvocatoria:
Segundo semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable -
A materia trata de resumir os conceptos básicos necesarios para a comprensión dos diferentes métodos existentes, fundamentalmente espectroscópicos, utilizados na análise estrutural das moléculas. Faise especial fincapé na necesidade de utilizar dúas ou máis técnicas para resolver un problema estrutural.
Trátanse ademais as espectroscopías atómicas con fins analíticos cuantitativos.Tema 1. Introdución aos métodos espectroscópicos.
Tema 2. Espectroscopía atómica: Fundamento.
Tema 3. Espectroscopías de absorción, emisión, e fluorescencia atómica.
Tema 4. Espectroscopía de Microondas.
Tema 5. Espectroscopía de Infravermello.
Tema 6. Espectroscopía Raman.
Tema 7. Espectroscopía Electrónica.
Tema 8. Espectroscopía de Resonancia Magnética Nuclear
Tema 9. Espectrometría de MasasBásica
• C. N. Banwell, E. M. MacCash, Fundamentals of Molecular Spectroscopy, 4th ed., McGraw-Hill, London, 1994. (Hay unha version en castelán da edición de 1972. Ediciones del Castillo, S. A., Madrid, 1977).
• M. Hesse, H. Meir, B. Zeeh, Métodos Espectroscópicos en Química Orgánica. 2ª ed., Editorial Síntesis, Madrid, 1999
• P. Atkins, J. de Paula, Química Física, 8ª ed., Editorial Médica Panamericana, Buenos Aires, 2008.
• Chemistry LibreTexts. University of California Davis. Spectroscopy,
http://chem.libretexts.org/Core/Physical_and_Theoretical_Chemistry/Spec…
• L. D. Field, S. Sternhell and J. R. Kalman, Organic Structures from Spectra, 5th edition, John Wiley & Sons, 2013.
Libros de problemas
• L. Carballeira Ocaña, I. Pérez Juste, Problemas de Espectroscopía Molecular, Netbiblo, Oleiros (Coruña), 2008.
• J. M. Pérez Martínez, A. L. Esteban Elum, M. P. Galache Payá, Problemas resueltos de Química Cuántica y Espectroscopía Molecular, Univ. de Alicante, Alicante, 2001.
Complementaria
• A. Requena, J. Zúñiga, Espectroscopía, Pearson Prentice-Hall, Madrid, 2004.
• R. Chang, Principios Básicos de Espectroscopía, Editorial AC, Madrid, 1983.
• E Pretsch, P. Buhlmann, M. Badertscher, Structure determination of organic compounds: tables of spectral data / 4th ed Berlin, Springer, 2009.
• J. M. Hollas, Modern Spectroscopy, 4th ed., John Wiley & Sons, Chichester, 2004.
• S. Svanberg, Atomic and Molecular Spectroscopy, 3rd ed. Springer-Verlag, Berlin, 2001.Coñecementos:
Con 14. Coñecer e comprender a natureza e comportamento dos grupos funcionais en moléculas orgánicas.
Con 16. Coñecer e aplicar as técnicas principais de investigación estrutural incluíndo a espectroscopía.
Habilidades ou destrezas:
H/D 07. Seleccionar as técnicas e procedementos apropiados no deseño, aplicación e avaliación de reactivos, métodos e técnicas analíticas.
H/D 08. Levar a cabo procesos de laboratorio estándar incluíndo o uso de equipos científicos de sínteses e análises, instrumentación apropiada incluída.
Competencias:
Competencias instrumentais:
Comp 05: Habilidades básicas de manexo do computador.
Comp 06: Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información proveniente de fontes
diversas).
Comp 07: Resolución de problemas.
Comp 08: Toma de decisións.
Competencias sistémicas:
Comp 17: Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
Comp 18: Habilidades de investigación.A) Clases expositivas en grupo grande.
O profesor explica os conceptos propios da materia con apoio de medios audiovisuais e informáticos. Poden ter formatos diferentes: teoría, problemas e/ou exemplos xerais.
B) Clases interactivas (Seminarios).
Clase teórico/práctica na que se propoñen aplicacións da teoría, problemas, exercicios, e casos prácticos. O alumno participa activamente nestas clases, nas que se traballará en resolución dos exercicios/cuestións propostos para cada tema e de exercicios/cuestións que formarán parte da avaliación continua.
C) Tutorías de pizarra en grupo moi reducido.
Teñen como obxectivo aclarar dúbidas sobre os contidos teóricos e prácticos, fornecer información ou orientar ao alumno, así como coñecer o progreso na adquisición de competencias.A cualificación desta materia levarase a cabo mediante avaliación continua (40 %) e a realización dun exame final complementario á avaliación continua (60 %).
Na avaliación continua teranse en conta os seguintes aspectos:
• Resolución de exercicios/cuestións de avaliación (90 %)
• Participación activa nas titorías (10 %)
A asistencia a clase é obrigatoria con carácter xeral, e terase en conta na avaliación continua.
Na segunda oportunidade levarase a cabo un exame final cuxa nota se sumará á obtida nas actividades de avaliación continua realizadas durante o período de docencia (aqueles alumnos que non realizasen a avaliación continua, só poderán obter unha nota máxima de 6,0 puntos).
A valoración da avaliación continua só é valida para o curso actual.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
A avaliación dos coñecementos, habilidades e competencias adquiridas na materia será realizada a través dás seguintes vías:
Clases interactivas: HD 07, H/D 08, Comp 05, Comp 06, Comp 07, Comp 08.
Exame final: Con 14, Con 16, Comp 07, Comp 17, Comp 18.• Clases Expositivas (23 horas)
• Clases Interactivas Seminario (18 horas)
• Titorías (2 horas)
• Exame (2 horas)
• Horas totais de traballo presencial na aula ou no laboratorio: 45 horas
• Horas de traballo persoal do alumno: 67,5 horas• É importante manter o estudo da materia “ao día”.
• Unha vez finalizada a lectura dun tema, é útil facer un resumo dos puntos importantes, identificando as ecuacións básicas que se deben lembrar e asegurándose de coñecer tanto o seu significado como as condicións nas que se poden aplicar.
• A resolución de problemas é fundamental para a aprendizaxe desta materia. Pode resultar de axuda o seguir estes pasos: (1) Facer unha lista con toda a información relevante que proporciona o enunciado. (2) Facer unha lista coas cantidades que se deban calcular. (3) Identificar as ecuacións para utilizar na resolución do problema e aplicalas correctamente.A materia terá unha Aula Virtual no Campus Virtual da USC ao dispor do alumnado.
Atenderanse de forma presencial as consultas personalizadas dos alumnos no horario de titorías do profesor publicado ao comezo do curso académico.
-
Juan Crugeiras Martinez
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881814430
- Correo electrónico
- juan.crugeiras@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
-
2º semestre - Do 27 de xaneiro ao 02 de febreiro Martes 13:00-14:00 Grupo /CLE_01 Castelán 5035 Aula 6 Facultade Dereito Mércores 13:00-14:00 Grupo /CLIS_01 Castelán 5035 Aula 6 Facultade Dereito