Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 18.5 Clase Interactiva: 22 Total: 42.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Áreas: Nutrición e Bromatoloxía
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Coñecer os aspectos básicos da lexislación alimentaria, as normas españolas e europeas e as regulacións internacionais que lles afectan aos produtos alimenticios e a sua seguridade química.
- Coñecer as Institucións, organizacións e axencias nacionais, europeas e internacionais, relevantes para a seguridade alimentaria.
-Coñecer os conceptos básicos, terminoloxía e ferramentas utilizadas no campo da seguridade química dos alimentos.
-Coñecer os aspectos legais, toxicolóxicos, e analíticos relacionados cos perigos químicos que poden causar efectos nocivos para a saúde e que poden estar presentes nos alimentos.
- Abordar a resolución dos problemas legais, higiénico-sanitarios e analíticos relacionados coa seguridade química dos alimentos.
Programa de clases expositivas:
As clases expositivas desenvolveranse en 23 sesións de 50-55 minutos cada unha.
Aspectos básicos
Tema 1: Concepto de Lexislación e Seguridade Alimentaria.
Tema 2: O Sistema Legal Español.
Tema 3: O Marco Europeo e as regulacións internacionais.
Tema 4: A avaliación do risco e as axencias de Seguridade alimentaria.
Tema 5: A defensa do consumidor e a protección da calidade agroalimentaria.
Perigos químicos
Tema 6: Substancias engadidas deliberadamente aos alimentos.
Tema 7: Substancias procedentes dos materiais en contacto cos alimentos.
Tema 8: Substancias producidas por mofos que contaminan os alimentos durante o almacenamento.
Tema 9: Substancias procedentes do medioambiente, e que poden entrar na cadea alimentaria.
Tema 10: Substancias formadas durante o procesado ou o tratamento culinario.
Tema 11: Residuos de substancias usadas nas granxas ou na agricultura. Outros contaminantes.
Programa de clases interactivas:
As clases expositivas completaranse con 3 clases interactivas na aula de informática. Nelas os alumnos completarán os coñecementos adquiridos nas clases expositivas e resolverán cuestións relacionadas coa materia sobre a que terán traballado previamente.
. O sistema legal español. Aspectos relevantes para a Lexislación e Seguridade Alimentarias.
. O Marco Europeo e as regulacións internacionais.
. As Axencias de Seguridade alimentarias.
Programa de clases prácticas:
As clases prácticas desenvolvésense en 15 horas, en 4 sesións.
Práctica 1. Identificación do factor de perigo, busca da información.
Práctica 2. Simulación da avaliación do risco de aditivos alimentarios.
Práctica 3. Determinación mediante cromatografía de líquidos de distintos aditivos nunha bebida refrescante.
Práctica 4. Determinación mediante cromatografía de gases dun antioxidante.
Bibliografía básica e complementaria
Bases de datos da Axencia Estatal do BOE. http://www.boe.es/
Base de datos de lexislación e publicacións da UE: http://eur-lex.europa.eu/homepage.html
Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN).
http://www.aecosan.msssi.gob.es/
European Food Safety Authority (EFSA). http://www.efsa.europa.eu/
CODEX Alimentarius. http://www.codexalimentarius.org/
Food and Drug Administration. http://www.fda.gov/
DG Health and Consumer. Food and Feed Safety. https://ec.europa.eu/food/safety/chemical_safety_en
Coñecementos:
Con 05. Adquirir coñecementos en farmacoterapia e dietoterapia, así como no ámbito nutricional e alimentario nos establecementos nos que presten servizos.
Con 15. Coñecer os principios e procedementos para a determinación analítica de compostos: técnicas analíticas aplicadas á análise de auga, alimentos e medio ambiente.
Con 35. Coñecer a relación existente entre alimentación e saúde, e a importancia da dieta no tratamento e prevención das enfermidades.
Con 39. Coñecer as técnicas analíticas relacionadas con diagnóstico de laboratorio, tóxicos, alimentos e medioambiente.
Habilidades ou destrezas:
H/D 04. Desenvolver análise hixiénica?sanitarios (bioquímicos, bromatológicos, microbiológicos e parasitológicos, entre outros), especialmente os relacionados coa saúde en xeral e cos alimentos e medioambiente en particular.
H/D 07. Seleccionar as técnicas e procedementos apropiados no deseño, aplicación e avaliación de reactivos, métodos e técnicas analíticas.
H/D 08. Levar a cabo procesos de laboratorio estándar incluíndo o uso de equipos científicos de sínteses e análises, instrumentación apropiada incluída.
H/D 19. Prestar consello terapéutico en farmacoterapia e dietoterapia, así como consello nutricional e alimentario aos usuarios dos establecementos nos que presten servizo.
Competencias:
Comp 01. Capacidade de análise e síntese.
Comp 02. Capacidade de organizar e planificar.
Comp 03. Comunicación oral e escrita na propia lingua.
Comp 06. Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información proveniente de fontes diversas).
Comp 07. Resolución de problemas.
Comp 10. Capacidade crítica e autocrítica.
Comp 18. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
Comp 25. Habilidade para traballar de forma autónoma.
Comp 28. Preocupación pola calidade.
A) Clases expositivas en grupo grande: Lección impartida polo profesor no que se expoñen os contidos teóricos da materia. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos, pero en xeral, os estudantes non necesitan manexalos en clase. O campus virtual da USC servirá de soporte e complemento teórico da materia.
B) Clases interactivas en grupo reducido: Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios ... O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor, resolución de exercicios na aula, etc. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos. Inclúense as probas de avaliación sobre apartados específicos.
C) Clases prácticas de informática e de laboratorio: Inclúense aquí as clases prácticas que se dividen en dous partes ao 50 % cada unha da seguinte maneira: nunha parte o alumno utiliza os medios informáticos dispoñibles para a realización das actividades de interese e na outra se realizan ensaios experimentais no laboratorio relacionados coa determinación de compostos vistos durante as clases expositivas. O alumno participará activamente nestas clases e presentará os resultados das prácticas para a súa avaliación a través de diferentes actividades empregando o Campus Virtual. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
O alumno non será avaliado se non realiza e aproba as prácticas que se lle indiquen. A nota de prácticas manterase nos dous cursos académicos posteriores en caso de non superar a materia.
D) Campus virtual da USC como soporte e complemento da docencia teórico-práctica e como un elemento importante de comunicación co alumno. Nela poranse a disposición dos alumnos os recursos teóricos e prácticos, necesarios para o estudo da materia.
E) Titorías de encerado en grupo moi reducido: En xeral, suporán para cada alumno 2 horas. Proponse actividades como a aclaración de dúbidas sobre teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas propostas.
A avaliación nas dúas oportunidades do curso académico consistirá en tres partes: parte teórica, parte correspondente ás clases interactivas e parte práctica.
1. O exame teórico suporá o 60% da cualificación final (máximo 6 puntos). O exame será de tipo mixto, con preguntas tipo test para cubrir todas as partes fundamentais da materia, e con cuestións curtas e concretas, que permitan valorar o desenvolvemento dun razoamento e a asimilación da materia. É necesario que a cualificación obtida neste exame supere o 45% da nota máxima (2,7), para valorar o resto dos apartados.
2. A avaliación continua suporá o 20% (máximo de 2 puntos). Establecerase tendo en conta: participación activa do alumno nas clases expositivas e interactivas, realización de actividades propostas, notas correspondentes a probas escritas que sobre apartados específicos póidanse realizar, etc. A cualificación correspondente a este apartado só é aplicable ao curso académico no que se realicen.
3. A avaliación das prácticas suporá o 20% (máximo de 2 puntos) da nota final. Para esta avaliación terase en conta o traballo desenvolvido polo alumno na aula de informática e en laboratorio e a presentación dos resultados das prácticas por parte do alumno a través de distintas actividades empregando o Campus Virtual. O mínimo para aprobalas é 1 punto sobre 2.
A realización, entrega e superación das prácticas é requisito indispensable para poder superar a materia.
A nota de prácticas manterase nos dous cursos académicos posteriores en caso de non superar a materia.
Na 2ª oportunidade de avaliación do curso académico, só se realizará o exame de teoría, conservándose a cualificación correspondente ás clases interactivas e prácticas. A nota máxima sobre a cal se cualificará esta parte do exame e o mínimo requirido será o mesmo descrito para a primeira oportunidade.
O alumno debe obter cinco puntos sobre dez para aprobar a materia.
A avaliación de coñecementos, habilidades ou destrezas e competencias adquiridas na materia será realizada a través das seguintes actividades:
1. No exame avaliaranse as competencias Con 15 Con 35 Con 39 H/D 04 H/D07 Comp 01 Comp 02 Comp 03, coñecer os parámetros de interese relacionados coa seguridade química dos alimentos.
2. Nas prácticas de informática e laboratorio: H/D 04 H/D07 H/D08 Comp 06 Comp 07 Comp 10 Comp 18 Comp 28 comprender e aplicar correctamente as técnicas relacionadas coa análise alimentos para a determinación dos parámetros de interese no establecemento da calidade e seguridade química dos alimentos.
3. Nas clases interactivas: Con 05 H/D19 Comp 06 Comp 07 Comp 10 Comp 18, Comp 25 Comp 28 adquirir as habilidades necesarias para realizar o control dos produtos alimenticios.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
TRABALLO PRESENCIAL na aula
Clases expositivas en grupo grande: 23 horas
Clases interactivas en grupo reducido: 3 horas
Clases Prácticas:15 horas
Tutorías en grupo moi reducido: 2 horas
Exames e revisión: 2 horas
Total de horas de traballo presencial na aula: 45 horas
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas
Resolución de exercicios, ou outros traballos: 6 horas
Elaboración da memoria de prácticas: 5,5 horas
Orientación e resolución de dúbidas: 4 horas
Realización e revisión de exame: 2 horas
Total horas traballo persoal do alumno: 67,5 horas
É aconsellable asistir ás clases expositivas e estudar a materia con anterioridade á asistencia ás clases interactivas e prácticas, que constitúen unha aplicación dos coñecementos teóricos. Os alumnos deben comprender e poder resolver as cuestións propostas nas clases expositivas, para que poidan expor as súas dúbidas ao profesor nas clases interactivas.
É imprescindible o uso do campus virtual da USC o Profesor incluirá o material que considere necesario para os alumnos, así como os anuncios e tarefas a realizar ao longo do curso. Ademais os alumnos poden consultar directamente e en todo momento co profesor as súas dúbidas ou suxerir calquera aclaración.
Para as prácticas de informática é necesario dispor de coñecementos básicos de informática. Para as prácticas de laboratorio é necesario coñecer as medidas de seguridade no laboratorio de prácticas e é obrigatorio o uso de bata e lentes de laboratorio. Calquera dúbida que puidese xurdir antes ou durante as prácticas deberá ser consultada co profesor.
Raquel Sendon Garcia
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Teléfono
- 881814964
- Correo electrónico
- raquel.sendon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Isabel Rodriguez Bernaldo De Quiros
Coordinador/a- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Correo electrónico
- ana.rodriguez.bernaldo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Antía Lestido Cardama
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Correo electrónico
- antia.lestido [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral USC
Letricia Barbosa Pereira
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Correo electrónico
- letricia.barbosa.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | AULA SEMINARIO DE BROMATOLOXÍA 3 |
Xoves | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | AULA SEMINARIO DE BROMATOLOXÍA 3 |
Venres | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | AULA SEMINARIO DE BROMATOLOXÍA 3 |