Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 29 Clase Interactiva: 14 Total: 45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fisioloxía
Áreas: Fisioloxía
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Comprender por que e para que o ser human necesita diferentes nutrientes para o seu normal funcionamento e como se regula a inxesta, todo iso cunha visión integral da repercusión da nutrición no mantemento da saúde.
- Entender como e por que varían as necesidades nutritivas nas distintas etapas da vida.
- Coñecer o efecto no organismo da inxestión dalgunhas sustancias non nutritivas.
Programa de clases teóricas:
Tema 1. Alimentos e nutrientes. Funcións xerais dos nutrientes no organismo. Recomendacións e requirimentos nutricionais.
Tema 2. Glúcidos, lípidos e proteínas. Obtención, uso e importancia fisiolóxica.
Tema 3. Vitaminas e minerais. Obtención, uso e importancia fisiolóxica.
Tema 4. Auga. Importancia fisiolóxica. Regulación da inxestión de auga.
Tema 5. Xenobióticos nos alimentos. Antinutrientes.
Tema 6. Alcohol e nutrición.
Tema 7. Interaccións entre medicamentos e nutrientes.
Tema 8. Fisioloxía sensorial e nutrición.
Tema 9. Fisioloxía do comportamento alimentario. Regulación da inxesta de alimentos.
Tema 10. Metabolismo enerxético.
Tema 11. Fisioloxía da nutrición no embarazo, lactación, infancia e adolescencia.
Tema 12. Fisioloxía da nutrición no envellecemento.
Tema 13. Fisioloxía da nutrición na actividade física e no deporte.
Tema 14. Nutrición artificial. Nutrición xenómica.
Programa de clases prácticas:
Avaliación da calidade das proteínas.
Determinación do metabolismo.
Avaliación do estado nutricional por inxesta e datos antropométricos
Básica:
- Tratado de Nutrición. Tomo I. Bases Fisiológicas y Bioquímicas de la Nutrición. A Gil Hernández. Editorial Panamericana, 3ª ed. 2017.
- Texto y Atlas de Nutrición. HK Biesalski. Editorial elsevier, 6ª ed.2016.
- Krause Dietoterapia. L.K.Mahan. Editorial Elsevier,14ª ed, 2017.
Complementaria:
- Tratado de Nutrición y alimentación humana. FJ Mataix Verdú. Editorial Ergón. 2ª ed., 2009.
- Biochemical, physiological, and molecular aspects of human nutrition. MH Stipanuk, MA Caudill. Ed. Elsevier Saunders, 3º ed., 2013.
Coñecementos:
Con 05. Adquirir coñecementos en farmacoterapia e dietoterapia, así como no ámbito nutricional e alimentario nos establecementos nos que prestan servizos.
Con 19. Coñecer as estruturas das biomoléculas e as súas transformacións na célula.
Con 35. Coñecer a relación entre alimentación e saúde, e a importancia da alimentación no tratamento e prevención de enfermidades.
Con 37. Coñecer a estrutura e función do corpo humano, así como os mecanismos xerais da enfermidade, as alteracións moleculares, estruturais e funcionais, a expresión sindrómica e as ferramentas terapéuticas para restaurar a saúde.
Habilidades ou habilidades:
H/D 01. Intervir en actividades de promoción da saúde e prevención da enfermidade, a nivel individual, familiar e comunitario, cunha visión integral e multiprofesional do proceso saúde-enfermidade.
H/D 05. Desenvolver habilidades de comunicación e información, tanto orais como escritas, para o trato cos pacientes e usuarios do centro onde desenvolve a súa actividade profesional.
H/D 19. Prestar asesoramento terapéutico en farmacoterapia e dietoterapia, así como asesoramento nutricional e dietético aos usuarios dos establecementos nos que prestan servizos.
Competencias:
Comp 01. Capacidade de análise e síntese.
Comp 02. Capacidade de organización e planificación
Comp 03. Comunicación oral e escrita na lingua propia.
Comp 10. Capacidade crítica e autocrítica.
Comp 11. Traballo en equipo.
Comp 18. Capacidade para aplicar os coñecementos na práctica.
Comp 20. Capacidade para aprender.
Comp 28. Preocupación pola calidade.
-Clases expositivas. Exposición por parte das profesoras dos fundamentos teóricos da materia en sesions de aproximadamente 1 hora de duración. As clases impartiranse con axuda de medios audiovisuais e informaticos.
-Clases interactivas. Clases teórico/prácticas nas que propoñen e resolven cuestions relacionadas cas clases teóricas. O alumnado participará de xeito activo nas clases, mediante debates, exposición de temas e resolución de exercicios propostos.
-Titorías.
O Campus Virtual da USC utilizarase con todas as ferramentas dispoñibles e requiridas para desenvolver o contido do programa.
A avaliación consistirá en:
1) Un exame final. 75% da nota final. Consistirá en preguntas de tipo test e preguntas curtas. Será necesario acadar un mínimo de 3.75 puntos sobre 7.5 do total para valorar os apartados 2 e 3.
2) Elaboración dun traballo e exposición oral do mesmo. 10% da nota final.
3) Unha avaliación continua. 15% da nota final. Terase en conta a participación nas actividades plantexadas nas clases e a resolución de preguntas / exercicios de contido teórico/práctico.
No caso de estudantes repetidores, non terán que volver a facer as prácticas si se fixeron en convocatorias anteriores (a no ser que o dexesen).
Os criterios de avaliación na segunda oportunidade da convocatoria serán os mesmos que na primeira oportunidade.
"En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto no Regulamento para avaliar o rendemento académico dos estudantes e revisar as cualificacións."
Traballo presencial na aula horas
Clases expositivas en grupo grande 23
Clases interactivas en grupo reducido 13
Titorías en grupo moi reducido 2
Prácticas de laboratorio 5
Exames e revisión 2
Total horas traballo presencial na aula ou no laboratorio 45
Traballo persoal do alumno horas
Estudo autónomo individual ou en grupo 48
Resolución de exercicios, ou outros traballos 4,5
Orientación e resolución de dúbidas 2
Preparación do traballo de laboratorio e elaboración da memoria das prácticas 4
Traballos: elaboración, presentación e exposición 8
Realización e revisión do exame 1
Total horas traballo persoal do alumno 67,5
Asistencia ás clases e dedicación regular
Non avanzar sen entender e coñecer a materia anterior
Utilizar a plataforma virtual como complemento
Consultar a bibliografía
Utilizar as horas de titorías para resolver as dificultades
Ler o guión de prácticas antes de acudir a realizala
Maria Jose Mancebo Seoane
Coordinador/a- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Teléfono
- 881814926
- Correo electrónico
- maria.mancebo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Marcos Rios Garcia
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- marcos.rios.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Martes | |||
---|---|---|---|
15:00-16:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 7 Facultade Dereito |
Mércores | |||
15:00-16:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | 5035 Aula 7 Facultade Dereito |