Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Enfermaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
1. Aplicar o proceso de enfermería para proporcionar e garantir o benestar, a calidade e seguridade ás persoas atendidas.
2. Capacidade para describir os fundamentos do nivel primario de saúde e as actividades a desenvolver para proporcionar un coidado integral de enfermaría ao individuo, a familia e a comunidade.
3. Educar, facilitar e apoiar a saúde e o benestar dos membros da comunidade, nos que as vidas están afectadas por problemas de saúde, risco, sufrimento, enfermidade, incapacidade ou morte.
4. Ser capaces de proporcionar educación para a saúde aos pais e coidadores primarios.
3. Comprender a función, actividades e actitude cooperativa que o profesional ten de desenvolver nun equipo de atención primaria de saúde.
5. Promover a participación das persoas, familia e grupos no seu proceso de saúde-enfermidade. Identificar os factores relacionados coa saúde e os problemas do entorno, para atender ás persoas en situacións de saúde e enfermidade como integrantes dunha comunidade.
6. Capacidade para planificar e desenvolver actividades e coidados de promoción da saúde e prevención da enfermidade partindo da identificación e análise da influencia de factores internos e externos no nivel de saúde de individuos e grupos.
7. Habilidade para aplicar os métodos e procedementos necesarios no seu ámbito para identificar os problemas de saúde máis relevantes nunha comunidade.
8. Analizar os datos estatísticos referidos a estudos poboacionais, identificando as posibles causas de problemas de saúde
9. Dirixir, avaliar e prestar os coidados integrais de enfermaría ao individuo, a familia e a comunidade.
10. Identificar os factores relacionados coa saúde e os problemas do entorno, para atender ás persoas en situacións de saúde e enfermidade como integrantes dunha comunidade.
11. Aplicar os métodos e procedementos necesarios no seu ámbito para identificar os problemas de saúde máis relevantes nunha comunidade.
PROGRAMA TEÓRICO
Bloque I: Epidemioloxía xeral e profilaxe das enfermidades non transmisibles
Bloque II: Prevención da enfermidade e promoción da saúde.
Bloque III: Organización sanitaria. Principios e bases da atención primaria de saúde.
Bloque IV: Programas de saúde na atención primaria
PROGRAMA DE SEMINARIOS E LABORATORIOS
A materia se complementará cun programa de seminarios (9) e laboratorios (3).
A principio de curso o alumnado recibirá a relación dos temas que serán abordados especificamente cada ano baixo a forma de seminarios e laboratorios.
1- Martínez González MA. Conceptos de Salud Pública y Estrategias Preventivas. Un manual para ciencias de la salud. Elsevier. Barcelona, 2013.
2- Piedrola Gil. Medicina Preventiva y Salud Pública. (12ª ed). Barcelona: Elsevier 2015.
3- Pineault R, Daveluy C. La planificación sanitaria. Conceptos, métodos, estrategias, 2.a ed. Barcelona: Masson, 1989.
Direccións de Internet:
-Asociación de Enfermería Comunitaria. http://www.enfermeriacomunitaria.org
-Federación de Asociaciones de Enfermería Comunitaria y de Atención Primaria
http://www.faecap.com
-www.semfyc.es/
-http://www.cdc.gov/spanish/ (Centro para el Control y la prevención de Enfermedades)
-http://www.who.int/es/ (OMS)
-www.aepap.org/previnfad
-www.papps.org
G1. Ser capaz no ámbito da enfermaría, de prestar unha atención sanitaria técnica e profesional adecuada as necesidades de saúde das persoas que atenden, de acordo co estado de desenvolvemento dos coñecementos científicos de cada momento e cos niveis de calidade e seguridade que se establecen nas normas legais e deontolóxicas aplicables.
G2. Planificar e prestar coidados de enfermaría dirixidos as persoas, familia ou grupos, orientados aos resultados en saúde avaliando o seu impacto, a través de guías de práctica clínica e asistencial, que describen os procesos polos cales se diagnostica, trata ou coida un problema de saúde.
G3. Coñecer e aplicar os fundamentos e principios teóricos e metodolóxicos da enfermaría.
G4. Comprender o comportamento interactivo da persoa en función do xénero, grupo ou comunidade, dentro do seu contexto social e multicultural.
G5. Deseñar sistemas de coidados dirixidos as persoas, familia ou grupos, avaliando o seu impacto e establecendo as modificacións oportunas.
G6. Basear as intervencións da enfermaría na evidencia científica e nos medios dispoñibles.
G9. Fomentar estilos de vida saudables, o autocoidado, apoiando o mantemento de conductas preventivas e terapéuticas.
G10. Protexer a saúde e o benestar das persoas, familia ou grupos atendidos, garantindo a súa seguridade.
G11. Establecer unha comunicación eficaz cos pacientes, familia, grupos sociais e compañeiros e fomentar a educación para a saúde.
G15.Traballar co equipo de profesionais como unidade básica na que se estruturan de forma uni ou multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais e demais persoal das organizacións asistenciais.
G17. Realizar os coidados de enfermaría baseándose na atención integral de saúde, que supón a cooperación multiprofesional, a integración dos procesos e a continuidade asistencial.
Metodoloxía docente:
-Clases teóricas ou docencia expositiva: exposición por parte do profesorado dos contidos da materia.
-Seminarios/laboratorios ou docencia interactiva: actividades enfocadas ao traballo sobre un tema específico, complementa os contidos da materia. Combinaranse as técnicas de análise (análise de texto, resolución de casos, discusións...), desenvolvemento de habilidades (elaboración de documentos) e expresión (para comunicar as súas experiencias previas, os seus coñecementos e contribucións, partindo das preguntas que se poidan suscitar durante as sesións expositivas e interactivas).
-Tutorías (grupo reducido o individual): sesión presencial na que o profesorado dirixe, dinamiza e tutoriza o trabajo autónomo do alumnado en grupos moi reducidos, en función das necesidades do alumnado.
-Foro: lugar de conversa, consulta e discusión sobre temas da materia, a través do Campus Virtual.
A puntuación total obtida pola alumna/o na primeira opción da primeira convocatoria será resultado de sumar as fraccións acadadas nos seguintes apartados:
- Avaliación continuada (3 puntos ): traballo individual e en grupos, tarefas no campus virtual, preguntas durante as clases expositivas, participación en actividades desenroladas nos seminarios, etc...
- Exame final (ata 7 puntos): de forma xeral, consistirá nun exame tipo test de 50-80 preguntas de unha única opción de resposta (senón fora posible poderanse empregar outros métodos de avaliación).
A superación da materia esixirá obter unha puntuación total igual ou maior a 5 puntos e cumprir os dous requisitos seguintes:
- Asistencia (ou participación) a un mínimo do 75% das sesións interactivas avaliables
- Obtención dun mínimo de 4 puntos sobre un total de 10 na proba de coñecementos teóricos.
2ª Edición Ordinaria (xullo)
Na avaliación extraordinaria de xullo manterase o mesmo sistema de avaliación.
Fin de Carrera
Solo se avaliará a proba teórica, non se terá en conta a avaliación continua.
A proba consistirá nunha proba teórica con preguntas tipo test.
Horas de traballo presencial: 55h
-Clases expositivas: 24h
-Seminarios: 18h
-Laboratorios: 6h
-Titorías en grupos reducidos ou individuais: 3h
-Exame: 4h
Horas non presenciais (traballo autónomo): 95h
-Estudio individual ou en grupo: 36h
-Búsqueda de material e elaboración de traballos: 40h
-Asistencia a charlas u outras actividades: 9h
-Preparación do exame: 10h
A preparación da materia poderá facerse fundamentalmente a partir dos apuntamentos que o alumnado recolla durante as exposicións e sesións interactivas na aula. Cando estes resulten insuficientes complementaranse con diversos materiais e documentos que o profesor lle fará chegar ao alumnado mediante o procedemento que no seu momento se determine (fundamentalmente material dispoñible no campus virtual da páxina web da USC).
O uso da bibliografía recomendada é discrecional, e a súa función primordial é servir de axuda naqueles temas nos que o alumnado precise aclaracións complementarias e permitir unha visión máis global e ampla da materia.
Os tópicos obxecto de avaliación no exame extraeranse, polo tanto, da información procedente das clases teóricas e interactivas e dos materiais complementarios aos que se fixo referencia. Recoméndase a revisión das actividades desenroladas nos seminarios, laboratorios e nas clases expositivas.
Para superar a materia o alumnado deberá obter unha puntuación mínima de 5 puntos.
No se manterán as notas da avaliación continua para sucesivos cursos.
Angel Salgado Barreira
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- angel.salgado.barreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
10.01.2025 10:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 2.01 |
10.01.2025 10:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 2.02 |
10.01.2025 10:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 2.03 |
10.01.2025 10:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 3.01 |
04.07.2025 10:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 5 - Roberto Novoa Santos |
04.07.2025 10:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 6 - Roberto Novoa Santos |