Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Enfermaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Obxectivo xenérico: Coñecer as bases da atención integral de enfermería en Coidados Paliativos.
Obxectivos específicos:
- Coñecer os conceptos e definicións relevantes para os coidados paliativos.
- Recoñecer ós pacientes con patoloxía crónica complexa ou que precisan coidados paliativos ó final da sua vida.
- Ser capaz de colaborar nos equipos e plans de atención multidisciplinaria en coidados paliativos.
- Incorporar os principios deontolóxicos e éticos ós coidados de enfermería nos pacientes con patoloxía crónica complexa ou en situación de terminalidade.
- Coñecer e saber aplicar as principais medidas de soporte e control de síntomas nos pacientes en coidados paliativos.
- Coñecer cómo valorar, prever e tratar a dor nos pacientes en coidados paliativos.
- Adquirir habilidades de comunicación e apoyo psicoemocional ós pacientes e as suas familias.
- Coñecer os procesos de adecuación terapéutica nas persoas con patoloxía crónica complexa e coidados paliativos.
Descripción xeral:
Bases para a atención integral de enfermería dos enfermos que precisen coidados paliativos e as suas familias.
Temario:
1. Pasado, presente e futuro dos Coidados Paliativos
2. Conceptos e definicións na atención paliativa
3. Valoración dos pacientes con enfermedades que non teñen curación ou que están na fase final da vida
4. Planificación, organización e traballo en equipo en coidados paliativos.
5. Aspectos éticos dos coidados paliativos e o final da vida
6. Comunicación en coidados paliativos
7. Control de síntomas en coidados paliativos
8. Analxesia e sedación en coidados paliativos
9. Vías e técnicas de administración de fármacos
10. Soporte psicolóxico en coidados paliativos
- A. García González. Enfermería en cuidados paliativos. 2017. Editorial Universitaria Ramón Areces
- J. González Otero. Cuidados paliativos. Recomendaciones terapéuticas para Atención Primaria. 2013. Editorial Panamericana.
- Ministerio de Sanidad, Servicios sociales e Igualdad. Cuidados paliativos pediátricos en el sistema nacional de salud: Criterio de atención. 2014.
- I. Astigarraga. Medicina paliativa en niños y adolescentes.
- B. Martínez Cruz. Enfermería en cuidados paliativos y al final de la vida. 2012
- Timothy E. Quill. Palliative Care and ethics. Oxford University Press. 2016.
- Ann Goldman. Oxford texbook of Paliative Care for children. 2012.
- C. Walshe. Palliative Care Nursing (3rd ed.). Open University Press. 2018.
- M. Matzo. Palliative care nursing. Springer, 2018.
- M.L. Campbell. Case studies in palliative and enf-of-life care. 2012.
- Sociedad Española de Cuidados Paliativos (SECPAL). Guía de Cuidados Paliativos. SECPAL, 2010.
- Coñecer as estratexias para adoptar medidas de confortabilidade e atención de síntomas, dirixidas ó paciente e a sua familia, en aplicación de coidados paliativos que contribúan a aliviar a situación dos enfermos avanzados e terminais.
- Coñecer os conceptos e definicións aplicables a atención ós enfermos en coidados paliativos e ó final da sua vida.
- Coñecer os plans de coidados paliativos e o rol da enfermería na atención multidisciplinaria e en equipo destes pacientes.
- Ser capaz de facer unha valoración básica dos pacientes con enfermedades que non teñen curación y de colaborar co equipo asistencial na planificación dos seus coidados.
- Recoñecer os aspectos éticos relacionados cos coidados paliativos e o final da vida, así como as bases para os procesos de toma de decisións compartidas e a análise de posibles conflictos éticos nestes pacientes.
- Coñecer e saber aplicar as bases para o control de síntomas, en especial a dor, nos pacientes en coidados paliativos.
- Adquirir habilidades de comunicación e de manexo dos aspectos psicolóxicos en coidados paliativos, incluido o apoyo ao duelo.
Docencia expositiva das bases da materia.
Seminarios basados en casos clínicos e simulacións, con participación activa dos alumnos, de forma individual e en grupo.
Preparación e presentación de traballos en grupo.
Realización e presentación de traballos individuais.
Lectura e comentario de referencias bibliográficas concretas.
Tutorías individuais ou en grupo, con metodoloxía interactiva.
Notas:
A docencia expositiva e interactiva será fundamentalmente de carácter presencial, ainda que se poderán facer sesións híbridas a través de Teams.
As tutorías poderán realizarse parcialmente de forma virtual.
Avaliación mixta e complementaria, incluindo probas objectivas que valorarán a adquisición de coñecementos e competencias.
Ditas probas poderán ser de diversos tipos (traballos individuais e en grupo, probas escritas, participación en seminarios, simulacións, etc), de acordo coas características da materia.
- Avaliación teórica: 60 %
Constará dunha proba de 60 preguntas con 4 opcións posibles e só unha correcta. Por cada 3 preguntas erradas descontarase un punto. Para superar esta proba, deberan obterse un mínimo de 40 puntos.
Para a superación da materia será obligatorio superar tanto a proba teórica como o mínimo indicado nos traballos.
AVALIACIÓN:
A avaliación realizarase mediante probas
A asistencia e participación activa mas sesións presenciais será a base para a superación da materia.
Por outra parte, o estudante deberá adicarlle tempo ós traballos grupais e personal, así como ó estudo da materia. De forma xeral, estimase que será preciso alomenos o seguinte tempo de estudo:
- Traballo en grupo: 4 horas.
- Traballo individual: 3 horas.
- Estudo da materia: 20 horas.
- Evaluación teórica: 1 hora.
Asistencia y participación activa en todas las actividades docentes.
María Del Carmen Agra Tuñas
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Enfermaría
- Correo electrónico
- mariadelcarmen.agra.tunas [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
03.06.2025 10:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 5 - Roberto Novoa Santos |
03.06.2025 10:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 6 - Roberto Novoa Santos |
27.06.2025 16:00-18:00 | Grupo de exame | Aula 2.01 |
27.06.2025 16:00-18:00 | Grupo de exame | Aula 2.03 |
27.06.2025 16:00-18:00 | Grupo de exame | Aula 3.01 |
27.06.2025 16:00-18:00 | Grupo de exame | Aula 3.02 |