Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fisioloxía
Áreas: Fisioloxía
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Tras a conclusión do curso o alumno deberá:
1. Coñecer a fisiopatoloxía das principais síndromes clínicas. Tamén as enfermidades mais importantes, especialmente a súa patoxénese, a súa fisiopatoloxía, a orixe dos seus síntomas, e os posibles puntos de intervención terapéutica de cada unha.
2. Poder predicir as consecuencias locais e globais dunha falla nun determinado sistema do corpo, integrando o coñecemento fisiolóxico e fisiopatolóxico.
3. Dominar a terminoloxía médica, de modo que poda ler un prospecto farmacéutico, un libro ou un artigo de medicina, e entender un caso clínico.
4. Manexar as bases de datos e a literatura do campo para atopar e comprender información de calquera doenza ou proceso patolóxico no que poida estar interesado nas súa vida profesional.
Programa de clases expositivas e interactivas:
Tema 1. Lesión celular e as respostas inespecíficas á lesión.
Tema 2. Patoloxía xeral.
Tema 3. Fisiopatoloxía da pel, sangue e cardiovascular.
Tema 4. Fisiopatoloxía do sistema respiratorio.
Tema 5. Fisiopatoloxía do sistema nervioso.
Tema 6. Alteracións do ril e electrólitos.
Tema 7. Fisiopatoloxía do sistema dixestivo.
Tema 8. Endocrinoloxía, metabolismo e nutrición.
Bibliografía recomendada
Básica.
• Patología humana (10ª edición). Kumar V., Abbas, A, Aster J. Elsevier. 2018.
Complementaria.
• Porth. Fisiopatología (10ª edición). Norris T.L., Lalchandani L. Wolters Kluver , 2019.
• Fisiopatología de la Enfermedad: Una introducción a la Medicina Clínica (7ª edición). Hammer G.D., McPhee. S.J. McGraw-Hill. 2015.
• Fisiopatología y patología general básicas para ciencias de la salud (1ª ed). Pastrana J., García de Casasola G. Elsevier. 2013.
• Fisiopatología. La ciencia del porqué y el cómo (1ª ed). Uribe R.A. Elsevier. 2018
• Harrison, Principios de Medicina Interna (20ª edición). Jameson J.L y cols, eds. McGraw-Hill. 2018.
• Introducción a la Medicina Clínica: Fisiopatología y Semiología (3º Ed). Laso F.J. Ed Elsevier. 2015
• Guyton y Hall. Tratado de Fisiología Médica (13ª edición). Hall J.E. Elsevier. 2016.
Coñecementos:
Con 02. Coñecer os efectos terapéuticos e tóxicos de substancias con actividade farmacolóxica.
Con 10. Coñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a competencia profesional, prestando especial importancia ao autoaprendizaxe de novos coñecementos baseándose na evidencia científica dispoñible.
Con 37. Coñecer a estrutura e función do corpo humano, así como os mecanismos xerais da enfermidade, alteracións moleculares, estruturais e funcionais, expresión sindrómica e ferramentas terapéuticas para restaurar a saúde.
Con 41. Coñecer os fundamentos da saúde pública e intervir nas actividades de promoción da saúde, prevención da enfermidade nos ámbitos individual e colectivo e contribuír á educación sanitaria, recoñecendo os determinantes de saúde na poboación, tanto os xenéticos como os dependentes do sexo e estilo de vida, demográficos, ambientais, sociais, económicos, psicolóxicos e culturais.
Con 43. Coñecer técnicas de recuperación de información relativas a fontes de información primarias e secundarias (incluíndo bases de datos co uso de ordenador).
Habilidades ou destrezas:
H/D 15. Desenvolver habilidades para identificar dianas terapéuticas e de produción biotecnolóxica de fármacos, así como de uso da terapia xenética.
H/D 19. Prestar consello terapéutico en farmacoterapia e dietoterapia, así como consello nutricional e alimentario aos usuarios dos establecementos nos que presten servizo.
Competencias:
Comp 01. Capacidade de análise e síntese.
Comp 02. Capacidade de organizar e planificar.
Comp 03. Comunicación oral e escrita na propia lingua.
Comp 04. Coñecemento dunha segunda lingua.
Comp 05. Habilidades básicas de manexo do ordenador.
Comp 06. Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información procedente de fontes diversas).
Comp 07. Resolución de problemas.
Comp 08. Toma de decisións.
Comp 10. Capacidade crítica e autocrítica.
Comp 11. Traballo en equipo.
Comp 12. Habilidades interpersoais.
Comp 19. Habilidades de investigación.
Comp 20. Capacidade de aprender.
Comp 25. Habilidade para traballar de forma autónoma.
A) Docencia teórica mediante clases expositivas:
Clases teóricas impartidas polo profesor que poden ter diferentes formatos. O profesor contará con apoio de medios audiovisuais e informáticos. Normalmente estas clases irán seguindo o contido dun manual de referencia proposto nesta guía docente.
B) Docencia interactiva mediante seminarios en grupo reducido:
Clases teórico-prácticas nas que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios ... O alumno vai participar activamente de distintos xeitos: entrega ao profesor de cuestións e exercicios, resolución de cuestións na aula, etc.
C) Titorías:
Onde se repasan os avances no estudo dos temas e se resolven as dúbidas que os alumnos presentan sobre o tema.
De maneira xeral a avaliación basearase en:
1) Exame final: 70% da cualificación final
2) Avaliación continuada: 30 % da cualificación final. Valorará a participación nas actividades propostas nas clases interactivas e na resolución de cuestións plantexadas nas clases expositivas de contido teórico. A participación na docencia interactiva é obrigatoria para esta avaliación continuada.
Para sumar a nota de avaliación continua o alumno deberá ter unha nota mínima de 4,0 puntos (sobre 10) no exame final.
A nota de avaliación continuada poderase conservar dun curso para o seguinte sempre que se solicite o inicio da materia.
A avaliación das competencias adquiridas será realizada no exame e nas clases interactivas.
A primeira e a segunda oportunidade da convocatoria rexeranse polos mesmos criterios de avaliación.
Docencia teórica mediante clases expositivas: 30 horas
Docencia interactiva mediante seminarios en grupo reducido: 24 horas
Titorización: 3 horas
Probas e revisión: 3 horas
Traballo persoal do alumnado: 90 horas
Recomendase a asistencia regular e seguir as actividades do curso día a día, así como participar activamente na clase. Coa asistencia e participación en clases e seminarios, non só se facilita a comprensión do alumno sobre o tema, senón que a súa actividade verase reflectida na cualificación (30% da nota final).
Ademais, é aconsellable facer todas as preguntas e plantexar todas as dúbidas que poidan xurdir sobre a materia, en clases e seminarios, e participar da titorías grupais previstas para ese fin.
Recomendase a utilización dos materiais didácticos dispoñibles na aula virtual. Asemesmo e aconsellable consultar con regularidade a bibliografía proposta, en papel e/ou en formato electrónico en función da dispoñibilidade, para habituarse ao manexo simultáneo de diversos textos e como complemento formativo.
É conveniente, antes de comezar a estudar o funcionamento do corpo durante a enfermidade, ter o coñecemento do seu funcionamento normal. Polo tanto, é aconsellable ter cursado as materias de Anatomía, Citoloxía e Histoloxía, e tamén Fisioloxía I e II e Bioquímica I e II. Desaconséllase especialmente a matrícula en Fisiopatoloxía sen ter aprobadas as dúas materias de Fisioloxía.
Importante: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións”
Carlos Dieguez Gonzalez
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Teléfono
- 881812258
- Correo electrónico
- carlos.dieguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Del Carmen Garcia Garcia
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Teléfono
- 881812443
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Miguel Angel Fidalgo Perez
Coordinador/a- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Teléfono
- 881815488
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Del Mar Quiñones Tellez
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- mar.quinones [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a Miguel Servet
Amanda Rodriguez Diaz
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- amanda.rodriguez.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Marta Varela Miguens
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- martavarela.miguens [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Carmen Quintela Vilariño
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- carmenquintela.vilarino [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo A /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
16:00-17:00 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo A /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
16:00-17:00 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo A /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
16:00-17:00 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo A /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
16:00-17:00 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo A /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
16:00-17:00 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |