Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Estudar os procesos encargados do mantemento da información xenética e a súa regulación.
-Coñecer as principais técnicas empregadas na bioloxía molecular que permitirán comprender os avances científicos máis recentes.
- Coñecer as principais rutas metabólicas e a súa relación con algunhas enfermidades. Obter unha visión integrada do metabolismo e a súa regulación.
Programa de clases expositivas:
As clases expositivas desenvolveranse en 30 sesións dunha hora cada unha.
Tema 1. Mantemento da información xénica.
Tema 2. Regulación da expresión xénica.
Tema 3. Tecnoloxía do DNA recombinante.
Tema 4. Metabolismo de glúcidos e a súa regulación.
Tema 5. Metabolismo de lípidos e a súa regulación.
Tema 6. Metabolismo de aminoácidos e moléculas relacionadas.
Tema 7. Integración e regulación do metabolismo.
Programa de clases interactivas:
As clases expositivas completaranse con 12 horas de clases interactivas, agrupadas en seis sesións de 2 horas cada unha. Nelas os alumnos discutirán e resolverán cuestións e problemas relacionados coa materia sobre a que traballarían previamente. Este material, nalgúns casos, estará dispoñible na páxina web da materia e noutros será proporcionado polo profesor na clase interactiva correspondente.
Programa de clases prácticas:
As clases prácticas de laboratorio desenvolveranse en 3 sesións de 4 horas e una proba ao final das mesmas.
Práctica 1. Transformación de E. coli cun plásmido DNA recombinante.
Práctica 2. Identificación de colonias de E. coli con plásmido recombinante
Práctica 3. Dixestión dun plásmido con encimas de restrición. Separación e cuantificación de fragmentos DNA en xeles de agarosa.
Práctica 4. Metabolismo intermediario.
Bibliografía Básica:
- Bioquímica. Conceptos esenciales. Feduchi y col. Editorial McGraw-Hill, 3º ed., 2020.
- Lehninger. Principios de Bioquímica. Nelson y Cox. Editorial Omega. 7ª ed., 2019.
- Bioquímica. Curso básico. Stryer, Berg y Tymoczko. Editorial Reverté, 2015
Bibliografía Complementaria :
- Fundamentos de Bioquímica metabólica. Teijón Rivera y Blanco Gaitán. Editorial Tébar Flores S.L., 4ª edición, 2017
- Fundamentos de Bioquímica. Voet, Voet, Pratt. Editorial Médica Panamericana. 4ª ed., 2016.
- Biología Molecular de la célula. Alberts, Bray, Lewis, Raff, Roberts y Watson. Editorial Omega. 6ª ed., 2016.
- Bioquímica. Mathews, Van Holde y Anthony-Cahill. Ed. Pearson, 2013
- Texto ilustrado e interactivo de Biología Molecular e ingeniería genética. Angel Herráez. Editorial Elsevier, 2ª ed., 2012.
- Bioquímica. Fundamentos para Medicina y Ciencias de la Vida. Werner Müller-Esterl. Editorial Reverté. 2008.
- Bioquímica y Biología Molecular para ciencias de la salud. Lozano y col. Editorial McGraw-Hill-Interamericana. 3ª ed., 2005.
- Bioquímica. Libro de texto con aplicaciones clínicas. Devlin. Editorial Reverté, 4ª ed., 2004.
Recursos e libros electrónicos dispoñibles a través de reBUSCa (Biblioteca):
-Bioquímica. Conceptos esenciales. Feduchi y col. Editorial McGraw-Hill, 3ª ed., 2020.
-Bioquímica. Stryer, Berg y Tymoczko. Editorial Reverté, 7ª ed. 2015
-Bioquímica. McKee. 5ª ed. McGraw-Hill
-Bioquímica básica. Herrera. Ed. Elsevier.
Coñecementos
Con 03. Saber aplicar o método científico e adquirir habilidades na xestión da lexislación, fontes de información, bibliografía, elaboración de protocolos e outros aspectos que se consideren necesarios para o deseño e a avaliación crítica de ensaios preclínicos e clínicos.
Con 19. Coñecer as estruturas das biomoléculas e as súas transformacións na célula.
Con 21. Coñecer as propiedades das membranas celulares e a distribución dos fármacos.
Con 22. Coñecer a natureza e o comportamento dos axentes infecciosos.
Con 23. Coñecer as principais rutas metabólicas implicadas na degradación dos fármacos.
Habilidades/Destrezas
H/D 02. Deseñar, aplicar e avaliar reactivos, métodos e técnicas analíticas clínicas, coñecendo os fundamentos básicos das análises clínicas e as
características e contidos das opinións clínicas diagnóstico de laboratorio.
H/D 05. Desenvolver habilidades de comunicación e información, tanto orais como escritas, para tratar pacientes e usuarios do centro onde
desenvolven a súa actividade profesional.
H/D 06. Potenciar as habilidades de traballo e colaboración en equipos multidisciplinares e habilidades relacionadas con outros profesionais da
saúde.
H/D 12. Desenvolver habilidades relacionadas co uso dos efectos beneficiosos das plantas medicinais e comprender os riscos para a saúde
asociados ao seu mal uso.
H/D 13. Estimar os riscos biolóxicos asociados ao uso de substancias e procesos de laboratorio implicados.
H/D 14. Comprender a relación entre o ciclo de vida dos axentes infecciosos e as propiedades dos principios activos.
H/D 15. Desenvolver habilidades para identificar dianas terapéuticas e produción biotecnolóxica de medicamentos, así como o uso de terapia xénica.
Competencias:
Comp 01. Capacidade de análise e síntese.
Comp 02. Capacidade de organización e planificación
Comp 03.Comunicación oral e escrita na lingua propia.
Comp 05. Coñecementos básicos de manexo informático.
A) Clases expositivas en grupo grande: Lección impartida polo profesor no que se expoñen os contidos teóricos da materia. A plataforma virtual da USC servirá de soporte e complemento á docencia teórica.
B) Clases interactivas en grupo reducido: Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios. O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor, resolución de exercicios na aula, etc. Inclúense probas escritas sobre apartados específicos. A asistencia a estas clases interactivas é obrigatoria para a avaliación continua.
C) Titorías en grupo moi reducido: Titorías programadas polo profesor. Propóñense actividades como a supervisión do grao de aprendizaxe e comprensión da materia, aclaración de dúbidas sobre teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas propostas.
D) Clases prácticas de laboratorio: O alumno adquire as habilidades propias dun laboratorio e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. Para estas prácticas, o alumno disporá dun guión. O alumno realizará todas as prácticas individualmente, ou en grupos reducidos, recollendo no guión os resultados que procedan, presentándoos ao profesor ao final de cada sesión. A asistencia a estas clases prácticas é obrigatoria.
E) Plataforma virtual da USC como soporte e complemento da docencia teórico-práctica e como un elemento importante de comunicación co alumno. Nela poranse a disposición dos alumnos os recursos teóricos e prácticos, necesarios para o estudo da materia.
1. A avaliación nas dúas convocatorias do curso académico consistirá en tres partes: parte teórica, parte práctica e parte correspondente ás clases interactivas.
2. O exame teórico suporá o 70% da cualificación final (máximo de 7 puntos). O exame será de tipo mixto, con preguntas tipo test para cubrir todas as partes fundamentais da materia, e con preguntas curtas e concretas, que permitan valorar o desenvolvemento dun razoamento e a asimilación da materia.O alumno deberá demostrar coñecementos mínimos nas diferentes partes da materia e será necesario que a cualificación obtida neste exame supere o 45% (3,2) do máximo (7) correspondente ao devandito apartado para valorar o resto dos apartados.
3. A avaliación das prácticas suporá o 10% (máximo de 1 punto) da nota final. Para esta avaliación terase en conta o traballo desenvolvido polo alumno no laboratorio, así como a comprensión dos resultados experimentais obtidos, que se realizará a través dunha proba escrita que consistirá en preguntas curtas.
O alumno non poderá superar a materia de Bioquímica II se non realiza as prácticas de laboratorio e a proba escrita correspondente ao final delas. A nota das prácticas manterase durante os dous cursos académicos seguintes, en caso de suspender a materia.
4. A avaliación das clases interactivas suporá o 20% (máximo de 2 puntos). Establecerase tendo en conta: participación activa do alumno nas clases, realización de actividades propostas, notas correspondentes a probas escritas que sobre apartados específicos se poidan realizar, etc. A cualificación correspondente a este apartado só é aplicable ao curso académico no que se realicen.
5. Na 2ª convocatoria do curso académico, realizarase só o exame de teoría, conservándose a cualificación correspondente ás clases interactivas e ás prácticas. A nota máxima sobre a que se cualificará esta parte do exame e o mínimo requirido serán os xa indicados para a primeira convocatoria.
6. O alumno debe obter cinco puntos sobre dez para aprobar a materia.
7. A avaliación dos coñecementos, habilidades e competencias adquiridas na materia será realizada a través das seguintes vías:
No exame teórico: Con 19, Con 21,Con 22, Con 23. Comp 01, Comp 03
Nas prácticas de laboratorio: Con 03, H/D 02, H/D 13, H/D 14, H/D 15
Nas clases interactivas: H/D 05, H/D 06, Comp 02, Comp 05Con 19, Con 21, Con 22, Con 23
TRABALLO PRESENCIAL NO AULA HORAS
Clases expositivas en grupo grande 30
Clases interactivas en grupo reducido 12
Titorías en grupo moi reducido 2
Prácticas de laboratorio 12
Exames e revisión 4
Total horas traballo presencial no
aula ou no laboratorio 60
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO HORAS
Estudo autónomo individual ou en grupo 60
Resolución de exercicios, ou outros traballos 18
Orientación e resolución de dúbidas 4
Preparación do traballo de laboratorio e
Elaboración da memoria das prácticas 4
Realización e revisión do exame 4
Total horas traballo persoal do alumno 90
Recomendacións para á avaliación:
O alumno deberá evitar o simple esforzo memorístico, xa que o mesmo non resulta adecuado nin suficiente, enfocando o estudo a conseguir a comprensión, razoamento e relación dos contidos da materia.
No que se refire ás clases interactivas, a participación activa nas mesmas, permitiralle ao alumno unha mellor comprensión de moitos dos aspectos explicados en clases de teoría, o que facilitará o estudo para o exame final.
Recomendacións para á recuperación:
Recoméndase aos alumnos que asistan á revisión de exames onde o profesor poderalle indicar cales foron os seus erros e como superalos, así como en que partes da materia debe realizar un maior esforzo de face á recuperación.
Así mesmo, é de gran axuda que o alumno trate de resolver todas as cuestións que se propuxeron durante o curso, como as que figuran na bibliografía recomendada e que acuda ás titorías para resolver as dúbidas coa axuda do profesor.
Marcelina Abad Caeiro
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881814931
- Correo electrónico
- marcelina.abad [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Paz García Martínez
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881814908
- Correo electrónico
- paz.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Lisa Kay Busch
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- lisa.busch [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Diana Guallar Artal
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881815385
- Correo electrónico
- diana.guallar [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Ricardo Villa Bellosta
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881815370
- Correo electrónico
- ricardo.villa [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 11. Facultade de Dereito |
Mércores | |||
16:00-17:00 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 11. Facultade de Dereito |
Xoves | |||
16:00-17:00 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 11. Facultade de Dereito |
Venres | |||
16:00-17:00 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 11. Facultade de Dereito |