Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 15 Clase Expositiva: 4 Clase Interactiva: 22 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia Inglés para usos profesionais II céntrase nas destrezas interactivas: escoitar, ler, falar, escribir e mediar. Un obxectivo importante é que o alumnado atope, entenda, e poida corrixir erros básicos gramaticais e de léxico, outro obxectivo é poder mellorar o seu uso do inglés oral en canto á expresión e pronuncia, xa que un uso máis puído e adecuado da lingua inglesa permite aos usuarios traballadores manter unha mellor imaxe profesional.
Durante o semestre, o alumnado utilizará o idioma inglés como ferramenta para realizar tarefas que teñen que ver co ámbito da xestión cultural. Por exemplo, revisaranse certos puntos gramaticais, e logo poñeranse en práctica mentres se realiza tarefas (textos, vídeos, etc.) relacionadas co campo da cultura que facilitan a práctica do uso do inglés en contexto.
O traballo académico realizado nesta materia comezará nun nivel B2 segundo o establecido polo Marco Común Europeo de Referencia ou MCER (2001). Este nivel foi designado como nivel usuario independente do tipo "upper-intermediate" e significa que o alumnado:
--pode entender as ideas principais de textos complexos que traten de temas tanto concretos como abstractos, mesmo se son de carácter técnico, sempre que estean dentro do seu campo de especialización.
--pode relacionarse con falantes nativos cun grao suficiente de fluidez e naturalidade de modo que a comunicación realícese sen esforzo por parte de ningún dos interlocutores.
--pode producir textos claros e detallados sobre temas diversos, así como defender un punto de vista sobre temas xerais indicando os proles e os contras das distintas opcións.
Máis especificamente, o alumnado que remata con éxito esta materia debe ser capaz de poder levar a cabo estas funcións e demostrar a súa capacidade para comprender ao escoitar e ler, usar o inglés de maneira comunicativa en intercambios orais mediante as súas intervencións e a súa produción oral, e ser capaces de producir textos escritos apropiados en inglés. Cada unha destas áreas aparece a continuación con algúns exemplos da descrición do MCER do nivel de habilidade que se debe obter para cada unha.
Comprensión auditiva:
--pode entender fala extensa e disertacións, e seguir mesmo liñas de argumentación complexas, se o tema me resulta razoablemente familiar.
--pode entende-la maior parte das noticias da televisión e programas de actualidade.
--pode entende-la maioría das películas en dialecto estándar.
Lectura:
--pode ler artigos e reportaxes relacionados con problemas actuais, nos que o autor adopta un punto de vista ou posición particular.
--pode entender prosa literaria contemporánea.
Interacción oral:
--pode interactuar cun grao de fluidez e espontaneidade que fai a interacción regular con falantes nativos perfectamente posible.
--pode tomar parte activa en discusións sobre temas habituais, sostendo e xustificando as miñas opinións.
Produción oral:
--pode presentar descricións claras e detalladas dunha gran variedade de temas relacionados cos meus intereses.
--pode explicar un punto de vista sobre un tema de actualidade indicando as vantaxes ou desvantaxes das diversas opcións.
Produción escrita:
--pode escribir textos claros e detallados sobre unha gran variedade de temas relacionados cos meus intereses.
--pode escribir unha redacción ou disertación, pasar información ou expoñer razóns a favor ou en contra dun punto de vista particular.
--pode escribir cartas salientando a significación persoal de sucesos e experiencias.
Obxectivos transversais:
Ademais dos obxectivos específicos relacionados co nivel de lingua que se debe alcanzar, as actividades formativas a realizar nesta materia permiten ao alumnado practicar e desenvolver unha serie de obxectivos transversais:
--Na utilización dos recursos suxeridos ao longo do curso, o alumnado debe consolidar a habilidade no uso dunha serie de ferramentas de auto-aprendizaxe dispoñibles na internet, mellorando así a súa capacidade de auto-aprendizaxe.
--A realización de varios proxectos breves centrados na resolución de problemas específicos permitirá ao alumnado desenvolver as súas habilidades investigadoras, en especial as relacionadas coa procura de fontes de información e a avaliación crítica e o uso adecuado da información obtida.
--O alumnado tamén desenvolverá a súa capacidade para presentar as súas razóns e argumentos de maneira clara, ao mesmo tempo que adquire flexibilidade para admitir diferentes perspectivas; así, poderá mellorar a súa capacidade para participar en negociación de maneira construtiva.
DESCRICIÓN DA MATERIA :
Tal e como indica o nome, esta materia de segundo ano e de terceiro cuadrimestre, é do tipo ESP (English for Specific Purposes). Isto significa que cursar esta materia posibilitará o entrar en contacto con e empezar a utilizar vocabulario máis específico, así como as estruturas lingüísticas que os profesionais do campo da xestión cultural empregan para levar a cabo o seu traballo con éxito no día a día.
Inglés para Usos Profesionais II é a segunda de dúas materias do programa académico do grao en Xestión Cultural que se deseñaron para apoiar unha adecuada preparación para o futuro profesional do alumnado. O alumnado que terminou con éxito a primeira materia desta serie poderá participar no seguinte nivel no que aplicará o inglés que xa ten interiorizado (nivel B2) de xeito que continuará mellorando a súa pericia no idioma inglés.
CONTIDOS:
1. O vocabulario e o léxico relevante o campo do patrimonio cultural, é da xestión cultural, especificamente o que ten que ver con profesións/traballos, a xestión de museos, o campo da edición/publicación, e do mundo da arte (galerías e exhibicións).
2. Aspectos gramaticais pertinentes ao nivel B2 do MCER, do tipo: adxetivos cuantificadores, verbos que rexen “-ing”, verbos que rexen infinitivo, oracions de relativo especificativas e explicativas (“defining and non-defining relative clauses”), estilo indirecto (“reported/ indirect speech”), uso do xerundio con verbos que expresan emoción, “wishes and regrets”, e as oracións do tipo “condicional” do segundo e terceiro grado, entre outros.
3. A organización dos proxectos culturais.
Bibliografía básica:
Dicionarios recomendados:
Gran diccionario Oxford Español-Inglés/Inglés-Español. Oxford University Press.
Collins Cobuild English Dictionary for Advanced Learners (Paperback). Harper Collins Publishers.
Bibliografía de sitios webs para consulta:
Dicionarios de inglés:
---- http://www.thefreedictionary.com/
---- http://www.ldoceonline.com/
---- http://dictionary.cambridge.org/
---- http://www.learnersdictionary.com/
---- http://dictionary.reference.com/
Dicionarios de inglés a español e español a inglés
---- http://www.wordreference.com/
Dicionario de inglés a galego e galego a inglés
---- http://sli.uvigo.es/CLIG/index.html
Sinónomos, antínomos e ideas relacionadas:
---- http://thesaurus.reference.com/
Tarefas escritas:
----https://nanowrimo.org/
----https://prowritingaid.com/
Sitios web con exercicios:
---- http://www.edufind.com/english/grammar/index.cfm
---- http://www.englishpage.com/grammar/
Miscellanea (actividades, probas, lectura, podcast…)
UsingEnglish.com:
---- http://www.usingenglish.com/
English Page
---- http://www.englishpage.com/
---- (gramática, exercicios, vocabulario, tarefas escritas)
BBC Learning English
---- http://www.bbc.co.uk/worldservice/learningenglish/
---- (actividades de gramática, lectura, comprensión auditiva, podcasts)
British Council - Learning English
---- http://www.learnenglish.org.uk/
---- (actividades de gramática, lectura, comprensión auditiva, podcasts)
Bibliografía complementaria:
Davies, Rosamund and Gauti Sigthorsson. 2013. Introducing the Creative Industries from Theory to Practice. Los Angeles, California: Sage.
Farall, Cate and Marianne Lindsley. 2008. Professional English in Use: Marketing. Cambridge: Cambridge University Press.
Groes, Sebastian, Ed.2016. Memory in the Twenty-First Century: New Critical Perspectives from the Arts, Humanities and Sciences. London: Palgrave Macmillan.
Hesmondhalgh, David. 2007. The Cultural Industries. Los Angeles, California: Sage.
McKercher, Bob. 2002. Cultural Tourism: The Partnership Between Tourism and Cultural Heritage Management. New York: Hathaway Hospitality Press.
Peck, John and Martin Coyle.1999. The Student’s Guide to Writing: Grammar Punctuation and Spelling. Houndmills: Macmillan.
Strunk, William Jr. 2018. The elements of style. 1st Ed. Vancouver: Spectrum Ink Publishing.
Zinsser, William. 2016. On writing well: the classic guide to writing nonfiction, 7th Ed. New York: Harper Perennial.
Tal e como se indica na Memoria oficial do plan de estudos do Grao en Xestión Cultural, o alumnado debe desenvolver competencias en tres áreas diferentes: coñecemento, habilidade/destreza e competencia. Son os seguintes:
COÑECEMENTO
Con07: Coñecer a norma e uso coherente e adecuado dunha lingua estranxeira, tanto de forma oral como escrita.
Con08: Identificar os distintos niveis e estilos de uso das linguas ambientais e internacionais, tanto na modalidade oral como na escrita, e a súa importancia para a elaboración e transmisión eficaz de textos con contido cultural.
Con09: Recoñecer a diversidade de culturas comunicativas e desenvolver estratexias para facilitar a comunicación entre colectivos humanos diversos.
HABILIDADE/DESTREZA
H/DO4: Comunicar información, ideas, problemas, e solucións tanto a públicos especializados como non especializados dun modo claro e eficaz.
COMPETENCIA
COMP03: Organizar e planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos dispoñibles.
Haberá unha hora de docencia non presencial síncrona e unha hora de titoría non presencial síncrona cada semana.
Como parte da explicación teórica, durante a sesión non presencial síncrona, o profesorado encargado ofrecerá presentacións sobre a gramática, o vocabulario, o uso do inglés, e a xestión cultural. O alumnado pode asistir á clase dende a facultade ou mediante a conexión síncrona de streaming (MSTeams) nas datas e horario programados. O alumnado poderá facer uso dos recursos e materiais utilizados nestas sesións oficiais que estarán dispoñibles na aula virtual. O alumnado tamén realizará actividades prácticas como: falar en inglés, actividades de resolución de problemas, actividades de comprensión auditiva e pronuncia, e análise e comentario das lecturas asignadas. O alumnado traballará individualmente, ou ben en parellas ou grupos pequenos para levar a cabo parte do traballo asignado. Por último, tamén algunhas presentacións orais levarán a cabo durante as horas de clase síncrona.
O profesorado encargado propoñerá actividades complementarias a realizar fora da aula sobre aqueles aspectos lingüísticos que requiran unha práctica máis intensa con outros recursos como lecturas asignadas, escritura, e práctica individual de pronuncia, así como actividades breves sobre aspectos da comunicación relacionados cos temas presentados en clase, ou a participación nun proxecto grupal. As tarefas mencionadas anteriormente deberían axudar ao alumnado a para poñer en práctica o seu inglés. Para a realización das actividades realizadas fora da aula utilizarase a plataforma en liña da USC para acceder a determinados recursos dixitais como as lecturas asignadas, vocabulario e explicacións gramaticais, así como entregar traballos e acceder a comentarios e cualificacións. Deste xeito, a aula virtual do Campus Virtual da USC será a plataforma principal do proceso formativo. Estas tarefas e actividades prácticas previstas para a avaliación continua deberán entregarse tal e como se indica na aula virtual. Tamén se pode utilizar como medio adicional de avaliación e titoría para o alumnado. As actividades e tarefas asignadas serán cualificadas nun prazo non superior a un mes.
Por outra banda, o alumnado poderá poñerse en contacto co profesorado mediante o seu correo electrónico.
Esta materia tamén comprende unha hora semanal de titoría específica, nas cales o alumnado pode participar mediante a tecnoloxía de streaming, e que proporcionarán unha opción eficiente para que o profesorado encargado e o alumnado manteñan un contacto directo. Isto, á súa vez, permitirá avaliar o progreso do alumnado durante o curso, incluíndo o seu nivel de interiorización dos contidos e as habilidades nas que se centrou na aula, e proporcionará a oportunidade de solicitar e dar un asesoramento personalizado que permitirá a cada estudante alcanzar mellor os obxectivos da materia. As titorías realizaranse en grupos ou individualmente a través de Microsoft Teams durante o semestre, o correo electrónico tamén se pode utilizar segundo as necesidades individuais de cada estudante, é serán respondidos en 48 horas (dentro do horario lectivo), a non ser que o profesorado encargado dispoña dun permiso especial. O profesorado encargado tamén poderá utilizar as titorías para confirmar que o alumnado realizou as tarefas complementarias asignadas que se planificaron para o estudo autónomo.
Deste xeito, o traballo realizado neste programa de grao é unha forma de preparar mellor ao alumnado para o seu futuro profesional e implementaráse unha ética laboral profesional para as tarefas levadas a cabo nesta materia. Todas as actividades escritas deben estar mecanografadas e a dobre espazo. Todas as actividades que se entreguen deberán incluír as fontes bibliográficas e dixitais consultadas, segundo un método académico establecido de citación bibliográfica. TODO O TRABALLO DEBE SER ENTREGADO EN PRAZO PARA SER CONSIDERADO PARA A NOTA FINAL.
A avaliación basearase en parte na avaliación continua do alumnado ao longo do semestre e de acordo cos períodos de exame que se enumeran a continuación.
AVALIACIÓN DE PRIMEIRA OPCIÓN:**
- Preparación e participación activa na aula /aula virtual: 20%
- Avaliación continua de actividades supervisadas: 40%
- Exame oral final: 10%
- Exame escrito final: 30%
O alumnado recibirá unha nota de avaliación continua cara ao final do semestre. Como se pode ver na lista anterior, a preparación das actividades asignadas e a participación activa na aula, así como a nota de avaliación continua constitúen unha porcentaxe significativa da nota final desta materia. Os exames escrito e oral realizaranse nas datas fixadas oficialmente pola facultade.
O alumnado aprobará esta materia se o fai simultaneamente nas seccións oral e escrita; no caso de que aproben só una delas, terá dereito a manter esta nota no novo período de exames de xullo; por tanto, volverá presentarse a só a sección cualificada previamente como non aprobada.
** En calquera caso, para todos os períodos de exames, ao alumnado debe aprobar cada unha das seccións enumeradas anteriormente para aprobar esta materia.
Todas as actividades entregadas deberán incorporar as fontes documentais e bibliográficas consultadas, seguindo algún dos canons académicos de citación bibliográfica e dixital*. Véxase a ADVERTENCIA IMPORTANTE a continuación.
ADVERTENCIA IMPORTANTE.- Na normativa de rendemento académico da USC (DOG 21 de xullo de 2011, art. 16) penalízase a realización fraudulenta dalgunha proba avaliativa cun suspenso na convocatoria correspondente, alén do proceso disciplinario que se lle poida abrir a maiores ao alumnado infractor. Polo tanto, a detección de plaxio en calquera dos traballos presentados nesta materia será penalizada cun suspenso na materia independentemente da cualificación que o alumnado obtiver polos demais conceptos. Entendemos plaxio como a copia total ou parcial, fora literal ou non, de contidos ou ideas publicadas noutros traballos académicos ou en calquera tipo de obras (en papel ou internet), sen que o alumnado cite a fonte de onde foron extraídas esas ideas ou textos. O alumnado suspenso por plaxio non poderá presentarse á segunda oportunidade.
AVALIACIÓN DE SEGUNDA OPCIÓN:
Para o alumnado que aprobase unha sección da avaliación de primeira opción, poderá retela para este avaliación, en calquera caso, o sistema de avaliación é a mesma que na primeira opción.
PARA CURSAR ESTA MATERIA DE NOVO:
O alumnado que necesite cursar esta materia de novo, e que superase a parte de avaliación continua do traballo realizado en clase durante o semestre académico poderá manter esta parte da súa nota en consecuencia. Con todo, se non superou a parte de avaliación continua do curso, deberá volver cursar toda a materia.
Como consta na Memoria da titulación, nesta materia de seis créditos ECTS, está previsto que o alumnado dedique un total de 150 horas, das que 15 corresponden a traballo da sesións de docencia non presencial síncrona, 15 corresponden as sesións de titoría opcional non presencial asíncrona, 4 corresponden aos exames, e 102 a traballo autónomo e preparatorio fora da aula.
O traballo realizado para esta materia debe levarse a cabo de acordo coas especificacións establecidas polo profesorado. Dado que este curso forma parte da preparación cara ao seu futuro profesional, todas as tarefas asignadas deben completarse segundo as instrucións e entregarse a tempo.
Todas as actividades entregadas deberán incorporar as fontes documentais e bibliográficas consultadas, seguindo algún dos canons académicos de citación bibliográfica e dixital.
Respecto ao traballo do alumnado, a parte das orientacións que o profesorado encargado vaia dando a coñecer, véxase o apartado sobre RECOMENDACIÓNS (abaixo).
REQUISITOS FORMAIS ESPECÍFICOS:
Aínda que non existen requisitos formais específicos para esta materia, o alumnado debe ter consolidado as competencias do nivel B2. Se alguén non está seguro de alcanzar este nivel, pode poñerse en contacto co profesorado encargado.
Por outra banda, é necesario que o alumnado teña acceso a un ordenador (ou tablet, smartphone) con audio mais capacidade de vídeo para que poidan acceder á aula virtual, así como para completar as actividades e tarefas asignadas durante o curso académico.
ASISTENCIA A CLASE:
A asistencia a clase non é obrigatoria. Para favorecer a avaliación continua, unha certa porcentaxe da nota final reflectirá a preparación é a participación activa do alumnado na aula o na aula virtual. Ademais, farase fincapé no traballo oral realizado ao longo do curso e este traballo oral realízase mellor na aula ou na aula virtual. Así, o alumnado que non asista a clase deberá entregar o traballo asignado para recibir unha nota de avaliación continua. En calquera caso, o alumnado universitario é responsable de preparar o traballo asignado en clase tanto se asiste ou non.
TRABALLO EN CLASE E ESTUDO FÓRA DA AULA:
A participación activa en clase ou na aula virtual axudará ao alumnado para mellorar a súa produción lingüística tanto en inglés escrito como oral. Despois de completar unha área de estudo, espérase que o alumnado continúe a súa preparación do vocabulario e / ou tarefas asignadas. Durante o curso académico asignarase traballo escrito para permitir a práctica deste tipo de produción lingüística. PARA QUE ESTA PRÁCTICA SEXA AVALIADA, O TRABALLO ESCRITO DEBE ESTAR MECANOGRAFADO, A DOBRE ESPAZO E ENTREGADO EN PRAZO.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificación”. Véase a ADVERTENCIA IMPORTANTE na sección “SISTEMA DE AVALIACIÓN” enriba.
Jodee Anderson Mcguire
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 982824713
- Correo electrónico
- jo.anderson [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Regina Martinez Ponciano
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- regina.ponciano [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | Aula 13 |
23.01.2025 10:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |
17.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |