Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 15 Clase Expositiva: 4 Clase Interactiva: 22 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Antropoloxía Social
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Atendendo aos resultados da aprendizaxe que se recollen na Memoria do Título do Grao en Xestión Cultural, os obxectivos da materia de Antropoloxía Cultural a acadar, son os que seguen:
O1. Coñecer os conceptos e coñecementos básicos da antropoloxía.
O2. Aprender os métodos específicos da antropoloxía.
O3. Desenvolver a capacidade para comprender outras culturas e as minorías étnicas.
O4. Fomentar o interese polo diálogo intercultural e o respecto ás diferenzas culturais.
Tal e como se recolle na Memoria do Título, desenvolveremos os seguintes contidos:
1) O desenvolvemento da Antropoloxía: desde o evolucionismo á posmodernidade;
2) Fieldwork: a metodoloxía etnográfica e a análise antropolóxica;
3) Os temas centrais da antropoloxía: xénero, parentesco, sistemas políticos, organización e cambio social, migracións
4) Teorías da comunicación sobre rituais, símbolos, narracións e linguaxes da vida cotiá.
Acompañaremos o desenvolvemento da disciplina antropolóxica desde os seus inicios, ao tempo que atendemos aos temas centrais obxecto de discusión no seu seo, facendo fincapé nas vertentes da Antropoloxía cultural e a antropoloxía aplicada.
Prestarase unha atención especial á antropoloxía actual en Galiza, identificando os temas máis relevantes que constituen o seu obxeto.
Bibliografía básica
Conrad Phillip KOTTAK: Introducción a la Antropología Cultural. Espejo para la Humanidad. Madrid, Mc Graw Hill, 2002.
Lourdes MÉNDEZ: Siete claves para una introducción a la Antropología. Madrid, Síntesis, 2019.
Luzia OCA: “Burela, destino da emigración caboverdiana. Modelos de intervención para a integración social”. En Caboverdianas en Burela (1978/2008). Migracións, relacións de xénero e intervención social. Tese de doutoramento en Antropoloxía Social, USC, 2013 (pp. 109-182).
Paul BOHANNAN e Mark GLAZER: Antropología. Lecturas, Madrid, McGraw-Hill, 1997.
Paula GODINHO: “Lides de rotina. Trabalhadoras téxteis de Verim. Entre a prática e o devir”. En O futuro é para sempre. Experiência, expetativa e práticas possíveis. Santiago de Compostela, Através Editora, 2017. pp. 72-157.
Xosé Ramón MARIÑO FERRO: Dicionario de etnografía e antropoloxía de Galiza, Vigo, Nigratrea, 2010
Bibliografía complementaria
Ángel DÍAZ DE RADA: El taller del etnógrafo. Materiales y herramientas deinvestigación en etnografía, Madrid, UNED, 2012.
Bronislaw MALINOWSKI: Los Argonautas del Pacífico Occidental: un estudio sobre comercio y aventura entre los indígenas de los archipiélagos de la Nueva Guinea melanésica, Península, Barcelona, 1995.
Carmelo LISON TOLOSANA: Antropología Cultural de Galicia. Madrid, Akal, 1979.
Claude LÉVI-STRAUSS: “Raza e Historia”, Discurso UNESCO 1952, recogido en Revista de la Universidad Nacional (1944 - 1992), 8, 1971, pp. 68-108.
Cliffortd GEERTZ, James CLIFFORTD et al.: El surgimiento de la antropología posmoderna, Barcelona, Gedisa, 1991.
Gustavo LINS RIBEIRO: “Descotidianizar”, en Cuadernos de Antropología Social, Vol. 2, 1, Buenos Aires, 1989, pp. 65-69.
Enrique ALONSO e Sharon ROSEMAN (eds. coords.): Antropoloxía das mulleres galegas. As outras olladas. Santiago de Compostela, Sotelo Blanco Edicións, 2011.
Eric WOLF: Europa y la gente sin historia, Fondo de Cultura Económica, México, 2006.
Esteban KRTOZ: “Alteridad y pregunta antropológica”, Alteridades, 4 (8), 1994.
Evelyn REED: “La mujer: ¿Casta, clase o sexo oprimido?”, International Socialist Review, Setembro 1970, Vol. 31, No. 3, 15-17, 40-41.
G. MARCUS: “Etnografía en/del Sistema Mundo. El surgimiento de la etnografía multilocal”, Alteridades, Vol.11 (22), 2001, pp. 111-127.
J.R. LLOBERA: La identidad de la Antropología. Barcelona, Anagrama, 1990.
Leopoldo J. BARTOLOMÉ: Relocalizados: Antropología social de las poblaciones desplazadas, Buenos Aires, Ides, 1985.
Lewis H. MORGAN: “Razón del progreso humano”, en Los orígenes del Hombre, Buenos Aires, Ceal, 1978.
Lourdes MÉNDEZ: Cousas de mulleres: campesinas, poder y vida cotidiana (Lugo 1940-1980). Barcelona, Anthropos, 1988.
Marcial GONDAR: Mulleres de Mortos: cara unha Antropoloxía da muller galega. Vigo, Xerais, 1991.
Mariam MARIÑO,. “Nós/outras e Galiza para Annette Meakin”. Abriu, 10, 2020. pp. 167-194.
Martyn HAMMERSLEY e Paul ATKINSON: Etnografía. Métodos de investigación, Barcelona, Paidós, 1994.
Marvin HARRIS. Antropología cultural. Madrid, Alianza, 1990.
Maurice GODELIER: “Poder y Lenguaje. Reflexiones sobre los paradigmas y las paradojas de la legitimidad de las relaciones de dominación y de opresión”, Comunications, 28, París, 1978.
Mauricio F. BOIVIN, Ana ROSATO, Victoria ARRIBAS: Constructores de Otredad, Buenos Aires, Eudeba, 2004 [1989].
Mirtha LISCHETTI (comp.): Antropología, Buenos Aires, Eudeba, 2004.
Néstor GARCÍA CANCLINI: Las culturas populares en el capitalismo, México, Nueva Imagen, 1982.
Paz MORENO FELIU: De lo lejano a lo próximo: un viaje por la Antropología y sus encrucijadas, Madrid: Editorial Universitaria Ramón Areces/UNED, 2004.
Peter L. BERGER y Thomas LUCKMANN: La construcción social de la realidad. Buenos Aires, Amorrortu, 2003.
Rosana GUBER: El salvaje metropolitano: a la vuelta de la Antropología Postmoderna: reconstrucción del conocimiento social en el trabajo de campo, Buenos Aires, Legasa, 1991.
Rosana GUBER: La etnografía. Método, campo y reflexividad, Buenos Aires, Siglo XXI, 2011.
Thierry LULLE, Pilar VARGAS e Lucero ZAMUDIO (coords.): Los usos de la historia de vida en las ciencias sociales, Barcelona, Anthropos, 1998.
Xose Ramón MARIÑO FERRO. Antropoloxía de Galicia. Vigo, Xerais, 2000.
COÑECEMENTOS
Con02: Comprender e interpretar os fundamentos históricos, antropolóxicos, filosóficos, sociais e artísticos dos procesos culturais.
- Con08: Recoñecer a diversidade de culturas comunicativas e desenvolver estratexias para facilitar a comunicación entre diversos grupos humanos.
HABILIDADES
- H/D02: Analizar e sintetizar información procedente de diferentes fontes, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos perseguidos.
- H/D06: Desenvolver unha actitude crítica ante os fundamentos históricos, antropolóxicos e artísticos dos procesos culturais con especial atención á igualdade de xénero.
COMPETENCIAS
- Comp06: Aplicar os coñecementos adquiridos para resolver problemas tanto na súa área de estudo como en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos ou multidisciplinares.
- Comp08: Defender o papel da cultura como ferramenta de transformación social e resposta aos principais problemas das sociedades contemporáneas.
A docencia da materia organízase nun combinación de ensino expositivo e interactivo. A pauta proposta é desenvolver conceptos e contidos clave en cada aula virtual, que logo serán profundados e complementados co traballo persoal e as sesións de titoría.
A docente desenvolverá os temas recollidos no programa, acompañando a exposición de exemplos e materiais que contribúan a vincular os conceptos teóricos coas súas concrecións históricas e prácticas. Apostarase por unha explicación integrada, que traballe sobre unha serie de ideas fundamentais desde o comezo ata o fin do programa, partindo dos coñecementos previos do estudantado, nunha progresiva problematización conceptual, e nun permanente convite ó diálogo, o cuestionamento e a participación do alumnado.
Traballarase colectivamente unha selección de temas, sexa a través de lecturas ou de pesquisas online. Incorporaranse actividades de formación metodolóxica e introdución á vertente aplicada da Antropoloxía. Para cada tarefa proposta, facilitarase unha Guía de Traballo específica. A través desas actividades traballarase a competencia de expresión escrita (elaboración de comentario crítico individual sobre lectura) e oral (dinamización debates colectivos), así coma a iniciación á investigación. O alumnado contará coa posibilidade dun seguimento persoalizado a través das titorías coa docente.
Os textos e materiais de traballo para o desenvolvemento da materia, estarán a disposición do alumnado no Campus Virtual.
Haberá 14 horas de docencia presencial e programaranse 12 horas de titorías en grupo reducido.
Das metodoloxías docentes recollidas na Memoria do Título, desenvolveremos as que seguen:
Modalidade virtual: utilización da aula virtual como ferramenta principal para a docência; classe maxistral; resolución de problemas / exercícios; presentacións na aula; estudos de caso; aprendizaxe colaborativa; traballo tutelado.
Nos horarios oficiais está programada unha hora semanal de clases virtuais, que se poderán seguir mediante conexión síncrona á tecnoloxía de streaming (MSTeams) utilizada para compartir a sesión docente. Será habilitada unha aula no recinto da Facultade de Humanidades para quen desexe seguir estas aulas dendê as instalacións da universidade. Os recursos e materiais utilizados nas sesións virtuais poñeranse a disposición de todo o alumnado a través da aula virtual.
Planificaranse 1 sesión semanal de titoría non presencial síncrona, individual ou en grupo reducido, destinadas a dar orientacións teórico-metodolóxicas e a resolver dúbidas. Para realizar estas sesións de titorización presencial de modo que se posibilite a participación e interacción síncrona entre docentes e estudantes, empregarase a tecnoloxía de streaming (MSTeams).
A Aula Virtual, dispoñíbel a través do Campus Virtual da USC, será a plataforma fundamental de todo o proceso formativo e a canle a través da cal se establecerá o contacto entre docente e alumnado. Nela estarán dispoñíbeis todos os recursos necesarios para o proceso formativo do alumnado, así como as tarefas e actividades prácticas planificadas para a avaliación continua, que deben entregarse na ferramenta establecida na aula virtual da materia.
Atenderanse as consultas realizadas polo alumnado mediante o envío dun correo de resposta nun prazo non superior ás 72 horas de días lectivos, sempre e cando o docente non estea desfrutando dalgún permiso. O profesorado cualificará as actividades e tarefas propias da avaliación continua nun prazo non superior a un mes.
A docente realizará un seguimento continuo da aprendizaxe. Consoante aos criterios recollidos na Memoria do Título, a cualificación final derivará da suma dos seguintes elementos:
1. Traballo, participación e presentacións na(s) aula(s) virtual. 10% da nota final.
2. Traballo individual baseado na aplicación do método etnográfico. 25%
3. Presentacións grupais sobre traballos de antropoloxía “de/en/para/dende Galiza”. 25%
4. Exame de contidos. 40%
Para superar a materia, é preciso obter cando menos un 50% da cualificación máxima de cada unha das partes.
Para o alumnado con dispensa de asistencia concedida, non se computará o ítem 1, sumando o resto dos ítems o 100%: Actividades de avaliación continua (traballo e presentación grupais) – ponderación 60%; Exame – ponderación 40%.
Na segunda oportunidade, estableceranse actividades de avaliación en función do que cada estudante precise recuperar, mantendo a cualificación das partes que foron superadas.
O alumnado de 2ª convocatoria (repetidor) pode optar por implicarse en todas as actividades que realiza o alumnado ordinario desde inicios do semestre, e neste caso estaría a todos os efectos dentro da casuística xeral. Se decide non participar da actividade ordinaria da materia, de cara á avaliación deberá facer unicamente a proba final (a mesma que o alumnado habitual) e respéctanselle as cualificacións obtidas o curso anterior nos restantes apartados obxecto de avaliación, no caso de ter realizadas as actividades de avaliación establecidas. En caso de non ter realizadas ditas actividades: non se computará o ítem 1, sumando o resto dos ítems o 100%: Actividades de avaliación continua (traballos, exposicións, etc.) – ponderación 60%; Exame – ponderación 40%. De calquera maneira, con carácter xeral o alumnado repetidor deberá poñerse en contacto coa docente (empregando o horario de titorías) dentro das dúas primeiras semanas de curso, a fin de acordar o plan de traballo específico que en cada caso se seguirá.
AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS
As competencias a acadar con esta materia serán desenvolvidas a través das diferentes actividades previstas. Particularmente, ás competencias CE2, CE3, CE5 e CE7 atenderase a través da proba escrita e ás competencias CB1, CB2, CB3, CX2, CX4, CT1, CT6, CT7, CT9, a través da participación e das distintas tarefas da parte interactiva. Os obxectivos e competencias a acadar durante o desenvolvemento da materia, serán avaliadas a través das diferentes actividades de avaliación previstas.
NORMATIVAS (REQUIRIMENTO DE ORIXINALIDADE)
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Docencia virtual – 14h
Titorización individual do alumnado – 12h
Exame – 4h
Traballo persoal do alumnado e outras actividades – 120h
A asistencia ás clases virtuais, a participación nas sesións e a realización das tarefas prácticas.
A dedicación continuada ó estudo da materia.
A adquisición dun hábito lector áxil e eficaz, xunto a unha actitude crítica e analítica dos textos e materiais didácticos.
- Lingua na que se imparte a materia: galego.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
− Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados, segundo as recomendacións da USC.
− Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
− Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, MS-Teams e outras ferramentas institucionais.
− Obrigatoriedade do cumprimento da Normativa de protección de datos
Luzia Oca Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Antropoloxía Social
- Teléfono
- ext 24732
- Correo electrónico
- luzia.oca [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 13 |
16.01.2025 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |
12.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |