Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 32 Clase Interactiva: 16 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego, Italiano
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Italiana
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obxectivos da materia
Xerais
1) Reflexionar sobre a lingua italiana contemporánea dende un punto de vista sociolóxico.
2) Analizar a variación lingüística na lingua oral e escrita.
3) Reflexionar sobre a influenza dos medios de comunicación e os fenómenos sociolóxicos nas estruturas lingüísticas contemporáneas.
Específicos
1) Afondar nos aspectos específicos fonomorfolóxicos e sintácticos do italiano escrito e falado dende un punto de visto sociolingüístico.
2) Coñecer os diferentes rexistros lingüísticos do italiano contemporáneo escrito e falado.
3) Reflexionar sobre a construción de tipoloxías textuais diferentes.
1. A lingua italiana e os dialectos italianos
1.1. Principais trazos fonomorfolóxicos dos dialectos italianos
1.2. O “Italiano rexional”: tipoloxías e uso
1.3. As minorías lingüísticas
2. Italiano estándar e neo-estándar
2.1. O italiano estándar: descripción e uso
2.2. O italiano neo-estándar: descripción e uso
3. As novas tendencias do italiano
3.1. O uso dos estranxeirismos: os anglicismos
3.2. O italiano “dixital”: estruturas morfosintácticas peculiares
-Bibliografia básica:
- Bonomi, Ilaria et alii, "Elementi di linguistica italiana", Roma, Carocci, 2003.
- Bonomi, Ilaria et alii, "La lingua italiana e i mass-media", Roma, Carocci, 2003.
- Trifone, Maurizio et alii, "Affresco italiano C2", Firenze, Le Monnier, 2011.
Bibliografia complementaria:
- Avolio, Francesco, "Lingue e dialetti d’Italia", Roma, Carocci, 2009.
- Bruni, Francesco (a cura di), L’italiano nelle regioni, Torino, UTET, 1992-1994, 2 voll.
- Casadei, Federica, "Breve dizionario di linguistica", Roma, Carocci, 2008.
- Desideri, Paola / Consani, Carlo, "Le minoranze linguistiche", Roma, Carocci, 2007.
- Gensini, Stefano, "Breve storia dell'educazione linguistica dall'unità a oggi", Roma, Carocci, 2006.
- Sobrero, Alberto, "Introduzione all’italiano contemporaneo", Roma, Laterza, 1993.
- Coñecemento das características lingüísticas esenciais do italiano “standard” respecto ás outras realidades lingüísticas italianas.
- Recoñecemento das características lingüísticas propias dunha situación comunicativa oral.
- Recoñecemento das características sintácticas e léxicas de diferentes tipoloxías de textos escritos.
- Coñecemento da influenza exercida na lingua polos máis importantes medios de comunicación.
Especialmente as primeiras sesións serán de carácter maxistral nas que se explicarán os rudimentos da materia a través do estudo de textos especializados; a continuación pasarase á lectura de textos escollidos para desenvolver as capacidades lingüísticas do alumno mediante a análise das principais características fonomorfolóxicas e sintácticas das diversas tipoloxías de textos e situacións comunicativas orais. Tamén se tentará estimular o traballo en grupo mediante o debate na clase dos temas abordados.
Na aula virtual indicaranse os argumentos do programa e os exercicios de repaso dos temas tratados en clase.
Nesta materia, o proceso de formación baséase na avaliación continua sobre os temas que forman parte do programa, a través de tres probas escritas ao longo do curso. A nota final será o resultado da media entre as diferentes probas realizadas.
Ademais os estudantes deberán preparar os textos encomedados polo profesor para presentalos en clase.
Os estudantes que non superen a materia pola vía da avaliación continua, deberán presentarse ao exame final escrito, que constituirá o 100% da cualificación final.
Tamén será esta a situación dos estudantes con dispensa oficial de asistencia.
IMPORTANTE
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na «Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións».
Actividades presenciais:
- Clases maxistrais: 30 horas.
- Sesións de seminario: 25 horas.
- Titorías en grupo: 3 horas.
- Exames: 2 horas.
- Total: 60 horas.
Actividades non presenciais:
- Estudo e preparación das actividades programadas en clase: 60 horas.
- Lecturas: 10 horas.
- Preparación do exame: 20 horas.
- Total: 90 horas.
A asistencia a clase e a participación activa do estudante son fundamentais, xunto co traballo individual non presencial. Aconséllase a utilización de medios audiovisuais italianos, dispoñibles na facultade ou privados (TV, DVD, CD...) para reforzar as habilidades lingüísticas do estudante.
Lémbrase aos alumnos que o profesor poderá porse en contacto con eles a través do enderezo de correo electrónico que figure na súa ficha electrónica da USC.
Benedict Buono
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Italiana
- Teléfono
- 881811868
- Correo electrónico
- ben.buono [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Italiano | C02 |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 | Italiano | C05 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Italiano | C05 |
20.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | B06 |
20.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B06 |
25.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | B06 |
25.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B06 |