Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Xeral
• Coñecer a natureza complexa da tradución de textos especializados, particularmente no que se distingue da tradución de textos de propósito xeral.
• Familiarizarse cos recursos de documentación dispoñibles para a tradución especializada e desenvolver habilidades prácticas para usalos.
• Coñecer o potencial das novas tecnoloxías como recurso en tradución especializada e desenvolver habilidades prácticas para utilizalas.
• Coñecer as características da lingua e a comunicación en contextos especializados e desenvolver as habilidades prácticas necesarias para traducir textos especializados do inglés ao español / galego e viceversa.
Específicos.
• Comprender a natureza dos textos especializados, os diferentes tipos de textos especializados, a súa función e trazos formais característicos.
• Comprender cales son os principais desafíos e escollos na tradución de distintos tipos de textos especializados.
• Comprender a importancia da terminoloxía e desenvolver as habilidades necesarias para xestionar e explotar a información terminolóxica como ferramenta de tradución especializada.
• Comprender a importancia dos corpus lingüísticos para a tradución, familiarizarse cos corpus existentes e aprender a utilizalos, adquirindo as habilidades necesarias para compilar e utilizar corpus especializados como ferramenta na tradución especializada.
• Familiarizarse coas ferramentas de tradución asistida por computador (TAO), tales como ferramentas de xestión terminolóxica e memorias de tradución, aprender a utilizalas e desenvolver e comprender a súa importancia na tradución especializada.
• Familiarizarse coa lingua dos folletos turísticos e comprender como esta contribúe ao obxectivo promocional destes materiais. Aprender a recompilar e a sacarlle partido ao material textual comparable na lingua de destino con fins de tradución. Desenvolver as habilidades e competencias necesarias para traducir con éxito folletos de tradución do inglés ao español / galego e viceversa.
• Desenvolver unha comprensión completa da forma e función características de varios tipos de textos técnicos. Desenvolver as habilidades necesarias para traducir con éxito diversos tipos de textos técnicos, en particular, instrucións de uso e folletos técnicos, especialmente do inglés ao español / galego.
• Comprender a importancia do idioma inglés na comunicación científica. Coñecer os principais xéneros da comunicación científica, principalmente os resumos e artigos de investigación, a súa función, estrutura e linguaxe característicos. Desenvolver as habilidades e competencias necesarias para traducir resumos de artigos de investigación especialmente do español / galego ao inglés.
• Cuestións Xerais
o Tradución especializada: definición de texto especializado e tipos. Principais dificultades de tradución.
o Terminoloxía. Definición. Manexo de terminoloxía. Bases de datos terminolóxicas.
• Tradución turística
o Características, Tipos e Funcións dos materiais turísticos. Diferenzas entre as linguas.
o Ferramentas de tradución. Os corpus textuais como ferramenta de tradución: tipos e manexo.
o Práctica: tradución dun folleto/web turístico; tradución de materiais museísticos; subtitulado de vídeos turísticos, etc. O emprego de textos comparables e corpus como ferramenta de tradución.
• Tradución técnica: normas, estándares e guías do usuario.
o Instrucións técnicas. Características e dificultades de tradución.
o Especificacións técnicas. Características e dificultades de tradución.
o Práctica: tradución de instrucións de uso e especificacións técnicas.
• Tradución legal e financeira
o Os textos financeiros. Características da linguaxe financeria e tratamento da terminoloxía.
o Os textos legais. Características da linguaxe legal e tratamento da terminoloxía.
o Ferramentas de tradución. As memorias de tradución.
o Práctica: A tradución de textos legais e financeiros. Uso de textos paralelos e glosarios especializados.
• Tradución científica
o Características da linguaxe científica.
o Xéneros científicos profesionais e divulgativos.
o Ferramentas de tradución. Creación e explotación dun corpus ad hoc para a tradución científica.
o Práctica: Tradución resumos. Tradución de artigos de divulgación científica. Subtitulado de videos divulgativos.
Bibliografía básica:
Olohan, Maeve (2015). Scientific and Technical Translation. London: Routledge.
Bibliografía complementaria:
Byrne, Jodie (2012). Scientific and technical translation explained. London: Routledge.
Cabré, María T. (1998). Terminology. Theory, Methods and Applications. Amsterdam-Philadelphia: John Benjamins.
Gallego Hernández, Daniel (2016). New insights into corpora and translation. Cambridge Scholars Publishers
Gamero Pérez, Silvia (2001). La traducción de textos técnicos. Descripción y análisis de textos (inglés-español). Barcelona: Ariel.
Millán, Carmen & Bartrina, Francesca (2016). Routledge Handbook of Translation Studies. London: Routledge.
Soto Almela, Jorge (2019). La traducción de la cultura en el sector turístico. Frankfurt: Peter Lang.
Valdeón, R. & A. Vidal 2019. The Routledge Handbook of Spanish Translation Studies. Routledge.H
Torresi, Ira (2010). Translating Promotional and Advertising Texts. London: Routledge.
Zain Sulaiman, M, & Wilson, Rita (2019). Translation and Tourism. Strategies for Effective Cross-Cultural Promotion. Singapore: Springer.
Zanettin, F. (1998). Bilingual comparable corpora and the training of translators. Meta: Journal Des Traducteurs, 43(4), 616.
CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CG6, CG7, CG8, CG9, CE1, CE6 (ver a Memoria de Verificación do Grao en Lingua e Literatura Inglesas na web http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/sxopra/mem…).
Alternaranse presentacións do profesor coa realización de actividades prácticas individuais e en grupo, dentro e fóra da aula. Nas sesións expositivas dominarán as presentacións dun tema por parte do profesor, complementadas con pequenas actividades prácticas para “reforzar” os conceptos. As clases interactivas consistirán en actividades prácticas de diverso tipo en relación cos temas que se tratan ao longo do curso, por exemplo, práctica no manexo de diversas ferramentas terminolóxicas, consultas terminolóxicas e resolución de problemas, recompilación e explotación de corpus comparables, avaliación crítica e corrección de traducións existentes, realización e posta en común de traducións de textos, etc., todas orientadas á comprensión e adquisición, respectivamente, dos distintos contidos e destrezas prácticas que conforman os obxectivos do curso. Como complemento ao ensino presencial, tanto o Campus Virtual da USC (aula virtual do curso en Moodle) como MSTeams desempeñarán un papel importante nestas actividades. Particularmente, a utilización destas tecnoloxías estará orientada a ofrecer 1) unha canle para a comunicación entre o profesor e os alumnos, para a distribución de contidos e para a supervisión e titorización do traballo individual ou en grupos, e 2) crear espazos de colaboración entre os estudantes para a realización de actividades de aprendizaxe cooperativa.
Primeira Oportunidade
Avaliación continua (100%).
Aspectos da avaliación::
• Realización de actividades na aula e/ou no campus virtual.
• Entrega de traballos individuais e de grupo.
• Asistencia e participación activa na clase.
Criterios de avaliación:
A calidade da participación nestas actividades avaliarase en función da capacidade do alumno para cumprir cos obxectivos do traballo e de dar conta dos procesos levados a cabo na elaboración do produto final dentro dos prazos establecidos.
Os alumnos con exención oficial de asistencia a clase deberán presentar os traballos específicos que o profesor fixe e poña á súa disposición a través do campus virtual ou do correo electrónico. Os traballos deberán responder adecuadamente aos obxectivos da actividade e cumprir os prazos establecidos para a súa entrega. Os estudantes que se atopen nesta circunstancia deben poñerse en contacto cos profesores inmediatamente no momento en que se produza (ao comezo do curso ou no momento en que se produza a súa circunstancia particular, en todo caso sen esperar a confirmación oficial de aceptación da súa solicitude por parte da Universidade) para planificar o seu traballo e adecuar o sistema de avaliación continua á súa situación particular.
Nos casos de conflito horario con outras materias, os estudantes afectados deberán contactar cos profesores ao comezo do curso para acordar medidas que permitan compatibilizar a participación nas distintas materias sen menoscabo da aprendizaxe. En todo caso, esixirase unha asistencia e participación proporcionadas nesta materia (normalmente do 50% das horas lectivas) e a realización de tarefas complementarias compensatorias (a acordar cos profesores).
Segunda oportunidade.
O sistema de avaliación nesta segunda oportunidade pode implicar a entrega por parte dos estudantes de tarefas que non entregasen durante o curso, a mellora de actividades cuxa realización fose insatisfactoria na primeira entrega e / ou a realización de actividades adicionais. A data límite para a presentación de todos estes traballos será a data fixada oficialmente polo centro para a segunda oportunidade. Os estudantes deben dirixirse aos profesores para recibir instrucións específicas sobre a súa participación nesta segunda oportunidade.
A avaliación dos estudantes de intercambio rexerase polas mesmas normas que as dos estudantes locais en todas as oportunidades.
NOTA IMPORTANTE. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido no art. 16 da "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Cada alumno deberá traballar as horas que estime necesarias en función dos seus coñecementos previos e ritmo de traballo. Con todo, o estudante terá que dedicarlle un tempo razoable, en torno a 5-6 horas cada semana, á realización de actividades obrigatorias que lle encargue o profesor, tales como lecturas previas e visionado de vídeos, familiarización con programas informáticos, exercicios de tradución e para tradución, tests, proxectos, etc.
• É clave tanto para o éxito da aprendizaxe como para superar a materia a participación activa do estudante en todas as actividades individuais e grupais que se organicen ao longo do curso.
• É importante saber empregar ben as distintas funcionalidades do Campus Virtual (Moodle) e de MSTeams, especialmente se toda ou parte da docencia se ha de impartir en liña. En particular, debe saber empregar ambas ferramentas para seguir unha clase expositiva, participar nunha titoría co profesor, en tarefas colaborativas, de debate, de avaliación, etc. e para entregar o seu traballo. particularmente para o traballo en grupos a través de chats.
• O traballo en grupo dentro e fóra da aula será unha constante do curso. En xeral, é importante amosar unha actitude positiva, aberta e honesta cara aos demais, en particular, realizar críticas construtivas, e saber aceptalas e integralas para mellorar.
• É recomendable ter previsto algún medio (caderno de notas, documento de texto no teu ordenador, etc.) para anotar toda aquela información que resulte de interese tanto na clase como fóra dela. Se non apuntas a información non poderás volver a ela cando a necesites.
Francisco J. Fernandez Polo
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811898
- Correo electrónico
- xabier.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mario Cal Varela
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811858
- Correo electrónico
- mario.cal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | C03 |
14:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | C03 |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | B10 |
17.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B06 |
17.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | B06 |
17.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C10 |
17.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C10 |