Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Situar as obras de lectura nos seus respectivos contextos históricos, culturais e literarios.
2. Lectura atenta e análise pormenorizada de cada unha das obras, tendo en conta tanto as características estético-formais como a relación cos contextos.
3. Fomentar a lectura crítica e razoada por parte do alumno, que deberá proporcionar as súas propias interpretacións ben informadas e razoadas.
4. Alcanzar unha visión ben fundamentada da evolución da chamada “tradición literaria estadounidense” ao longo do século XX.
Estudo dos aspectos estético-formais e temáticos das seguintes obras, que se situarán, igual que os autores, nos contextos históricos e literarios en que xurdiron:
Lost Generation
F. S. Fitzgerald. The Great Gatsby
"Echoes of the Jazz Age" "The Crack-Up"
E. Hemingway. "The Killers", "Hills like White Elephants"
Southern Renaissance
W. Faulkner. "Barn Burning", "A Rose for Emily"
Harlem Renaissance
Langston Hughes, "I, Too", "The Negro Speaks of Rivers", "Harlem"
Social realism
John Steinbeck, The Grapes of Wrath
Harper Lee, To Kill a Mockingbird
American drama
Lorraine Hansberry, A Raisin in the Sun
Arthur Miller, The Crucible
Toni Morrison, Beloved
Outros textos opcionais
Flannery O’Connor. “A Good Man Is Hard to Find”
Art Spiegelman, Maus, a Survivor's Tale
Leslie Marmon Silko, "Yellow Woman"
Sandra Cisneros, Woman Hollering Creek (1964)
Nota: Daranse fotocopias dos poemas e dos relatos curtos
Estes contidos poderán ser moderadamente reducidos se as docentes da materia o consideran oportuno para mellorar a dinámica da clase
BÁSICA:
Os textos primarios de lectura obrigatoria do apartado de contidos.
COMPLEMENTARIA:
Bercovitch, Sacvan, ed. The Cambridge History of American Literature. Vol. VIII: Poetry and Criticism, 1940-1995. Cambridge UP, 1996
----------, ed. The Cambridge History of American Literature. Vol. VII: Prose Writing, 1940-1990. Cambridge UP, 1999
Breslin, James E. B. From Modern to Contemporary: American Poetry, 1945-1965. Chicago: The U of Chicago P, 1983
Chase, Richard. The American Novel and Its Tradition. The Johns Hopkins UP, 1975
Conn, Peter. Literature in America. Cambridge UP, 1989
Cunliffe, Marcus. The Literature of the United States. 4th ed. Penguin, 1986
Elliot, Emory, ed. The Columbia Literary History of the United States. Columbia UP, 1988
----------, ed. The Columbia History of the American Novel: New Views. Columbia UP, 1991
Fiedler, Leslie. Love and Death in the American Novel. Revised ed. Penguin, 1984
UP, 1988
Gelpi, Albert. A Coherent Splendor: The American Poetic Renaissance, 1910-1950. Cambridge: Cambridge UP, 1987
González, Constante, On Their Own Premises: Southern Women Writers and the Homeplace. València: Universitat de València, 2008.
Gurpegui, J. A., ed. Historia crítica de la novela norteamericana. Salamanca: Almar. 2001
Hart, James D., and P. Leininger, eds. The Oxford Companion to American Literature. Oxford UP, 1995
Massa, Ann. American Literature in Context IV: 1900-1930. London: Methuen, 1982
Parini, Jay, ed. The Columbia History of American Poetry. New York: Columbia UP, 1994
Ruland, Richard and Malcolm Bradbury. From Puritanism to Postmodernism: A History of American Literature. Viking. 1992
Salzman, Jack, ed. The Cambridge Hadbook of American Literature. Cambridge UP, 1986
Walker, Marshall. The Literature of the United States of America. 2nd ed. Macmillan, 1988
CB1, CB2, CB3, CB4, CB5 (Básicas)
CG3, CG5, CG6, CG7, CG8, CG9, CE5, CE6, CE7, CE8, CE9, CE10
O alumno deberá desenvolver e poñer en práctica unha habilidade crítica adecuada, demostrar capacidade para “ler” crítica e analiticamente e para producir interpretación ben informadas.
Desenvolvemento dunha competencia literaria adecuada, que se canalizará oralmente a través de intervencións na clase e por escrito en traballos e exames.
Desenvolvemento da capacidade para establecer relacións entre os distintos elementos dunha obra, así como entre unhas obras e outras.
Darase instrución teórica sobre os contextos literarios e culturais, sobre aspiracións estéticas e principios éticos dos autores, así como as pautas necesarias para acercarse a cada unha das obras.
A docencia combinará sempre o teórico co práctico, e a clase combinará instrución teórica con análise de textos, preguntas e debate.
Nas clases terase en conta a participación activa
A avaliación da aprendizaxe comprende a avaliación continua, que computará o 50% da nota, e o exame final, que computa un 50% da nota total.
IMPORTANTE: é ABSOLUTAMENTE IMPRESCINDIBLE ACADAR UN MÍNIMO DE 2,5 de 5 (5 de 10) no exame para que este faga media coa nota da avaliación continua. Se non se acada este mínimo no exame, suspéndese a materia.
Segunda oportunidade: aplicaranse os mesmos criterios e porcentaxes. A nota da avaliación continua gárdase para a 2ª oportunidade
Asimesmo, en ambas as oportunidades, aqueles/as estudantes cuxo horario da materia lles coincida parcial ou totalmente co doutra materia (débese entregar xustificante; por exemplo, copia escaneada da matrícula) e/ou repetidores/as poderán ELIXIR unha das seguintes modalidades:
a) só exame final: 100% da nota final da materia.
b) a avaliación estándar: nota da avaliación continua (50% da nota final da materia) e o exame final (50% da nota final da materia).
Ademais, estes/ as alumnos/ as DEBERÁN comunicar a súa decisión á coordinadora da materia antes do xoves 28 de setembro. En caso contrario, este alumnado será avaliado mediante o sistema de avaliación estándar: nota da avaliación continua (50% da nota final da materia) e o exame final (50% da nota final da materia).
A aqueles/as estudantes que estean exentos/as oficialmente de asistencia a clase avaliaráselles unicamente co exame final que contará o 100% da nota final da materia en ambas oportunidades.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos/das estudantes e de revisión de cualificacións (artigo 16): "A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes". Polo tanto, a detección do máis mínimo plaxio suporá un cero na materia e tomaranse as medidas disciplinarias establecidas. A copia e o "cut and paste" (tanto nas presentacións e actividades por escrito coma no examen) serán penalizados cun SUSPENSO na materia e se tomarán as medidas disciplinarias establecidas.
3 horas presenciais de clase por semana.
7 horas semanais de traballo individual semanal para a lectura e preparación das obras.
Esta é unha materia ECTS, polo que o estudantado necesitará 150 horas (incluindo clases presenciais y traballo autónomo) para superala.
É indispensable a lectura atenta e crítica das obras ANTES da súa explicación e discusión na aula.
A asistencia á clases é obligatoria.
Tanto nos exames como nos traballos, valorarase positivamente a capacidade crítica e de síntese, a estruturación adecuada dos ensaios e a claridade no manexo dos conceptos.
En vez dunha mera repetición de información memorística, as profesoras valorarán a aplicación dos conceptos aprendidos en novos casos de análise, así como a interrelación de ideas orixinadas a partir da información recibida
Recoméndase a participación activa nos debates, así como a entrega dos exercicios prantexados polas profesoras, para acadar a avaliación continua
Recoméndase aclarar todas as dúbidas na clase e en horario de titorías.
É moi importante que o alumnado estea atento ás mensaxes que reciban do profesorado na Aula Virtual e no seu e-mail corporativo con respecto a indicacións sobre a docencia, as tarefas, etc.
Valorarase, tamén, globalmente a corrección no uso da lingua.
A acumulación de errores gramaticais, ortográficos, etc. suporá unha penalización na nota final de ata 3 puntos.
Atendendo ao artigo 9.2.a do Estatuto do Estudiante da USC e ao artigo 36 da Lei Orgánica do Sistema Universitario, nas clases expositivas e interactivas non está autorizado o uso de dispositivos electrónicos (teléfonos móbiles, tablets, ordenadores, etc.) salvo cando o autoricen expresamente as profesoras.
A USC conta cun servizo de apoio titorial extraordinario para axuda á diversidade (estudantado con necesidades específicas).https://www.usc.gal/gl/servizos/area/inclusion-participacion-social. E-mail: sepiu.santiago [at] usc.es (sepiu[dot]santiago[at]usc[dot]es).
Patricia Fra Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811879
- Correo electrónico
- patricia.fra [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | Inglés | D08 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | Inglés | D08 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | Inglés | D08 |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | C12 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | C12 |
20.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C09 |
20.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | C09 |
20.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | C09 |
20.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | C09 |
20.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | C10 |
20.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | C10 |
20.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | C10 |
20.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C10 |
18.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C09 |
18.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | C09 |
18.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | C09 |
18.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | C09 |