Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Alemán
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Alemá
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Preténdese afianzar e ampliar os coñecementos de lingua adquiridos na materia de curso Lingua Alemá 5 ata alcanzar un nivel medio na aprendizaxe da lingua, para desta maneira proporcionarlle ao alumnado as técnicas e instrumentos necesarios que lle permitan poder enfrontarse no curso á materia de Lingua Alemá 7. O nivel de lingua, que segundo o marco de referencia europeo, debe alcanzar o alumnado é en todo caso o B2.1.
O curso baséase na progresión dos libros de texto: „Kontext Deutsch als Fremdsprache. B2“ (unidades 1-6). Os contidos máis destacados son os seguintes:
1. Vocabulario relacionado con contextos a vida persoal e cotía
2. Estruturas elementais a gramática alemá
3. Lectura selectiva e global de textos
4. Redacción de textos descritivos e narativos
5. Exercicios de comprensión auditiva
6. Compoñentes a fonética alemá
7. Recursos e técnicas de aprendizaxe
8. Aspectos socio-culturais os países de fala alemá alemana
a) bibliografìa básica:
Stefanie Dengler, Ute Koithan, Helen Schmitz, Tanja Sieber (2023): Kontext Deutsch als Fremdsprache. Kursbuch. Stuttgart: Klett. ISBN 978-3-12-605342-5
Stefanie Dengler, Ute Koithan, Helen Schmitz, Tanja Sieber (2023): Kontext Deutsch als Fremdsprache. Übungsbuch. Stuttgart: Klett. ISBN 978-3-12-605343-6
b) bibliografía complementaria:
Dreyer, Hilke / Schmitt Richard (2001): Lehr- und Übungsbuch der deutschen Grammatik, Neubearbeitung, Deutsch-Spanisch, Prácticas de gramática alemana. Ismaning: Hueber.
Hering, Axel / Magdalena Matussek / Michaela Perlmann-Balme (Hrsg.): Übungsgrammatik. Deutsch als Fremdsprache. Hueber. ISBN: 978-3-19-001657-7.
Gramáticas:
CASTELL, Andreu (1997): Gramática de la lengua alemana. Madrid, Editorial Idiomas.
FANDRYCH, Christian und Ulrike Tallowitz (2012): Klipp und Klar: gramática práctica de alemán Stuttgart, Klett.
FUNK, Hermann, Michael König und Lutz Rohrmann (2010): Lextra - Deutsch als Fremdsprache. Kompaktgrammatik: A1-B1. Berlin, Cornelsen. HERING, Axel, Magdalena Matussek und Michaela Perlmann-Balme: em - Übungsgrammatik Deutsch als Fremdsprache. Hueber Verlag.
HOBERG, Rudolf und Ursula Hoberg (2004): Der kleine Duden. Gramática del alemán. Madrid: Editorial Idiomas.
REIMANN, Monika (2015): Grundstufen-Grammatik für Deutsch als Fremdsprache. Editorial Hueber (edición monolingüe) oder: Gramática esencial del alemán. Editorial Hueber (edición bilingüe).
Véxanse as descricións do Marco común europeo de referencia con respecto ó nivel B2.
O desenvolvemento da materia centrarase ante todo na aplicación práctica das estruturas adquiridas, tendo en conta as catro destrezas: ler, falar, escoitar e escribir. A estrutura e planificación do curso rexerase polos principios do ensino da lingua desde un punto de vista comunicativo e centrada nos estudantes. Traballarase co libro de texto "Kontext Deutsch als Fremdsprache. B2" (unidades 1-6), ademais con materiais auténticos de Alemaña, Austria e Suíza. A participación regular e activa do alumnado nas clases e a realización regular de exercicios fóra do horario presencial serán elementos fundamentais para obter unha nota final positiva.
1. Asistencia regular e participación activa nas clases e titorías, ademais da realización dunha serie de traballos que lle serán encargados ao alumnado ao longo do curso e que terán que ser entregados no prazo establecido: 40% da nota final.
2. Exame final escrito: 40% da nota final
3. Exame final oral: 20% da nota final
Ao exame oral só se poderán presentar aqueles estudantes que aproben o exame escrito.
Para o alumnado con dispensa oficial de asistencia ás clases a avaliación basearase no exame final: 100% da nota final (exame escrito: 70%, exame oral: 30%).
Segunda oportunidade: Para a segunda oportunidade rexen as mesmas condicións.
Por cada hora presencial o alumnado debería dedicar 2 horas de traballo autónomo fóra da aula.
Participar con regularidade e de maneira activa nas clases. Aproveitar as titorías para aclarar dúbidas individuais.
Buscar o contacto directo coa lingua alemá a través da lectura e dos medios de comunicación (prensa, televisión, cine, internet, etc.).
No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido no art. 16 da "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Dirk Herbert Koning
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Alemá
- Correo electrónico
- dirkherbert.koning [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Lector/a
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Alemán | C08 |
Martes | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Alemán | C04 |
Mércores | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Alemán | B10 |
16.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D10 |
16.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 | D10 |
16.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 | D10 |
16.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D10 |