Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 148.7 Horas de Titorías: 1 Clase Interactiva: 0.3 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte, Xeografía, Historia
Áreas: Historia da Arte, Análise Xeográfica Rexional, Xeografía Humana, Arqueoloxía, Ciencias e Técnicas Historiográficas, Historia Antiga, Historia Contemporánea, Historia de América, Historia Medieval, Historia Moderna, Prehistoria
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1.- Contribuír á formación integral do alumnado, complementando a súa aprendizaxe teórica e práctica.
2.- Facilitar o coñecemento da metodoloxía de traballo adecuada á realidade profesional na que o alumnado terá que operar, contrastando e aplicando os coñecementos adquiridos.
3.- Favorecer o desenvolvemento das competencias técnicas, metodolóxicas, persoais e participativas.
4.- Obter unha experiencia práctica que facilite a inserción no mercado de traballo e mellore a súa empregabilidade futura.
5.- Favorecer os valores da innovación, a creatividade e o emprendemento
O carácter formativo das PAE xira en torno a dous eixes:
1.- Articular teoría e práctica a través da aproximación global aos problemas e situacións, poñendo en xogo os coñecementos acadados a través das distintas materias do plan de estudos.
2.- Reflexionar sobre a acción permitindo unha aprendizaxe reflexiva, máis alá da mera acción.
1.- Ás competencias xenéricas, e as específicas, previstas no correspondente proxecto formativo son:
a.- Capacidade técnica.
b.- Capacidade de aprendizaxe.
c.- Administración de traballos.
d.- Habilidades de comunicación oral e escrita.
e.- Sentido da responsabilidade.
f.- Facilidade de adaptación.
g.- Creatividade e iniciativa.
h.- Implicación persoal.
i.- Motivación.
k.- Puntualidade.
l.- Relacións co seu contorno laboral.
m. Capacidade de traballo en equipo.
n.- Outros aspectos que se consideren oportunos.
1.- O/a titor/a da entidade colaboradora realizará e remitirá ao/a titor/a académico da Universidade un informe final, ao remate das prácticas, que recollerá o número de horas realizadas polo alumnado e no que poderán valorar os seguintes aspectos referidos, no seu caso, tanto ás competencias xenéricas como ás específicas,
Informe de seguimento intermedio e memoria final das prácticas do alumnado.
O/A estudante elaborará e fará entrega ao/a titor/a académico da universidade unha memoria final, ao remate das prácticas, na que deberán figurar, polo menos, os seguintes aspectos:
a.- Datos persoais do alumno/a.
b.- Entidade colaboradora na que se realizaron as prácticas.
c.- Descrición concreta e detallada de tarefas, traballos desenvolvidos e departamentos da entidade á que foi asignado.
d.- Valoración das tarefas realizadas.
e.- Relación dos problemas presentados e procedemento seguido para a súa resolución.
f.- Identificación das achegas que, en materia de aprendizaxe, supuxeron as prácticas.
g. -Avaliación das prácticas e suxestións de mellora.
2.- Unha vez transcorrida a metade do período de duración das prácticas, poderá elaborarse un informe intermedio de seguimento.
O alumnado que non participe nalgunha das sesións das PAE ou que falte ao 20% das mesmas non poderá ser valorado positivamente nas PAE.
Nos plans de estudos actuais dos graos de Historia, Xeografía e Ordenación do Territorio e Historia da Arte, as PAE desenvólvense no segundo cuadrimestre do último curso, cun total de créditos optativos ECTS de:
Historia: 6 créditos ECTS.
Xeografía e Ordenación do Territorio: 6 créditos ECTS.
Historia da Arte: 12 créditos ECTS.
En cada un dos períodos os créditos distribúense en tres fases do seguinte xeito:
Fase de preparación. O sentido curricular é acadar que o/a estudante sexa consciente de habilidades, estratexias, ferramentas proporcionadas no proceso global de formación nas diversas materias e reflexione sobre o seu emprego. Para iso asígnanse as seguintes horas:
Historia: 0’5 créditos ECTS.
Xeografía e Ordenación do Territorio: 1 créditos ECTS.
Historia da Arte: 1 créditos ECTS.
O alumnado que non participe nas sesións de preparación ou que falte ao 20% das mesmas non poderá ser valorado positivamente nas PAE.
Fase de estancia. O seu sentido curricular é o de entrar en contacto directo coa institución para desenvolver as actividades que se establezan. Para iso asígnanse as seguintes horas:
Historia: 5 créditos ECTS.
Xeografía e Ordenación do Territorio: 5 créditos ECTS.
Historia da Arte: 10 créditos ECTS.
O alumnado que non participe nas prácticas ou que falte ao 20% das mesmas non poderá ser valorado positivamente nas PAE.
Fase de reflexión. O sentido curricular é o de axudar o alumnado a reflexionar sobre as situacións observadas nos centros, así como a súa propia actuación nas intervencións que realiza, facilitando instrumentos para a análise e a reflexión. Para iso asígnanse as seguintes horas:
Historia: 0’5 créditos ECTS.
Xeografía e Ordenación do Territorio: 0,5 créditos ECTS.
Historia da Arte: 1 créditos ECTS.
O alumnado que non participe nesta fase ou que falte ao 20% da mesma non poderá ser valorado positivamente nas PAE.
Véxase o Regulamento da PAE, en:
http://www.usc.es/export/sites/default/en/centros/xeohistoria/descargas…
Obxectivos da materia
Contidos
Bibliografía básica e complementaria
Competencias
Metodoloxía da ensinanza
Sistema de avaliaación
Tempo de estudo e traballo persoal
Recomendacións para o estudo da materia
Observacións
PLAN DE CONTINxENCIA
A USC estableceu tres escenarios posibles para o curso 2021/2022, polo que o desenvolvemento efectivo do curso terá características diferentes segundo o escenario no que nos atopemos.
1- Normalidade adaptada. É a situación que contempla unha menor incidencia do virus. Neste caso habería medidas de autoprotección, pero se poderían facer as actividades presenciais con certa normalidade. O programa da materia está feito conforme a este primeiro escenario.
2- Distanciamento. Trátase dunha situación intermedia, que contempla aforos limitados, distanciamento social e outras medidas, pero que non elimina completamente a presencialidad. Ante as múltiples posibilidades que poderían existir neste segundo escenario precisaranse as medidas concretas que haxa que aplicar en cada caso. O sistema de avaliación manteríase.
3- Peche das instalacións. Neste caso non habería ninguna presencialidade, o contacto co titor se realizaría exclusivamente a través do programa teams e o correo electrónico.
Ademais, o profesorado proporcionará ó estudiantado, a través da aula virtual, o material e as indicacións pertinentes