Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 280 Horas de Titorías: 20 Total: 300
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte, Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Historia da Arte, Música, Teoría da Literatura e Literatura Comparada
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Proporcionar ao alumnado coñecementos racionais e críticos da produción artística ao longo da Historia e das súas manifestacións en distintas culturas e a través das diversas linguaxes artísticas.
- Preparar ao alumnado nunha formación específica en diferentes campos, funcións e actividades propias do historiador da arte. Capacitar ao alumno para a práctica profesional que cubra as distintas demandas sociais, en especial, aquelas relacionadas co mercado laboral, de xeito que reciba o pleno recoñecemento das súas competencias profesionais.
- Coñecer as características, funcións, e as liñas básicas da arte nas súas diferentes manifestacións, ao longo do discorrer histórico e no marco das distintas culturas, así como as causas primordiais desas características, funcións e evolución, incardinando sempre a obra de arte co contexto social, económico, político, ideolóxico, relixioso e individual no que se xestou, e conectándoa con outras formas de expresión artística ou manifestación cultural.
- Coñecer as diferentes linguaxes formais e visuais, así como, as distintas técnicas artísticas utilizadas pola humanidade ao longo da historia co fin de que poida comprender mellor como estas condicionan e actúan no resultado final da obra de arte.
- Coñecer a teoría da arte e o pensamento estético no seu discorrer histórico e dentro dos diferentes contextos culturais, sociais, económicos, políticos, ideolóxicos, relixiosos, que condicionaron os discursos, a estética, a función, as técnicas e as linguaxes formais da Arte.
- Coñecer especificamente as fontes, as tendencias, os artistas e as obras máis importantes e representativos de cada un dos períodos da Historia da Arte e no marco de diferentes culturas.
- Coñecer e manexar de forma rigorosa e axustada a linguaxe específica e a terminoloxía adecuada que son propios das diferentes manifestacións da Arte.
- Coñecer os distintos enfoques e as diferentes metodoloxías que permiten a comprensión da obra de arte.
- Coñecer os diversos procedementos de creación artística e as técnicas de conservación, tutela e divulgación do Patrimonio Cultural.
- Recoñecer o carácter interdisciplinar nos estudos das ciencias sociais.
- Dado o carácter das materias e disciplinas que se imparten ao longo do grao, todas elas terán como vocación primordial o inculcar nos alumnos todos aqueles aspectos relacionados cos dereitos fundamentais e de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, cos principios de igualdade e oportunidades e de accesibilidade universal das persoas con discapacidade así como cos valores propios da cultura da paz e valores democráticos.
O TFG é un traballo autónomo e individual de cada estudante. Consistirá na elaboración dun traballo no que se acrediten os coñecementos, competencias e destrezas adquiridas durante os estudos realizados na titulación de Grao. Incluirá, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de información relevante, redacción e presentación.
- Desenvolver o espírito analítico e crítico do alumno e a súa sensibilidade para ver, ler e escoitar - música, audio, esculturas sonoras...- a obra de arte; que se afaga a interpretar a linguaxe das súas formas.
- Apreciar os seus valores estéticos e extraer dela informacións sobre a cultura que a xerou. A obra de arte, ademais de posuír o seu propio valor intrínseco, é un excelente medio para entender e saber apreciar o pasado da humanidade e a civilización na que esta foi creada.
- Desenvolver unha metodoloxía científica propia da Historia da Arte.
- Introducirse na execución de traballos bibliográficos, na elaboración de estados da cuestión dalgún tema específico da Historia da Arte ou na análise e interpretación das fontes documentais e literarias propias da Historia da Arte para comprender globalmente a obra artística.
- Adquirir, coñecer e utilizar outras técnicas historiográficas para o coñecemento e valoración da obra de arte.
- Aprender de xeito autónomo novos coñecementos e técnicas.
- Crear a conciencia da necesidade de formarse en diversos campos interdisciplinares, no dominio da expresión oral e escrita da propia lingua, no uso doutras linguas estranxeiras, no manexo das ferramentas informáticas e no uso das redes que permitan o establecemento de contactos nacionais e internacionais.
- Propor, analizar, validar e interpretar modelos de situacións reais sinxelas, utilizando as ferramentas historiográficas máis adecuadas para os fins que se persigan.
- Aprender a desenvolver unha metodoloxía científica para calquera tipo de actuación e de decisión en relación cos coñecementos de Historia da Arte.
- Adquirir habilidades no manexo das novas tecnoloxías como medio para o estudo e a difusión da obra de arte.
- Deseñar un proxecto integral de xestión do ben artístico, desde o seu coñecemento ata a súa explotación social.
- Implicarse na actividade profesional e o compromiso coa sociedade en todo o referente á defensa e conservación do Patrimonio Cultural.
- Tomar conciencia da importancia de desenvolver a capacidade de iniciativa e a autocrítica.
Ademais destes coñecementos e habilidades no Grao en Historia da Arte deberanse desenvolver as seguintes capacitacións, moitas delas incluídas nos epígrafes anteriores relativos a competencias xerais e específicas:
- Síntese.
- Resolución de problemas e toma de decisións.
- Traballo en equipo e colaboración con outros profesionais.
- Autocrítica.
- Comunicación.
- Desenvolvemento e mantemento actualizado das competencias, destrezas e coñecementos propios da profesión.
Os TFG serán realizados baixo a supervisión dun director ou dunha directora que oriente e asista ao/á estudante. O/a director/a programará sesións de traballo con cada estudante, nas que establecerá a programación das tarefas a realizar e orientará o traballo. Será responsable de expor ao/á estudante as características do TFG, e de axudalo no seu desenvolvemento, na procura da consecución dos obxectivos propostos; e de emitir un informe do TFG que teña tutelado. A CCC poderá, excepcionalmente e de forma motivada, nomear un/ha codirector/a coas funcións que lles asigne.
O/a director/a será Persoal Docente e Investigador (PDI) con docencia no Grao en Historia da Arte ou na Facultade de Xeografía e Historia. Tamén poderá ser PDI adscrito a Departamentos con créditos de formación básica ou obrigatoria no Grao en Historia da Arte. Os TFG poden desenvolverse no marco de convenios con empresas ou institucións.
Os TFG desenvolvidos por estudantes da USC noutros centros universitarios, no marco de convenios de intercambio de estudantes (ERASMUS, SICUE, ....), terán como director/a ao/á coordinador/a do intercambio.
Os alumnos poderán optar por dous sistemas de avaliación:
- Defensa ante Tribunal
Os traballos serán avaliados por un tribunal, ante o que se fará a exposición e defensa pública, composto por tres profesores da USC que impartan docencia no Grao en Historia, Xeografía e Ordeación do Territorio ou Historia da arte, segundo o caso, do que non poderá formar parte o titor do traballo. Todo o persoal docente e investigador das áreas de coñecemento que adscribisen o traballo de fin de Grao da titulación está obrigado a formar parte dos tribunais de avaliación destes traballos. A determinación do número de tribunais en cada convocatoria e a designación dos seus membros é competencia da Comisión de Calidade, por proposta dos Departamentos aos que pertenzan as áreas de coñecemento que adscribisen o traballo de fin de Grao. Os Departamentos, antes do final do mes de novembro de cada ano, propoñen os membros do correspondente tribunal de avaliación, procurando a rotación dos/as docentes dun curso a outro e dando preferencia a aqueles/as que non teñan asignada tutela académica de traballos de fin de Grao”
- Defensa ante o Titor/a
O alumno poderá optar a unha avaliación en defensa pública ante o titor/a. Neste suposto, o/a Titor/sera o encargado/a da avaliación e cualificación que non poderá ser superior a notable (8)”
En ambos casos, teranse en conta na avaliación os seguintes criterios:
a) Calidade do Proxecto;
b) Presentación escrita do TFG;
c) Presentación Oral;
d) Observacións
No proceso de avaliación, será tamén tido en consideración o informe confidencial preceptivo elaborado polo Titor/a do TFG.
Grao de Historia da Arte: 12 créditos ECTS, 300 h.
PLAN DE CONTINXENCIA
De acordo ao contemplado no Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22 da USC, contémplanse os seguintes escenarios.
Escenario 1. Normalidade adaptada (sen restricións á presencialidad física)
A titorización de TFG e TFM desenvolverase de forma análoga á do resto das materias.
Escenario 2 (distanciamento)
Deberase priorizar a programación de titorías (incluídas as de TFG e TFM) por vía telemática.
Escenario 3. Peche das instalacións
A programación das titorías (incluídas as de TFG e TFM) será exclusivamente por vía telemática.
Para os casos de realización fraudulenta de traballos será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Véxase o Regulamento do Traballo Fin de Grao:
http://www.usc.es/gl/centros/xeohistoria/regulamentos.html
http://www.usc.es/export/sites/default/en/centros/xeohistoria/descargas…