Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1.- Analizar o coñecemento da cidade e o urbanismo ao longo da historia desde a súa aparición na Antigüidade ata o presente.
2.- Introducción no coñecemento do fenómeno urbano e no tema da cidade entendida como "obra de arte" e acontecemento cultural de primeira orde.
3.- Comprender as lóxicas que se agochan tralo desenvolvemento urbano ao longo da historia.
4.- Desenvolver unha visión crítica sobre a realidade urbana actual.
TEMA 1. A orixe da cidade. O mundo prehistórico
TEMA 2. Mesopotamia e Exipto.
TEMA 3. A polis grega e o sistema hipodámico
TEMA 4. Roma e o urbanismo dunha gran urbe
TEMA 5. A cidade musulmana. Granada
TEMA 6. As cidades medievais: Lübeck e as bastides francesas
TEMA 7. As cidades italianas do Renacemento. Florencia
TEMA 8. As cidades coloniais. Santo Domingo
TEMA 9. As misións xesuíticas. La Candelaria
TEMA 10. Cidades barrocas. Roma, París e Versalles
TEMA 11. A cidade industrial. De Manchester ás cidades utópicas
TEMA 12. A cidade do século XX. A Bauhaus.
TEMA 13. O século XXI. Varia
- Benevolo, L.: Diseño de la ciudad, 5 vols., México: Gustavo Gili, 1978.
- Chueca Goitia, F.: Breve historia del urbanismo, Madrid: Alianza, 2005 (reimp.)
- García Vázquez, Carlos: Ciudad hojaldre. Visiones urbanas del siglo XXI, Barcelona, GG, 2004.
- Gravagnuolo, B.: Historia del urbanismo en Europa, 1750-1960. Madrid: Akal, 1998.
- Morris, L.: Historia de la forma urbana, Barcelona: Gustavo Gili, 1984
- Mumford, L.: La ciudad en la historia, Logroño: Pepitas de Calabaza, 2014 (reimpr.)
- Sennett, R. : Vida urbana e identidad personal, Barcelona: Península, 2001.
- VV.AA.: Resumen histórico del urbanismo en España, Madrid: Instituto de Estudios de Administración Local, 1968.
- VV.AA.: Historia del Urbanismo, 7 vols., Madrid: Instituto de Estudios de Administración Local, 1981-1985.
- VV.AA.: Vivienda y urbanismo en España, Barcelona: Banco Hipotecario de España, 1982.
- VV.AA.: Historia del urbanismo en España, 2 vols., Madrid: Cátedra, 1996-2011.
- Zoido, F. (et al.): Diccionario de urbanismo, Madrid: Cátedra, 2013.
1.- Coñecemento do fenómeno urbano ao longo da historia, desde os seus inicios ata o momento presente.
2.- Visión da cidade como fenómeno, ademais de histórico, tamén artístico e cultural.
3.- Comprensión da cidade e da forma urbana como obra de arte que ten tamén un significado patrimonial.
4.- Axudar a entender a función e significado das cidades en que nos movemos e do papel que desempeñaron na chamada "Civilización".
DOCENCIA EXPOSITIVA O TEÓRICA:
Desenvolvemento do programa de contidos teóricos en clases de asistencia obrigatoria: 32 horas.
DOCENCIA INTERACTIVA:
Clases prácticas presenciais de asistencia obrigatoria en grupos nas que se expoñerán presentacións polos alumnos sobre diferentes aspectos do urbanismo previamente acordados co profesor: 16 horas.
PRÁCTICA DE CAMPO
Práctica de campo coordinada coas restantes materias do primeiro cuatrimestre de Cuarto para visitar núcleos urbanos relevantes galegos como Santiago de Compostela, Pontevedra, Tui, Valença, Ourense. Celanova, Lugo ou outros (sempre que haxa financiamento). As devanditas prácticas terán carácter obrigatorio para todos os alumnos matriculados na materia e serán avaliables. Os destinos poderán ser modificados dentro do ámbito galego segundo as necesidades de cada unha das materias.
TITORÍAS PERSONALIZADAS
Titorías personalizadas para asesorar ao alumno en cuestións relacionadas coas clases teóricas e as presentacións das interactivas: 3 horas.
DOCENCIA VIRTUAL:
Acceso aos recursos e ferramentas de comunicación da asignatura dispoñibles na USC Virtual.
Para obter unha cualificación final o profesor basearase en varios indicadores complementarios:
-Exame obrigatorio dos temas tratados nas clases expositivas: 70 % da nota final (para aprobar a asignatura será obrigatorio realizalo o aprobalo cun mínimo de 3,5 sobre 7). Con él, valorarase a capacidade discursiva do alumno e a súa dedicación ao estudo dos contidos teóricos oficiais da materia.
-Exposición de traballos para presentar nas clases interactivas. Traballos obrigatorios de curso que os alumnos terán que realizar para seren expostos na aula: 30 % da nota final. Para aprobar a asignatura será obrigatorio realizalo, publicalo na aula virtual e aprobalo cun mínimo de 1,5 sobre 3.
A nota definitiva acádase despois de superar o 50% en cada unha das partes. En caso de non conseguilo nalguhna delas a nota final será a cualificación da parte suspendida ou non presentada .
A asistencia a clase, ao ser a avaliación continua, é obrigatoria polo que a ausencia reiterada suporá a imposibilidade de que o alumno poida ser avaliado (pasarase lista aleatoriamente).
Na oportunidade de xuño-xullo a cualificación obterase a partir dun exame de todos os contidos da materia (70% da cualificación final: para aprobar a asignatura será obrigatorio un mínimo de 3,5 sobre 7) e realizaranse traballos que se exporán oralmente previamente acordados co profesor (30% restante: para aprobar a asignatura será obrigatorio realizalo e aprobalo cun mínimo de 1,5 sobre 3).
O alumno que realice e aprobe as actividades de docencia interactiva conservará a cualificación e só terá que examinarse da materia impartida nas clases expositivas. Por outro lado, o que non realice as actividades da docencia interactiva ou as suspenda estará obrigado à realización de traballos escritos previamente indicados polo profesor.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (segundo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias) avaliarase cun examen final específico que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de traballos, probas ou exámenes será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O tempo destinado polo alumno a horas de estudo e de traballo persoal debería ser aproximadamente de 100 horas:
- Tempo de estudo da materia teórica: 50 horas
- Tempo dedicado á preparación das clases interactivas: 30 horas
- Tempo dedicado á preparación do traballo de curso individual: 15 horas
- Outras actividades en relación coa docencia e visita de campo: 5 horas
1.- Asistir regularmente a clase.
2.- Atender ás explicacións e orientacións do profesor.
3.-Consultar a bibliografía recomendada.
4.- Atender preferentemente ao estudo de conceptos e contidos antes que á simple descrición formalista das obras e imaxes a analizar.
5.- Concibir o estudo como un conxunto indisociable entre imaxe e contido, sempre na súa dimensión artística e cultural.
6.- Acceso e consulta aos contidos docentes na páxina web da USC Virtual.
Miguel Tain Guzman
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812677
- Correo electrónico
- miguel.tain [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Sabela Valcarcel Lago
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- sabela.v.lago [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Luns | |||
---|---|---|---|
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 09 |
Martes | |||
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 09 |
15.01.2025 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
23.06.2025 18:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |