Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Música
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O alumnado deberá comprender:
- Os coñecementos racionais e críticos da producción artística ó longo da Historia e das suas manifestacións nas diferentes culturas e a traverso das diversas linguaxes artísticas.
- A formación específica en diferentes campos, funcións e actividades propias do profesional da Historia da Arte.
- Cómo capacitarse para a práctica profesional que cubra as distintas demandas sociais, especialmente aquelas vencelladas o mercado laboral, de xeito que reciba o pleno recoñecemento das suas competencias profesionais.
- Cómo coñecer as características, funcións, e as liñas básicas do arte nas suas diferentes manifestacións, ó longo do discurrir histórico e no marco das distintas culturas, así como as causas primordiais desas características, funcións e evolución, incardinando sempre a obra de arte co contexto social, económico, político, ideolóxico, relixioso e individual nel que se formou, e conectándoa con outras formas de expresión artística ou manifestación cultural.
- O carácter interdisciplinar nos estudos das Humanidades e CC Sociais.
Estudos históricos sobre Música en Galicia
A Idade Media. O canto litúrxico: o rito hispano antigo e a introducción do canto gregoriano.
A Idade Media. O Códice Calixtino e a polifonía primitiva. O Pórtico da Gloria.
A lírica trovadoresca galego-portuguesa.
O Renacemento e a creación das capelas catedralicias (ss. XV-XVI)
O Barroco. Aspectos xerais. A música nas catedrais (ss. XVII-XVIII). Frei Xosé de Vaquedano
O villancico barroco. Os villancicos galegos.
O Estilo Clásico (finais XVIII). As orquestras catedralicias. Melchor López.
O século XIX. Rexurdimento e Música: de Marcial del Adalid, Juan Montes e Pascual Veiga. A canción galega para voz e piano. O xornalismo musical: José María Varela Silvari, Ramón de Arana e Indalecio Varela Lenzano.
O século XX. Dos “coros Feijóo” ós coros galegos: Aires d´a Terra. Música e Irmandades da Fala. O valor da música en el discruso de de Castelao. José Baldomir e Jesús Bal y Gay.
A música na diáspora: Cuba e Arxentina. José Castro “Chané”. Andrés Gaos e Manolo Quiroga.
A segunda metade do século XX.
Bibliografía de referencia:
López Cobas, L.: Historia de la Música en Galicia. Sarria. Ouvirmos, 2013.
Bibliografía complementaria:
Alén, M. Pilar: Historia da música galega. Cantos, cantigas e canticos. Ediciones A Nosa Terra, 1997.
Capelán, M [et al] (Eds.): Os soños da memoria documentación musical en Galicia: metodoloxías para o estudio. Museo de Pontevedra, 2012.
Capelán M., Garbayo, J (Eds.): El Universo Musical de Andrés Gaos (1874-1959). Servicio de Publicaciones da Universidade de Santiago de Compostela.
Garbayo, J: “De códices, voces y órganos: un estudio musical sobre los monasterios, conventos y colegiatas gallegos”. El protagonismo monástico a través de la historia"/ [ coordinación, José Miguel Andrade Cernadas . A Coruña. Hércules de Ediciones, 2016.
Garbayo, F. Javier: “Historiografía musical de las catedrales gallegas: más de un siglo de aportaciones y alguna acotación de futuro”. Semata. Ciencias Sociais e Humanidades, 22, 2011.
Garbayo J, Capelán, M (Eds.): Ollando o mar: música civil e literatura na Galicia Atlántica (1870-1951). Deputación de Pontevedra, 2017.
López-Calo, José: “La Música de Galicia”, en Galicia Eterna, IV. Barcelona: Nauta, 1981.
López-Calo, José: La música medieval en Galicia. Fundación Barrié de la Maza, 1982.
Villanueva, C. (Ed): O feito diferencia Galego na Música. Museo do Pobo Galego, 1998.
Villanueva, Carlos: Los villancicos gallegos. A Coruña, Fundación Barrié. 1994.
Villanueva, Carlos (Ed) El Pórtico de la Gloria. Música, Arte y Pensamiento. Universidade de Santiago, Servicio de Publicaciones, 2011 (reed).
O alumnado será capaz de.
CE-1 Propoñer, analizar, validar e interpretar modelos de situacions reáis sinxelas, utilizando as ferramentas historiográficas máis axeitadas cara os fins que se persigan.
CE-2 Aprender a desenvolver unha metodoloxía científica cara a calquera tipo de actuación e de decisión.
CE-3 Adquirir habilidades no manexo de novas tecnoloxías.
CE-4 Implicarse na actividade profesional e no compromiso coa sociedade en todo o referente á defensa e conservación do Patrimonio Musical de Galicia.
CE-5 Tomar concencia da importancia de desenvolver as capacidades de iniciativa e autocrítica.
CT-1 Sintetizar.
CT-2 Resolver problemas e tomar decisións.
CT-3 Traballar en equipo e colaborar con outros profesionais.
CT-4 Ser autocrítico.
CT-5 Desenvolver e manter actualizadas as competencias, destrezas e coñecementos.
Docencia presencial
Utilización da Plataforma virtual da materia como ferramenta usual no volcado de contidos e na interacción profesor/alumna/o e viceversa.
Clases expositivas nas que se farán o relato dos contidos teóricos básicos.
Clase interactiva na que as actividades serán prácticas, relacioadas cos contidos teóricos da materia. Utilización da audición e selección de textos como ferramentas habituáis
Titorización persoalizada presencial.
Práctica de campo en coordinación coas materias de primeiro cuatrimestre de cuarto para visitar: Pontevedra, Tui, Valença, Ourense, Celanova e Lugo (sempre que haxa financiación). Ditas prácticas terán carácter obligatorio para tódolas alumnas/os, matriculadas/os nas materias e serán avaliables. Os destinos poden ser modificardos dentro do ámbito galego, segundo as necesidades de cada unha das materias
Avaliación continua con proba específica final presencial, na seguinte porcentaxe: 70% proba online; 15% realización de dous traballos (7,5% c. u.), 15% asistencia activa na aula e interacción co profesor e as/os compañeiras/compañeiros, interacción pola plataforma virtual da matera. .
A presentación dos traballos indicados terá carácter obligatorio. Non facelo será sancioado negativamente sobre a nota final na mesma porcentaxe do seu valor (-7,5% cada un)
O alumnado ó que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (segundo a Instrucción núm. 1/2017 de Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), deberá presentar igualmente os traballos de aula (20% cada un) o que se completará con unha proba específica e presencial que suporá o 60 % da cualificación.
O art. 16 de la Normativa de evaluación do rendemento académico dos estudantes (DOG 21 de xullo de 2011) establece o siguiente: “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor.
Considerase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
Na segunda oportunidade observaranse as mesmas porcentaxes sinaladas na primeira.
Recomendacións.
Dúas horas de clase teórica semanáis
Unha hora interactiva semanal.
Recomándase manter unha titoría quincenal
Dúas horas de clase teórica semanais
Unha hora interactiva semanal
Unha titoría quincenal
Estudo persoal da materia impartida (15 horas)
Leituras, audicions e outras actividades persoais (10 horas)
Actividades participadas de preparación de traballos de aula, críticas, comentarios ou debates (15 horas)
Non se recomenda cursar esta materia sen ter superado previamente Introducción a Linguaxe Musical e Historia da Música.
Recoméndase a consulta de textos e traballos sobre Historia e Cultura de Galicia.
O alumno/a debe manteer un ritmo de traballo constante que lle permita un aprendizaxe progresivo e tammén detectar a tempo as dificultades que lle ppoidan xurdir no estudo da materia.
Débese asistir ás sesions, prestar atención e ser o máis participativo posibel. Valoraráse especialmente tanto que sexa capaz de responder as preguntas que se fagan habitualmente nas aulas, como que expoña todo aquilo que non quede claro nas explicacioes o introduza novas formulacións.
Leitura e estudo da bibliografía recomendada, unido ás audicions indicadas para cada tema.
Uso e consulta do campus virtual.
Utilización habitual das titorías persoalizadas ou colectivas, previa solicitude.
Non está permitida a utilización de teléfonos móveis, ordenadores, tablets e outros dispositivos electrónicos na aula.
Francisco Javier Garbayo Montabes
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Música
- Teléfono
- 881812711
- Correo electrónico
- javier.garbayo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ilduara Vicente Franqueira
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Música
- Correo electrónico
- ilduara.vicente.franqueira [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 09 |
Mércores | |||
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 09 |
23.01.2025 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
27.06.2025 18:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |