Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer as principais manifestacións das artes decorativas no seu desenvolvemento histórico e artístico
Comprender os fundamentos formais, técnicos e simbólicos, así como os contextos espaciais, sociolóxicos e culturais das artes decorativas
Reflexionar sobre os límites da tradicional xerarquización das artes en maiores e menores, ou belas artes e artes aplicadas ou industriais
Conectar a comprensión das artes decorativas coa tendencia de estudios de historia da arte dirixidos cara o papel da materialidade e os enfoques sobre a cultura material máis xerais
Comprender os valores estéticos e adherencias subxetivas presentes nas pezas de artes decorativas a través de enfoques como os da vida dos obxectos
Comprobar a evolución no desenvolvemento da domesticidade e o papel das artes decorativas
Os contidos que constan no descriptor da memoria do Título de grao desenvolveranse nos seguintes temas:
Unha introducción ao estudo da cultura material: A vida dos obxectos.
Tema 1. O mundo antigo. 1.1. Exvotos: os grandes santuarios da Antigüidade como lugares de de intercambio cultural. 1.2. Homero e a memoria do pasado micénico. 1.3. Os grandes templos gregos na descripción de Pausanias. 1.4. Espazo e xénero: interiores domésticos e mobiliario. 1.5. Olladas á vida na Atenas clásica na cerámica de figuras negras e vermellas. 1.6. Riquezas de Persia e Exipto: as cortes cosmopolitas do mundo helenístico. 1.7. Do Lacio agreste ao luxo dunha metrópole: cambios na domus romana durante a época republicana. 1.8. O otium patricio e a vida cotiá: aprendendo das ruinas de Pompeia e Herculano. 1.9. Excesos imperiais: a Domus Aurea de Nerón. 1.10. Mármore: a presenza de Roma. 1.11. As cores de Plinio: unha pequena historia da pintura romana.
Tema 2. A Idade Media. 2.1. Ruinas: Spolia e reutilización. 2.2. Autómatas e prodixios nos espazos palaciais bizantinos. 2.3. O interior dos templos en Bizancio e no Occidente europeo: mobiliario litúrxico e ornamenta sacra. 2.4. Comercio e diplomacia: a circulación de obxectos de luxo, de Asia Central á Europa atlántica. 2.5. Os camiños do marfil na economía global medieval. 2.6. Os tecidos preciosos e os seus significados na escenografía do poder. 2.7. Ceremoniais de coronación rexios: escenarios e obxectos en Reims, Burgos e Palermo. 2.8. A arte do tapiz, do bordado de Bayeux ao conxunto da Dama e o Unicornio. 2.9. Hibridización cultural nas cortes ibéricas: repensando a decoración mudéjar. 2.10. Os interiores das casas burguesas a través da pintura flamenca.
Tema 3. Época Moderna. 3.1. Renacemento. Italia. Novas pautas e refinamentos na decoración de interiores dos palazzi. Mobiliario artístico. Os cassoni. Século XVI. División entre belas artes e artes decorativas. Cidades do luxo: Roma e Venecia. España e o mobiliario do Século de Ouro. 3.2. Barroco en Francia. Louis XIV: un estilo propio e producións nacionais nas artes e decoración de interiores. Mobiliario barroco e coleccionismo: os cabinets. Importación de obxetos orientais. Mobles lacados. A domesticidade burguesa. Holanda no século XVII. 3.3. Século XVIII en Francia. Louis XV: a Corte en París e a evolución cara o Rococó. Mobiliario rococó: feminidade e novo ideal de confort. Vendedores especializados e mercado capitalista para os obxetos artísticos. Imperios de porcelana. Primeiras imitacións dos productos de luxo. Críticas as chinoiseries.
Tema 4. Época Contemporánea. 4.1. Do Neoclasicismo ao estilo Imperio. 4.2. Historicismos e eclecticismo na época victoriana. As mulleres como consumidoras das artes decorativas. 4.3. Ideario e producións do movemento Arts and Crafts. As exposicións universais e os primeiros museos de artes decorativas. O xaponismo. 4.4. Art Nouveau: a aspiración ao control estético total e os seus críticos. Modernismos franco-belga, xeométrico de Mackintosh e Secession austríaca. 4.5. Primeira metade do século XX. A renovación das vangardas. O deseño industrial na Bauhaus. Movemento Moderno. 4.6. Estilizacións e luxo: o Art Déco. Organicismos. 4.7. Segunda metade do século XX. Neovangardas. O modelo italiano de colaboración cos fabricantes. Deseño escandinavo. Deseños futuristas e Pop. 4.8. Deseño posmoderno. Últimos anos: globalización, deseños performativos e identidades.
Bibliografía básica (os libros marcados con * se considerarán, en caso de necesidade, como manuais da asignatura)
ÁLVARO ZAMORA, M. I., “Artes Decorativas”, en Introducción General al Arte (Colección Fundamentos, nº 64), Madrid, Istmo, 1994, pp. 279-497.
BARTOLOMÉ ARRAIZA, A. (Coord.), Las Artes Decorativas en España. Artes Decorativas I y II. Summa Artis, vol. XLV. Espasa-Calpe, Madrid, 1999.
*BONET CORREA, A. (Coord.), Historia de las artes aplicadas e industriales en España. Cátedra, Madrid, 1994.
FLEMING, J. y HONOUR, H., Diccionario de las artes decorativas. Alianza Editorial, Madrid, 1987.
*TILLEY, Ch., Handbook of Material Culture, Londres, Sage, 2006.
*LUCIE-SMITH, E., Breve historia del mueble, Ed. del Serbal, Barcelona, 1980.
*MACGREGOR, N., A History of the World in 100 Objects, Londres, Penguin, 2012.
*McCORQUODALE, CH., Historia de la decoración. Ed. Stylos, Barcelona, 1985.
Bibliografía específica (acceso a bibliografía completa no Campus Virtual)
-BELOZERSKAYA, M., Luxury Arts of the Renaissance, J. Paul Getty Museum, Los Angeles, 2005.
-BRENDA, M., SPARKE, P., Women's places: Architecture and design 1860-1960, Routledge, 2003.
- CHIEFFO RANGUIN, V., K. BRUSH, y P. DRAPER, eds., Artistic Integration in Gothic Buildings, University of Toronto Press, Toronto, 1995.
- DARDI, D., PASCA, V., Design History Handbook (Design and Designers), Silvana Editoriale, Milano, 2019.
- EXTERMANN, G., VARELA BRAGA, A. (eds.), Splendor Marmoris. I colori del marmo, tra Roma e l'Europa, da Paolo III a Napoleone III, De Luca editori d'Arte, 2006.
- GREENHALGH, P., ed., Art Nouveau, 1890-1914, V&A Museum, London, 2000.
- GREENHALGH, M., Marble Past, Monumental Present: Building with Antiquities in the Medieval Mediterranean, Brill, Leiden-Boston, 2009.
- GRUBER, A. (Dir.), Las Artes Decorativas en Europa. Del Renacimiento al Barroco. Summa Artis, vol. XLVI-I, Espasa-Calpe, Madrid, 2000 (L'Art décoratif en Europe. Classique et Baroque, 1630-1760, Citadelles, 1992).
- HUNT, T., The Lives of the Objects, V&A, 2019.
- Images in Ivory: Precious Objects of the Gothic Age, Princeton University Press, Princeton, 1997.
- KEANE, B. C., Towards a Global Middle Ages: Encountering the World Through Illuminated Manuscripts, J. P. Getty Museum, Los Angeles, 2019.
- LOOS, A., Ornamento y delito y otros escritos. Gustavo-Gili, Barcelona, 1972.
- MARTIN, Th., The Medieval Iberian Treasury in the Context of Cultural Interchange, Brill, Leiden-Boston, 2020.
- MUTHESIUS, S., The Poetic Home. Designing the 19th Century Domestic Interior, Thames and Hudson, 2009.
- McNEIL, P., RIELLO, G., Luxury. A Rich History, Oxford University Press, 2016.
- Medieval Tapestries in the Metropolitan Museum of Art, MET, New York, 1993.
- NEER, R. T., Art & Archaeology of the Greek World (second edition), Thames & Hudson, London, 2019.
- PLINIO, Textos de Historia del Arte, ed. E. Torrego, Antonio Machado Libros, Madrid, 2001.
- RICE, Ch., The Emergence of The Interior: Architecture, Modernity, Domesticity, Routledge, 2006.
- RUGGLES, D. F., ed., Islamic Art & Visual Culture: An Anthology of Sources, Wiley-Blackwell, Oxford, 2011.
- RYBCZYNSKI, W., La casa. Historia de una idea, Nerea, Madrid, 1989.
-TORRENT, R. y MARÍN, J. M., Historia del Diseño Industrial. Cátedra, Madrid, 2005.
-Vestiduras ricas: El Monasterio de Las Huelgas y su época, 1170-1340, Patrimonio Nacional, Madrid, 2005.
- THORNTON, P., Authentic Decor: The Domestic Interior 1620-1920, Viking, 1984.
Competencias xenéricas:
Capacidade para sintetizar información a partir de distintas fontes, tanto escritos teóricos como publicacións de investigación e artigos de prensa, así como fontes gráficas
Capacidade para traballar en grupo colaborando na achega de propostas para os casos de estudo e comentarios expostos
Acceso e manexo dos contidos e recursos sobre artes decorativas dispoñibles nas webs dos principais museos e na internet
Competencias específicas:
Manexar correctamente a terminoloxía histórico-artística referida ás artes decorativas
Capacidade para relacionar os contextos sociais, culturais e estéticos coa evolución e características específicas das artes decorativas
Capacidade para integrar o desenvolvemento das artes decorativas nas tendencias e gustos estéticos de cada período
Docencia expositiva ou teórica: desenvolvemento do programa de contidos teóricos a través da metodoloxía de clase participativa. Para unha mellor comprensión destes conceptos, xunto coa bibliografía recomendada no apartado correspondente, o estudante disporá de material docente complementario que será proporcionado polo profesor e que estará accesible na aula virtual da materia
Docencia interactiva ou práctica: clases interactivas presenciais e/ou mixtas a desenvolver con traballos individuais. Haberá varias modalidades de traballos, como os orientados a análise das artes decorativas a partir de textos -Pausanias, Plinio, Alberti, Ruskin, Morris, Loos…-, da súa representación en pintura – caso das escenas ambientadas en interiores -, ou cinema -cine histórico-, pero tamén comentarios de pezas de artes decorativas e mobiliario en museos de referencia ou coleccións pertecentes a museos, palacios e casas museo, integradas nestes últimos casos nun mesmo ambiente interior orixinal (ambiente de época ou dun propietario específico).
No horario asignado de interactivas desenvolveranse diferentes actividades para comentario e corrección en grupo dos traballos individuais. Os traballos entregaranse en PDF, a subir no Campus Virtual durante as diferentes semanas de sesións interactivas. A realización, entrega e asistencia para o comentario nas clases destes traballos individuais de curso e condición indispensable para superar a materia na primeira oportunidade salvo nos casos de dispensa académica. Se o desenvolvemento das tareas dos traballos individuais non fora satisfactorio en canto a continuidade das entregas ou calidade das mesmas ou asistencia aos comentarios, os alumnos poderán ser derivados cara a opción de exame final como único criterio de avaliación. A calificación mínima a acadar nos traballos de interactivas semanais para poder superar a materia será un 3. A non asistencia aos comentarios nas clases das interactivas cargadas no Campus Virtual conlevará unha penalización na puntuación, que non poderá ser a puntuación completa. A calificación mínima na proba de exame para superar a materia sumando ás calificacións das interactivas será un 2.
Campus virtual
Acceso aos recursos e ferramentas de comunicación da materia dispostas na USC Virtual. Acceso ás imaxes explicadas nas clases expositivas inseridas na USC Virtual.
Práctica de campo
Visita a algún museo ou exposición en Galicia na primeira quincena de maio de 2025. Como alternativa se contempla a visita a algún museo ou exposición de ámbito estatal con interese pola presenza de pezas ou coleccións de obxetos, artes decorativas e mobiliario; neste caso a práctica de campo realizarase conxuntamente con outras materias afíns do grao, coa previsión de facerse entre abril a maio de 2025.
A avaliación da aprendizaxe nesta materia comprende o proceso semanal de traballos máis unha proba final. Polo tanto é un sistema de avaliación continua combinado con proba ou exame final, baseado principalmente na realización, entrega e comentario duns traballos de curso individuais e obrigatorios. Non será posible superar a asignatura na primeira oportunidade de non ter realizado, entregado e participado no comentario dos traballos de curso e as actividades desenvoltas semanalmente nas clases interactivas, agás os casos de dispensa de asistencia. A superación da materia na segunda oportunidade será exclusivamente mediante avaliación por exame, salvo situacións excepcionais e xustificadas.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (segundo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), será avaliado cunha proba final específica que suporá o 100% da cualificación.
No caso de que algún estudante non puidese cumprir na primeira oportunidade da convocatoria cos requisitos establecidos para a avaliación continua, previa xustificación das razóns da imposibilidade, fixarase un procedemento singularizado, para poder cubrir esa parte da valoración final, a través de traballos individuais ou lecturas que o profesor lle indicará, e que deberán de ser entregados coa debida antelación para proceder á súa corrección, alomenos 15 días antes da data de peche de actas da segunda oportunidade.
Como criterio xeral, para a superación da materia pola avaliación continua coa realización de traballos individuais a cualificación mínima a acadar cos traballos semanais será de 3, sen que as faltas nas asistencias presenciais a clase sexan superiores ao 30% do total previsto. Se o desenvolvemento das tareas dos traballos individuais non fora satisfactorio en canto a continuidade, calidade e comentario das entregas semanais, os alumnos que non cumplan uns requisitos mínimos poderán ser derivados, previa notificación do profesor, cara a opción de exame final como único criterio de avaliación. A calificación mínima na proba de exame para superar a materia sumando ás calificacións das interactivas será un 2.
A avaliación continua xunto co exame terá un peso do 100 % da cualificación final, cunha desagregación de:
-Realización, entrega e comentario dos traballos de curso: 60%
-Exame obrigatorio: 40%
Como rúbrica de avaliación orientativa dos traballos de curso e outras posibles tarefas alternativas realizadas e entregadas se propón a siguiente baremación: Entregas cumplindo plazos semanas e con asistencia (0-1 puntos) - Caracterización espacial e funcional (0-2 puntos) - Manexo de terminoloxía específica (0-1 puntos) – Análise material e técnico de elementos e pezas (0-2 puntos) -Dimensións socioculturais e simbólicas (0-2 puntos) – Materiais complementarios aportados (0-2 puntos).
Nos casos de realización non satisfactoria dos traballos individuais, ou de reiteradas faltas de asistencia durante o desenvolvemento das clases interactivas será posible a derivación dos alumnos cara o sistema de avaliación por proba final exclusivamente contemplado para casos de dispensa de asistencia.
Plaxios nos traballos de curso:
Para os casos de realización fraudulenta de traballos ou probas con impacto na calificación será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións da USC (2011). A redacción parcial ou total de traballos de curso empregando IA será considerada como plaxio.
Tempo de estudio e traballo total: 150 horas
- Tempo dedicado a clases presenciais: 51 horas
- Tempo de estudio da materia teórica: 50 horas
- Tempo adicado á preparación das clases interactivas: 30 horas
- Tempo adicado á preparación do traballo de curso: 15 horas
- Outras actividades en relación coa docencia interactiva e presencial (visita de campo, titorías, etc.): 4 horas
Asistencia e participación nas clases expositivas e interactivas. Realización das diferentes prácticas interactivas semanais. Realización do traballo de curso. Consulta da bibliografía. Acceso e consulta aos contenidos docentes na páxina web da USC Virtual. Consultas nos horarios de titorías presenciais e a través de titoría virtual dentro da USC Virtual.
A asistencia ás sesións de clases expositivas e interactivas é fundamental para a superación da materia. Os estudiantes terán que realizar todas as actividades propostas ou compensatorias para superar con éxito a materia.
Actividades formativas. Recoméndase a inscrición nos cursos de Competencias da Información que oferta a Biblioteca do centro.
O material docente comentado nas clases expositivas e a bibliografía estarán a disposición dos estudiantes na aula do Campus Virtual da USC. É posible que se programen con antelación actividades alternativas para o desenvolvemento da materia.
Para os casos de realización fraudulenta de traballos ou probas con impacto na calificación será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións da USC.
Jesus Angel Sanchez Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812597
- Correo electrónico
- jesusangel.sanchez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Rosa Maria Rodriguez Porto
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Sabela Valcarcel Lago
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- sabela.v.lago [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 07 |
Mércores | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 07 |
22.05.2025 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
01.07.2025 18:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |