Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 111.2 Horas de Titorías: 1 Clase Interactiva: 0.3 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega, Historia da Arte, Xeografía, Ciencias da Comunicación, Filoloxía Inglesa e Alemá, Ciencia Política e Socioloxía, Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana, Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Historia, Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa, Historia da Arte, Xeografía Humana, Comunicación Audiovisual e Publicidade, Xornalismo, Filoloxía Inglesa, Socioloxía, Filoloxía Francesa, Filoloxía Latina, Lingua Española, Lingüística Xeral, Literatura Española, Teoría da Literatura e Literatura Comparada, Ciencias e Técnicas Historiográficas, Historia Antiga, Historia Contemporánea, Historia Medieval, Historia Moderna, Antropoloxía Social, Filosofía, Filosofía Moral
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Tal e como recolle o Real decreto 292/2014, do 11 de xullo, polo que se regulan as prácticas académicas externas dos estudantes universitarios, as prácticas externas teñen como obxectivos principais:
a) Contribuír á formación integral dos estudantes complementando a súa aprendizaxe teórica e práctica.
b) Facilitar o coñecemento da metodoloxía de traballo adecuada á realidade profesional en que os estudantes deberán operar, contrastando e aplicando os coñecementos adquiridos.
c) Favorecer o desenvolvemento de competencias técnicas, metodolóxicas, persoais e participativas.
d) Obter unha experiencia práctica que facilite a inserción no mercado de traballo e mellore a súa empregabilidade futura.
e) Favorecer os valores da innovación, a creatividade e o emprendemento
Así, as prácticas do Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural teñen como obxectivo xeral a formación do alumnado nalgún dos aspecto na xestión de comunicación cultural e a súa difusión desenvolvidos no seu plan de estudos.
As prácticas académicas externas curriculares son prácticas integradas no sistema de créditos da titulación, recoñecidas como 4,5 ECTS pertencentes ao módulo optativo dos estudos de Grao, e, por tanto, computan para a obtención do título.
A convocatoria de prácticas externas para o Grao publicarase anualmente na páxina web da Facultade de Humanidades e no taboleiro electrónico da Sede Electrónica a principios de curso. As institucións participantes e o nº de prazas que oferta cada unha coñecerase en dita convocatoria por estar supeditado ás ofertas que faga cada entidade. No caso de haber vacantes tras a convocatoria ordinaria, poderán adxudicarse por orde de solicitude fóra de dito prazo xeral.
Toda a información relativa aos programas formativos que se desenvolven nas entidades publicarase coa convocatoria anual.
A bibliografía básica e complementaria será aportada durante a realización das prácticas atendendo ás diferentes tarefas formativas que oferta cada centro de prácticas.
BÁSICAS:
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
XENERAIS:
CG2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro das áreas da Humanidades e da Cultura
TRANSVERSAIS:
CT1 - Capacidade de uso correcto e coherente dunha lingua estranxeira en situacións comunicativas diversas
CT2 - Redacción adecuada de textos, coa correspondente presentación formal axustada aos parámetros hoxe imperantes nos
procesadores informáticos.
CT3 - Habilidade no uso das novas tecnoloxías.
ESPECÍFICAS:
CE7 - Coñecer o funcionamento das novas formas de acceder, apropiarse e transmitir información.
CE8 - Habilidade na xestión de comunicación cultural e a súa difusión por todas as canles de distribución do ámbito literario, musical e audiovisual.
CE9 - Adquirir a capacidade e o espírito emprendedor que propicien a creación e impulso de proxectos culturais, comunicativos e educativos.
Segundo establece o artigo 7 da Normativa USC de prácticas externas en empresas e institucións (Acordo do Consello de Goberno do 29 de xullo de 2015), o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural conta coas seguintes figuras para a orientación e titorización das prácticas externas:
1. Un coordinador ou coordinadora de prácticas. A súa misión é a de incentivar a participación de empresas, entidades e estudantes no programa de prácticas, coordinar todo o proceso, participar na designación e asignación de titores/as e coordinar o seguimento e avaliación das prácticas.
2. Un/ha titor/a académico/a asignado/a a cada estudante que será un/ha docente da titulación para cada práctica ofertada. A súa misión é facer un seguimento máis directo da práctica, dar resposta ás expectativas formativas establecidas, asegurar o seu correcto desenvolvemento e avalialo de acordo co proxecto formativo e cos criterios de avaliación establecidos na programación da materia
3. Un/ha titor/a profesional na entidade colaboradora onde realice as prácticas. Será a persoa responsable de aplicar o plan de formación previsto e elaborar os informes de valoración que lle sexan solicitados sobre o traballo desenvolvido polo estudante.
Unha vez que a adxudicación das prazas sexa comunicada ao alumnado e a praza sexa aceptada por este, o/a estudante contactará co seu/súa titor/a académico/a quen lle facilitará toda a información necesaria para comezar as prácticas na entidade. Tamén se porá en contacto co/a titor/a profesional para acordarenos horarios e a data de incorporación a entidade/empresa.
Cando o/a estudante dispoña do seu horario e dun plan de actividades ratificados entre o titor/a académico/a e o/a titor/a profesional, estará en disposición de organizar o seu calendario e de planificar as tarefas relacionadas co plan formativo da entidade en relación coa súa titulación. O/A estudante dedicará 112,5 horas á realización das prácticas externas.
Unha vez rematado o período de prácticas, o/a estudante remitiralle ao/á titor/a académico/a unha memoria final segundo o modelo de memoria de prácticas facilitado na páxina web da Facultade. O/A titor/a académico/a será quen se encargue de realizar a avaliación.
O sistema de avaliación para a primeira oportunidade consta dos seguintes apartados:
a) Memoria de prácticas do estudante: 40% da cualificación
b) Informe do titor/a profesional: 60% da cualificación.
Na segunda oportunidade presentarase unha nova memoria de prácticas, que supoñerá o 40% da cualificación. O 60% restante da cualificación será a xa outorgada polo informe do/a titor/a profesional para a primeira oportunidade.
Na Memoria de verificación do Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural atribúeselle a cada crédito un valor de 25 horas de traballo do/a estudante, polo que ás prácticas externas, materia de 4,5 créditos, correspóndenlle 112,5 horas de dedicación. O/A estudante dedicará 102,5 horas á realización de actividades na entidade e 10 horas á redacción da memoria final.
Recoméndase ao alumnado que consulte na web da Facultade a sección de Prácticas externas.