Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
O obxectivo da materia historia de España é a presentación, análise e discusión das grandes transformación ocorridas en España no período de tempo que se estende entre o século XVI e a consolidación democrática e o nacemento do estado das autonomías (s. XX). Preténdese que o alumnado consiga unha comprensión da xénese e desenvolvemento dos principais procesos históricos que ten vivido a sociedade española, que atenda á multicausalidade e que coñeza os conceptos fundamentais que definen a evolución espazo-temporal dos mesmos co obxecto de asimilar unha visión plural e crítica da conformación da sociedade, a economía, o sistema político e a cultura no momento actual. Dous obxectivos máis específicos serán, por unha parte, conseguir que o alumno se achegue aos contidos xerais da materia a partir do coñecemento de conceptos e correntes intelectuais da Historiografía e por outra parte, prestar atención aos procesos de democratización e construción da cidadanía.
Os contidos da materia organízanse arredor de dous eixos temáticos. O primeiro deles céntrase no coñecemento da Historia de España na idade moderna, en concreto veranse en detalle as estruturas da economía e da sociedade, as manifestacións culturais (Renacemento, Barroco e Ilustración) e os procesos políticos acontecidos en España ao longo dos séculos XVI-XVIII. O segundo dos eixos da materia consiste na presentación e análise dos debates e temas centrais que plantexa o estudo do período de tempo que se estende entre finais do século XVIII e a actualidade. Preténdese especialmente que o alumnado adquira unha visión axeitada da xénese e desenvolvemento histórico dos principais procesos que se relacionan máis directamente coa configuración actual de España (formación da democracia, xurdimento e evolución do problema nacional, articulación económica do país no contexto internacional), de acordo co seguinte programa:
BLOQUE I. HISTORIA MODERNA DE ESPAÑA
1. Poboación, economía e sociedade
2. Institucións e política na España do Antigo Réxime
3. Cultura española e pensamento moderno
BLOQUE II. HISTORIA DE ESPAÑA CONTEMPORÁNEA
1. As culturas políticas da España Contemporánea
2. A sociedade liberal: cidadanía e cultura
3. A construción da España democrática. Da "cultura do medo" á acción colectiva.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA XERAL
PEREZ, J., Historia de España. Barcelona: Crítica, 2000.
TUSELL, J.; MARTÍN, J. L.; MARTINEZ SHAW, C., Historia de España, 2 vol. Madrid: Taurus, 2001.
VALDEÓN, J.; PEREZ, J.; JULIÁ, S., Historia de España. Madrid: Austral, 2003.
VIDAL, P., Historia de España. Barcelona: Crítica, 2008.
BIBLIOGRAFÍA ESPECÍFICA BLOQUE I
BUSTOS RODRÍGUEZ, M., Época moderna: de la monarquía hispánica a la crisis del Antiguo Régimen. Madrid, Silex, 2007.
FLORISTÁN, A. (coord.), Historia de España en la edad moderna, Ariel, 2004.
GARCÍA CÁRCEL, R., La España Moderna: siglos XVI y XVII, Vol. 3, Madrid, 1993
GARCÍA-BAQUERO GONZÁLEZ, A. et alii, El reformismo borbónico (1700-1789), Barcelona, 1988.
MARCOS MARTÍN, A., España en los siglos XVI, XVII y XVIII. Barcelona, 2000.
MARTÍNEZ RUIZ, E. et alii., La España Moderna, Madrid, Istmo, 1992.
RODRÍGUEZ GARCÍA, J; y CASTILLA SOTO, J; Diccionario de términos de Historia de España. Edad Moderna. Barcelona, 1998.
BIBLIOGRAFÍA ESPECÍFICA BLOQUE II
BARRIO ALONSO, A., La modernización de España (1917-1939): política y sociedad, Madrid, Síntesis, 2004
BERNECKER, W., España entre tradición y modernidad: política, economía, sociedad: (siglos XIX y XX), Madrid, Siglo XXI, 1999
CASANOVA, J., República y Guerra Civil, Barcelona, Crítica, 2007
GRACIA, J.; RUIZ CARNICER, M.A., La España de Franco (1939-1975). Cultura y vida cotidiana, Madrid, Síntesis, 2004
URÍA, J., La España liberal (1868-1917). Cultura y vida cotidiana, Madrid, Síntesis, 2008
Competencias xerais:
1) Que os estudantes posúan os coñecementos básicos relativos á área de Historia de España derivados da educación secundaria e que sexan capaces de amplialos e desenvolvelos mediante o contacto con textos especializados e acercamentos recentes (CG1)
2) Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da Historia de España (CG2).
3) Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (relativos aos contidos da historia de España) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética (CG3).
4) Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado como non especializado (CG4).
5) Que os estudantes teñan desenvolto aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía (CG5).
Competencias transversais:
1) Redacción adecuada de textos, coa correspondente presentación formal axustada aos parámetros hoxe imperantes nos procesadores informáticos (CT2).
2) Habilidade no uso das novas tecnoloxías (CT3)
Competencias específicas:
1) Adquisición de coñecementos profundos acerca da Historia de España (CE4).
2) Capacidade de elaboración de comentarios razoados e críticos de obras e textos relacionados coa historia de España (CE5).
3) Habilidade na elaboración, redacción e presentación dun traballo escrito de iniciación elemental á investigación (CE6).
Esta materia está afectada polo proceso de extinción da oferta do título. Por este motivo só pode matricularse nesta materia o alumnado que xa o fixese en cursos anteriores, tendo dereito a titorización e avaliación pero non a docencia lectiva.
A metodoloxía da ensinanza será, pois, de carácter titorial. Ao longo do curso o alumnado matriculado poderá e deberá concertar sesións de titoría co docente para clarexar calquera aspecto da materia e da súa avaliación.
1ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
2ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
18 contact hours of lectures of which:
- Classroom sessions volunteer assistance: 15 hours
- Final exam: 3 hours
132 hours of study and independent work of students
Total estimated hours: 150
Tendo en conta a extensión e relativa complexidade dos contidos da materia e o seu carácter obrigatorio recoméndase dedicar un tempo cotián á súa preparación, que debería facerse recorrendo á lectura e realización de esquemas que permitan unha ordenación e xerarquización dos contidos para facilitar o seu estudo e asimilación. Do mesmo xeito, é case imprescindible a lectura da bibliografía de apoio xeral e da específica que aporte o profesor co programa para obter unha visión máis completa da que é posible ofrecer nas sesións presenciais. Tamén é recomendable o manexo de atlas históricos, dicionarios especializados e outras fontes informativas editadas ou dixitais.
É conveniente así mesmo a realización persoal polo alumno de comentarios de textos, gráficas, táboas estatísticas, etc., para obter un dominio desta disciplina e unha mellor comprensión dos contidos da materia. É frecuente que caia na paráfrase ou ben que se esqueza por completo dos textos e redacte o tema, que é un calco dos apuntamentos recibidos. O alumno debe aprender a organizar os datos que se lle ofrecen e a os estruturar e explicar debidamente.
Na realización dos traballos bibliográficos e das actividades prácticas obrigatorias convén coidar tanto a expresión como a presentación no aspecto formal, do mesmo xeito que a creatividade persoal e o rigor científico.
Ana Cabana Iglesia
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Correo electrónico
- ana.cabana [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
28.05.2025 10:00-12:30 | Grupo de exame | Aula 12 |
02.07.2025 10:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 12 |