Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Habilitar o alumnado para comprender a configuración do complexo sistema cultural galego e as relacións entre os seus diferentes actores.
Avaliar o mercado da cultura en Galicia e os factores que o compoñen.
Capacitar o estudantado para comprender as políticas en materia cultural e coñecer a súa evolución histórica no caso galego.
Os contidos do curso xirarán arredor do estudo e capacitación dos elementos que integran a estrutura do sistema cultural de Galicia e dos seus principais actores.
1.-Contidos teóricos
Os contidos teóricos versarán sobre os conceptos básicos da estrutura, dos modelos organizativos, da relación entre os distintos actores e das características da estrutura do sistema cultural de Galicia.
2.-Contidos prácticos
Os contidos prácticos xirarán arredor da análise de iniciativas dos actores da estrutura do sistema cultural de Galicia.
3.-Temas do programa
3.1.-Os diferentes sectores culturais
-Orixe e evolución
-Trazos definitorios e diagnose actual
3.2.-As políticas culturais en Galicia
-O papel das diferentes administracións e o gasto en Cultura
-Emprego e acción exterior
3.3.-O asociacionismo cultural
-Orixe e evolución
-Desafíos actuais
3.4.-Feminismo e cultura
-Orixe e evolución
-A situación da muller na cultura galega
3.5.-Características da estrutura actual do sistema cultural en Galicia
-Signos positivos e negativos
-Retos de futuro
1.-Bibliografía básica
VV.AA (2018): Diagnose da cultura galega. Datos para unha estratexia cultural no século XXI. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Dispoñible en: http://consellodacultura.gal/publicacion.php?id=4315
2.-Bibliografía complementaria
BUSTAMANTE, E. (Ed.) (2011): Industrias creativas: amenazas sobre la cultura digital. Barcelona: Gedisa.
BUSTAMANTE, E. (Coord.) (2003): Hacia un nuevo sistema mundial de comunicación: industrias culturales en la era digital. Barcelona: Gedisa.
BUSTAMANTE, E. (Coord.) (2002): Comunicación y cultura en la era digital: industrias, mercados y diversidad en España. Barcelona: Gedisa.
FREIXANES, V. e MEIXIDE, A. (2010): O Capital da Cultura: unha achega ás industrias culturais de Galicia.CIEF, Fundación Caixa Galicia.
GARCÍA CANCLINI, N. (1997): Cultura y Comunicación: entre lo Global y lo local. Buenos Aires. Universidad Nacional de La Plata.
MOSCO, V. (2009): Economía política de la comunicación. Reformulación y renovación. Barcelona: Bosch Comunicación.
REIG, R. (2010): Industrias creativas: amenazas sobre la cultura digital. Sevilla-Zamora: Comunicación Social.
ZALLO, R. (2011): Estructuras de la comunicación y de la cultura. Políticas para la era digital. Barcelona: Gedisa.
VV.AA (2011): Reflexión estratéxica sobre a cultura galega. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Competencias:
1-Coñecer o funcionamento das novas formas de acceder, apropiarse e transmitir información e a maneira na que operan no contexto cultural galego.
2-Habilidade na xestión de comunicación cultural e a súa difusión por todas as canles de distribución do ámbito literario, musical e audiovisual presentes no sistema cultural de Galicia.
3-Adquirir a capacidade e o espírito emprendedor que propicien a creación e impulso de proxectos culturais, comunicativos e educativos, tomando en conta os actores e os condicionantes propios do sistema cultural de Galicia.
Esta materia está afectada polo proceso de extinción da oferta do título. Por este motivo só poden matricularse nesta materia o alumnado que xa o fixese en cursos anteriores, tendo dereito a titorización e avaliación, pero non a docencia lectiva.
A metodoloxía da ensinanza será, pois, de carácter titorial. Ao longo do curso o alumnado matriculado poderá e deberá concertar sesións de titoría coa docente para clarexar calquera aspecto da materia e da súa avaliación.
Nesta modalidade semipresencial este proceso de titorización e contacto entre a docente e o alumnado realizarase a través da aula virtual da materia e a través de MSTeams.
1ª OPORTUNIDADE: neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación farase exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e que se realizará na data estabelecida pola Secretaría da facultade.
2ª OPORTUNIDADE: neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación farase exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e que se realizará na data estabelecida pola Secretaría da facultade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificación"
Clase Expositiva: 24.00
Clase Interactiva Seminario: 24.00
Traballo do Alumno ECTS: 99.00
Seguimento da actualidade a través dos medios de comunicación, seguimento das actividades programadas e seguimento do material que se actualizará no campus virtual da USC.
PLAN DE CONTINXENCIA
En todos os escenarios a bibliografía obrigatoria estará dispoñible para o alumnado a través do Campus Virtual.
ESCENARIO 2 (Distanciamento)
Ao ser unha materia da modalidade semipresencial, a organización da actividade docente e os recursos xa están adaptados a este escenario.
CONTIDOS
Na medida do posible manteranse os contidos previstos para o escenario 1 que figuran no programa.
METODOLOXÍA DA ENSINANZA
A sesión semanal de carácter presencial impartirase ou ben na aula ou unicamente por streaming a través de ferramentas corporativas, como MS Teams, en virtude da decisión que adopte o centro no seu momento.
As titorías serán telemáticas, a través do correo electrónico, do foro do campus virtual ou ben por Teams.
Todas as actividades formativas serán entregadas a través do campus virtual.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
O sistema de avaliación será o mesmo que se recolle no correspondente apartado do programa (previsto para o escenario 1). A diferenza estará en que no escenario 2 o exame se realizará telematicamente a través do Campus Virtual.
ESCENARIO 3 (Peche das instalacións)
CONTIDOS
Na medida do posible manteranse os contidos previstos para o escenario 1 que figuran no programa
METODOLOXÍA DA ENSINANZA
A docencia será completamente virtual. Utilizaranse as ferramentas corporativas para a docencia "en remoto" (Campus Virtual, MS Teams,...) para o desenvolvemento do labor docente e para establecer canles de comunicación fluída co alumnado. A sesión semanal de carácter presencial impartirase a través de ferramentas corporativas como MS Teams.
As titorías serán telemáticas, a través do correo electrónico, do foro do campus virtual ou ben por Teams.
Todas as actividades que requiran elaboración escrita serán entregadas a través do Campus Virtual.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
O sistema de avaliación será o mesmo que se recolle no correspondente apartado do programa (previsto para o escenario 1). A diferenza estará en que no escenario 3 o exame se realizará telematicamente a través do Campus Virtual.
MOI IMPORTANTE:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Marta Veiga Izaguirre
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- martav.izaguirre [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
20.05.2025 16:00-18:30 | Grupo de exame | Aula 12 |
24.06.2025 16:00-18:00 | Grupo de exame | Aula 12 |