Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Matemáticas, Estatística, Análise Matemática e Optimización
Áreas: Álxebra, Xeometría e Topoloxía, Análise Matemática
Centro Facultade de Matemáticas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Familiarizarse cos conceptos, métodos e cuestións matemáticas clásicas e a súa contextualización no panorama matemático actual.
2. Coñecer algunhas liñas relevantes de investigación actuais en matemáticas.
3. Familiarizarse coas aplicacións e a utilidade das matemáticas en distintos ámbitos.
Estudarase a evolución histórica e o estado actual dalgúns conceptos matemáticos, facendo especial fincapé nos problemas matemáticos e liñas de investigación actuais relevantes así como nas aplicacións a distintas ciencias (Arte, Arquitectura, Bioloxía, Ciencias Sociais, Enxeñería, Física, Informática, Música, Química, Bioinformática) e en matemáticas.
Organizaranse varias conferencias que poderán versar, entre outros, sobre os seguintes temas:
• Xeometría Alxébrica
• Teoría de Números
• Métodos computacionais en Álxebra
• Xeometría diferencial e as súas aplicacións á Física
• Topoloxía
• Sistemas dinámicos continuos e discretos
• Teoría cualitativa de ecuacións diferenciais
• Análise Funcional
Bibliografía básica.
Ninguna
Bibliografía complementaria.
V. ARNOLD, M. ATIYAH, P. LAX, B. MAZUR, (Eds.) Mathematics: Frontiers and perspectives, American Mathematical Society, 2000.
J. CARLSON, A. JAFFE, A.WILES (Eds.) The Millennium Prize Problems, Clay Institute/American Mathematical Society, 2006.
B. ENGQUIST, W. SCHMID, Mathematics Unlimited 2001 and Beyond: 2001, Springer, 2001.
G. TEMPLE, 100 years of mathematics, Duckworth, 1981. https://link.springer.com/book/10.1007/978-3-642-56478-9
R. WILSON, J. GRAY, Mathematical conversations, Selections from the Mathematical Intelligencer, Springer, 2001. https://link.springer.com/book/10.1007/978-1-4613-0195-0
Bases de datos de Zentralblatt für Mathematics: https://zbmath.org/
Bases de datos de Mathematical Reviews: http://www.ams.org/mathscinet/search.html
(Accesibles desde a facultade ou vía SIR: http://sp.bugalicia.org/san/subjects/guide.php?subject=gsir )
Bases de datos de Arxiv: https://arxiv.org
Bases de datos de Mathoverflow: https://mathoverflow.net
Ademais de contribuír a acadar as competencias básicas, xerais e transversais recollidas na Memoria do Título de Mestrado en Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela (USC), e que poden consultarse en
http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/sxopra/mem…, esta materia permitirá acadar as seguintes competencias específicas:
CE03 - Desenrolar as habilidades necesarias para a transmisión da matemática, oral e escrita, tanto no que respecta a corrección formal, como en canto a eficacia comunicativa, facendo fincapé no uso das TIC apropiadas.
A asistencia (ou visionado) ás charlas e conferencias programadas, tanto presenciais como telemáticas é obrigatoria. As charlas poden ser presenciais ou telemáticas, e non necesariamente realizadas ex profeso para esta materia. Por exemplo poderán ser conferencias dispoñibles na internet. As discusións cos conferenciantes e o profesorado, cando sexa posible, a reflexión persoal, a realización dos resumos e traballos propostos son actividades que facilitan a superación da materia.
A avaliación consistirá en asistencia (ou visionado) ás charlas e conferencias programadas (40%). Realización de traballos, resumos e conclusións (60%).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Clases con ordenador/laboratorio: 5 horas
Titorías en grupo: 5 horas
Asistencia a charlas, exposicións ou outras actividades recomendadas: 25 horas
Estudo autónomo individual ou en grupo: 20 horas
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos: 20 horas
Total horas traballo presencial no aula: 35 horas
Total horas traballo persoal do/a alumno/a: 40 horas
Coñecementos de matemáticas a nivel de Grao ou Licenciatura.
María Elena Vázquez Abal
- Departamento
- Matemáticas
- Área
- Xeometría e Topoloxía
- Teléfono
- 881813143
- Correo electrónico
- elena.vazquez.abal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Ana Jeremías López
- Departamento
- Matemáticas
- Área
- Álxebra
- Teléfono
- 881813366
- Correo electrónico
- ana.jeremias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jorge Rodríguez López
- Departamento
- Estatística, Análise Matemática e Optimización
- Área
- Análise Matemática
- Correo electrónico
- jorgerodriguez.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 10 |
17:00-18:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego, Castelán | Aula 10 |
02.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
11.07.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |