Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física de Partículas
Áreas: Física Atómica, Molecular e Nuclear
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecer os procesos e as magnitudes relevantes para describir a interacción da radiación coa materia, tanto no caso de radiacións directamente ionizantes (pesadas e lixeiras) coma dos diferentes tipos de radiación indirectamente ionizantes (fotóns e neutróns).
Aprender a calcular as magnitudes citadas e a utilizar programas e bases de datos para o seu cálculo máis preciso.
Para o devandito cálculo tomaranse como exemplos as aplicacións máis importantes das radiacións ionizantes.
- Fontes de radiación. Radiacións directamente ionizantes: Fontes de partículas cargadas pesadas. Fontes de electróns rápidos. Radiacións indirectamente ionizantes: Fontes de radiación electromagnética. Fontes de neutróns.
- Interacción de radiacións directamente ionizantes coa materia. Tipos de interacción. Partículas pesadas: Poder de freado, distribucións de perda de enerxía, curva de Bragg, straggling, alcances. Partículas lixeiras: Poder de freado por colisión e por radiación. Curvas de transmisión e alcances.
- Interacción de radiacións indirectamente ionizantes coa materia. Radiación electromagnética: Tipos de interacción, procesos maiores e menores. Produción e atenuación de feixes de radiación EM. Neutróns: Clasificación, mecanismos de interacción e seccións eficaces. Difusión e moderación de neutróns.
- Interacción de láseres coa materia.
Xeración de radiación ionizante con radiacións non ionizantes: láseres de alta potencia, interacción láser materia, aceleración de partículas en plasmas.
- Interacción da radiación de enerxías intermedias e altas.
- Algúns exemplos de utilización da Interacción da Radiación coa materia.
Espectrometría gamma con detectores de radiación.
Aplicacións médicas (Dosimetría, Protección Radiolóxica, Física Médica)
Aplicacións enerxéticas
No caso de ter que impartir a docencia nos escenarios 2 ou 3, manteranse os contidos citados e adaptarase a metodoloxía do ensino.
Bibliografía básica
Particle Data Group.- “Review of Particle Physics; Last Edition 2020: Passage of Particles through Matter” (Rev 2019).. Edición web.
E. B. Podgorsak.- “Radiation Physics for Medical Physicists”. Springer Verlag, Heidelberg, 2ª Edición, 2010.
J.E. Turner.- “Atoms, Radiation, and Radiation Protection”. 3ª Edición, completada, revisada y ampliada.
Wiley, 1995, 2007.
Bibliografía complementaria
H. Nikjoo, “Interaction of radiation with matter”, CRC press (2013)
F.H. Attix.- "Introduction to Radiological Physics and Radiation Dosimetry". John Wiley & Sons, 1986.
G.F. Knoll, “Rdiation detection measurements”, John Wiley and Sons, New York (1979)
Tsoulfandis, “Measurrements and detection of radiation”, McGraw-Hill, New York (1983)
W.R. Leo, “Techniques for Nuclear and Particle Physics Experiments”, Springer-Verlag (1987)
R. D. Evans.- “The Atomic Nucleus". Reedición Ed. Krieger, N.Y. 1982.
K.S. Krane.- "Introductory Nuclear Physics". John Wiley & Sons, 1988.
X. Ortega Aramburu y J.Jorba Bisbal (Ed.).- "Las radiaciones ionizantes. Su utilización y riesgos. Vol. 1
y 2. Ediciones UPC, 1994 y 1999.
G. C. Lowental & P. L. Airey.- “The Atomic Nucleus". Reedición Ed. Krieger, N.Y. 1982.
R. L. Murray.- “Practical Applicationes of Radioactivity and Nuclear Radiations”. Cambridge Univ. Press. 2004.
Recursos en rede
Na asignatura empréganse diversos materiais que están abertos ao público na rede e que son mantidos por institucións nacionais ou internacionais. Os estudantes usaranos habitualmente como bases de datos, esquemas de niveis, constantes físicas, e ata material de texto. Aínda que o material é abundante e comunícaselles, parcialmente a través do campus virtual, os alumnos farán maior uso dos seguintes centros de documentación:
http://pdg.lbl.gov
http://physics.nist.gov/cuu/index.html
http://www.iaea.org
http://www.nndc.bnl.gov
COMPETENCIAS BÁSICAS
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
COMPETENCIAS XERAIS
CG01 - Adquirir a capacidade de realizar traballos de investigación en equipo.
CG02 - Ter capacidade de análise e de síntese.
CG03 - Adquirir a capacidade para redactar textos, artigos ou informes científicos conforme aos estándares de publicación.
CG04 - Familiarizarse coas distintas modalidades usadas para a difusión de resultados e divulgación de coñecementos en reunións científicas.
CG05 - Aplicar os coñecementos á resolución de problemas complexos.
COMPETENCIAS TRANSVERSALES
CT01 - Capacidade para interpretar textos, documentación, informes e artigos académicos en inglés, idioma científico por excelencia.
CT02 - Desenvolver a capacidade para a toma de decisións responsables en situacións complexas e/ou responsables.
COMPETENCIAS ESPECÏFICAS
CE12 - Proporcionar unha formación especializada, nos distintos campos que abarca a Física Fundamental: desde a física medioambiental, a física de fluídos ou a acústica ata fenómenos cuánticos e de radiación coas súas aplicacións tecnolóxicas, médicas, etc.
CE13 - Dominar ferramentas interdisciplinares, tanto a nivel teórico como experimental ou computacional, para desenvolver con éxito calquera actividade de investigación ou profesional enmarcada en calquera campo da Física.
20 horas de clases teóricas coa metodoloxía de clase maxistral e 10 horas de seminarios e problemas nos que, ademais de avaliar a aprendizaxe dos diferentes apartados, os alumnos se exercitarán na realización de cálculos das principais magnitudes.
A docencia será presencial.
No seu caso algunha das clases podería empregarse para realizar alguna montaxe experimental.
Nas clases dedicadas a seminarios e problemas os estudantes terán que resolver e expoñer as solucións que obtivesen aos exercicios ou traballos que previamente se lles asignase, normalmente a través do Campus Virtual.
O sistema de avaliación seguirá o esquema seguinte:
A avaliación será continua ao longo do curso.
Á cualificación final contribuirán os exercicios de tipo test que se realicen durante o curso (exames curtos), así como a resolución de problemas e a elaboración e a exposición de traballos, se é o caso.
Poderá ademais existir un exame final para os casos nos que non estea diáfana a adquisición das competencias específicas da materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Aproximadamente unha hora e media por hora lectiva, dependendo da súa formación previa e o nivel de comprensión que desexe alcanzar.
Realizar os exercicios propostos. Participar nas clases.
Maximo Plo Casasus
Coordinador/a- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física Atómica, Molecular e Nuclear
- Teléfono
- 881813987
- Correo electrónico
- maximo.plo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Emérito LOU
Aaron Jose Alejo Alonso
- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física Atómica, Molecular e Nuclear
- Correo electrónico
- aaron.alejo [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 7 |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 7 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 7 |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 7 |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 7 |
16.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
25.06.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |