Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 46.5 Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 18.5 Clase Interactiva: 6 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito do Traballo e da Seguridade Social
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecemento do réxime de funcionamento da xestión da prevención de riscos laborais.
Son contenidos básicos da materia:
- Política de prevención na empresa.
- Modalidades de organización preventiva empresarial.
- Instrumentos de xestión preventiva.
- Implantación do plan de prevención.
- Participación dos traballadores na xestión da prevención.
- Infraccións e sancións.
En función destes contidos básicos, o PROGRAMA desenvólvese nas seguintes leccións:
LECCIÓN 1ª. INTRODUCIÓN XERAL Á PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
LECCIÓN 2ª.bPOLÍTICA PREVENTIVA NA EMPRESA
1. Integración da prevención-. 2. Xestión da prevención de riscos laborais.- 3. Plan de prevención de riscos laborais.- 4. Avaliación de riscos laborais: 4.1. Metodoloxías de avaliación.- 5. Planificación da actividade preventiva.
LECCIÓN 3ª. A ORGANIZACIÓN DA ACTIVIDADE PREVENTIVA NA EMPRESA
1. Funcións técnico-preventivas e niveis de cualificación.- 2. Modalidades de organización preventiva empresarial: 2.1. Asunción persoal por parte do empresario da actividade preventiva; 2.2. Designación de traballadores; 2.3. Servizo de prevención propio; 2.4. Servizos de prevención alleos; 2.5. Servizos de prevención mancomunados.- 3. Referencia ós recursos preventivos.
LECCIÓN 4ª. AS AUDITORÍAS DO SISTEMA DE PREVENCIÓN
1. Tipoloxía: auditorías obrigatorias e auditorías voluntarias.- 2. Empresas auditoras. Requisitos.- 3. Proceso de auditoría.
LECCIÓN 5ª. A PARTICIPACIÓN DOS TRABALLADORES NA PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
1. O dereito á información, consulta e participación dos traballadores.- 2. Representación especializada no campo da prevención de riscos laborais: 2.1. Delegados de Prevención; 2. Comité de Seguridade e Saúde.
LECCIÓN 6ª. O SISTEMA DE RESPONSABILIDADES EN MATERIA DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
1. O sistema de responsabilidades: 1.1. Responsabilidade administrativa; 1.2. Responsabilidade penal; 1.3. Responsabilidade civil; 1.4. Recargo de prestacións.
Para o estudo da materia recoméndase ter dispoñibles e manexar os manuais que abordan os temas tratados polo programa, incluídos os que se indican a continuación:
- María Teresa IGARTUA MIRÓ: “Sistema de prevención de riesgos laborales”, editorial Tecnos (última edición).
- Beatriz RODRÍGUEZ SANZ DE GALDEANO, Ana Belén MUÑOZ RUIZ (directoras): “Guía práctica de prevención de riesgos laborales”, editorial Cinca (última edición).
- José Ignacio GARCÍA NINET (director): “Manual de Prevención de Riesgos Laborales. Seguridad, higiene y salud en el trabajo”, editorial Atelier (última edición).
- Tomas SALA FRANCO: “Derecho de la Prevención de Riesgos Laborales”, editorial Tirant lo blanch (última edición).
- Juan LÓPEZ GANDÍA, José Francisco BLASCO LAHOZ, “Curso de Prevención de Riesgos Laborales”, editorial Tirant lo blanch (última edición).
- Amanda MORENO SOLANA (directora) “Esquemas de Seguridad y Salud en el Trabajo”, editorial Tirant lo blanch (última edición).
É esencial manexar a lexislación actualizada sobre prevención de riscos laborais.
Xerais:
-Adquirir un coñecemento amplo das institucións básicas do ámbito sociolaboral.
-Desenvolver os coñecementos, habilidades e aptitudes que permitan unha idónea dirección e xestión laboral, e de modo particular en materia de prevención de riscos laborais.
-Desenvolver a capacidade de organización, planificación e toma de decisións.
-Planificar e organizar a prevención de riscos laborais nas empresas.
-Localizar, analizar, sintetizar e xestionar diferentes fontes e tipos de información.
-Aplicar o razoamento crítico na análise dun determinado asunto ou tema.
-Capacidade para traballar en equipo.
-Capacidade para a aplicación dos coñecementos teóricos á práctica.
Específicas:
-Identificar, recoñecer e relacionar as normas en materia de seguridade e saúde no traballo que permitan deseñar, xestionar e avaliar axeitadamente os sistemas de prevención de riscos laborais en empresas e outras organizacións.
-Aplicar as distintas modalidades de organización da prevención.
-Coñecer e aplicar o plan de prevención de riscos, os seus distintos elementos, así como as metodoloxías de avaliación de riscos, nos distintos sectores produtivos de bens e servizos.
-Coñecer as obrigas empresariais en relación coas auditorías ou avaliacións externas do sistema de prevención.
-Coñecer e xestionar as actividades relacionadas coa planificación das actividades preventivas.
-Coñecer e coordinar as tarefas de prevención de riscos relacionadas cos locais, instalacións e equipos; coa exposición a riscos ambientais, así como dos riscos derivados da carga e organización do traballo.
-Coñecer, aplicar e deseñar as actividades propias dos órganos de consulta e participación dos traballadores na xestión da prevención.
-Coñecer o marco xeral de responsabilidade en materia de xestión da prevención.
A metodoloxía de ensino-aprendizaxe combina clases teóricas (docencia expositiva) e clases prácticas (docencia interactiva).
As clases teóricas están dedicadas á presentación e explicación das diferentes leccións do programa e adoptarán a forma de clases maxistrais. Avanzarase na explicación das distintas leccións, prestando especial atención á presentación dos problemas prácticos dos temas tratados. A explicación oral do profesor reforzarase coa proxección de presentacións esquemáticas que se colgarán no campus virtual. Estas presentacións son guións de estudo e están destinadas a axudar ó estudantado a seguir a explicación, pero, en ningún caso, son suficientes para aprobar a materia.
As clases interactivas dedicaranse a resolver casos prácticos sobre os problemas máis recentes relacionados coas leccións teóricas e fomentarase a discusión na clase. As tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) utilizaranse no ensino, co obxectivo de promover a participación activa dos estudantes e para facerlles preguntas sobre os temas abordados. Do mesmo xeito, o alumnado terá que facer unha exposición oral en grupo sobre un aspecto específico do programa, que será asignado polo docente.
O campus virtual da USC actuará como elemento de apoio á docencia, xa que se colgarán as presentacións preparadas polo profesor, os casos prácticos que se resolverán nas clases interactivas e o resto dos materiais que se empregarán na materia. Así mesmo, utilizarase como medio de comunicación preferente co estudantado.
O sistema de avaliación da adquisición das competencias combina un exame final cunha avaliación continua ou formativa ao longo do proceso de ensino-aprendizaxe, segundo as seguintes porcentaxes:
- Exame final de resposta múltiple escrito: 70% da nota.
- Avaliación continua: ata un máximo do 30% da nota. Se o alumno aprobou o exame final escrito, poderá obter ata un máximo de 3 puntos polo seu traballo durante o curso (participación activa nas clases teóricas e prácticas (a simple asistencia non é suficiente), resolución de casos prácticas, respostas ás preguntas feitas, exposición oral e outras actividades realizadas).
Réxime para o alumnado con concesión de exención de docencia: sempre que superasen o exame final escrito, poderán obter, ata un máximo de 3 puntos, pola realización das actividades, traballos e supostos prácticos que se propoñan.
Considérase necesario adicar un total de 54 horas de traballo persoal para a preparación da materia.
A ausencia á clase, non realizar actividades docentes programadas e deixar o estudo da materia para o final limita extraordinariamente as posibilidades de superala.
Silvia Fernandez Martinez
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito do Traballo e da Seguridade Social
- Teléfono
- 881814767
- Correo electrónico
- silviafernandez.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Joaquín Vidal |
13.01.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 9 |
27.06.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 9 |