Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
Áreas: Psicoloxía Básica
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Ofertada)
Matrícula: Non matriculable (Só alumnado repetidor)
1. Proporcionar un coñecemento básico dos fenómenos de aprendizaxe.
2. Proporcionar información sobre os marcos conceptuais desde os que se aborda o estudo psicolóxico da aprendizaxe.
3. Capacitar aos alumnos para diferenciar os compoñentes dun sistema de aprendizaxe: resultados, condicións, e mecanismos.
4. Presentar e discutir datos experimentais e interpretacións teóricas dos procesos básicos de adquisición de coñecemento, e dos mecanismos subxacentes á adquisición de habilidades.
5. Fomentar a aplicación do coñecemento adquirido para a comprensión de situacións reais de aprendizaxe.
1. PROGRAMA TEÓRICO
Bloque 1: Como se estuda a aprendizaxe desde a psicoloxía básica.
Tema 1: Marco Disciplinar e conceptual da Aprendizaxe.
Definición de Aprendizaxe.
Marco disciplinar da psicoloxía da aprendizaxe.
Componentes da aprendizaxe: Condicións, resultados, mecanismos.
Clasificacións da aprendizaxe.
Marcos teóricos da Aprendizaxe: Conductismo, cognitivismo, constructivismo, conexionismo.
Tema 2. Condicións da Aprendizaxe Humana
Aprendizaxe e Experiencia.
Atención, motivación e emoción: os motores do cambio.
Aprendizaxe, intención e conciencia: Aprendizaxe explícito e implícito.
Cando hai que aprender: desenvolvemento e aprendizaxe.
Aprendizaxe por imitación.
Instrucción e aprendizaxe.
Bloque 2: Resultados da aprendizaxe I: coñecer o medio.
Tema 3. Condicionamento en Suxeitos Humanos
Aprendizaxe predictiva, aprendizaxe emocional e avaliativa.
O papel da conciencia.
Aprendizaxe instrumental. Hábitos o metas.
Tema 4. Aprendizaxe de Continxencias e Causalidade
Tarefas e modelos explicativos.
Asociacións, regras e modelos.
Tema 5. Aprendizaxe de Conceptos e categorías.
Descubrimento de conceptos e contrastación de hipóteses.
Categorías difusas. Modelos de prototipos e de memoria de exemplares.
O papel do coñecemento previo. Conceptos e teorías.
Bloque 3: Resultados da aprendizaxe II: Actuar no medio.
Tema 6. Aprendizaxe de Habilidades.
Etapas e curva de adquisición.
Habilidades perceptivas.
Habilidades motoras.
Habilidades cognitivas.
2. CLASES INTERACTIVAS.
1. A aprendizaxe está “aí fora”. Estudo de casos (para traballo en grupo).
2. Desenvolvemento, cultura e aprendizaxe.
3. Hábitos ou metas: que nos move.
4. Modelos conexionistas: A lenta busca da emerxencia.
5. Práctica 1: Aprendizaxe de continxencias.
6. Práctica 2: Aprendizaxe de conceptos por descubrimento
7. Aprendizaxe de categorías difusas: Prototipos vs. exemplares.
8. Práctica 3: Aprendizaxe de habilidades: Curva de adquisición.
9. Exposición e debate de traballos en grupo I
10. Exposición e debate de traballos en grupo II
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Teoría:
Anderson, J. R. (1995). Learning and Memory. New York, Wiley. [Aprendizaje y memoria: un
enfoque integral. México:McGraw-Hill, 2001]
Méndez, C. (2015). Pensar la psicología. Madrid: Siglo XXI de España
Murphy, G.L. (2002). The big book of concepts. Cambridge, MA. MIT Press.
Ormrod, J.E. (2004). Human learning, 4th. Edition. Pearson Merril Prentice Hall [ Aprendizaje humano 4 edición. Madrid: Pearson Educación, 2005].
Piñeno, O., Vadillo, M.A. e Matute, E. (Eds.). Psicología del aprendizaje. Badajoz: Abecedario. https://helenamatute.files.wordpress.com/2015/09/pineno-vadillo-y-matut…
Pozo, J.I. (2014). Psicología del aprendizaje humano. Adquisición de conocimiento y cambio personal. Madrid: Morata
Prácticas:
Alcaraz, M.A., Redondo, J.M., Fraga, I., & Fernández-Rey, J. (Coords.) (2003). Procesos
Psicológicos Básicos: Manual de prácticas de condicionamiento y aprendizaje. Madrid:
Pirámide. Capítulos 18-22.
Tomasello, M. (1999) The Cultural Origins of Human Cognition. Harvard University Press.[El origen cultural de la cognición humana. Amorrortu, 2007]
Wood, W. (2019). Good habits, bad habits. Macmillan. [Buenos Hábitos, malos hábitos. Urano. 2020]
Bibliografía complementaria:
Ashby, F.G. & Maddox, W.T. (2011). Human Category Learning 2.0. ANNALS OF THE NEW YORK ACADEMY OF SCIENCES, 1224, 147–161.
Bandura, A. (1977). Social Learning Theory. Englewood Cliffs, NJ: Prentice-Hall. [Teoría del
Aprendizaje Social. Madrid: Espasa-Calpe, 1982]
Bruner, J.S.; Goodnow, J.J., & Austin, G.A. (1956). A Study of Thinking. [ El Proceso Mental en el
Aprendizaje. Madrid: Narcea, 1978].
Claxton, G. (1997). Cerebro de Liebre, Mente de Tortuga: Por qué aumenta nuestra inteligencia
cuando pensamos menos. Barcelona: Urano.
Cobos, P. (2005). Conexionismo y cognición. Madrid: Pirámide.
De Houwer, J. & Hughes, S. (2020). The psychology of learning. A introduction from a functional-cognitive perspective. Cambridge, Mass: The MIT Press.
Frith, C. (2007). Making up the mind. Oxford: Blackwell. [Descubriendo el poder de la mente.
Cómo el cerebro crea nuestro mundo mental. Barcelona: Ariel, 2008].
Huertas, E. (1992). El Aprendizaje no Verbal en los Humanos. Madrid: Pirámide.
Leahey, T.H. & Harris, R.J. (1998). Learning and Cognition. Englewood Cliffs: Prentice Hall.
[Aprendizaje y Cognición. Madrid: Prentice Hall, 1998].
Lieberman, D.E. (2011). Human Learning and Memory. Cambridge University Press.
Maldonado, A. (1998). Aprendizaje, Cognición y Comportamiento Humano. Madrid: Biblioteca
Nueva.
Matute, H. (Ed.) (2002). Debate: Aprendizaje Causal. Cognitiva, 14, 1-128.
Méndez, C. (1996). Teorías de la imitación. En C. Méndez, M. Peralbo e I, Fraga (Eds.) Imitación
y Conducta Humana.(pp. 15-44). Santiago: Universidad de Santiago de Compostela.
O’Reilly, R.C. & Munakata, Y. (2000). Computational explorations in Cognitive Neuroscience.
Cambridge, MA: MIT Press.
Oña Sicilia et al. (1999). Control y Aprendizaje Motor. Madrid: Síntesis.
Pozo, J.I. (1989). Teorías Cognitivas del Aprendizaje. Madrid: Morata.
Reber, A. & Allen, R. (2022). The cognitive unconscious: the first half century. New York: Oxford University Press.
Rizzolatti, G. y Sinigaglia, C. (2006).So quel che fai. Il cervello che agisce e i neurona specchio.
Milán: Raffaello Crtina Editore. . [ Las neuronas espejo. Los mecanismos de la empatía emocional. Paidos, 2006]
Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
• Coñecer as funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos
modelos teóricos da Psicoloxía
• Coñecer as leis básicas dos distintos procesos psicolóxicos.
• Coñecer os procesos e etapas principais do desenvolvemento psicolóxico ao longo do ciclo
vital nos seus aspectos de normalidade e anormalidade.
• Coñecer os principios psicosociais que interveñen no comportamento dos individuos e no
funcionamento dos grupos e das organizacións.
• Saber identificar as características relevantes do comportamento dos individuos, grupos, organizacións e
contextos mediante métodos, técnicas e instrumentos propios da avaliación psicolóxica.
• Saber seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía.
• Saber elaborar informes psicolóxicos en distintos ámbitos de actuación, dirixidos aos destinatarios e a outros profesionais.
• Axustarse ás obrigas deontolóxicas da Psicoloxía
Competencias específicas da materia:
• Coñecer as leis básicas da aprendizaxe en relación coas condicións que a producen, os
resultados a que da lugar e os mecanismos que a fan posible.
• Ser capaz de relacionar eses coñecementos cos temas que se estudian no resto das materias
do plan de estudos, en especial cos outros procesos psicolóxicos básicos e coas materias que
aplican máis directamente os principios básicos da aprendizaxe.
• Ser capaz de integrar a información sobre os mecanismos de aprendizaxe nun esquema global de funcionamento do sistema cognitivo.
• Ser capaz de aplicar eses coñecementos á análise de situacións concretas de aprendizaxe da
vida diaria.
O programa teórico desenvolverase por medio de exposicións orais durante as 24 sesións expositivas. As sesións interactivas servirán como complemento dos contidos desas exposicións e servirán para fomentar a participación dos estudantes, por medio de debates, traballando sobre as prácticas propostas, e acollendo un foro de discusión dos traballos en grupo. As prácticas consisten en tarefas experimentais realizadas via web, onde os alumnos recollerán os seus datos e os incorporarán aos datos grupais que serán analizados, interpretados e discutidos no curso das correspondentes sesións interactivas. Os traballos de grupo consistirán na realización da análise dunha situación de aprendizaxe relevante desde o punto de vista da psicoloxía. Cada grupo elaborará un informe do traballo, e realizará unha breve exposición das súas conclusións nas sesións interactivas correspondentes. Cada alumno elaborará e entregará un informe das prácticas realizadas e das actividades interactivas propostas.
Controlarase a asistencia ás sesións interactivas.
No campus virtual estará dispoñible a programación temporal tanto das actividades expositivas como das interactivas, as presentacións dos temas a tratar nas clases expositivas, as instrucións para o desenvolvemento das actividades interactivas, as tarefas experimentais a realizar nas prácticas e as instrucións para a elaboración dos informes correspondentes a cada unha das actividades.
Para a avaliación da materia teranse en conta todas as actividades desenvolvidas polo estudante, máis a cualificación obtida no exame final, que consistirá nunha proba obxectiva de verdadeiro/falso, composta por preguntas sobre os distintos temas do programa.
De acordo co asignación de horas de traballo á parte expositiva e á parte interactiva da materia, a avaliación de cada unha das dúas partes terá un peso equivalente, e dentro da que corresponde ás actividades interactivas terá especial relevancia un traballo en grupo co que se poderán conseguir ata 2,5 puntos.
A avaliación global da materia será o resultado de sumar ambas cualificacións. Para superar a materia será preciso obter unha puntuación mínima de 2 puntos sobre 5 en cada unha das partes e que a suma das dúas sexa igual ou superior a 5. Para achegar aos estudantes ás tarefas de investigación, valorarase de maneira simbólica (unha ou dúas décimas) a súa participación en investigacións levadas a cabo polo grupo de Aprendizaxe Humana, ben como suxeitos experimentais ben como asistentes de laboratorio.
No que respecta á posibilidade de dispensa de asistencia entendemos que só é admisible como unha solución puntual a casos de estrema dificultade para seguir a docencia presencial. En calquera caso, dado que os contidos curriculares correspondentes ás sesións interactivas propóñense como obrigatorios, non se contempla a súa substitución por ningunha alternativa de traballo individual. O/A estudante ao/á que se dispense de asistencia deberá realizar os informes e traballos preceptivos por outros medios, e poderá facer uso das titorías que están a disposición de todos os estudantes para aclarar as dúbidas que poidan xurdir como consecuencia da súa non participación nas sesións presenciais. Ademais, deberá contribuír ao traballo de grupo nas mesmas condicións que os seus compañeiros, e participar na exposición grupal na sesión que corresponda.
Clases expositivas: 24h.
Clases interactivas: 13 h.
Titorías: 1h.
Exame final: 2h.
Horas de preparación e estudo do material das clases expositivas: 36 h. (estimadas).
Preparación das clases interactivas e elaboración dos informes de seguimento: 26 h. (estimadas)
Traballos de grupo : 10,5 h. (estimadas)
Como teremos ocasión de ver dun xeito sistemático na materia, para que teña sentido a aprendizaxe require unha implicación activa do aprendiz no proceso, o que supón participar nas distintas actividades e realizalas seguindo a programación establecida.
Para un mellor aproveitamento das clases expositivas recoméndase ler con anterioridade a presentación do tema correspondente (dispoñible no campus virtual) así como algunha das lecturas recomendadas.
Para garantir o carácter interactivo das sesións de grupos pequenos é imprescindible que os estudantes realicen un traballo previo de preparación, realizando as lecturas que se propoñan.
Para cumprimentar as prácticas, é necesario que cada estudante realice a tarefa experimental correspondente no prazo que se estableza, para que os datos poidan figurar no modelo de informe dispoñible no campus virtual.
O traballo en grupo será supervisado e orientado nas sesións de titoría, polo que será necesario acompasar o seu desenvolvemento ao que se vaia establecendo nestas.
Luis Miguel Jimenez Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Básica
- Teléfono
- 881813914
- Correo electrónico
- luis.jimenez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Marcos Diaz Lago
- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Básica
- Correo electrónico
- marcos.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 6 |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 |
Martes | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 |
14:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 6 |
17.01.2025 12:30-15:00 | Grupo de exame | Aula 3 |
17.01.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
17.01.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
17.01.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
17.01.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 5 |
17.01.2025 12:30-15:00 | Grupo de exame | Aula 5 |
17.01.2025 12:30-15:00 | Grupo de exame | Aula 6 |
17.01.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
17.01.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
17.01.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
17.01.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 7 |
17.01.2025 12:30-15:00 | Grupo de exame | Aula 7 |
16.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
16.06.2025 12:30-15:00 | Grupo de exame | Aula 3 |
16.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
16.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
16.06.2025 12:30-15:00 | Grupo de exame | Aula 6 |
16.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
16.06.2025 12:30-15:00 | Grupo de exame | Aula 7 |
16.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
16.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 7 |