Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Facilitar o coñecemento e o dominio aplicado das claves metodolóxicas e epistemolóxicas da investigación cualitativa e de algunhas técnicas de aproximación ás realidades socioeducativas.
- Promover a utilización consciente, rigorosa e crítica dos contidos desta materia respecto da realización de tarefas de estudio que poidan relacionarse coa Pedagoxía e a Educación Social.
- Propiciar a reflexión científica nun marco participativo e de implicación progresiva nas actividades que se suxiran, tanto desde unha perspectiva individual (lectura de textos, valoracións persoais), como colectiva (dinámicas de traballo en grupos).
1.Metodoloxías cualitativas de investigación: da etnografía ao método socio-biográfico en educación
Epistemoloxía e metodoloxía do enfoque cualitativo de investigación.
A investigación cualitativa en educación. Deseños cualitativos e mixtos.
A etnografía como estratexia de investigación: pautas para o deseño de estudos etnográficos e técnicas auxiliares.
O enfoque socio-biográfico en Ciencias Sociais e da educación: historia e presupostos teóricos.
O enfoque socio-biográfico: aspectos metodolóxicos e instrumentais.
O enfoque socio-biográfico en educación: temas e ámbitos de investigación.
A Entrevista como técnica de investigación socioeducativa. Tipos. Preparación, realización e elaboración.
2.Métodos e técnicas prospectivas na investigación socioeducativa
Os estudos prospectivos en educación.
Descripción da Técnica Delphi.
Aplicación da Técnica Delphi en traballos de investigación educativa.
BÁSICA
- Ballestín, Beatriz e Fábregues, Sergi (2018). La práctica de la investigación cualitativa en ciencias sociales y de la educación. UOC.
- Flick, Uwe (2004): Introducción a la investigación cualitativa. Morata.
- Gómez, J.; Latorre, A.; Sánchez, M. e Flecha, R. (2006): Metodología comunicativa crítica. El Roure.
- Iglesias da Cunha, M.L. (Coord.) (2023). Metodología de investigación cualitativa en Pedagogía Social y Educación Ambiental. Informes, casos y problemas de investigación educativa. Octaedro.
- Pujadas Muñoz, Juan José (1992): El Método biográfico: el uso de las historias de vida en ciencias sociales. Centro de Investigaciones Sociológicas.
COMPLEMENTARIA
Método Sociobiográfio
- Barboza Martínez, A. (2006). Sobre el método de la interpretación documental y el uso de las imágenes en la sociología: Karl Mannheim, Aby Warburg y Pierre Bourdieu. Sociedade e estado, 21, 391-414.
- Beratuxm, D. (2005). Los relatos de vida. Perspectiva etnosociológica. Bellaterra.
- Bolívar, A.; Domingo, J. e Fernández, M. (2001): La investigación biográfico-narrativa en Educación. Enfoque y metodología. La Muralla.
- Bourdieu, Pierre (1997): La ilusión biográfica. Razones prácticas: sobre la teoría de la acción. Anagrama. 74-83.
- Bourdieu, Pierre et al. (1999): Comprender. La miseria del mundo. Akal. 527-543.
- Denzin, Norman K. (1989): Interpretative Biography. Sage University Paper.
- Denzin, N.K. & Lincoln, Y.S. (2012). El campo de la investigación cualitativa. Gedisa.
- Ferrarotti, Franco (1991): La historia y lo cotidiano. Península.
- Goetz, Judith Preissle e Lecompte, Margaret Diane (1988): Etnografía y diseño cualitativo en investigación educativa. Morata.
- Hammersley, Martyn e Atkinson, Paul (1994): Etnografía. Métodos de investigación. Paidós.Morata.
- Kavle , S. (2011). Las entrevistas en Investigación Cualitativa. Morata.
- Pineau, Gaston (1989): Les histories de vie en formation. Jobert, G., Histoires de vie. Tomo I. L'Harmattan. 13-16.
- Plummer, Ken (1989): Los documentos personales. Introducción a los problemas y la bibliografía del método humanista. Siglo XXI.
- Taylor, S.J. e Bogdan, Robert (1992): Introducción a los métodos cualitativos de investigación: la búsqueda de significados. Paidós.
- Valles, Miguel S. (2002): Entrevistas cualitativas. Cuadernos metodológicos, 32. Centro de Investigaciones Sociológicas.
Técnicas prospectivas
- Dalkey, Norman; Brown, B. e Cochran, S. (1972): La prévision á long terme par la méthode Delphi. Dunod.
- Landeta, Jon (1999): El método Delphi. Una técnica de previsión para la incertidumbre. Ariel.
- Pérez Campanero, Mª Paz (1991): Técnica Delphi. Cómo detectar las necesidades de intervención socioeducativa. Narcea. 114-123.
- Ruiz, José Ignacio & Ispizua, Mª Antonia (1989): La descodificación de la vida cotidiana. Universidad de Deusto.
- Sobrequés, Jorge (1969): Los métodos prospectivos aplicados a la educación. El mapa contextual. Revista de Educación. Madrid. Setembro-Outubro Ano XVIII, Vol. LXXI. 205. 47-53.
XERAIS
CG2 Integrar coñecementos e enfrentarse á complexidade de formular xuícios a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuícios.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrentarse á complexidade de formular xuícios a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuícios
En concreto:
- Análise de procedementos metodolóxicos na investigación socioeducativa.
- Aplicación de procedementos metodolóxicos a problemas de investigación socioeducativa.
- Revisión de traballos de investigación socioeducativa na súa proposta metodolóxica.
ESPECÍFICAS
CE1 - Recoñecer a dimensión científica do proceso investigador na área socio-histórico-educativa.
CE2 - Vencellar o coñecemento científico, a investigación educativa e os seus aportes metodolóxicos aos procesos de cambio socioeducativo.
CE3 - Aplicar modelos e procedementos de investigación a problemas concretos da educación, asociando as súas contribucións a procesos de acción-intervención educativa e á implementación de programas.
CE4 - Adquirir un dominio básico dos fundamentos epistemolóxicos, teóricos e metodolóxicos da investigación cualitativa no coñecemento e a transformación das realidades sociais.
En concreto:
- Ser capaces de desenvolver un discurso complexo e crítico en torno á metodoloxía cualitativa na investigación das diferentes realidades socio-educativas.
- Ser capaces de comprender e argumentar o importante papel da metodoloxía cualitativa no estudo dos contextos sociais e educativos.
- Ser capaces de identificar, seleccionar e compilar información teórica, metodolóxica e experiencial relacionada con esta temática.
- Ser capaces de concretar deseños de investigación cualitativa enfocados ao estudio da realidade socioeducativa.
TRANSVERSAIS
CT01 - Coñecer e respetar a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, fomentando unha cultura de paz, a conciencia democrática e unha resolución pacífica de conflictos así como os mecanismos básicos para a participación cidadá como exercicio que rexe a elaboración das Memorias de Responsabilidade Social Universitaria da USC.
CT02 - Incorporar os principios de igualdade de xénero entre homes e mulleres e de accesibilidade universal segundo as recomendacións da USC no seu III Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes, os Criterios de Elaboración dunha Linguaxe Profesional e Non Sexista e o Protocolo de Prevención e actuación fronte ao Acoso Sexual e ao Acoso por Razón de Sexo, Orientación Sexual e Identidade de Xénero.
CT03 - Desenvolver aptitudes para o traballo cooperativo e colaborativo a través da participación en equipos; dentro e fóra da aula, empregando habilidades de negociación e responsabilidade no desempeño das tarefas asignadas nas materias e módulos del Máster. Presentación e elección de valores como son o esforzo, respecto e compromiso coa busca da calidade no proceso de ensino-aprendizaxe como trazo de identidade.
CT04 - Xerar unha actitude para a sostenibilidade ambiental e o consumo responsable desde os principios que rexen o Plan de Desenvolvemento Sostible da USC.
CT05 - Desenvolver valores profesionais desde os distintos grupos de investigación presentes no Máster para poder defender unha ética da investigación no ámbito da educación, onde se respecte a diversidade de opinións e as maneiras de «ser», «estar» e «facer».
Esta materia desenvolverase mediante a exposición teórica e a explicación dos contidos e análise de distintos documentos referidos no programa por parte dos docentes implicados.
Impulsaranse diferentes dinámicas que posibiliten a participación e o diálogo do estudantado sobre a temática abordada, así como o estudio de casos de diferentes traballos de investigación realizados con metodoloxías cualitativas e prospectivas, procurando en todo momento axustar os contidos do curso aos intereses investigadores do alumnado.
A aprendizaxe será acompañada polo uso activo do Campus Virtual para:
• A implicación do alumnado nas sesións de aula, construíndo o coñecemento en base ao debate argumentado que se desenvolverá nas sesións de clase.
• As lecturas –individuais e colectivas– que os estudantes realicen dos documentos recomendados en función do interese de cada estudante no marco do tema traballado.
• A lectura e discusión epistemolóxica sobre o texto de Jesús Gómez, Antonio Latorre, Montse Sánchez e Ramón Flecha (2006) Metodología comunicativa crítica. El Roure.
A avaliación desta materia contempla a valoración de dúas aportacións:
TRABALLO DE AULA 30%
- Asistencia e participación activa nas sesións de aula. Lectura dos documentos indicados como básicos, así como dalgunhas referencias recomendadas en función do interese de cada estudante. Realización das tarefas e entrega na aula ou no campus virtual.
- En caso de exención de docencia seguiranse as mesmas indicacións dadas no campus virtual para a entrega de tarefas vencelladas a este apartado. Non haberá tarefas extra.
TRABALLO DE MÓDULO 70%
A Comisión Académica do Máster, reunida o 6 de xuño de 2014, aproba ofertar a "avaliación por módulos" para o alumnado que cumpra as condicións estipuladas e que, libremente, decida adscribirse. En sesión de coordinación, o 26 de xullo de 2018 decídese suprimir a "avaliación por móudlos" quedando esta opción habilitada para o alumnado de cursos anteriores que manifeste o seu interese en seguir adscrito a esta modalidade de avaliación. No curso 2019-2020 reanúdase a opción de avaliación por módulo.
O traballo de Avaliacón por Módulos deberá seguir as indicacións específicas dadas desde a coordinación do módulo I. Tarefa:
- Traballo individual de análise dunha tese de doutoramento en educación para coñecer aspectos de deseño teórico, metodolóxico e de interpretación dunha investigación en ciencias da educación.
EN CASO DE NON ACOLLERSE Á AVALIACIÓN DE MÓDULO. TRABALLO ESCRITO 70%
En caso de cursar a materia como Complemento de Formación. Tarefa:
- Traballo de análise do apartado metodolóxico dunha Tese de Doutoramento en Ciencias da Educación, preferentemente da área de Teoría e Historia da Educación, que utilice unha aproximación metodolóxica cualitativa de entre as que se contemplan neste curso.
- Lecturas e realización de traballos individuaiss e en grupo (45% do tempo).
- Sesións de clase maxistral (20% do tempo).
- Debates en pequeno e gran grupo (15% do tempo)
- Videoforums (10% do tempo).
- Titorías personalizadas (10% do tempo).
Para facilitar os procesos de ensino-aprendizaxe será moi importante realizar as lecturas especificamente encargadas para complementar ou preparar as sesións presenciais. A súa análise e discusión será fundamental no desenvolvemento das clases.
ASISTENCIA A CLASE
Para calquera dúbida consultar a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…). Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilitar unha "mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupo e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa". Para Dispensa da asistencia ver o apartado de avaliación.
Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar exención oficial de asistencia (http://hdl.handle.net/10347/15644).
RESPONSABILIDADE AMBIENTAL
Por sentido de coidado e de responsabilidade co ámbito natural e humano, nesta materia esíxese a entrega de traballos a través do campus virtual. No caso excepcional no que se solicitase a entrega en papel seguiranse as seguintes recomendacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir polas dúas caras do folio en calidade "aforro de tinta".
- Non utilizar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
MODELO DE CITACIÓN
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA) 7ª ed. APA, 2020-, que se poden consultar no enlace: http://www.apastyle.org. Unha guía resumida en galego pódese atopar na seguinte dirección: https://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/centros/ffp/descar…
OBSERVACIÓNS COMPLEMENTARIAS
- Existe a obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo profesorado, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Hai que ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- É obrigatorio o cumprimento da normativa de protección de datos. Ver: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Pablo Angel Meira Cartea
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813747
- Correo electrónico
- pablo.meira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Julio José Conde López
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Correo electrónico
- julio.conde [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Programa Juan de la Cierva
Kylyan Marc Bisquert I Perez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813809
- Correo electrónico
- kylyanmarc.bisquerti [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral USC
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Mércores | |||
18:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Xoves | |||
18:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Venres | |||
18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
08.01.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
04.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |