Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
OBXECTIVO XERAL do máster no que participa a materia:
-- Adquirir por parte do alumnado unha formación avanzada de carácter especializado e multidisciplinar para promover a súa iniciación en tarefas investigadoras que culminen na realización e defensa dunha tese de doutoramento.
OBXECTIVOS DO MÓDULO nos que participa a materia:
-- Coñecer as orientacións xerais relacionadas coa elaboración do coñecemento histórico-comparado en educación, así como os retos de investigación que suscita a cuestión da comparabilidade no ámbito das ciencias sociais.
-- Adquirir información e destrezas cognitivas en relación co exame crítico dos antecedentes e estados da cuestión referidos aos posibles problemas de investigación que se podan suscitar no ámbito da materia .
--Presentar unha visión significativa e global sobre o pensamento pedagóxico e as prácticas sociais de educación ao longo da historia occidental, situándoas no espazo e no tempo, permitindo o establecemento de interrelacións.
-- Coñecer e manexar técnicas de investigación que se utilizan na área histórica e comparada do coñecemento da educación.
-- Profundar nos soportes conceptuais, teóricos e metodolóxicos nos que se sustenta o proceso de planificación educativa.
OUTROS OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DA MATERIA:
-- Promover o coñecemento e a explicación das realidades presentes da educación, mediante a análise comprensiva e interpretativa da xénese histórica, da configuración e da evolución dos fenómenos e do pensamento educativo.
-- Recoñecer a dimensión procesual e histórica das prácticas sociais relacionadas coa educación, aprendendo a distinguir continuidades e cambios en relación co pensamento pedagóxico, co desenvolvemento histórico das sociedades, da ciencia, da cultura e do pensamento filosófico, en particular.
-- Analizar, observar e comprender os feitos, programas, sistemas e desenvolvementos educativos desde perspectivas interrelacionadas, de interinfluencia e comparadas, con consciencia sobre a importancia dos factores externos para a interpretación dos sistemas educativos.
-- Articular o proceso de investigación histórico-educativa con referencia expresa ás súas estratexias metodolóxicas e procedementos de investigación. Asemade, no ámbito da educación comparada, coñecer e analizar a construción de indicadores sociais de educación.
-- Concretar iniciativas e experiencias institucionais de localización, recuperación, revalorización e divulgación de recursos do enxoval educativo como bens do acervo cultural comunitario.
Seminario 1: Metodoloxía da investigación histórico-educativa:
1. Método científico e secuenciación do proceso investigador en historia da educación.
2. Fases do proceso de investigación histórico-educativa.
3. Formulamento inicial da investigación no campo da Historia da Educación.
4. Tipoloxía dos modelos e preguntas empregados na investigación histórica.
5. Clasificación das hipóteses segundo o tipo de procedemento investigador empregado polo historiador.
6. Aplicación das diversas metodoloxías de investigación á investigación histórico-educativa
7. Novas técnicas aplicadas na investigación histórico-educativa.
8. Clasificacións das fontes históricas.
9. Tipoloxía do coñecemento histórico.
Seminario 2: Metodoloxías da investigación para a análise comparada de sistemas educativos:
1. Método comparado.
2. Fases da investigación comparada.
3. Unidades de comparación.
4. Indicadores de comparación.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
--Aróstegui, J. (1995). La investigación histórica: teoría y método. Crítica.
--Burke, P. (Ed.). (1993). Formas de hacer historia. Alianza Editorial.
--Ferrer, F. (2002). La Educación Comparada actual. Ariel.
--Gabriel, N. de e Viñao, A. (Eds.). (1997). La investigación histórico-educativa. Ronsel.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
--Blazquez, F. (1997). Diccionario de las Ciencias Humanas. Verbo Divino.
--Bowen, J. (1983). Historia de la educación occidental. Herder.
--Caride Gómez, J. A., y Trillo Alonso, F. (Dirs.). (2010). Diccionario Galego de Pedagogía. Galaxia/Xunta de Galicia.
--Burguiere, A. (Dir.). (2005). Diccionario Akal de Ciencias históricas. Akal.
--Costa Rico, A. (2004). Historia da educación e da cultura en Galicia. Edicións Xerais de Galicia.
--Costa Rico, A. (Ed.). (2001). Historiografía educativa de Galicia (1750-2000). Sarmiento, 5, 147-202.
--Costa Rico, A. (2011). Historia de la educación en España. Realidades, problemas y tendencias. Cadernos de História da Educaçâo, 10(2). http://www.seer.ufu.br/index.php/che/article/view/14615
--Delgado, B. (Dir.). (1994). Historia de la educación en España y América. SM-Morata.
--Escolano, A. (2000). Tiempos y espacios para la escuela. Ensayos históricos. Biblioteca Nueva.
--Escolano Benito, A. (2002). La educación en la España contemporánea. Biblioteca Nueva.
--Escolano, A. (Ed.). (2007). La cultura material de la escuela. En el centenario de la JAE, 1907-2007. CEINCE.
-- Ferrer, T. (Ed.). (2002). Historia de la Educación (Edad contemporánea). UNED.
-- Fontana, J. (1982). Historia: análisis del pasado y proyecto social. Crítica.
-- Martínez Usarralde, Mª J. (2003). Educación Comparada. Nuevos retos, renovados desafíos. La Muralla.
-- Peña, V. (Coord.). (2003). I Foro Ibérico de Museísmo Pedagóxico. O museísmo pedagóxico en España e Portugal: itinerarios, experiencias e perspectivas. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
--Peña, V. (Dir.). (2001). Repertorio biblio- hemerográfico da educación en Galicia,1715-1970. MUPEGA.
-- Puelles Benitez, M. de (1999). Ideología y educación en la España contemporánea. Labor.
-- Vilar, P. (1980). Iniciación al vocabulario del análisis histórico. Crítica.
-- Viñao, A. (2002). La historia de la educación en el siglo XX. Una mirada desde España. Revista Mejicana de Investigación Educativa, 7(15), 223-256.
-- Viñao, A. (2002). Sistemas educativos, culturas escolares y reformas. Continuidades y cambios. Ediciones Morata.
Revistas dixitais e páxinas web de interese:
Historia de la Educación. Revista Interuniversitaria Salamanca, 1982.
Historia y Memoria de la Educación, 2015.
Sarmiento. Anuario Galego de Historia da Educación. Galicia 1997.
Revista Española de Educación Comparada. Madrid, 1995.
-- Sociedad Española de Historia de la Educación (SEDHE): http://www.sedhe/es
-- Sociedad Española para el Estudio de Patrimonio Histórico-Educativo (SEPHE): www.institucional.us.es/paginasephe/
-- Guide International de la Recherche en Histoire de l’éducation: http://www.inrp.fr/she/ guide/index.htm
-- Documentos para a Historia da Educación en España: http://www.mec.es/cide/jsp/ plantilla.jsp?id=arch03
-- Red de centros y archivo virtual de la edad de plata de la cultura española, 1868-1936 (fondos: antiguo Museo Pedagógico Nacional, Residencia de Estudiantes, Junta para Ampliación de Estudios, etc.): http:// www. archivovirtual.org
-- Banco Mundial (páxina na que se fai referencia a estatísticas educativas): www.bancomundial.org
-- EURYDICE Rede Europea de Información Educativa: www.eurydice.org
-- Oficina Internacional de Educación: www. ibe.unesco.org
-- OCDE, Organización para o Desenvolvemento e a Cooperación Económica: www. oecd.org
-- Sociedad Española de Educación Comparada: http://seec.com.es
BÁSICAS E XERAIS
CG1 - Aplicar os coñecementos adquiridos para a resolución en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos multidisciplinares relacionados coa súa área de estudo.
CG2 - Integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CG3 - Comunicar as conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
TRANSVERSAIS
CT01 - Coñecer e respectar a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, fomentando unha cultura de paz, a conciencia democrática e unha resolución pacífica de conflitos así como os mecanismos básicos para a participación cidadá como exercicio que rexe a elaboración das Memorias de Responsabilidade Social Universitaria da USC.
CT02 - Incorporar os principios de igualdade de xénero entre homes e mulleres e de accesibilidade universal segundo as recomendacións da USC no seu II Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes, os Criterios de Elaboración dunha Linguaxe Profesional e Non Sexista e o Protocolo de Prevención e Actuación fronte ao Acoso Sexual e ao Acoso por Razón de Sexo, Orientación Sexual e Identidade de Xénero.
CT03 - Desenvolver aptitudes para o traballo cooperativo e colaborativo a través da participación en equipos; dentro e fose da aula, empregando habilidades de negociación e responsabilidades no desempeño das tarefas asignadas nas materias e módulos do Máster. Presentación e elección de valores como son o esforzo, respecto e compromiso coa procura da calidade no proceso de ensino-aprendizaxe como signo de identidade.
CT04 - Xerar unha actitude para a sustentabilidade ambiental e o consumo responsable desde os principios que rexen o Plan de Desenvolvemento Sostible da USC.
CT05 - Desenvolver valores profesionais desde os distintos grupos de investigación presentes no Máster para poder defender unha ética da investigación no ámbito da educación, onde se respecte a diversidade de opinións e as maneiras de «ser», «estar» e «facer».
ESPECÍFICAS
CE1 - Recoñecer a dimensión científica do proceso investigador na área socio-histórico-educativa.
CE2 - Vincular o coñecemento científico, a investigación educativa e as súas achegas metodolóxicas aos procesos cambio socioeducativo.
CE3 - Aplicar modelos e procedementos de investigación a problemas concretos da educación, asociando as súas contribucións a procesos de acción-intervención educativa e á implementación de programas.
CE5 - Coñecer os principais enfoques e estratexias da avaliación de programas na intervención socio-comunitaria.
A análise, o desenvolvemento e a presentación na aula dos contidos que conforman o temario desta materia serán unha tarefa compartida de xeito colaborativo polos profesores e o alumnado. Os profesores nas clases expositivas centraranse preferentemente nos aspectos nucleares de cada enunciado ou unidade didáctica e na resolución dos problemas suscitados. Os estudantes, coa oportuna orientación dos profesores, nas sesións interactivas e nas titorías en grupos reducidos, afondarán en cuestións concretas que non fosen abordadas máis que dun xeito moi xenérico na exposición destes e sexan susceptibles de tratamento e estudo desde os soportes bibliográfico-documentais pertinentes. Profesores e alumnado debaterán nas sesións de clases interactivas sobre os contidos analizados e expostos por cada un deles, procurando rematar os coloquios coa formulación das oportunas conclusións. As exposicións dos profesores terán como complemento substantivo sesións de traballo con soporte en textos, documentos e informes de investigación. Estes materiais seranlles entregados periodicamente aos estudantes –ou suxerida a súa localización pola súa parte– a través do campus virtual.
Durante as titorías obrigatorias, os profesores darán pautas específicas ao alumnado, ben individualmente ou ben en grupos reducidos, para unha satisfactoria execución dos traballos de curso, unha optimización da metodoloxía de ensinanza-aprendizaxe e un reforzo integral do proceso instrutivo.
Avaliación por Módulos:
A Comisión Académica do Máster, reunida o 6 de xuño de 2014, aprobou ofertar a avaliación por módulos para o alumnado que cumpra as condicións estipuladas e que, libremente, decida adscribirse a esta modalidade. Sendo así, a avaliación tería a seguinte ponderación:
a) Traballo de módulo (70%): consiste na análise dunha Tese de Doutoramento.
b) Traballos propios da materia (30%): consisten na realización de diferentes actividades prácticas ligadas á metodoloxía de investigación histórico-comparada en educación.
Avaliación específica da materia:
No caso de que o alumnado, por calquera razón xustificada (matrícula a tempo parcial, repetidores, dispensa de asistencia, etc.) non opte pola avaliación modular, as súas cualificacións basearanse na avaliación continua do seu rendemento académico e nos resultados que obteñan na realización dunha proba final. A avaliación continua efectuarase mediante recensións bibliografico-documentais, traballos monográficos de iniciación á investigación e comentarios de textos de distinta natureza e tipoloxía, tomando en consideración ademais a participación nas tarefas de aula e a concorrencia ás titorías. A proba final poderá consistir na análise crítica dun breve informe de investigación, na elaboración dun deseño ou proxecto orixinal ou nun comentario de texto con preguntas complementarias. As actividades realizadas de forma continua terán un peso ponderado non inferior ao 30% da puntuación global. Pola súa banda, a proba final non superará o 70% da cualificación obtida en conxunto.
Complementos de formación:
Para os estudiantes matriculados na materia baixo a modalidade de complementos de formación, deseñarase un sistema específico de avaliación axustado aos objetivos formativos do alumnado de doutoramento. Este sistema será acordado ao inicio da materia entre o profesorado e o alumnado.
Dispensa ou exención de dociencia:
Considerando a Instrución 1/2017, da Secretaría Xeral da USC, o alumnado que teña concedida exención de docencia, ou dispensa, será avaliado con criterios de suficiencia distintos, que serán acordados previamente cos docentes das materias.
Clases expositivas 9 horas
Clases interactivas 12 horas
Titorías obrigatorias 3 horas
Actividades (traballos, comentarios, etc.) 51 horas
Traballo total do alumno 75 horas
Para un adecuado seguimento e comprensión da materia estímase de suma importancia a concorrencia regular e a participación individual e grupal nas sesións de clase expositiva e interactiva que se programen, debendo executar os estudantes as tarefas encomendadas en cada caso. Isto implica non só cooperar dentro da aula senón tamén realizar as accións preparatorias e recapituladoras sobre as cales se sustentará a dinámica de traballo. Sendo así, a participación require o estudo, que como tarefa persoal ha de preceder e suceder ao labor na clase, orientándose ao dominio dos contidos que integran o temario, por medio dos cales se poderán atinxir os obxectivos formulados e adquirir as competencias previstas, o que se fará patente a través dos correspondentes exercicios e das oportunas probas de control.
Será indispensable manter comunicacións periódicas regulares co responsable docente da materia nos horarios de titorías estipulados, para recibir as orientacións oportunas e formularlle as dúbidas que se poidan suscitar no proceso de estudo e de iniciación ás tarefas investigadoras.
Ao comezo de cada seminario entregaranse as directrices específicas, detallando as posibles actividades así como o soporte documental de base.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL: As actividades que se realicen no marco da materia deberanse entregar a través do Campus Virtual, nun buzón habilitado polo docente a tal efecto. Non se admitirán traballos impresos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
UTILIZACIÓN DO MÓBIL NA AULA: Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo. Asemade, débese ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, onde "privado" se entende como un proceso de comunicación e intercambio entre os docentes e o estudantado matriculado na materia.
FERRAMENTAS INSTITUCIONAIS: Será obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (por exemplo, Lifesize). O estudantado debe empregar necesariamente o correo electrónico da USC (@rai.usc.es).
PROTECCIÓN DE DATOS: Será obrigatorio o cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Antonio Rodriguez Martinez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813764
- Correo electrónico
- antonio.rodriguez.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jesus Garcia Alvarez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813760
- Correo electrónico
- jesus.garcia.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Martes | |||
18:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Mércores | |||
18:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Xoves | |||
18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Venres | |||
18:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
08.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
03.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |