Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Analizar o significado inherente ás teorías e prácticas educativas nos procesos de cambio social.
- Analizar a realidade educativa como sistema no conxunto dinámico do sistema social.
- Indagar na esixencia epistemolóxica que leva consigo o estudo do cambio socioeducativo.
- Identificar e analizar, dende unha perspectiva metodolóxica, os procesos de cambio socioeducativo.
- Valorar a importancia da investigación na orientación da práctica educativa e dos procesos de cambio e transformación social.
- Dar conta dos principais paradigmas respecto ao cambio socioeducativo.
1.- Contextualización teórica do cambio socioeducativo. A concreción do significado do cambio e a consecuente determinación epistemolóxica.
2.- Socialización, educación e estrutura social: reprodución-cambio social.
3.- Principais paradigmas no estudo-investigación do cambio socioeducativo.
4.- A investigación social como orientación da práctica educativa.
5.- O estado da arte na investigación educativa.
6.- A investigación-acción como proceso metodolóxico de indagación e acción-intervención socioeducativa.
Non se espere un repertorio bibliográfico xeral, senón unha simple indicación ou orientación conforme a un compromiso teórico-metodolóxico. O profesorado entregará a principio de curso un material para o estudo básico do contido, e nel detallarase a bibliografía pertinente. Ademais, o profesorado orientará a bibliografía adecuada ás exposicións de clase, así como a concreta e puntual que poida requirir o alumnado.
Bibliografía básica
Carr, W. y Kemmis, S. (1988). Teoría crítica de la enseñanza (la investigación-acción en la formación del profesorado). Martínez-Roca.
Cunha, L. (coord.) (2023). Metodologías de investigación cualitativas en pedagogía social y educación ambiental. Informes, casos y problemas de investigación educativa. Octaedro.
Kerlinger, F.N. (1984). Investigación del comportamiento. Técnicas y metodologías. Interamericana.
Bibliografía complementaria
Bachellard, G. (1973). Epistemología. Anagrama.
Elliot, J. (1993). El cambio educativo desde la investigación-acción. Morata.
Elliot, J. (1990). La investigación-acción en educación. Morata.
Fierro, C.; Fourtoul, B. e Lesvia, R. (1999). Transformando la práctica docente: una propuesta basada en la investigación-acción. Paidós.
Guevara Patiño, R. (2016). El estado del arte en la investigación: ¿análisis de los conocimientos acumulados o indagación por nuevos sentidos?. Revista Folios, 44, 165-179.
Latorre, A. (2003). La investigación-acción: conocer y cambiar la práctica educativa. Graò.
Martínez, M. (1996). Comportamiento humano: nuevos métodos de investigación. Trillas.
Martínez, M. (2006). Ciencia y arte en la metodología cualitativa. Trillas.
Pérez Serrano, G. (1990). Investigación-acción: aplicaciones al campo social y educativo. Dykinson.
Popkewitz, T. (1988). Paradigma e ideología en la investigación educativa. Mondadori.
Tojar, J. C. (2006). Investigación cualitativa: comprender y actuar. Ediciones La Muralla.
Vila, E. S. y Grana, I. (coords.) (2020). Investigación educativa y cambio social. Octaedro.
Xerais
CG1 - Aplicar os coñecementos adquiridos para a análise, explicación, interpretación e intervención educativa en contornos emerxentes dentro de contextos multidisciplinares relacionados coa súa área de estudo.
CG2 - Integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuizos ou adoptar decisións a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais, educativas e/ou de natureza ética vinculadas á aplicación das capacidades e saberes adquiridos
Específicas
CE2 - Vincular os coñecementos científicos, á investigación educativa e os seus aportes metodolóxicos aos procesos de cambio e transformación social.
Transversais
CT03 - Desenvolver habilidades para o traballo cooperativo e colaborativo en dinámicas colectivas e de participación en equipos; dentro e fóra da aula, utilizando habilidades de negociación e responsabilidades no desempeño das tarefas asignadas nas materias e módulos do Máster. Presentación e elección de valores como o esforzo, o respecto e o compromiso coa procura da calidade no proceso de ensino-aprendizaxe como sinal de identidade.
CT05 - Desenvolver os valores profesionais dos distintos grupos de investigación presentes no Máster para poder defender unha ética da investigación no ámbito educativo, onde a diversidade de opinións e as formas de «ser», «ser» e «facer». "
Proponse unha metodoloxía baseada no principio de participación, actividade e aprendizaxe vivencial e razoada; isto é, que fomente a implicación do alumnado no desenvolvemento dos temas propostos.
Nas clases expositivas realizarase unha presentación e explicación da temática, orientando ao alumnado respecto dos centros de interese nos que
conveña afondar dende o punto de vista documental e bibliográfico.
As clases prácticas de seminario desenvolveranse a partir da análise de situacións e lecturas de textos que complementen e amplíen as exposicións do profesorado, e que o alumnado terá que traballar, a nivel individual, baixo a supervisión do profesorado.
As titorías serán individuais e grupais.
Aula virtual. A materia dispón dunha aula na plataforma virtual da USC onde poderán consultarse todos os materiais, prácticas e informacións relativas ao seu desenvolvemento. Recoméndase especialmente o acceso semanal á mesma para un axeitado seguimento da materia.
A asistencia será obrigatoria, sendo supervisada e acreditada polo profesorado mediante os sistemas que se determinen a tales efectos.
AVALIACIÓN POR MÓDULOS:
A Comisión Académica do Master, reunida o 6 de xuño de 2020, aproba ofertar a avaliación por módulos para o alumnado que cumpra as condicións estipuladas.
Neste tipo de avaliación o alumnado terá que facer un traballo que servirá para todas as materias do módulo I do master, correspondéndolle o 70%
da nota final, quedando o outro 30% para as actividades que os tres docentes sinalen como obrigatorias en cada unha das tres partes da materia. As actividades de cada parte terán un peso máximo do 10%.
AVALIACIÓN DA MATERIA INDIVIDUAL:
Neste caso, realizarase unha proba escrita do contido impartido nas clases expositivas. O alumno ou alumna realizará un exame final na data establecida no calendario académico do Master. O exame consistirá en desenvolver un tema, proposto polo profesorado, no que se valorará a capacidade de relación e de síntese respecto ao contido explicado.
No conxunto da cualificación da materia, a nota do exame terá un valor do 50%.
Así mesmo, o alumnado realizará unha serie de tarefas prácticas, que consistirán en comentarios escritos, tanto individuais como en grupo, solicitados polo profesorado, e que terán un carácter obrigatorio. Estes comentarios serán de textos e de “propostas” concretas formuladas en clase.
No conxunto da cualificación da materia, a nota final das prácticas de seminario terá un valor do 50%.
ALUMNADO EXCEPCIONALMENTE DISPENSADO DE ASISTENCIA:
O alumnado excepcionalmente dispensado de asistencia, segundo a Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral da Universidade de Santiago de Compostela (https://cutt.ly/eb9KiQz), con exención total de docencia (https://cutt.ly/rb9KkQC), ou que por circunstancias imprevistas inescusables debidamente acreditadas, non realice o desenvolvemento planificado da materia (asistencia mínima ao 80% das sesións de cada seminario e realización de todas as actividades de aula), seguirá os mesmos criterios que a avaliación individual
AVALIACIÓN DA MODALIDADE DE COMPLEMENTOS DE FORMACIÓN:
A avaliación do alumnado de complementos de formación será a mesma que a avaliación da materia individual.
Implicación do alumnado no razoar e argumentar durante as clases expositivas. Confección dun guion persoal para preparar o exame final no caso de non ter elixido a avaliación por módulos.
Participación activa nas prácticas de seminario, elaborando por escrito, e persoalmente, os traballos de comentarios de texto ou situacións concretas propostos polo profesorado. Traballos que se entregarán no tempo previamente establecido.
Clases expositivas: 9 horas
Clases interactivas: 12 horas
Titorías obligatorias: 3 horas
Actividades: 51 horas
Traballo total do alunmo/a: 75 horas
Valorarase a aprendizaxe do razoar e argumentar e non o exercicio memorístico.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL: Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
Se o/a docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade "aforro de tinta".
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
UTILIZACIÓN DO MÓBIL NA AULA. Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polas docentes, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non adecuado do mesmo.
COMUNICACIÓN INSTITUCIONAL:
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc.).
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e os/as estudantes matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Maria Del Mar Lorenzo Moledo
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813758
- Correo electrónico
- mdelmar.lorenzo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jose Antonio Caride Gomez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813754
- Correo electrónico
- joseantonio.caride [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Anais Quiroga Carrillo
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813890
- Correo electrónico
- anais.quiroga.carrillo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Martes | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Mércores | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Venres | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
09.01.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
02.06.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |