Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Obxectivos instrutivos:
1.Proporcionando un marco conceptual sobre as interaccións sociais que teñen lugar nos centros educativos, mediadas por modelos de organización e e por modelos profesionais predominantes entre os educadores, pretendemos que o alumnado alcance unha comprensión sistemática e rigorosa sobre as relacións entre os membros da comunidade educativa e sobre o modo en que afectan aos procesos de ensinanza e aprendizaxe.
2.Poñendo a disposición do alumnado as principais perspectivas teórico-conceptuais que tratan de explicar as interaccións escolares, queremos que poida identificar, coñecer e valorar os principais factores das citadas interaccións que teñen incidencia especial sobre o desenvolvemento das actividades de ensinanza e aprendizaxe.
3.Poñendo ao alcance do alumnado os mecanismos de influencia educativa, os factores e os elementos neles implicados, queremos que poida asesorar ao profesorado na mellor forma de organizar as actividades educativas e proporcionar a axuda máis adecuada ó aprendiz en termos das súas diferenzas individuais.
• Obxectivos formativos:
Cos obxectivos formativos pretendemos que o alumnado:
1.Valore de forma reflexiva e crítica as aportacións que fan as ciencias da educación para comprender e analizar os procesos de interacción e de comunicación que teñen lugar na escola.
2.Aprecie o valor educativo da discusión e do traballo cooperativo como medios adecuados, tanto para aprendizaxe escolar como para o mellor funcionamento da organización escolar.
3.Desenvolva un enfoque profundo de aprendizaxe (interesado na construción de significados) e estratexias de aprendizaxe que o capacite para a busca, selección, organización e comprensión de información relevante para o seu campo de estudio.
4.Adquira hábitos de traballo grupal cooperativo.
5.Adquira hábitos de traballo autónomo, independente e autodirixido.
1.Interacción social e aprendizaxe: Contexto sociocultural e desenvolvemento psicolóxico. A educación como mecanismo de desenvolvemento no seo da cultura. A escola como institución sociocultural. Entender a escola como un escenario de comunicación.
2.As interaccións na aula I: A interacción profesorado-alumnado. As representacións mutuas profesorado/alumnado. O problema das expectativas do profesorado e a influencia sobre a aprendizaxe. Os procesos de axuste da axuda pedagóxica do profesorado: a andamiaxe na zona de desenvolvemento próximo.
3.As interaccións na aula II: A interacción entre alumnos: A construción do coñecemento entre iguais: Perspectivas teóricas: o modelo da controversia de Johnson e Johnson; a perspectiva piagetiana e as derivacións neopiagetianas (o conflito sociocognitivo); a perspectiva vygotskiana. Algunhas estratexias interactivas: a titoría, a colaboración entre iguais e o traballo cooperativo. O papel do profesorado nas situacións de aprendizaxe entre iguais.
4.A interacción entre profesores/as: A estrutura organizativa da escola. As culturas da escola como contextos para comprender as relacións interpersoais. Os obstáculos para a comunicación no seo do profesorado. Conflito e estratexias para enfrontalo. O traballo en equipo do profesorado.
5.Comunidades de aprendizaxe e redes escolares: Unha nova forma de entender as relacións da escola coa comunidade. Natureza distribuída do coñecemento humano. Interacción comunicativa e aprendizaxe dialóxica. A participación social. A escola-rede e vías para promover unha rede escolar.
Pola metodoloxía de traballo nesta materia, carece de sentido a distinción entre bibliografía básica e complementaria. O que se ofrece ao alumnado é un dosier documental cun conxunto de lecturas coas que procede realizar o informe-síntese ao que se fai referencia no apartado de metodoloxía. Esta bibliografía obrigatoria, xunto cunha ampla relación de referencias optativas figuran na Guía docente que esta á disposición do alumnado no Campus Virtual. A orde bibliográfica aquì expresada corresponde á secuencia temporal que o alumnado deberá seguir para poder desenvolver as actividades de aprendizaxe previstas no programa da materia.
1. Flecha, R. (2009). Cambio, inclusión y calidad en las comunidades de aprendizaje. Cultura y Educación, 21 (2), pp. 157-169.
2. Elboj, Carmen e Oliver, E. (2003). Las comunidades de aprendizaje: Un modelo de educación dialógica en la sociedad del conocimiento. Revista Interuniversitaria de Formación del Profesorado, vol. 17, núm. 3, pp. 91-103.
3. Aubert, A., García, C. e Racionero, S. (2009). Aprendizaje dialógico. Cultura y Educación, 21(2), pp. 129-139.
4. Tomasello, M., Kruger, A.C. e Ratner, H. (1993). Cultural learning. Behavioral and Brain Sciences, 16, pp.495-552. Versión castelá traducida por Fernando Clemente, profesor de psicoloxía da UBA.
5. Johnson, D.W. e Johnson, R.T. (1999): Algunas reflexiones. En D.W. Johsnon e R.T. Johnson, Aprender juntos y solos. Aprendizaje cooperativo, competitivo e individualista. Buenos Aires: Aique. Ler e resumir o apartado "El cambiante paradigma de la enseñanza, pp. 239-243.
6. Plá, L. (1989). Bases psicopedagógicas. En L. Plá, Enseñar y aprender inglés. Bases psicopedagógicas. Barcelona: ICE-Horsori. Ler e resumir apartado "La educación como proceso: diferentes modelos de interactividad" pp. 135-139.
7. Instituto Internacional de Investigación de Tecnología Educativa (s/d), Los modelos pedagógicos y la influencia sobre el grupo. Ler e resumir o apartado 7.3. Características de los modelos pedagógicos, pp. 203-209.
8. Zabala, A. (1995). Las relaciones interactivas en clase. El papel del profesorado y del alumnado. En A Zabala, La práctica educativa. Cómo enseñar. Barcelona: Editorial Graó.
9. Solé, I. (1997). Reforma y trabajo en grupo. Cuadernos de Pedagogía, núm. 255, pp. 50-53.
10. Onrubia, J. e Mayordomo, R.M. (2015). El aprendizaje cooperativo: elementos conceptuales. En R.M. Mayordomo e J. Onrubia (coords.), El aprendizaje cooperativo. Barcelona: UOC.
11. Pujolàs, P. e Lago, J.R. (2007). La organización cooperativa de la actividad educativa. En J. Bonals e M. Sánchez-Cano, Manual de asesoramiento psicopedágogico. Barcelona: Graó.
12. Colomina, R., Onrubia, J. e Rochera, Mª J. (2001). Interactividad, mecanismos de influencia educativa y construcción del conocimiento en el aula". En C. Coll, J. Palacios e A. Marchesi (Comp.), Desarrollo psicológico y educación. 2. Psicología de la educación escolar. Madrid: Alianza Editorial. Ler e resumir apartado 4. Los mecanismos de influencia educativa en el ámbito de la interactividad, pp. 450-468.
13. Pardo, J.C. e García Tobío, A. (1997): ¿O centro educativo como unidade de cambio? Interacción entre profesores: burocracia vs. colaboración. Revista Galega de Educación, 28, 58-68.
14. Antúnez, S. (1999), El trabajo en equipo de los profesores y profesoras: factor de calidad, necesidad y problema.El papel de los directivos escolares. Educar, 24, pp. 89-110.
15. Mauri, T. (2002): Dinámica del equipo de centro e innovación educativa. En S. Antúnez e outros, Dinámicas colaborativas en el trabajo del profesorado. El paso del yo al nosotros. Barcelona: Editorial Graó.
16. Antúnez, S. (2002): ¿Qué podemos hacer para mejorar la participación en los equipos de profesoras y profesores? En S. Antúnez e outros, Dinámicas colaborativas en el trabajo del profesorado. El paso del yo al nosotros. Barcelona: Editorial Graó.
• Básicas e xerais
CG1 - Coñecer os contidos curriculares das materias relativas á especialización docente correspondente.
CG5 - Contextualizar o currículo que se vaia a implantar nun centro docente participando na planificación colectiva do mesmo.
CG6 - Deseñar e desenvolver metodoloxías didácticas tanto grupais como personalizadas, adaptadas á diversidade do alumnado.
CG9 - Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e dominar destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar a aprendizaxe e a convivencia na aula e abordar problemas de disciplina e resolución de conflitos.
CG12 - Participar na avaliación, investigación e innovación dos procesos de ensinanza e aprendizaxe, comunicando as súas conclusións e as razóns que as sustentan á comunidade educativa e outros profesionais da educación.
CG16 - Traballar en equipo con outros profesionais da educación, enriquecendo a súa formación.
CG17 - Desenvolver hábitos e actitudes para aprender a aprender a lo largo do seu posterior desenvolvemento profesional.
CG18 - Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas a contornos educativos novos ou pouco coñecidos..
CB7 - Que o alumnado saiba aplicar os coñecementos adquiridos y a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que o alumnado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á
aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que o alumnado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que o alumnado posúa as habilidades de aprendizaxe que lle permita continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
• Transversais
CT1 - Utilizar bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
CT2 - Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando errores lóxicos na toma de decisións.
CT3 - Potenciar la capacidade para el traballo en contornos cooperativos e pluridisciplinarios.
• Específicas
CEG19 - Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula
CEE19 - Asesorar e colaborar co profesorado na revisión e mellora dos procesos de ensinanza e aprendizaxe e de avaliación, e poñelos en práctica en caso de impartir algunha materia del curriculum.
CEE20 - Asesorar y colaborar con los docentes y, en especial, con los titores, en el acompañamento ao alumnado nos seus procesos de desenvolvemento, aprendizaxe e toma de decisións
CEE23 - Aplicar técnicas de mediación para a xestión de conflitos co fin de mellorar o clima de convivencia nos Centros.
CEE26 - Colaborar no establecemento de estruturas de traballo colaborativo cos docentes e outros membros da comunidade escolar, así como con ouros profesionais que interveñen nos centros educativos.
CEE32 - Analizar criticamente as formulacións conceptuais e ideolóxicas da inclusión e exclusión socioeducativa.
CEE33 - Identificar as barreiras e os facilitadores dunha educación inclusiva tanto no centro escolar como no resto dos contextos que inflúen sobre o desenvolvemento e a educación do alumnado.
CEE34 - Deseñar y poñer en marcha, en colaboración coa comunidade escolar, medidas de atención á diversidade que garantan a presenza, participación e aprendizaxe de todo o alumnado.
CEE41 - Apoiar o traballo en equipo dos docentes mediante estratexias e técnicas de traballo colaborativo e de análise da práctica docente para potenciar o traballo en equipo de profesorado, especialmente con base nas TIC.
CEP6 - Adquirir experiencia no exercicio da orientación educativa e o asesoramento psicopedagóxico acreditando un bo dominio da expresión oral e escrita e das competencias profesionais necesarias para este exercicio.
CEP7 - Analizar a realidade escolar na que se leven a cabo as prácticas utilizando os marcos teóricos estudados no Máster.
CEP8 - Planificar, desenvolver ou avaliar un plan de intervención no ámbito da orientación educativa e o asesoramento psicopedagóxico
A actividade principal que dá sentido á organización e dinámica do curso é a elaboración dun informe-síntese (non superior a 10 páxinas), no que se articulen de forma comprensiva os contidos traballados sobre os núcleos citados no apartado de contidos.
O informe-síntese ha de responder á pregunta que se formula na introdución do programa ampliado (ver Guía Docente que figura no Campus Virtual), e que se enuncia aquí no apartado final de observacións.
A dinámica base pola que se opta é a do curso-seminario que esixe a constitución de grupos estables de entre 4-6 alumnas/os, aos que se lle propón o modo de traballo colaborativo para a elaboración do informe-síntese, facendo uso dos procedementos habituais de traballo intelectual: confección dun ficheiro, con fichas resume e fichas conceptuais, do que se valerán para dar forma ao esquema da síntese e para redactala.
O citado modelo de curso-seminario adoptará unha estrutura cíclica cos seguintes constituíntes:
1. O traballo sobre cada bloque de contido iníciase cunha exposición clarificadora, coa que o profesor presenta unha visión global e integradora dos temas e das proposicións conceptuais máis relevantes contidos nos textos.
2. A partir de aquí, e no número de sesións que se determine, os Equipos de Traballo desenvolverán de forma colaborativa actividades de reflexión crítica e discusión sobre os documentos e, de cara á elaboración do informe-síntese, organizarán o traballo correspondente: elaboración de resumes, fichas conceptuais, mapas de conceptos, esquemas, etc.
3. O traballo sobre o núcleo temático remata cun debate de gran grupo, que deberá ser preparado previamente por cada equipo de traballo, que determinará as cuestións que considere relevantes para a discusión.
No transcurso do traballo en pequenos grupos, é función do profesor orientar o traballo que os equipos desenvolven na aula.
Nesta materia utilízase o Campus Virtual, onde figura a planificación completa do traballo de ensinanza e aprendizaxe desde o inicio de curso.
Nesta materia non se contemplan Prácticas de campo.
De acordo coa organización e dinámica do curso exposto no apartado sobre a metodoloxía, prevense catro instrumentos de avaliación:
1. Informes-síntese.
2. Base de datos documental: Fichas resumo e conceptuais, mapas de conceptos, esquemas
3. Observación continuada da actividade desenvolta polos grupos de traballo, e participación individual nas sesións de debate.
4. Autoavaliación realizada polo Equipo de Traballo.
Toda a documentación presentarase en formato dixital.
A cualificación final será o resultado da media ponderada da avaliación dos documentos de síntese (nos que, de acordo coa Guía docente, valorarase a relevancia do contido, a estrutura e a organización do discurso, a integración e relación conceptual, a expresión adecuada e a reflexión), da comprensión mostrada en relación co documento individual do traballo aportado ó grupo, das estratexias de aprendizaxe valoradas a través da confección da base de datos documental, das observacións realizadas polo profesor, e a avaliación realizada polo Equipo de Traballo sobre cada un dos seus compoñentes.
A Instrución núm. 1/2017, do 27 de abril de 2017, da Secretaría Xeral da USC sobre a dispensa de asistencia á clase obriga a que os programas contemplen o dereito á avaliación de alumnos e alumnas aos que, por diversas circunstancias, se dispense da asistencia á clase. Por este motivo, nesta materia óptase por propoñer a este alumnado a realización das mesmas probas, exame, traballos monográficos que se programen de forma xeral na Guía Docente, salvo aquelas actividades que necesitan da asistencia continuada á clase. Deste modo, tratamos de asegurar que se cumpran condicións similares de aprendizaxe tanto para o alumnado asistente como non asistente.
1. Clases expositivas e clases interactivas (traballo en pequenos grupos e debates en gran grupo): 15 horas
2. Lectura individual e elaboración de fichas resume e conceptuais: 25 horas
3. Reunións do grupo de traballo para a redacción do informe-síntese: 35 horas
Sobre a asistencia ás sesións programadas:
Polas características da programación do curso, especificadas no apartado anterior, é imprescindible a asistencia ás sesións previstas no programa da materia. Para garantir o funcionamento adecuado dos grupos, para o cal é necesario o compromiso activo de cada un dos seus compoñentes, establécese como condición a asistencia de polo menos ao 80% das sesións programadas.
Para a participación no traballo en pequenos grupos e para os debates programados de Gran grupo, é necesaria a lectura dos documentos, segundo a secuencia establecida no programa amplo desta materia.
O alumnado non asistente por dispensa académica ten que realizar a mesma actividade básica (lectura, selección e organización de información do dosier bibliográfico obrigatorio, elaboración de fichas conceptuais e creación do informe-síntese) que o alumnado asistente.
O punto de partida desta materia é o recoñecemento de que os procesos psicolóxicos non poden ser comprendidos ao marxe dos contextos nos que se producen. A escola é unha institución social que introduce ao alumnado en contextos e relacións que promoven, condicionan (e incluso limitan) a súa aprendizaxe e o seu desenvolvemento. “Clase”, “centro”, e “comunidade” son os contextos básicos, no marco dos que teñen lugar as actividades de ensinanza/aprendizaxe. A análise destes contextos e das relacións que neles se establecen parece ser unha condición indispensable para comprender e interpretar os procesos de ensinanza/aprendizaxe. Tomando como referencia esta formulación, o desenvolvemento deste programa pretende responder á seguinte cuestión: ¿De que modo afectan os contextos escolares e as relacións que neles se establecen ós procesos de ensinanza/aprendizaxe e, en consecuencia, que escenarios educativos son máis propicios para favorecer aprendizaxes significativas do alumnado?
Unha versión ampla deste programa está dispoñible no Campus Virtual, no contexto da planificación completa e secuenciada para todo o curso dos procesos de ensinanza e aprendizaxe.
Outras observacións:
1. Responsabilidade ambiental: Nesta materia pídese ao alumnado que presente en formato pdf, word ou libreOffice os traballos, tanto individuais como grupais, previstos na programación.
2. Perspectiva de xénero. Recoméndase facer uso dunha linguaxe inclusiva e non sexista, tanto no traballo habitual da aula como nos traballos académicos. Máis información en: https://www.usc.es/export9/ sites/ webinstitucional/ gl/ servizos/ oix/descargas/ linguaxe_ non_sexista_publicado_WEB_USC.pdf
3. É obrigatorio o uso do correo rai.
4. Recoméndase o emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Plataforma Firgoa, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC (Lifesize, etc.).
5. Non se poderá utilizar o teléfono móbil, salvo como instrumento de traballo seguindo as indicacións do/a docente. O alumnado será responsable das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun uso non adecuado do mesmo.
6. Debe terse en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases, titorías) é un proceso privado de comunicación e intercambio entre a docente e o alumnado.
7. Debe cumprirse a normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidade- proteccion-datos
8. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
Juan Carlos Pardo Perez
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813726
- Correo electrónico
- juancarlos.pardo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
22.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
26.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |