Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica das Ciencias Sociais
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo central da materia é identificar liñas relevantes de investigación e innovación nas didácticas das Ciencias Sociais e as Humanidades, que permitan desenvolver competencias para a docencia.
Este obxectivo xeral concrétase en dous obxectivos específicos:
1. Deseñar un programa de actividades, ou unidade didáctica, para innovación en aulas de secundaria.
2. Deseñar unha proposta de investigación para un aula de secundaria coa que se poda identificar a eficacia dunha proposta docente innovadora.
a) Participar na indagación e iniciarse na investigación educativa considerando a dimensión epistemolóxica e mais a metodolóxica para mellorar o ensino/aprendizaxe das ciencias sociais e humanidades.
b) Incorporar resultados da investigación ao ensino para mellorar as aprendizaxes do alumnado de educación secundaria.
Contidos xerais (Memoria Verificación Título)
1. O profesor como axente reflexivo e crítico, capaz de proxectar a innovación docente e a investigación educativa na mellora da súa propia práctica.
2. Aportacións da investigación educativa en Ciencias Sociais e Humanidades á mellora dos procesos de ensino-aprendizaxe.
3. Análise e valoración de proxectos e experiencias innovadoras no ensino-aprendizaxe das Ciencias Sociais e Humanidades.
4. Deseño e desenvolvemento de propostas de innovación e investigación no ensino-aprendizaxe das Ciencias Sociais e Humanidades.
Contidos específicos (a partir da Memoria Verificación Título)
1. Investigación e innovación en didáctica das ciencias sociais
a. A dimensión epistemolóxica das propostas educativas: conceptos substantivos no ensino da historia, educación patrimonial e arte contemporánea.
b. A dimensión metodolóxica para a educación histórica e doutras ciencias sociais: da metodoloxía transmisiva tradicional ás metodoloxías activas.
2. Avaliación por competencias e conceptos metodolóxicos no ensino das ciencias sociais.
3. Investigación en educación na formación do profesorado de secundaria:
a. A competencia docente avalíase na práctica: elaboración dun programa de actividades ou unidade didáctica para investigar a súa eficacia durante o Practicum. Deseño curricular.
b. Os resultados da investigación no master comunícanse nos TFM. A comunicación da investigación. Escrita académica e normas de publicación en educación e outras ciencias sociais: A estrutura do TFM
BÁSICA:
-DOMINGUEZ CASTILLO, J, (2015): Pensamiento histórico y evaluación de competencias. Graó.
-GÓMEZ, C. J., ORTUÑO, J., MIRALLES, P. (2018). Métodos y estrategias de enseñanza de las ciencias sociales. En P. Miralles y C. Gómez (coords.) Enseñar ciencias sociales con métodos activos de aprendizaje. Reflexiones y propuestas a través de la indagación (pp. 79-127). Octaedro.
-HERNÁNDEZ SAMPIERI, R.; FERNÁNDEZ COLLADO, C., BAPTISTA LUCIO, P. (2006). Metodología de investigación. México: McGraw Hill.
-STRAUSS, A., CORBIN, J. (2002). Bases de la investigación cualitativa. Técnicas y procedimientos para desarrollar la teoría fundamentada. Medellín: Universidad de Antioquia.
-Cada tema/bloque de contido terá asociada unha documentación específica (revistas, páxinas Web de interese, artigos) que será indicada, durante o proceso de ensino-aprendizaxe, ao alumnado.
COMPLEMENTARIA:
-BISQUERRA, R. (2009). Metodología de la investigación educativa. Madrid: La Muralla.
-COHEN, L., MANION, L. (2002). Métodos de investigación educativa. La Muralla.
-CUESTA, R. (1998). Clío en las aulas. La enseñanza de la Historia en España entre reformas, ilusiones y rutinas. Akal.
-ELLIOTT, J. (2000). El cambio educativo desde la investigación-acción. Morata.
-GIROUX, H. A. (1997). Los profesores como intelectuales: hacia una pedagogía crítica del aprendizaje. Paidós.
-GOETZ, J. P., LECOMPTE, M. D. (1988). Etnografía y diseño cualitativo en investigación educativa. Morata.
-GÓMEZ, C. J., SOBRINO, D. (2018). Métodos activos de aprendizaje y adquisición de competencias en la clase de historia. En P. Miralles y C. Gómez (coords.) La educación histórica ante el reto de las competencias: métodos, recursos y enfoques de enseñanza (pp. 111-126). Octaedro.
-HERNÁNDEZ, P., MAQUILÓN, J., CUESTA, D., IZQUIERDO, T. (2015). Investigación y análisis de datos para la realización de TFG, TFM y tesis doctorales. Compobell.
-MERCHAN, J. (2005). Enseñanza, examen y control: profesores y alumnos en la clase de historia. Octaedro.
-MIRALLES-SÁNCHEZ, P., SÁNCHEZ-IBÁÑEZ, R., MORENO-VERA, J.R. (eds.) (2024). Aprender historia en el siglo XXI. Octaedro.
-MURPHY, J (2011). Más de 100 ideas para enseñar historia en educación primaria y secundaria. Graó.
-NIETO MARTÍN, S. (ed.) (2012). Principios, métodos y técnicas esenciales para la investigación educativa. Dykinson.
-NOVAK, J. D. e GOWIN, D. B. (1988) Aprendiendo a aprender. Martínez Roca (capítulo 8).
-RODRÍGUEZ PÉREZ, R.A., TRIGUEROS CANO, F.J., ANTOLINOS SÁNCHEZ, A. (eds.) (2024). Mirando al futuro: educación histórica y valores cívicos. Octaedro.
-SÁNCHEZ-FUSTER, M.C., LÓPEZ-GARCÍA, A., MONTEAGUDO-FERNÁNDEZ, J. (2024). Tecnologías emergentes y alfabetización digital para enseñar historia. Octaedro.
-SÁNCHEZ-RODRÍGUEZ J., RUIZ-PALMERO J., SÁNCHEZ-VEGA E. (2017) Flipped classroom. Claves para su puesta en práctica. EDMETIC, 6(2), 336-358.
-STENHOUSE, L. (2004). La investigación como base de la enseñanza. Morata.
Revistas de Didáctica de las Ciencias Sociales con contidos íntegros on line:
-Clase de Historia: http://www.claseshistoria.com/revista/historial.html
-Clío & Asociados (Argentina): http://bibliotecavirtual.unl.edu.ar:8180/publicaciones/handle/1/2413
-Con-Ciencia Social: http://www.fedicaria.org/quees_conc_social.htm
-Didáctica de las Ciencias Experimentales y Sociales: http://centros.uv.es/web/departamentos/D90/valenciano/
Didácticas Especificas: http://www.didacticasespecificas.com/ES/index.php
-Enseñanza de las Ciencias Sociales (revista de investigación): http://161.116.7.34/publicacions01/revistes.htm
-Iber (acceso só a abstracts: suscripción de pago para contidos completos): http://iber.grao.com/revistas/presentacion.asp?ID=10
-Proyecto Clío: http://clio.rediris.es/
-Teoría y didáctica de las CC sociales (Universidad de los Andes, Venezuela): http://www.saber.ula.ve/gitdcs/
-Revista Interuniversitaria de Formación del Profesorado (RIFOP): https://recyt.fecyt.es/index.php/RIFOP
-Revista Electrónica Internuniversitaria de Formación del Profesorado (REIFOP): https://revistas.um.es/reifop
-Revista de investigación en Didáctica de las Ciencias Sociales (REIDICS): https://revista-reidics.unex.es/index.php/reidics/about
XERAIS:
-CX3 (reformulada). Planificar, desenvolver e avaliar propostas de ensino e aprendizaxe, utilizando metodoloxías de traballo que faciliten a adquisición das competencias propias das materias de ensino secundario.
-CX6. Deseñar e desenvolver metodoloxías didácticas tanto grupais como personalizadas, adaptadas á diversidade dos estudantes.
-CX12. Participar na avaliación, investigación e innovación dos procesos de ensino e aprendizaxe, comunicando as súas conclusións e as razóns que as sustentan á comunidade educativa.
-CX16. Traballar en equipo con outros profesionais da educación, enriquecendo a súa formación.
-CX17. Desenvolver hábitos e actitudes para ser capaces de asumir autonomamente a formación propia e a aprendizaxe ao longo do desenvolvemento profesional.
-Participar na avaliación, investigación e innovación dos procesos de ensino e aprendizaxe, comunicando as conclusións e as razóns que as sustentan á comunidade educativa e a outros profesionais da educación.
-Asumir a interdisciplinariedade e contidos transversais no ensino-aprendizaxe das ciencias sociais e das humanidades.
-Buscar, obter, procesar e comunicar información (oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia) transformala en coñecemento e aplicala aos procesos de ensino e aprendizaxe
ESPECÍFICAS (asociadas ao módulo específico)
-CEE11. Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito das ciencias sociais.
-CEE12. Analizar criticamente a profesión docente e as boas prácticas, utilizando indicadores de calidade.
-CEE13. Identificar os problemas relativos á ensinanza e á aprendizaxe das ciencias sociais e formular alternativas e solucións.
-CEE14. Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación.
-Adquirir criterios de selección, elaboración e avaliación de materiais educativos para as ciencias sociais.
TRANSVERSAIS:
-CT1. Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
-CT3. Potenciar a capacidade de traballo en contornos cooperativos e interdisciplinarias.
-Deseñar e poñer en práctica actividades de innovación educativa con contidos transversais para facilitar o desenvolvemento e a avaliación de competencias básicas (por exemplo, por medio dunha saída didáctica).
PRINCIPIOS METODOLÓXICOS
O ensino que se propón fundaméntase:
a) Nos principios educativos de actividade e participación para orientar aos estudantes na súa futura actividade docente.
b) Na capacidade de reflexión e interacción por medio do traballo individual e colectivo.
c) Na competencia do alumnado de aprender de maneira autónoma.
d) Na incentivación da innovación didáctica utilizando recursos próximos e ocasionais.
e) No desenvolvemento de técnicas de comunicación utilizando diversos recursos e ferramentas.
f) Na utilización de soportes variados, incluídos os informáticos dispoñibles na rede.
ORGANIZACIÓN DAS ACTIVIDADES DE ENSINO E APRENDIZAXE
a) Traballo en grupo ou colaborativo (35% da cualificación)
- O alumnado traballará en grupos colaborativos estables durante o curso (integrados polas mesmas persoas: entre tres como mínimo e cinco estudantes como máximo).
- Cada grupo deberá preparar e expoñer na aula unha proposta metodolóxica específica, sobre contidos específicos para educación secundaria, seleccionando algún das seguintes estratexias:
Técnicas cooperativas;
Estudos de caso;
Método de proxectos e ABP;
Aprendizaxe Baseado en Retos;
Aprendizaxe Baseado no Lugar (PBE);
Aprendizaxe-servizo (APS);
Simulacións e estratexias empáticas;
Aula invertida (Flipped-Classroom);
Gamificación e Aprendizaxe baseado en Xogos (ABJ);
Traballo de campo e itinerarios didácticos;
Tarefas para desenvolver na aula con métodos de indagación e metodoloxías activas de aprendizaxe (traballo con prensa, con fontes diversas, etc.).
- O traballo en grupos realizarase nas sesión interactivas e como traballo autónomo, co apoio do profesorado tanto nas sesións presenciais como telemática mente. Cada grupo debe entregar un pequeno dossier de sobre a técnica seleccionada e máis un póster ou unha presentación que será compartida con todo grupo e defendida publicamente.
A entrega do traballo e da presentación será previa á defensa pública. A cualificación de cada grupo poderá ponderarse en función de diferente aportación realizada por cada alumno ou alumna.
b) Traballo individual (65% da cualificación)
- Cada estudante deberá deseñar un programa de actividades (unha unidade didáctica) con contidos específicos para un grupo de escolares de educación secundaria (traballo individual).
- A Unidade Didáctica debe ir acompañada dun póster ou dunha presentación de apoio para a súa exposición en público.
Participación obrigatoria no blog ou foro que estará habilitado no Campus Virtual, cun mínimo de 2 intervencións para cada un dos temas que se susciten.
Participación, de ser o caso, nun itinerario didáctico ou visita didáctica a un espazo de interese histórico e/ou patrimonial
Os traballos expoñeranse publicamente na aula seguida do correspondente debate.
Utilizarase preceptivamente o Campus Virtual como medio de comunicación entre os profesores e o alumnado. O alumando desenvolverá algunhas actividades de maneira colabórativa.
Nas titorías procurarase un ensino máis personalizado e manterase unha relación individualizada co obxectivo de orientar e apoiar ao estudante. Así mesmo, revisaranse as tarefas levadas a cabo polo alumnado. O docente contempla algunha entrevista individual ou para pequenos grupos, ao longo do curso. A participación nas titorías pode realizarse virtualmente, utilizando o Campus Virtual.
O traballo de seminarios dedicarase ao estudo intensivo dalgúns temas, mediante a lectura de material escrito e a utilización de documentos audiovisuais. O alumnado desempeña un papel activo e participativo; o profesor é un mediador, orientador e guía. A USC non contempla neste momento docencia en seminarios (grupos pequenos) polo que se suplirá por unha actividade similar, dividindo o grupo mediano en varios subgrupos aínda que terá que realizarse virtualmente ou na mesma aula.
A asistencia é obrigatoria, polo menos ao 80% do conxunto das horas previstas como presenciais de acordo á normativa da USC e da Facultade. O alumnado que non cumpra con este requisito non será avaliado na convocatoria ordinaria.
A avaliación incluirá a totalidade das actividades que se realicen durante o período lectivo, tanto na aula como fóra, podendo incluír, no seu caso, a recensión obrigatoria dun libro ou de varios artigos.
A avaliación das aprendizaxes dos estudantes realizarase a través do desenvolvemento de competencias: didácticas, comunicativas e científicas.
INDICADORES DE CALIDADE DA APRENDIZAXE DE CADA ALUMNO/A
Os indicios da aprendizaxe están relacionados co desenvolvemento das competencias profesionais:
a) En relación coas competencias didácticas:
• Participación activa nas diferentes actividades que se desenvolvan (implica asistencia regular ás aulas, responder a preguntas que se formulen na aula ou na plataforma telemática que se habilite, formular publicamente preguntas e dúbidas, intervir en debates e diálogo con outras estudantes ou co profesor).
• Calidade do deseño das actividades destinadas ao ensino secundario: que favorezan o ensino e aprendizaxe e que propicien o desenvolvemento de competencias básicas no alumnado.
• Utilización de recursos variados ao longo do curso, tanto nas actividades que desempeñe como estudante universitario como no deseño das que, como futuro docente, teñan por obxectivo a educación no ensino secundario.
• Identificación e utilización de coñecementos sociais relevantes: os problemas que como futuros docentes seleccionen para o ensino aprendizaxe en secundaria deben ser relevantes para a sociedade e para o desenvolvemento intelectual do alumnado.
• Adecuación das estratexias para o ensino aprendizaxe no ensino secundario que favorezan o desenvolvemento de competencias cívicas e sociais do alumnado de secundaria.
• Identificación de limitacións, insuficiencias e mesmo nesgos e erros en libros de texto e outros materiais destinados ao ensino secundario. Propoñer alternativas para a súa mellora e utilización nas aulas.
• Identificar e propoñer a utilización nas aulas de secundaria do patrimonio e a paisaxe como elementos de articulación das identidades.
• Deseñar rúbricas e instrumentos axeitados para a avaliación de competencias do alumnado de secundaria
• Mostrar capacidade autocrítica e de auto avaliación.
b) En relación coas competencias comunicativas: Claridade e precisión nas intervencións. Entoación correcta. Rigor e riqueza léxica.
• Competencias comunicativas orais: exposición de traballos na aula, intervencións espontáneas, preguntas en público, participación nalgún debate, etc. Capacidade de conectar coa audiencia. Utilización axeitada de recursos de linguaxe corporal.
• Deseño dun póster ou presentación cunha proposta educativa para educación secundaria incluíndo a súa defensa en público.
• Competencias comunicativas escritas: corrección ortográfica e sintáctica. Capacidade de síntese, claridade expositiva, precisión, variedade e rigor do léxico que se utilice. As falta de ortografía son inaceptables en calquera universitario, pero especialmente en futuros docentes.
Estas competencias comunicativas serán avaliadas nos traballos individuais e respostas a preguntas específicas que se formulen persoalmente, e nos traballos colectivos (participación activa nas tarefas do grupo que podan ser avaliadas individualmente e resultados do traballo común):
1. Intervencións utilizando os instrumentos que se habiliten no Campus Virtual ou noutras plataformas.
2. Entrega de prácticas e traballos nos que se terá en conta:
• Estrutura e sistematización
• Reflexión persoal
• Orixinalidade
• Claridade expositiva
• Dominio da linguaxe
• Presentación
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia débense ter en conta as normas APA e mais as seguintes indicacións:
• Os traballos deben entregarse preferiblemente en formato dixital utilizando o Campus Virtual.
• Os arquivos dixitais deben estar sempre identificados cos apelidos da alumna ou alumno, seguido do tema do traballo, separado cun guión. Por exemplo: perezlopez-maria-Unidade.doc; rodriguezrodriguez-rodrigo-poster.jpg, etc. (Non identificar correctamente os arquivos implica unha deficiencia na capacidade de comunicación).
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo plaxiado, aínda que sexa parcialmente, supoñerá o suspenso da materia. Calquera fragmento, idea, ou texto que se teña incorporado a un traballo e que non sexa de autoría propia é obrigado que se acompañe da referencia bibliográfica concreta. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programen de forma coordinada.
c) En relación coas competencias científicas:
• Avaliar fontes de información para estudar e traballar un problema ou calquera tipo de contidos sociais e obter delas as probas necesarias para fundamentar os coñecementos.
• Identificar e xerarquizar factores relevantes (que é importante e que non) para explicar os acontecémonos sociais
• Identificar e xerarquizar as causas e consecuencias de acontecementos sociais (históricos ou actuais) e/ou actuacións relacionadas con eles (intencionalidade).
• Ser quen de contextualizar os coñecementos sociais no seu tempo (empatía histórica) ou no medio que corresponda en cada caso.
• Empregar de maneira correcta, co vocabulario preciso e conforme ao rigor científico, os datos e informacións de calquera tipo.
• Identificar estereotipos, crenzas irracionais, erros conceptuais, etc. e saber rebatelos utilizado argumentos e probas que proporciona a ciencia.
• Saber utilizar correctamente instrumentos, técnicas e recursos específicos como mapas, liñas do tempo, diagramas, esquemas, táboas, índices estatísticos, etc.
CRITERIOS PARA A CUALIFICACIÓN
A asistencia é obrigatoria. O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES 80% das sesións: (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…). Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles: facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria e o non cumprimento implicará non ser avaliado na convocatoria ordinaria.
Traballo en grupo ou colaborativo (35% da cualificación)
Traballo individual (65% da cualificación)
• Proposta por escrito da Unidade Didáctica (extensión entre 12 e 24 páxinas): 25%
• Póster ou presentación de apoio 5%
• Exposición pública 10%
• Participación no blog ou foro telemática, cun mínimo de 2 intervencións para cada tema que se suscite: 15%.
• Participación nun itinerario didáctico ou visita didáctica a un espazo de interese histórico e/ou patrimonial: 10%
Establecerase unha rúbrica de avaliación, dispoñible na Aula Virtual da materia.
Todos os traballos deberán ser orixinais. Calquera traballo plaxiado, aínda que sexa parcialmente, supoñerá o suspenso da materia. Calquera fragmento, idea, ou texto que se teña incorporado a un traballo e que non sexa de autoría propia é obrigado que leve a referencia bibliográfica concreta.
A avaliación será continua e non se contempla realizar un exame na convocatoria ordinaria.
AVALIACIÓN DO ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA:
Os e as estudantes aos que excepcionalme nte se lles recoñeza a dispensa de asistencia a clase teñen a obriga de entregar os mesmos traballos e nos mesmos prazos que os demais alumnos e alumnas. O primeiro traballo, previsto como traballo colaborativo en grupo poderá realizarse individualmente mais tamén será posible constituír un grupo virtual con outros estudantes que teñan recoñecida tamén a situación de docencia non presencial.
O alumnado con recoñecemento de dispensa de asistencia a clase deberá entregar unha recensión escrita do libro indicado na bibliografía básica: Domínguez Castillo (2015).
Traballo presencial do alumnado: total 48 h.
• Clases expositivas: 15 h.
• Clases interactivas (seminarios, debates, exposicións, prácticas): 24 h.
• Titorías en grupo pequeno e mediano: 9 h.
Traballo persoal do alumnado (non presencial): total 102 h.
• Estudo autónomo, individual ou en grupo: 40 h.
• Elaboración de informes, resolución de problemas, deseño de propostas de ensino, etc.: 40 h.
• Preparación e participación en debates, presentacións orais, etc.: 15h.
• Lecturas recomendadas, buscas bibliográficas, outras tarefas: 7h.
Aconséllase a inmersión na bibliografía recomendada, co obxectivo de poder suscitar dúbidas e preguntas nas sesións presenciais. O carácter activo da metodoloxía require o protagonízamo do alumnado na súa propia aprendizaxe
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Responsabilidade medioambiental. Se o docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero:
o Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
- Na saída ou saídas de campo que se realicen terase escrupuloso respecto pola contorna. Non se pode recoller ningunha mostra vexetal (follas de árbores, musgos, e outros seres vivos) agás as que estean caídas no chan. Evitaranse ruídos innecesarios que poidan molestar a outras persoas ou perturbar a calquera ser vivo. Non se deixará resto de ningún tipo. O medio sempre debe quedar mellor, ou como mínimo igual, do que o encontramos, nunca peor. Levarase unha bolsa para poder recoller algún lixo que se puidese encontrar e eliminar. Non se poderá utilizar teléfonos móbiles, nin outros artefactos, agás para realizar algún tipo de actividade de instrución relacionada coa actividade.
Jose Angel Armas Castro
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Teléfono
- 881812013
- Correo electrónico
- xose.armas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Belén María Castro Fernández
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Teléfono
- 881812072
- Correo electrónico
- belen.castro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Leticia Lopez Mondejar
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Correo electrónico
- leticia.lopez.mondejar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
Mércores | |||
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán, Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
Xoves | |||
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán, Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
27.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
02.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |