Créditos ECTS Créditos ECTS: 2.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 42.5 Horas de Titorías: 2.5 Clase Expositiva: 7.5 Clase Interactiva: 10 Total: 62.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
-Comprender os conceptos de orientación e titoría e as súas relacións coa función docente.
-Valorar a importancia da orientación e a titoría na ensinanza.
-Sesibilizar ao profesorado da necesidade de participar activamente na orientación e titoría sistémica dos seu alumnado.
-Coñecer as principais referencias lexislativas relacionadas coa orientación e a titoría.
-Coñecer a organización e funcionamento dos servizos de orientación existentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
-Comprender a organización e estruturación do Plan de Acción Titorial para un centro de ensinanza.
-Delimitar as funcións, tarefas, contidos e destinatarios da intervención titorial.
-Analizar as actividades a desenvolver polo profesorado nas súas funcións titoriais.
-Coñecer algunhas das técnicas e instrumentos de traballo a empregar na realización da labor titorial.
Dado que a titoría forma parte da actividade docente, é necesario que os/as profesionais se impliquen nas tarefas orientadoras e titoriais do centro educativo para acadar o desenvolvemento óptimo das súas funcións.
Baixo estas premisas, os contidos desta materia estrutúranse, desde as cuestións máis globais e teóricas ás máis específicas e prácticas. Os núcleos de contidos serán os seguintes:
1. Conceptos de orientación y de titoría.
2. Marco legal da orientación académica e a función titorial.
3. A relación da orientación coa educación e a titoría educativa.
4. Modelos de orientación e tipos de titorías.
5. A planificación da orientación académica e a acción titorial.
6. Actividades e recursos para desenvolver a orientación e a titoría.
Bibliografía Básica:
Álvarez, M. e Bisquerra, R. (2012). Orientación educativa. Madrid: Wolters Kluwer
Arnaiz, P. e Isus, S. (2008). La tutoría, organización y tareas. Barcelona: Graó.
Decreto 120/1998, do 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG. nº 79, 27 de abril de 1998).
Decreto 324/1996 do 26 de xullo, polo que se aproba o regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (DOG. nº 156, 9 de agosto de 1996).
Expósito, J. (Coord.) (2014). La acción tutorial en la Educación Actual. Madrid: Editorial Síntesis.
Gallego, S. e Riart, J. (coord.) (2006). La tutoría y la orientación en el siglo XXI: nuevas propuestas. Barcelona: Octaedro.
Giner Tarrida, A. (2008). La tutoría y el tutor: estrategias para su práctica. Barcelona: Horsori
Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (LOE).
Monge Crespo, C. (2009). Tutoría y Orientación Educativa: nuevas competencias. Madrid: Wolters Kluwer
Orde do 24 de xullo de 1998 pola que se establece a organización e funcionamento da orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia regulada polo Decreto 120/1998 (DOG. nº 147, 31 de xullo de 1998).
Orde do 8 de setembro de 2021 [Consellería de Educación e Ordenación Universitaria], pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia en que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. DOG nº 206.
Pastor, E. e outros (1995). La tutoría en secundaria. Barcelona: CEAC.
Torrego, J. C. (Coord.) (2014). La tutoría en los centros educativos. Barcelona: Graó.
Bibliografía Complementaria:
Álvarez, J. (2001). Guía de orientación y tutoría: Educación Secundaria Obligatoria. Cuaderno del alumno. Málaga: Aljibe.
Ballesteros, M. e Outros (2002). Las competencias del profesorado para la acción tutorial. Barcelona: CISSPRAXIS.
Bisquerra, R. (Coord.) (2002). La práctica de la orientación y la tutoría. Barcelona: CISSPRAXIS.
Blanchard, M. e Outros (1997). Plan de ación tutorial en la Educación Secundaria Obligatoria: elaboración, desarrollo y materiales. Madrid: Narcea.
Boza, A. e Outros (2001). Ser profesor, ser tutor: orientación educativa para docentes. Huelva: Hergué.
Brandit, A. (2000). El tutor: procesos de tutela entre alumnos. Barcelona: Paidós.
Bravo, M. J. e Outros (2001). A titoría na ESO. Vigo: A Nosa Terra.
Cobos, A. (2022). Manual de orientación educativa. Teoría y práctica de la Psicopedagogía. Narcea.
Fernández Gálvez, J. (2005). La orientación educativa: claves de éxito profesional : buscando la magia del mago sin magia. Granada: Grupo Editorial Universitario.
Galve Manzano, J. L. e Ayala Flores, C. (2002). Orientación y acción tutorial. De la teoría a la práctica. Madrid: CEPE
Gallego, S. e Riart, J. (2006). La tutoría y la orientación en el siglo XXI: nuevas propuestas. Barcelona: Octaedro. Barna
García, L. e Martínez, M. (2003). Orientación educativa en la familia y en la escuela. Casos resueltos. Madrid: Dykinson.
García Labiano, J. M. (2004). Programa de acción tutorial para la Educación Secundaria Obligatoria. Madrid: CISSPRAXIS.
González Ponte, L. e Montanero Fernández, M. (2002). Cómo mejorar la autorregulación del estudio en la Educación Secundaria. Valoración de un programa de acción tutorial. Contextos Educativos: Revista de Educación, 5, 215-226.
Lara Ramos, A. (2008). Orientación y tutoría en el marco de la acción educativa. México: GEU
Longás, J. e Mollá, N. (Coords.) (2007). La escuela orientadora. La acción tutorial desde una perspectiva institucional. Madrid: La Muralla
Lorenzo, M. L. (2004). Conflictos, tutoría y construcción democrática de las normas. Bilbao: Descée de Brouwer.
Lucas, S. e Carbonero, M.A. (2002). Construyendo la decisión vocacional. Valladolid: Servicio de Publicaciones e Intercambio Editorial, Universidad de Valladolid.
Martínez García, X. e Outros (2003). Tutoría, técnicas, recursos y actividades. Madrid: Alianza Editorial.
Morales, A.B. (2010). La acción tutorial en Educación.Hekademos. Revista educativa digital. 7, 95-114. Recuperado de http://www.hekademos.com/hekademos/media/articulos/07/06_Accion_tutoria…
M.E.C. (1990). La orientación educativa y la intervención psicopedagógica. Madrid: Ministerio de Educación y Ciencia.
M.E.C. (1992). Orientación y tutoría. Madrid: Secretaria de Estado de Educación.
Muzás, M. D. e Blanchard, M. (1999). Plan de acción tutorial en Educación Secundaria. Elaboración, desarrollo y materiales. Madrid: Narcea
Méndez Rayón, J.L. (2002). Aprender y vivir mejor en la escuela, orientaciones y dinámicas para la tutoría en Secundaria. Madrid: CCS.
Moreneo, C. y Pozo, J.I. (2005). La práctica del asesoramiento educativo a examen. Barcelona: Graó.
Nieto, J. M. e Botias, F. (2000). Los equipos de orientación educativa y psicopedagógica. Barcelona: Ariel.
Pantoja, A.; Campoy, T. e Cañas, A. (2001). Orientación y acción tutorial en los niveles no universitarios de la provincia de Jaén. Jaén: Universidad de Jaén.
Pérez Boullosa, A. e Blasco Calvo, P. (2001). Orientación e inserción profesional: Fundamentos y tendencias. Valencia: Nau Llibres.
Pérez, M. (2002). Orientación educativa y dificultades de aprendizaje. Madrid: Thomson.
Riart Vendrell, J. (2007). Manual de tutoría y orientación en la diversidad. Madrid: Pirámide.
Rincón, B. del; López, V. e Palomares, M. C. (2000). La intervención psicopedagógica en secundaria. Cuenca: Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha.
Rio Sadornil, D. Del (Coord.) (2007). Orientación educativa y tutoría. Madrid: Sanz Torres
Rodriguez Moreno, M.L. (2003). Cómo orientar hacia la construcción del proyecto profesional. Bilbao, Desclée de Brouwer.
Sampascual, G.; Navas, L. e Castejón, J.L. (2005). Funciones del orientador en primaria y secundaria. Madrid: Alianza Editorial.
Santana Vega, L. (2003). Orientación educativa e intervención psicopedagógica. Cambian los tiempos, cambian las responsabilidades profesionales. Madrid: Pirámide.
Santana Vega, L. (Coord.) (2003): Programa de orientación educativa y sociolaboral. Madrid: EOS.
Sánchez, S. (1993). La tutoría en los centros docentes: manual del profesor tutor. (5ª ed.). Madrid: Escuela Española.
Sanz Oro, R. (coord.) (2002). Programa de formación de tutores para la ESO. Granada: Grupo Editorial Universitario.
Simón, R. e Sánchez, L. (2006). La tutoría como marco en las aulas de Secundaria. Cuadernos de Pedagogía, 356, 84-87.
Sobrado Fernández, L. (1993). Intervención Psicopedagógica y Orientación Educativa. (3ª ed.). Barcelona: PPU.
Xunta de Galicia (2000). A orientación educativa e profesional en Galicia. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
Xus, M. e Outros (2003). Tutoría: técnicas, recursos y actividades. Madrid: Alianza Editorial.
Webs de referencia:
http://www.edu.xunta.gal/portal/diversidadeorientacion: Portal de Atención á diversidade-Orientación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia
http://www.uned.es/reop: Revista Española de Orientación y Psicopedagogía
http://www.orientared.com: Recursos para a Orientación educativa en internet
http://www.orientaeduc.com: Recursos para a Orientación educativa en internet
http://www.couseling.org: Asociación americana de Orientación
http://en-clase.ideal.es/index.php/noticias/en-el-aula/1115-posiblement… selección de blogs de Orientación educativa
Xerais:
-Ser capaz de exercer as funcións de titoría e orientación dos estudantes de xeito colexiada (CX-11).
-Saber como informar e asesorar ás familias acerca do proceso de ensinanza e aprendizaxe e sobre a orientación persoal, académica e profesional dos seus fillos/as (CX-15).
Específicas:
-Saber recoñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións (CE-X1)
-Saber aplicar recursos e estratexías de información, titoría e orientación académica e profesional (CE-X7).
-Saber como participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xenerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención a diversidade, prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia.(CE-X9).
-Ser capaz de relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxes como na educación no respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade (CE-X10).
C. COMPETENCIAS BÁSICAS
B.2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problema dentro da súa área de estudo.
B.3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B.5. Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para
emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
D. COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T.4.- Competencia informacional.
Tratarase de estimular a participación activa do alumnado por medio de actividades que posibiliten a reflexión (individual e colectiva) e o traballo en equipo, así como a análise e aplicación dos temas tratados a través da realización de actividades e supostos prácticos sobre as tarefas a desempeñar na titoría.
A metodoloxía utilizada fai referencia a:
- Sesións expositivas daqueles contidos de natureza teórico-conceptual necesarios para a adquisición dos obxectivos da materia.
- Sesións prácticas (interactivas) de análise da normativa específica da orientación académica e titoría así como análise dos principais recursos para a súa planificación e desenvolvemento de actividades.
Planifícanse una serie de traballos prácticos de carácter individual e grupal para o desenvolvemento dos contidos da materia .
.
Para un mellor desenvolvemento das clases e actividades de titoría se fará uso do Campus Virtual e servicio de videoconferencia dispoñibles na USC.
O Campus Virtual é a plataforma que permite ao alumnado a consulta do material a traballar nas sesións expositivas así como outro material complementario necesario para complementar a súa formación.
Así mesmo é o medio para publicar as tarefas deseñadas para acadar a parte práctica correspondente a materia. Proporcionáranse indicacións específicas en relación a elaboración dos traballos individuais e en equipo seleccionados así como características formais, prazos de entrega e instrumentos de avaliación das mesmas.
A comunicación cos traballos en equipo, de xeito síncrono, levarase a cabo a través da aplicación Microsoft Teams, o que permite o traballo personalizado cos integrantes do grupo en canto a indicacións, seguimento e consulta de dúbidas do traballo a realizar. Este procedemento implica que o equipo dispoña dos medios técnicos e conectividade suficiente (polo menos un dos integrantes do equipo).
Estarán dispoñibles outros medios de comunicación e entrega de traballo como os espazos propios do campus virtual, correo electrónico, foros, etc. así como a titoría propia da materia. Recoméndase o uso do Campus Virtual da USC para a entrega de calquer tipo de traballo.
O proceso de avaliación terá en conta os seguintes aspecto:
- Asistencia, como mínimo ao 80% das clases (requisito para proceder a avaliación) salvo dispensa concedida e aprobada pola Xunta do Centro ou órgano no que se delegue. De ser o caso, deberán por medio da titoría individual e os canles de comunicación oficiais, acordar co profesor/a as actividades compensatorias a realizar.
-Entrega dos produtos proposto ao longo da materia, derivados das actividades realizadas no aula (30%)
-Realización, en grupo dun traballo final da material (30%).
-Proba individual escrita na que se valorarán os contidos da materia e que se realizarán nas datas sinaladas no calendario oficial de exames (40%)
Os traballo individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos, un mesmo traballo no pode ser utilizado para varias materias, excepto que se programen de xeito coordinado.
Na realización das práctica e traballos seguiranse as norma APA-Publication Manual of the American Psychologica Association (APA). 7ª ed. Washington: APA, 2019-, que se poden consultar no seguinte enlace: http://www.apastyle.org
* Para obter unha valoración positiva na materia será preciso ter realizadas e entregadas en prazo as actividades solicitadas así como ter superadas, as actividades, traballo final e a proba individual.
Actividades presenciais: 20 horas repartidas en:
• Clases expositivas: 7,5 horas
• Clases interactivas: 10 horas
• Titorías: 2,5 horas
Traballo persoal do estudante: 42´5 horas repartidas en:
• Estudo: 22 horas
• Lecturas recomendadas: 20´5 horas
Tempo estimado total: 62´5horas
Os contidos desta materia están estruturados de tal forma que é preciso, dende a primeira clase, un traballo diario e constante para que o alumno/a vaia acadando progresivamente o seu dominio, isto permitiralle resolver os traballos que conforman a práctica, conseguindo acadar os obxectivos e as competencias da materia.
Resulta de gran utilidade:
-Asistencia regular ás clases expositivas e interactivas, salvo dispensa autorizada.
-Consulta e estudo dos materiais recomendados polo profesorado da materia.
-Realización e participación activa nas actividades prácticas.
-Traballo do alumno/a dun modo progresivo para acadar a comprensión da materia.
-Consulta frecuente da aula virtual.
-Uso das titorías individuais e grupais.
O alumnado empregará necesariamente o correo electrónico oficial da USC (@rai.usc.es) na súa comunicación co profesorado.
Nas titorías, cando resultase imposible a celebración presencial, utilizarase o sistema de videoconferencia.
ASISTENCIA A CLASE:
É obrigatoria a asistencia ao 80% das clases presenciais. Sobre a dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias, estará suxeita ás normas ditadas na instrución num. 1/2017, da Secretaría Xeral da USC. No caso de ter formalizada e/ou concedida solicitude, deberá informarse ao profesorado no inicio da materia. Igualmente de calquera outra circunstancia relacionada coa asistencia ás clases.
CALIDADE FORMAL DOS TRABALLOS:
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 6ª ed. Washington: APA, 2011-, que se poden consultar no enlace: http://www.apastyle.org
Unha guía resumida en castelán pódese atopar na seguinte dirección:
http://www.suagm.edu/umet/biblioteca/pdf/GuiaRevMarzo2012APA6taEd.pdf
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia teranse en conta as seguintes indicacións no caso de ter que entregalos de forma física:
-Evitar tapas de plástico e outros envoltorios externos innecesarios.
-Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de espirais.
-Imprimir as dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
-Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
-Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvoltos.
PERSPETIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recomendase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá da aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
https://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/oix/desca…
Tamén se utilizarán outras medidas para aplicar o enfoque de xénero na docencia, tales como o recoñecemento e consideración das situacións particulares das alumnas, a promoción dun clima de interaccións igualitario, a organización paritaria de grupos sempre que sexa posible, a mostra das contribucións científicas e técnicas das mulleres na materia e das propias alumnas e, a introdución do xénero como categoría de análise dos traballos do alumnado.
Nuria Prieto Vigo
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 982821001
- Correo electrónico
- nuria.prieto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 22 |
Venres | |||
18:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 22 |
18.12.2024 19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 22 |
18.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 27 |