Créditos ECTS Créditos ECTS: 3.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 59.5 Horas de Titorías: 3.5 Clase Expositiva: 10.5 Clase Interactiva: 14 Total: 87.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Educación, sociedade e política educativa, é unha materia obrigatoria do módulo xenérico no Máster en Profesorado de Educación Secundaria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas da Universidade de Santiago de Compostela, cunha carga lectiva de 3,5 créditos, adscrita ao Departamento de Pedagoxía e Didáctica.
O exercicio da profesión docente require dunha materia destas características que achegue unha dimensión pedagóxica de base na formación inicial do futuro profesorado de Educación Secundaria, Bacharelato, FP e ensinanzas artísticas, introducíndoos na análise e comprensión crítica da educación e os procesos en que se desenvolve; das relacións entre educación e sociedade, e a súa concreción en propostas de política educativa que acompañan ao cambio social e ás novas necesidades que del se derivan.
Considerando as finalidades indicadas e os referentes que deben definir a formación inicial dos ensinantes no marco universitario, os OBXECTIVOS a conseguir nesta materia oriéntanse a:
- Adquirir e dominar os elementos terminolóxicos e conceptuais básicos da Teoría e Historia da Educación e a Pedagoxía Social, en relación co exercicio docente nas institucións educativas.
- Desenvolver a capacidade de análise e conciencia crítica respecto das prácticas educativas e das relacións establecidas entre o sistema educativo e o sistema social.
- Analizar teórica e comprensivamente a realidade institucional e social do sistema educativo español, e máis particularmente da súa concreción en Galicia.
- Potenciar e exercitar capacidades básicas para o exercicio docente, tales como observación, reflexión e síntese, traballo en equipo, comunicación, investigación e pensamento crítico.
Os contidos da materia organízanse arredor dos tres seguintes bloques:
1. EDUCACIÓN E SOCIEDADE
1.1 Teoría da educación: fundamentos, conceptos e procesos educativos
1.2 Socialización e educación: O proceso de socialización; axentes e contextos educativos;
funcións sociais da educación
1.3 O pensamento pedagóxico: Enfoques e perspectivas críticas na renovación educativa
2.CAMBIO SOCIAL E POLÍTICA EDUCATIVA
2.1 Política e lexislación educativa: os procesos de reforma e a evolución do sistema educativo.
2.2 A educación secundaria: finalidades e estrutura
2.3 Cuestións críticas na política educativa actual
3. A EDUCACIÓN EN VALORES, UN MODELO DE INCLUSIÓN E ATENCIÓN Á DIVERSIDADE PERSOAL, CULTURAL E SOCIAL
3.1 A transversalidade no curriculum escolar
3.2 Educación inclusiva
3.3 Educación en valores e perspectiva de xénero
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Ayuste, A. et al (2005). Planteamientos de la Pedagogía Crítica: comunicar y transformar. Barcelona: Graó.
Colom, A., Domínguez, E. e Sarramona, J. (2011). Formación básica para los profesionales de la educación. Barcelona: Ariel.
Palacios, J. (1989). La cuestión escolar: críticas y alternativas. Barcelona: Laia.
Obiols-Suari, N. (2021). Erich Fromm y la relación educativa. Teoría de la Educación. Revista Interuniversitaria, 33(1), 51-69. https://doi.org
/10.14201/teri.23415
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Aubert, A., Flecha, A., García, C., Flecha, R. e Racionero, S. (2010). Aprendizaje dialógico en la sociedad de la información. Barcelona: Hipatia.
Bauman, Z. (2008). Los retos de la educación en la modernidad líquida. Barcelona: Gedisa.
Capitán, A. (1988). Historia del pensamiento pedagógico en España. Madrid: Dykinson.
Carr, W. e Kemmis, S. (1988). Teoría crítica de la enseñanza. Barcelona: Martínez Roca.
Coll, C. (coord.) (2010). Desarrollo, aprendizaje y enseñanza en la educación secundaria. Barcelona: MEC/Graó.
Costa, A. (2004). Historia da educación e da cultura en Galicia. Vigo: Xerais.
Costa, A. (2009). A construción do coñecemento pedagóxico. Antecedentes e desenvolvementos no século XX. Santiago de Compostela: ICE/Universidade de Santiago de Compostela.
Delors, J. (1997). La educación encierra un tesoro. Madrid: Santillana/UNESCO.
Fernández Enguita, M. (2017). Más escuela y menos aula. Madrid: Morata.
Freire, P. (2003). El grito manso. Buenos Aires. S. XXI.
Freire, P. (2006). Pedagogía de la autonomía. Saberes necesarios para la práctica educativa. Madrid: Siglo XXI.
Giroux, H. A. (1990). Los profesores como intelectuales. Hacia una pedagogía crítica del aprendizaje. Barcelona: Paidós/MEC.
Imbernón, F. (coord.) (2010). Procesos y contextos educativos en la educación secundaria. Barcelona: MEC/Graó.
LOMLOE – Ley Orgánica 3/2020, de 29 de diciembre, por la que se modifica la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación.
Marchesi, A. e Martín, E. (2014). Calidad de la enseñanza en tiempos de crisis. Madrid: Alianza.
MECD (2018). Las cifras de la educación en España. Estadísticas e indicadores. Curso 2015-2016. Edición 2018. Madrid: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.
Meirieu, P. (2006). Carta a un joven profesor. Por qué enseñar hoy. Barcelona: Laertes.
Meirieu, P. (2007). Frankenstein educador. Barcelona: Laertes.
Morin, E. (1999). Los siete saberes necesarios para la educación del futuro. París: UNESCO.
Pozo, M. del M. (2004). Teorías e Instituciones Contemporáneas de la Educación: Madrid: Biblioteca Nueva.
Zeichner, K. (2010). La formación del profesorado y la lucha por la justicia social. Madrid: Morata.
REVISTAS DE REFERENCIA:
Revista de educación
http://www.educacionyfp.gob.es/revista-de-educacion/inicio.html
Revista Historia y Memoria de la Educación
http://revistas.uned.es/index.php/HMe
Revista Española de Pedagogía
https://revistadepedagogia.org/
Revista interuniversitaria de formación de profesorado
https://recyt.fecyt.es/index.php/RIFOP
COMPETENCIAS XERAIS
- Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á equidad, á igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres; e a formación cidadá respecto dos dereitos humanos que facilita a vida en sociedade e toma de decisións para a construción dun futuro sostenible. (CX7)
- Deseñar e realizar actividades formais e non formais que contribúan a facer do centro educativo un lugar de participación e cultura na contorna naque está situado. (CX10)
- Coñecer a normativa e organización institucional do sistema educativo e os modelos de mellora da calidade nos centros de ensino. (CX13)
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
- Identificar as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivación educativa. (CE-XEN1)
- Promover accións de educación emocional, en valores e formación cidadá. (CE- XEN 8)
- Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxe como na educación respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, na igualdade de trato e a non discriminación das persoas con discapacidades. (CE-XEN 10)
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
- Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet. (CT-1)
- Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións. (CT-2)
- Potenciar a capacidade para o traballo en contornas cooperativas e pluridisciplinarios. (CT-3)
- Fortalecer as facultades comunicativas e docentes do futuro profesorado.
C. COMPETENCIAS BÁSICAS
B.2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problema dentro da súa área de estudo.
B.3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B.5. Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para
emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
O conxunto de procedementos propostos e desenvolvidos para lograr os obxectivos da materia de "Educación, Sociedade e Política Educativa" centrarase nos principios pedagóxicos da participación, discusión crítica, aprendizaxe autónoma e cuestionamento das realidades educativas e sociais.
Dende unha óptica teórica, metodoloxicamente, o desenvolvemento dos contidos fundaméntase na perspectiva da complexidade, que esixe situar os contidos no contexto das múltiples realidades sociais e, tamén, relacionar os devanditos coñecementos cos saberes xerados nas disciplinas e ciencias que fundamentan a materia: Teoría da Educación, Historia da Educación, Pedagoxía Social, Socioloxía da educación e Antropoloxía da educación; coñecementos que no seu conxunto facilitan a explicación e comprensión profunda e contextualizada do proceso educativo.
Tomando en conta os principios da materia, desenvolveranse as seguintes actividades:
-Sesións expositivas
-Sesións interactivas (actividades prácticas, debates, dinámicas de grupo, simulacións, comentarios de lecturas, material audiovisual…)
-Titorías individuais e grupais
-Visitas-estudo a institución/recursos educativos vinculados coa materia
-Traballo persoal do alumnado que require tanto a lectura reflexiva e crítica dos materiais de referencia e a busca de novas achegas, como a participación activa no desenvolvemento das sesións.
A aula virtual será o principal recurso de formación para a difusión de información, o almacenamento de apuntamentos, dossier de lectura, directrices de desenvolvemento de traballos, etc. e para a recepción das tarefas encargadas.
A tarefa avaliadora será integral, continua e formativa. Aplicarase ás actividades individuais e grupais, en función das diversas tarefas de ensino e aprendizaxe propostas durante o desenvolvemento da materia. A avaliación do alumnado centrarase no proceso e nos resultados, tomándose como referencia os seguintes criterios:
a. habilidades docentes básicas (capacidade de traballo en equipo, sistematicidade e organización, claridade expositiva, capacidade de comunicación, empatía).
b. dominio dos contidos da materia (calidade de coñecementos, argumentación, capacidade de elaboración e relación conceptual).
ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN
a. Asistencia e implicación nas sesións de clases (expositivas, interactivas e titoría). É un requisito para a avaliación a asistencia a un 80% das sesións de clase, agás o alumnado que teña recoñecida a exención oficial de docencia presencial. O alumno ou alumna que non asista ao 80% mínimo e non teña recoñecida a exención oficial de docencia presencial será considerado como alumnado Non Presentado na correspondente oportunidade.
b. Prácticas de aula voluntarias e obrigatorias: discusión crítica de lecturas, audiovisuais, comentarios de texto, simulacións, exposicións, reflexións sobre as realidades educativas e sociais. As prácticas obrigatorias e os sus criterios de avaliación serán publicadas na aula virtual e explicadas polo/la docente ao inicio do cuatrimestre.
c. Proba específica de avaliación que tomará en conta todos os contidos impartidos na materia e será aplicada mediante un:
- Exame, que constará de dúas partes, unha de preguntas de desenvolvemento (no que se esixirán respostas complexas e reflexivas) e outra de preguntas pechadas.
- Para aprobar a materia é condición imprescindible superar cada un dos apartados de avaliación (a, b e c).
VALORACIÓN NUMÉRICA
- Actividade a (requisito)
- Actividade b 50% cualificación
- Actividade c 50% cualificación
EXENCIÓN OFICIAL DE DOCENCIA E DISPENSA DE ASISTENCIA
O alumnado excepcionalmente dispensado de asistencia, segundo a Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral da Universidade de Santiago de Compostela (http://www.usc.es/export9/ sites/ webinstitucional/ gl/ goberno/ secxeral/ Instrucion-I-2017-sobre-a-dispensa-de-asistencia-a-clase-en-determinadas-circunstancias.pdf), ou con exención de docencia (http://www.usc.es/export9/ sites/ webinstitucional/ gl/centros/cc_ educacion/descargas/Decanato/ Exencion-de-docencia-curso-2017-18.pdf) contemplará as seguintes tarefas de avaliación:
a) - Exame, que constará de dúas partes, unha de preguntas de desenvolvemento (no que se esixirán respostas complexas e reflexivas) e outra de preguntas pechadas. (70%):
b)- Recensión dun libro (lectura elixida dos catro que se presentan na materia) (15%).
c)- Desenvolvemento das prácticas obrigatorias indicadas polo/a docente para todos os alumnos que cursan a materia (15%).
O alumnado con exención oficial de docencia e dispensa de asistencia deberá informar mediante correo electrónico sobre a súa condición en canto reciba o documento oficial que acredita a súa situación. Ademais, deberá asistir obrigatoriamente a unha titoría, de forma presencial ou telemática, fixada polo profesor e convocada con suficiente antelación para o alumnado de dispensa. O docente da materia só considerará exentos de docencia e dispensados de asistencia a aqueles alumnos/as que lle informaran oficialmente sobre esta circunstancia, asistiran á titoría obrigatoria e realizaran e entregaran as tarefas en tempo e forma. Do contrario será considerado como alumnado Non Presentado na correspondente oportunidade.
CONVOCATORIAS POSTERIORES
As condicións de avaliación expresadas neste documento manteranse vixentes por unha convocatoria.
Seguindo as indicacións recollidas na memoria do Máster, estímase que cada crédito cursado nesta materia require dezasete horas de estudo e traballo persoal por parte das e dos estudante, seis horas de docencia presencial e dúas horas de titorías grupais e/ou individuais.
Aconséllase un traballo continuado na materia, recomendándose prioritariamente:
- Unha lectura detida, reflexiva e crítica do Programa da materia.
- Manter unha vinculación continuada cos ritmos que se deriven dos procesos de ensino e aprendizaxe promovidos na da materia, e nas diferentes modalidades de sesións de traballo.
- Ter en conta unha adecuada organización do tempo, compatibilizando os requirimentos desta materia coas demais do Máster.
- Realizar lecturas de libros e publicacións integradas na bibliografía da materia e doutras recomendadas polo profesorado.
- Facer uso das titorías como un dereito do alumnado.
TITORÍAS
Realizaranse no despacho do/a profesor/a na facultade de Formación do Profesorado ou vía telefónica ou telemática.
RESPONSABILIDADE AMBIENTAL NA ELABORACIÓN DE TRABALLOS
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia é OBRIGATORIO ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir os traballos a dúas caras.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
NORMAS PARA A REALIZACIÓN DE TRABALLOS
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas da American Psychological Association (APA) 7ª edición.
Campus Virtual: é obrigatorio o uso do Campus Virtual por parte do alumnado e para a entrega de traballos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións.
CONTA CORREO USC
Para o alumnado é obrigatoria o uso da conta institucional de correo electrónico rai.
USO TELÉFONO MÓBIL
Non está permitido o uso dos teléfonos móbiles na clase, salvo como instrumento de traballo supervisado polo docente. O alumnado será responsable das consecuencias legais e académicas do uso inadecuado deste aparello.
PROTECCIÓN DE DATOS
É obrigatorio o cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidade- proteccion-datos.
Xesus Ferreiro Nuñez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 982821071
- Correo electrónico
- xesus.ferreiro.nunez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 22 |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 22 |
09.01.2025 17:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
23.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 27 |