Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Lingua e a Literatura
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
-Capacitar ao futuro profesorado para planificar as ensinanzas e deseñar propostas didácticas globalizadas para as linguas e literaturas ambientais na Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato.
-Transmitir aos futuros formadores a conciencia e sensibilidade sociolingüística requirida para o ensino de lingua e literatura nun contexto multilingüe.
-Coñecer en profundidade o currículo de Lingua galega e literatura e mais de Lingua castelá e literatura nos distintos niveis da Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato e reflexionar sobre as posibilidades dun Tratamento Integrado das Linguas.
-Manexar materiais curriculares, aprender a seleccionar os máis motivadores, eficaces e adaptados ao nivel curricular, así como a elaboralos persoalmente con criterios de motivación, eficacia e adaptación ao contexto ou necesidades específicas dun alumno/a o grupo de alumnos/as.
-Familiarizar ao alumnado cos distintos documentos de concreción do currículo e coa elaboración de programacións, programacións de aula e unidades didácticas das materias “Lingua galega e literatura” e mais “Lingua castelá e literatura”.
-Reflexionar sobre as consecuencias pedagóxicas e as implicacións didácticas dun marco teórico pragmático, orientado ao desenvolvemento das competencias lingüísticas, á lingua en uso nos diversos contextos sociais.
-Coñecer a literatura xuvenil e ser capaz de seleccionar textos de lectura motivadores e adecuados para os distintos niveis da educación secundaria, para acadar o desenvolvemento dun gusto pola lectura e a adquisición desta como fonte de ocio, coñecemento e pracer.
-Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente e adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelos nos alumnos e alumnas.
1. O ensino e a aprendizaxe das linguas e as literaturas ambientais na ESO e o Bacharelato.
2. Os currículos de Lingua Galega e Literatura e Lingua Castelá e Literatura na ESO e o Bacharelato: posibilidades dende o Tratamento Integrado das Linguas.
3. O lugar da gramática dende unha perspectiva competencial.
4. A educación literaria dende unha perspectiva integrada.
5. Recursos e materiais didácticos nas áreas de lingua e literatura: criterios de análise e valoración.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
García Gutiérrez, Mª E. (coord.) (2006). La educación lingüística y literaria en secundaria: materiales para la formación del profesorado. Vol. I, La educación lingüística. Vol II, La educación literaria. Consejería de Educación / Univ. de Murcia.
Jover, G. (2007). Un mundo por leer. Octaedro.
Mata, Juan, Mª del Pilar Núñez et. al. (2015). Didáctica de la lengua y la literatura. Madrid: Pirámide.
Mendoza, A. (Coord.) (1998). Conceptos clave en Didáctica de la Lengua y la Literatura. Barcelona: Horsori, pp. 255-264.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
AA.VVV. (2024) Los aprendizajes lingüísticos y literarios en el aula. 30 años de Textos. Revista Textos. N. 103 (xaneiro 24). Recuperado de https://www.grao.com/revistas/los-aprendizajes-linguisticos-y-literario…
Álvarez Angulo, Teodoro (2010). Competencias básicas en escritura. Octaedro.
Barragán, C. et al. (2005). Hablar en clase: cómo trabajar la lengua oral en el centro escolar. Graó.
Cassany, D. (2007). Enseñar lengua. Graó.
Colomer, T. (2010). Introducción a la literatura infantil y juvenil actual. Síntesis.
González Fernández, A. (2004) Estrategias de comprensión lectora. Síntesis.
Gúrpide Ibarrola, C; N. Falcó Avellana; A. Bernad Puig (2010). Espejos de la ficción. Los talleres de escritura. Pamiela Editorial.
Hernández, A. (2005). Mejorando la composición escrita: estrategias de aprendizaje. Aljibe.
Lomas, C.; Osoro, A. e Tusón, A. (1993). Ciencias del lenguaje, competencia comunicativa y enseñanza de la lengua. Paidós.
Mantilla Sánchez, L. (2009). Animando a leer. Técnicas para incentivar la lectura. Trillas Eduforma.
Marqueta, B.; N. López-Cortés; A. Ariño-Bizarro (eds.) (2022). Avances de la Lingüística y su aplicación didáctica. Madrid: Akal.
Palou, J.; Bosch, C. (coords.) (2005). La Lengua oral en la escuela: 10 experiencias didácticas. Graó.
Ruiz, U. (2023). Lengua Castellana y Literatura. Investigación, innovación y buenas prácticas. En Formación del Profesorado (Máster Secundaria). N. 103 (febrero 23). Recuperado de https://www.grao.com/libros/lengua-castellana-y-literatura-2233?conteni…
Silva Valdivia, B. (1990). Lingua galega e lingua española, unha interacción pedagoxicamente necesaria. Cadernos de lingua, 1, 119-124.
Silva Valdivia, B. (2008). Gallego, castellano y lenguas extranjeras en el sistema escolar de Galicia. Textos de didáctica de la lengua y de la literatura, 47, 59-69.
Tusón, A. (1993). Aportaciones de la sociolingüística a la enseñanza de la lengua. En C. Lomas e A. Osoro (comps.), El enfoque comunicativo de la enseñanza de la lengua (pp. 55-72). Paidós.
Vázquez, G. (2000). La destreza oral. Conversar, exponer, argumentar. Tandem-Edelsa.
Vez Jeremías, J. M. (1988). Comportamiento lingüístico. Lenguaje, sociedad y escuela. En J. García Padrino y A. Medina (dirs.) Didáctica de la Lengua y la Literatura. Anaya.
A materia contribuirá particularmente ao desenvolvemento das seguintes competencias xerais, específicas e transversais:
Competencias xerais
CG2 - Coñecer o corpo de coñecementos didácticos arredor dos procesos de ensino e aprendizaxe respectivos.
CG3 - Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias das respectivas ensinanzas, atendendo ao nivel e formación previa dos estudantes, así como a orientación dos mesmos, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
CG5 - Contextualizar o currículo que se vai implantar nun centro docente participando na planificación colectiva do mesmo.
Competencias específicas
CEE3 - Coñecer a historia e os avances recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
CEE4 - Coñecer contextos e situacións nas que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares.
CEE5 - Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e aprendizaxe das materias correspondentes.
CEE6 - Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
CEE7 - Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
CEE9 - Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
CEE13 - Identificar os problemas relativos á ensinanza e aprendizaxe das materias da especialización e formular alternativas e solucións.
Competencias transversais
CT2 - Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións.
Preténdese unha metodoloxía didáctica baseada fundamentalmente na participación e na cooperación, de maneira que as aprendizaxes se produzan a partir da análise crítica de documentos, do contraste de ideas e argumentos, e da valoración compartida de informacións, recursos e estratexias didácticas.
A distribución do horario en sesións expositivas e interactivas entenderase de forma flexible, pero permitirá utilizar dúas metodoloxías complementarias:
a) As sesións expositivas utilizaranse para establecer pautas sobre o desenvolvemento didáctico da propia materia e para facilitar a información básica relacionada con cada tema.
b) As sesións interactivas servirán para desenvolver máis polo miúdo os contidos e para contrastar ideas e tomar postura persoal sobre os mesmos. Para iso, organizados en pequenos grupos, os estudantes deberán afondar nos distintos temas e guiar a súa discusión en gran grupo.
A titorización individual ou en pequeno grupo permitirá orientar ao alumnado, de forma máis personalizada, na resolución de problemas ou o esclarecemento da información solicitada. Posibilitará tamén o seguimento das diferentes actividades realizadas para alcanzar unha correcta execución dos traballos de curso e un eficaz aproveitamento das clases teórico-prácticas.
O uso da aula virtual será necesario para un axeitado aproveitamento dos contidos abordados ao longo do cuadrimestre, pois o alumnado terá acceso a través dela a materiais e recursos que sustentarán ou complementarán tanto as sesións expositivas como as interactivas. En consecuencia, é imprescindible que o alumnado empregue con normalidade a conta de correo da USC, para garantir así que a comunicación co profesorado sexa efectiva.
A avaliación estará guiada polos obxectivos e polas competencias recollidas neste programa e deberá permitir medir o seu grao de consecución.
En consecuencia, a avaliación da materia centrarase, por un lado, na valoración dun proxecto didáctico integrador, dirixido a algún curso de ESO e/ou Bacharelato, que compaxine tanto contidos lingüísticos coma literarios das materias correspondentes ás linguas e literaturas ambientais. A valoración desta proposta abranguerá a calidade do documento escrito (30%) e a súa presentación e defensa oral (30%). Neste sentido, terase en conta a claridade expositiva, a calidade e interese da concepción global da programación, a eficacia e adecuación das actividades didácticas presentadas en relación ao nivel educativo para o que se propoñen, a integración de aspectos de innovación docente e a aplicabilidade da proposta á realidade das aulas en termos de tempos, espazos, recursos e contextos educativos.
Por outra banda, ao longo das sesións de clase realizaranse diferentes tarefas e actividades (presentacións orais, faladoiros, debates, reflexión, análise de documentos…) que terán tamén un peso importante na avaliación da materia (40%).
A avaliación estará pois orientada á comprobación do desenvolvemento efectivo das competencias didácticas e docentes nas áreas de Lingua galega e literatura e Lingua castelá e literatura.
ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA ÁS CLASES:
De haber algún alumno/a con dispensa de asistencia a clase en aplicación de normativa superior, a súa avaliación realizarase da seguinte maneira:
Documento escrito: 50%
Proba oral: 50%
Este alumnado deberá poñerse en contacto co profesorado da materia nos 10 primeiros días do semestre, contados a partir do inicio da actividade lectiva, para acordaren o plan de traballo correspondente.
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
No caso de que unha das partes (documento escrito ou defensa oral) estea superada, conservarase, e o alumno/a terá a opción de presentar unicamente a parte non superada.
ALUMNADO REPETIDOR:
Será avaliado como o de nova matrícula, aplicándoselle, en consecuencia, os criterios xerais que se indicaron con anterioridade.
Na memoria do título recóllense as seguintes indicacións ao respecto:
Clases expositivas: 15 horas
Clases interactivas: 24 horas
Titorías en grupo: 9 horas
Horas de traballo persoal: 102 horas
Total: 150 horas
As recomendacións para o estudo da materia inclúen a asistencia activa e participativa, a lectura da bibliografía recomendada, a implicación nas actividades prácticas propostas e a reflexión sobre a importancia da propia actitude lingüística, que constituirá no futuro exercicio docente o modelo de lingua para alumnos e alumnas de educación secundaria, e que como tal debe ser non só un exemplo lingüístico axeitado gramaticalmente e rico lexicamente, senón a expresión de actitudes lingüísticas de valoración dos distintos códigos. O uso lingüístico do profesorado ten un papel esencial na formación de individuos plurilingües, con flexibilidade para o uso das diversas linguas e que valoren estas non só como códigos de comunicación funcional senón como elementos clave do patrimonio cultural e da construción da propia identidade e a apertura a outras culturas e sociedades. Recoméndase ler, amosar interese pola literatura e integrala nas vidas dos estudantes, pois só un profesor ou profesora que le poderá no futuro transmitir o goce e o hábito da lectura.
ENTREGA DE TRABALLOS:
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
En relación aos traballos persoais ou de grupo e en coherencia coa responsabilidade medioambiental colectiva, teranse en conta as seguintes indicacións: evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios; sempre que sexa posible empregar grampas no lugar de canutillos; imprimir a dúas caras en modo "aforro de tinta" e evitar folios en branco como separadores de capítulos ou partes; evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención aos criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso dunha linguaxe non sexista tanto no traballo cotián de aula coma nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto na seguinte ligazón:
http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/oix/descar…
PROTECCIÓN DE DATOS:
Adóptase a normativa da USC ao respecto: https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS:
- É obrigatorio o emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais (correo-e, campus virtual, Microsoft Office 365...), así como outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize...).
- Debe terse en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
USO DO MÓBIL NA AULA:
Queda restrinxido o uso do teléfono móbil na aula ao uso como instrumento de traballo seguindo as indicacións das docentes. O alumnado é responsable das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse do seu uso inapropiado.
Zosimo Lopez Pena
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Teléfono
- 881812010
- Correo electrónico
- zosimo.lopez.pena [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Maria Del Mar Fernandez Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Teléfono
- 881812010
- Correo electrónico
- mariadelmar.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 14 |
20.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 24 |
26.06.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |