Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Lingua e a Literatura
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
-Capacitar ao futuro profesorado para planificar as ensinanzas e deseñar unidades didácticas na área de Lingua castelá e literatura para alumnado da ESO e o Bacharelato de características e contextos diversos.
-Transmitir aos futuros formadores a conciencia e sensibilidade sociolingüística requirida para o ensino de lingua e literatura nun contexto multilingüe.
-Coñecer en profundidade o currículo de lingua castelá e literatura nos distintos niveis da educación secundaria e transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
-Manexar materiais curriculares, aprender a seleccionar os máis motivadores, eficaces e adaptados ao nivel curricular, así como a elaboralos persoalmente con criterios de motivación, eficacia e adaptación ao contexto ou necesidades específicas dun alumno/a o grupo de alumnos/as.
-Familiarizar ao alumnado cos distintos documentos de concreción do currículo e coa elaboración de programacións, programacións de aula e unidades didácticas da materia “Lingua castelá e literatura”.
-Preparar ao alumnado para traballar como docentes de lingua e literatura nun contexto tecnolóxico, utilizando os recursos que achegan as TIC como fonte de materiais curriculares, ferramenta de traballo e de elaboración de materiais on-line así como novo contexto que require o dominio de novas estratexias comunicativas.
-Reflexionar sobre as consecuencias pedagóxicas e as implicacións didácticas dun marco teórico pragmático, orientado ao desenvolvemento das competencias lingüísticas, á lingua en uso nos diversos contextos sociais.
-Coñecer a literatura xuvenil e ser capaz de seleccionar textos de lectura motivadores e adecuados para os distintos niveis da educación secundaria, para acadar o desenvolvemento dun gusto pola lectura e a adquisición desta como fonte de ocio, coñecemento e pracer.
-Coñecer técnicas de obradoiro literario adaptadas aos distintos niveis da educación secundaria que permitan un achegamento non só pasivo aos textos literarios, senón tamén desde a creación e a creatividade.
-Dominar as estratexias para acadar a mellora dos distintos aspectos da competencia lingüística (ortografía, puntuación, redacción, expresión oral...) para os distintos niveis da educación secundaria.
-Coñecer as dificultades para a aprendizaxe do castelán de estudantes inmigrantes que non teñen o castelán como lingua materna e practicar a elaboración de materiais curriculares específicos.
-Coñecer procedementos e técnicas de avaliación dos aspectos curriculares de Lingua castelá e literatura e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e de estímulo ao esforzo.
-Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente e adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelos nos alumnos e alumnas.
1.O ensino e aprendizaxe de lingua castelá e literatura na Educación Secundaria Obrigatoria e o Bacharelato.
2.O currículo de lingua castelá e literatura na Educación Secundaria Obrigatoria e o Bacharelato. Coñecemento do currículo e elaboración de materiais de aula. O novo marco da LOMLOE.
3.Desenvolvemento da competencia oral.
4.A promoción da lectura e da competencia escrita e discursiva.
5.O lugar da gramática na ESO e o Bacharelato: enfoque comunicativo e contidos gramaticais.
6.Lectura, literatura e educación literaria na Educación Secundaria.
6.1. A literatura especificamente xuvenil e os criterios de selección de textos literarios para o seu uso con alumnos/as de Educación Secundaria.
6.2. Os obradoiros literarios: actividades para potenciar a creatividade literaria. Os concursos literarios orientados á Educación Secundaria (Premios Minerva, Concurso Coca-cola para alumnos de 2º ESO, etc.) e os Clubs de Lectura das bibliotecas de instituto: análise de casos e experiencias reais.
6.3. O plan lector nos institutos de Educación Secundaria.
6.4. Historia literaria e outras perspectivas de estudo: aplicacións das teorías sistémicas e os Estudos Culturais na Educación Secundaria.
6.5. Actualización das prácticas de comentario de texto nun paradigma post-formalista.
7. A comunicación icónico-verbal: a competencia comunicativa e os novos contextos e desenvolvementos tecnolóxicos.
8. Prensa e medios de comunicación na materia de Lingua Castelá e Literatura na Educación Secundaria. .
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Durán, C., G. Jover, R. Linares e M. Manresa (2022). Secuencias didácticas de reflexión sobre la lengua. https://sites.google.com/view/reflexion-sobre-la-lengua/inicio
García Gutiérrez, Mª E. (coord.) (2006). La educación lingüística y literaria en secundaria: materiales para la formación del profesorado. Vol. I, La educación lingüística. Vol II, La educación literaria. Consejería de Educación / Univ. de Murcia.
Jover, G. (2022). Itinerarios de lectura literaria para la ESO
https://sites.google.com/view/itinerariosdelecturaliteraria/eso
Mata, Juan, Mª del Pilar Núñez et. al. (2015). Didáctica de la lengua y la literatura. Pirámide.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Álvarez Angulo, Teodoro (2010). Competencias básicas en escritura. Barcelona: Octaedro.
Barragán, C. et al. (2005). Hablar en clase: cómo trabajar la lengua oral en el centro escolar. Barcelona: Graó.
Calsamiglia, H. e Tusón, A. (1999). Las cosas del decir. Manual de análisis del discurso. Barcelona: Ariel.
Colomer, T. e Camps, A. (1996) Enseñar a leer, enseñar a comprender. Madrid: Celeste/MEC.
Gúrpide Ibarrola, C; N. Falcó Avellana; A. Bernad Puig (2010). Espejos de la ficción. Los talleres de escritura. Pamplona: Pamiela Editorial.
Hernández, A. (2005). Mejorando la composición escrita: estrategias de aprendizaje. Málaga: Aljibe.
Janer Manila, G. (1989). Pedagogía de la imaginación poética. Barcelona: Aliorna.
Jover Gómez Ferrer, G. (2007). Un mundo por leer. Educación, adolescentes y literatura. Barcelona: Octaedro.
Leibrandt, I. (2008). Las herramientas electrónicas en la didáctica de la literatura. Navarra: Eunsa.
Lomas, C.; Osoro, A. e Tuson, A., (1993) Ciencias del lenguaje, competencia comunicativa y enseñanza de la lengua. Barcelona: Paidós.
López Morales, H. (1991). “La enseñanza del español como lengua materna”. Actas del II Seminario Internacional sobre aportes de la lingüística a la enseñanza del español como lengua materna. Río Piedras: Servicio de publicaciones de la Universidad de Puerto Rico.
Mantilla Sánchez, Lizette (2009). Animando a leer. Técnicas para incentivar la lectura. Trillas Eduforma.
Marco, A. (1998). "Los aspectos de lo multicultural y su incidencia en el área de Lengua y Literatura", en Mendoza, A. (Coord.), Conceptos clave en Didáctica de la Lengua y la Literatura. Barcelona: Horsori, pp. 255-264.
Pennac, D. (1993). Como una novela. Barcelona: Anagrama.
Silva Valdivia, B. (1990). “Lingua galega e lingua española, unha interacción pedagoxicamente necesaria”, Cadernos de lingua nº. 1, 119-124.
Silva Valdivia, B. (2008). “Gallego, castellano y lenguas extranjeras en el sistema escolar de Galicia”, Textos de didáctica de la lengua y de la literatura nº 47, 59-69.
Tusón, A. (1993). “Aportaciones de la sociolingüística a la enseñanza de la lengua”, en C. Lomas e A. Osoro (comps.), El enfoque comunicativo de la enseñanza de la lengua. Barcelona: Paidós, pp. 55-72.
Vázquez, G. (2000). La destreza oral. Conversar, exponer, argumentar. Madrid: Tandem-Edelsa.
Vez Jeremías, J. M. (1988). “Comportamiento lingüístico. Lenguaje, sociedad y escuela”, en J. García Padrino y A. Medina (dirs.), Didáctica de la Lengua y la Literatura, Madrid: Anaya.
A materia contribuirá particularmente ao desenvolvemento das seguintes competencias xerais, específicas e transversais:
COMPETENCIAS BÁSICAS
(CB7) Saber aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contextos novos ou pouco coñecidos dentro de contornos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
(CB8) Ser quen de integrar coñecementos e de enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
(CB9) Saber comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
(CB10) Posuír as habilidades de aprendizaxe que lle permitan continuar estudando dun xeito que deberá de ser, en gran medida, autodirixido ou autónomo.
COMPETENCIAS XERAIS
(CG3) Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias lingüísticas e literarias, atendendo ao nivel e formación previa dos estudantes, así como á orientación dos mesmos, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
• (CG4) Buscar, obter, procesar e comunicar información (oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia), transformala en coñecemento e aplicala aos procesos de ensino e aprendizaxe en “Lingua castelá e literatura” nos distintos niveis da Educación Secundaria.
• (CG6) Deseñar e desenvolver metodoloxías didácticas tanto grupais como individuais, adaptadas á diversidade dos/as estudantes.
• (CG8) Adquirir estratexias para estimular o esforzo do estudante e promover a súa capacidade para aprender por si mesmo e con outros e desenvolver habilidades de pensamento, decisión e expresión lingüística que faciliten a autonomía, a confianza e iniciativas persoais.
• (CG9) Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e dominar destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar a aprendizaxe e a convivencia na aula e dominar destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar a aprendizaxe e a convivencia na aula e resolver conflitos e problemas de disciplina.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
• (CE-E6) Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
• (CE-E7) Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
• (CE-E8) Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes.
• (CE-E9) Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
• (CE-E10) Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
• (CE-E11) Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras na disciplina de lingua castelá e literatura.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
• (CT-2) Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñíbeis, estabelecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións.
• (CT-3) Potenciar a capacidade para o traballo en contornos cooperativos e pluridisciplinarios.
Preténdese unha metodoloxía didáctica baseada fundamentalmente na participación e na cooperación, de maneira que as aprendizaxes se produzan a partir da análise crítica de documentos, do contraste de ideas e argumentos, e da valoración compartida de informacións, recursos e estratexias didácticas. Tomando como referencia a metodoloxía do traballo por proxectos, proporase como tarefa condutora da materia a preparación dunha programación docente dun curso académico da materia de lingua castelá e literatura. Deste modo, o traballo centrarase principalmente na elaboración, por parte das alumnas e alumnos, de propostas didácticas para a aula que cubrirán os distintos niveis da Educación Secundaria. Estas programacións defenderanse oralmente e exporanse unidades didácticas tomadas delas, coas súas actividades. Estas exposicións darán pé a un debate sobre a adecuación ao nivel, a efectividade, o carácter motivador das actividades, a integración de aspectos de innovación docente e unha interacción co profesor que orientará sobre estas cuestións, tratando ademais de xeito sistemático todos os aspectos da competencia lingüística e literaria, propoñendo canles de mellora. Entendemos que esta metodoloxía é eficaz, pertinente e motivadora, xa que permite achegarse a todos os contidos da materia desde unha perspectiva eminentemente práctica, de elaboración de materiais curriculares e de adecuación aos distintos niveis educativos e ademais achega aos alumnos e alumnas a unha actividade que formará parte do seu futuro docente e que os motivará particularmente por formar tamén parte dos procesos selectivos para o profesorado, precisamente pola súa íntima relación coa actividade docente. Facilitaranse materiais a través da aula virtual.
A distribución do horario en sesións expositivas e interactivas entenderase de forma flexible, pero permitirá utilizar dúas metodoloxías complementarias:
a) As sesións expositivas utilizaranse para establecer pautas sobre o desenvolvemento didáctico da propia materia e para facilitar a información básica relacionada con cada tema.
b) As sesións interactivas servirán para desenvolver máis polo miúdo os contidos e para contrastar ideas e tomar postura persoal sobre os mesmos. Para iso, organizados en pequenos grupos, os estudantes deberán afondar nos distintos temas e guiar a súa discusión en gran grupo.
As sesións interactivas terán como finalidade servir para o desenvolvemento práctico do produto final establecido para o proxecto que constituirá o eixo vertebrador da materia e o principal instrumento de avaliación.
Coherentemente coa metodoloxía proposta, a avaliación da materia centrarase na valoración do proxecto desenvolvido, isto é, a programación dun curso académico da materia de lingua castelá e literatura coas unidades didácticas e os materiais curriculares que a desenvolven. A valoración desta abranguerá a calidade do propio documento elaborado (30%), mais terá en conta de xeito preferente a defensa oral e a exposición da unidade didáctica (40%). Neste sentido, terase en conta a claridade expositiva, a calidade e interese da concepción global da programación, a eficacia e adecuación das actividades didácticas presentadas en relación ao nivel educativo para o que se propoñen, a integración de aspectos de innovación docente e a aplicabilidade da proposta á realidade das aulas en termos de tempos, espazos, recursos e contextos educativos. Serán necesarias para a superación da materia a asistencia e participación nas actividades, a realización na aula por parte de cada alumno e alumna dun mínimo dunha defensa oral da programación e a exposición dunha unidade didáctica e a participación activa en comentarios e debates xurdidos a partir das exposicións orais dos compañeiros e compañeiras (30%). A avaliación estará pois orientada á comprobación do desenvolvemento efectivo das competencias didácticas e docentes na área de lingua castelá e literatura.
ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA ÁS CLASES:
De haber algún alumno/a con dispensa de asistencia a clase en aplicación de normativa superior, a súa avaliación realizarase da seguinte maneira:
Traballos: 30%
Exame: 70%
Este alumnado deberá poñerse en contacto co profesorado da materia nos 10 primeiros días do semestre, contados a partir do inicio da actividade lectiva, para acordaren o plan de traballo correspondente. No acordo, que deberá ser asinado por ambas as dúas partes, deberán constar tamén o cumprimento da asistencia a titorías docentes, seminarios, etcétera, se se considerase pertinente.
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
Conservaranse as cualificacións obtidas no apartado “traballos” da primeira oportunidade e realizarase un novo exame coa mesma ponderación.
ALUMNADO REPETIDOR:
Será avaliado como o de nova matrícula, aplicándoselle, en consecuencia, os criterios xerais que se indicaron con anterioridade.
Traballo presencial: 48 horas, que abranguen clases expositivas nas que se tratarán os distintos contidos e servirán para orientar a elaboración da programación docente en aspectos de competencia lingüística, promoción da lectura, técnicas de obradoiro literario, avaliación na área de lingua, atención á diversidade na área de lingua castelá e literatura; clases interactivas centradas en exposicións, debates, elaboración de materiais e propostas didácticas, corrección de materiais, planificación da actividade do período de prácticas, etc.
Traballo persoal do/a alumno/a: 102 horas, que se distribuirán en estudo autónomo, lectura de materiais e elaboración de propostas didácticas, preparación de presentacións e debates, actividades en biblioteca, lecturas recomendadas, procuras bibliográficas e revisión de materiais curriculares, etc.
As recomendacións para o estudo da materia inclúen a asistencia activa e participativa, a lectura da bibliografía recomendada, a implicación nas actividades prácticas propostas e a reflexión sobre a importancia da propia actitude lingüística, que constituirá no futuro exercicio docente o modelo de lingua para alumnos e alumnas de educación secundaria, e que como tal debe ser non só un exemplo lingüístico axeitado gramaticalmente e rico lexicamente, senón a expresión de actitudes lingüísticas de valoración dos distintos códigos. O uso lingüístico do profesorado ten un papel esencial na formación de individuos plurilingües, con flexibilidade para o uso das diversas linguas e que valoren estas non só como códigos de comunicación funcional senón como elementos clave do patrimonio cultural e da construción da propia identidade e a apertura a outras culturas e sociedades. Recoméndase ler, amosar interese pola literatura e integrala nas vidas dos estudantes, pois só un profesor ou profesora que le poderá no futuro transmitir o goce e o hábito da lectura.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da
aula virtual.
Responsabilidade medioambiental. Se o docente da materia solicita a entrega en papel,
debe cumprir os seguintes requisitos:
Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero:
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula
como nos traballos académicos encomendados.
Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus
Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas
como ferramentas institucionais pola universidade.
Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de
traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado
das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado
do mesmo.
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado,
enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o
estudantado matriculado na materia.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos
https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Maria Lopez Sandez
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Correo electrónico
- maria.sandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
Xoves | |||
16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
22.05.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
30.06.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 24 |