Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Matemática
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Elaborar deseños de propostas didácticas para o ensino/aprendizaxe das matemáticas na educación secundaria, tendo en conta o currículo actual. Analizar diferentes estratexias para a súa planificación e desarrollar instrumentos de avaliación.
- O currículo oficial de matemáticas, a súa estrutura e dimensións.
- Modelo de deseño, planificación e avaliación: contidos e obxectivos. Estratexias de instrución: as actividades e recursos de aprendizaxe. Estratexias de avaliación: avaliación da aprendizaxe e do método.
- Análise de propostas didácticas. Deseño, planificación e avaliación dunha proposta para o ensino das Matemáticas.
a) Básica
CHEVALLARD,Y, BOSCH, M. y GASCÓN, J. (1997). Estudiar Matemáticas: el eslabón perdido entre enseñanza y aprendizaje. Barcelona. ICE-Horsori.
NCTM (2000). Principios y estándares para la Educación Matemática. Sevilla. (Traducción: SAEM Thales 2003).
RICO, L., et al. (2014). Bases teóricas del curriculo de Matemáticas en Educación Secundaria. Madrid. Síntesis.
GIMÉNEZ, J. (1997). Evaluación en Matemáticas. Madrid. Síntesis.
XUNTA DE GALICIA. Curriculum oficial de ESO e BACHARELATO. Decreto 156/2022, de 15 de septiembre, por el que se establecen la ordenación y el currículo de la educación secundaria obligatoria en la Comunidad Autónoma de Galicia. Decreto 157/2022, de 15 de septiembre, por el que se establecen la ordenación y el currículo del bachillerato en la Comunidad Autónoma de Galicia. (DOG nº 183 26/09/2022).
b)Complementaria:
DE LA FUENTE MARTÍNEZ, C. De la resolución de problemas a las investigaciones matemáticas: Algunas estrategias didácticas. Revista UNO nº 64 Oct-Nov-Dic 2013, pp 91-100.
GINÉ DE LERA, C. DEULOFEU PIQUET, J. Creencias de Profesores y Estudiantes de Profesor de Educación Primaria y Secundaria sobre los Problemas de Matemáticas. REDIMAT, Journal of Research in Mathematics Education Vol. 4 No. 2 June 2015 pp. 161-178
PÓLYA, G. (1945). How to solve it. Princeton University Press. Traducción al castellano: (1986). Cómo plantear y resolver problemas. México. Trillas.
VARA PIRES, M. Tarefas de investigação na sala de aula de Matemática: práticas de uma professora Matemática. Revista Quadrante – Vol. 20 - Nº 1 – 2011. Pp 29-46.
Revistas:
BOLETÍN DAS CIENCIAS. Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA).
GAMMA, Agapema.
SUMA. Federación de profesores de Matemáticas.
UNO. Barcelona. Graó. Análisis didáctico. Formación de Profesores.
QUADRANTE.
AIEM. Revista de Investigación en Educación Matemática.
Xerais
Que os estudantes sexan capaces de:
- CG3. Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias das correspondentes ensinanzas, atendendo ao nivel e formación previa dos estudantes, así como á orientación dos mesmos, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
- CG5. Contextualizar o currículo que se vaia a implantar nun centro docente participando na planificación colectiva do mesmo.
- CG7. Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, a formación cidadá e o respecto aos dereitos humanos que faciliten a vida en sociedade, a toma de decisións e a construción dun futuro sostible.
- CG9. Coñecer os procesos de interacción e comunicación no aula e dominar destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar a aprendizaxe e a convivencia no aula e abordar problemas de disciplina e resolución de conflitos.
- CG18. Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas a contornas educativas novos ou pouco coñecidas.
Específicas asociadas ao módulo específico
Que os estudantes sexan capaces de:
- CE-E5. Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
- CE-E8. Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes.
- CE-E9. Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
- CE-E10. Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
- CE-E11. Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
- CE-E12. Analizar de xeito crítico o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade.
Tanto as clases expositivas como as interactivas seguirán unha metodoloxía centrada no alumnado, promovendo a súa participación. As clases interactivas procurarán unha maior implicación do alumnado mediante o desenvolvemento dunha metodoloxía docente centrada baseada no estudo de casos, a análise de proxectos e a resolución de problemas. Todas as tarefas do alumno (estudo, traballos, uso de computador, proxectos, lecturas, exposicións, exercicios, prácticas...) serán orientadas polo profesor tanto na aula como nas sesións de titoría. Nestas atenderase aos estudantes para comentar cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calquera outra dificultade do alumnado relacionada coa materia.
A avaliación cinguirase á comprobación do desenvolvemento efectivo das competencias.
a. Avaliación continua: farase por medio de controis escritos, traballos entregados, participación do estudante no aula e no laboratorio, titorías ou outros medios.
b. Exame final.
Contribución de cada apartado á cualificación final:
- Apartado a: 40%
- Apartado b: 60%
Os estudantes que non desenvolvan algún dos apartados, serán cualificados como Non Presentado.
O alumnado con exención de docencia ou dispensa de asistencia debidamente acreditada seguirán os mesmos criterios de avaliación, seguindo as oportunas indicacións do profesor para aqueles instrumentos de avaliación que necesiten adaptación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Traballo presencial do alumnado: 24 h
- Horas expositivas: 9
- Horas interactivas: 12
- Horas de titoría: 3
Traballo non presencial do alumnado: 51h
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 25h.
- Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos derivados da
materia: 13h.
- Actividades en biblioteca, lecturas recomendadas, procuras
bibliográficas: 10h.
- Realización de exame: 3h.
Aconséllase a inmersión na bibliografía recomendada, co obxectivo de poder suscitar dúbidas e preguntas nas sesións presenciais. O carácter activo da metodoloxía require o protagonismo do alumnado na súa propia aprendizaxe.
Entrega de traballos:
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse a través da aula virtual.
Responsabilidade medioambiental:
Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero:
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos. Enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Maria Teresa Fernandez Blanco
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Matemática
- Teléfono
- 881812012
- Correo electrónico
- teref.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Dolores Rodríguez Vivero
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Matemática
- Teléfono
- 982821046
- Correo electrónico
- dolores.rodriguez.vivero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoves | |||
---|---|---|---|
19:00-21:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 33 |
27.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 33 |
01.07.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |