Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 85 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 125
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola, Bioloxía Funcional, Física de Partículas
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola, Fisioloxía Vexetal, Física da Materia Condensada
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Proporcionar ao estudiante unha base de coñecementos de ciencias experimentais que sirvan para adquirir unha visión xeral de estas disciplinas .
Proporcionar aos estudiantes as ferramentas necesarias para o tratamento didáctico no ensino secundario, prestando especial atención a temas de actualidade e con incidencia no desenvolvemento integrado e sostible da nosa sociedade.
Clases expositivas:
As clases expositivas serán presenciais e consistirán na exposición dos contidos teóricos da materia por parte dos profesores.
Bloque 1: Física
- A Física clásica: forzas e movementos (leis de Newton, modelos de Galileo).
- A Física do século XX: materia e enerxía (o átomo, a mecánica cuántica, electromagnetismo, relatividade).
- Temas actuais en Física: da orixe do Universo á nanotecnoloxía (cosmoloxía, fontes de enerxía, materiais, etc..).
Bloque 2. Xeoloxía
- Principios básicos da Xeoloxía. O tempo e o espazo en Xeoloxía.
- Estrutura, composición e dinámica da Terra. Tectónica de placas e as súas implicacións.
- O ciclo xeolóxico. Minerais e Rochas.
- O solo.
Bloque 3. Bioloxía
- Estrutura e propiedades das substancias. Cambios químicos e as súas repercusións.
- Orixe e diversidade da vida.
- Evolución. Adaptación dos organismos vivos ao medio.
- Biotecnoloxía.
Clases interactivas:
As clases interactivas de seminarios consistirán na elaboración e presentación en clase de traballos bibliográficos sobre os bloques de coñecemento tratados nas clases expositivas. Ditos traballos terán un enfoque comparativo entre a bibliografía básica e os libros de texto utilizados en educación secundaria. Dependiendo do número de alumnos, os traballos realizaranse individualmente ou en grupos.
Estas clases serán presenciais.
A duración dos seminarios será de 5 horas para o bloque 1, 5 horas para o bloque 2 e 10 para o bloque 3.
Titorías:
O tempo dedicado ás titorías (5 h) se utilizará para a resolución de dubidas sobre as clases expositivas e orientar ao alumnado na realización dos traballos bibliográficos das clases interactivas (seminarios).
As titorías poderán ser presenciais ou telemáticas, utilizando no segundo caso a ferramenta Teams. Deberán ser requeridas polos estudiantes mediante cita previa e poderán ser individuais ou en grupo. A duración das sesions de titorías dependerá das necesidades do alumnado.
Exame:
O examen final (2 h) será presencial e tratará sobre os contidos teóricos da materia.
Bibliografía básica e complementaria
Básica:
- Campbell, N. A. & Reece, J.B. (2007). Biología (7ª ed.). Médica Panamericana.
- Tarbuck, E.J. & Lutgens, F.K. (2005). Ciencias de la Tierra. Una introducción a la Geología Física. Prentice Hall.
- Tipler, P. A.& Mosca, G. (2012). Física para la Ciencia y la Tecnología (6ª ed.). Reverté.
Complementaria
- Anguita, F. (1988). Origen e historia de la Tierra. Rueda.
- Bastida, F. (2005). Geología: una visión moderna de las ciencias de la tierra. Trea.
- Caamaño Ros, A (coord.). (2011). Física y química complementos de formación disciplinar. Ministerio de Educación Cultura y Deporte, Secretaría General Técnica.
- Curtis, H., Barnes, N.S., Schnek, A. & Massarini, A. (2008). Biología (7ª ed.). Médica Panamericana.
- Curtis, H., Barnes, N.S., Schnek, A. & Massarini, A. (2015). Invitación a la biología en contexto social (7ª ed.). Editorial Médica Panamericana.
- Freeman, S. (2009). Biología. (3ª ed.). Pearson.
- Porta, J., López-Acevedo, M. & Poch, R.M. (2008). Introducción a la Edafología. Uso y protección del suelo. Mundi-Prensa.
- Solomon E.P., Berg, L.R. & Martin D.W. (2013). Biología (9ª ed.). Cengage Learning.
- Urry A.L., Cain M.L., Wasserman S.A., Minorsky P.V. & Reece J.B. (2017). Campbell Biology (11ª ed.). Pearson.
- Young, H. D.& Freedman, R. A. (2013). Física Universitaria (13ª ed.). Pearson.
CG4 - Buscar, obter, procesar e comunicar información (oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia), transformala en coñecemento e aplicala aos procesos de ensino e aprendizaxe nas materias específicas estudadas.
CT1 - Utilizar ferramentas de investigación e bibliografía para recursos bibliográficos xerais e específicos, incluído o acceso a Internet.
CEE2 - Coñecer os contidos estudados nas respectivas ensinanzas.
CEE8 - Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e valora as achegas dos alumnos.
CEE9 - Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe
Os temas propuestos desenvovleranse nas clases expositivas. O alumnado participa nas distintas clases expositivas e interactivas co fin de familiarizarse cos métodos básicos empregados nas ciencias experimentais. No desenvolvemento de cada tema, as clases prácticas se intercalan coas de teoría co obxecto de utilizar inmediatamente os coñecementos adquiridos.
Os temas propostos desenvolveranse nas clases expositivas. Nas clases interactivas levaranse a cabo distintas actividades relacionadas cos tema propostos, incluíndo comentarios sobre lecturas recomendadas, seminarios, prácticas de laboratorio e prácticas de campo.
Os profesores farán chegar a información sobre os temas tratados, as actividades a realizar, e las cualificacións a través da aula virtual.
As titorías da materia poderán ser, para todo o alumnado, presenciais ou a través do equipo da aplicación Teams que se creará para a materia.
A avaliación da materia pretende favorecer o traballo constante sobre a materia. Terá en conta a participación do alumnado na realización de traballos, así como a súa participación activa nas actividades docentes.
A avaliación realizarase:
- Mediante proba escrita, ao final do cuadrimestre, sobre os contidos da parte teórica e práctica (50% da cualificación final). Nesta prueba avaliaranse as competencias CG4 e CEE2.
Será necesario superar con polo menos 5 sobre 10 puntos cada unha de las partes da avaliación (exame final de prueba escrita e evaluación continua) para superar a materia.
- Avaliación continua (50% da cualificación final). Realizaranse traballos escritos que serán expostos e discutidos co resto de alumnos, nos que se valorarán os contidos, a exposición e a defensa. Os traballos a realizar serán sobre temas actuais en ciencias experimentais.
Para a avaliación da segunda oportunidade realizarase un exame, presencial ou telemático segundo o escenario do momento. A cualificación final calcularase do mesmo modo descrito para a primeira oportunidade.
No caso do alumnado que teña dispensa de asistencia a clase (segundo a instrución Nº 1/2017 de Secretaría Xeral), as actividades a realizar serán as indicadas para o resto do alumnado e a avaliación se realizará da mesma maneira, se ben a cualificación obtida na proba escrita realizada na data oficial suporá o 75% da cualificación final e a avaliación continua o 25% da cualificación final.
Actividade presencial
- Clases expositivas - 15h
- Clases interactivas - 20h. O alumnado con dispensa de asistencia terá que asistir só a clases interactivas-5h
- Titorías - 5h
- Realización dunha proba escrita (2h)
Traballo persoal do estudiante:
- Tempo de estudio - 40h
- Elaboración de un traballo bibliográfico- 15h
- Resolución de problemas e/ou cuestións - 5h
- Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca, etc. 25h
Total horas non presenciais: 85 horas
- Asistir e participar activamente nas actividades docentes e realizar todas as actividades propostas.
No caso do alumnado que teña dispensa de asistencia a clase (segundo a instrución Nº 1/2017 de Secretaría Xeral), as actividades a realizar serán as indicadas para o resto do alumnado e a avaliación se realizará da mesma maneira, se ben a cualificación obtida na proba escrita realizada na data oficial suporá o 75% da cualificación final e a avaliación continua o 25% da cualificación final.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plás:co ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo de aula como nos traballos académicos encomendados.
Os traballos realizados polo alumnado deberán entregarse, preferentemente, por medios telemáticos.
Obligatoriedade de uso da conta de correo rai.usc
Obligatoriedade de uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Office 365 e outras facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramientas institucionais pola universidade.
Non se poderá utilizar o teléfono móvil salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacions do docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poida derivarse dun uso non adecuado do mesmo.
Ter en conta que a educación-aprendizaxe (clases/titorías) son un proceso privado, entendéndose privado como o proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Obligatoriedade de cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Carolina Torron Casal
- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física da Materia Condensada
- Teléfono
- 881814023
- Correo electrónico
- carolina.torron [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Del Carmen Rodriguez Gacio
Coordinador/a- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Correo electrónico
- mdelcarmen.rodriguez.gacio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Patricia Sanmartin Sanchez
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881814984
- Correo electrónico
- patricia.sanmartin [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Yolanda Ferradas Rial
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Correo electrónico
- yolanda.ferradas.rial [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | AULA 4-5 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Martes | |||
17:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | AULA 4-5 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Mércores | |||
17:30-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán, Galego | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
15.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
23.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |