Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 204 Horas de Titorías: 12 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 48 Total: 300
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Musical
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Coñecer e reflexionar sobre o currículo de música e o perfil do profesorado de música.
2. Coñecer as principais propostas pedagóxicas de educación musical.
3. Coñecer e comprender os modelos, principios de deseño e estrutura dos proxectos na educación musical.
4. Deseñar e por en práctica propostas de intervención educativa que fomenten a percepción, a expresión e a creación musical.
Os contidos que se traballan nesta materia son os seguintes:
Bloque I – A música no currículo escolar
•Obxectivos, contidos e criterios de avaliación.
•Principais propostas de educación musical.
•Recursos e materiais para a educación musical: deseño, selección e aplicación.
Bloque II – Programación curricular na ensinanza da música
•Unidades didácticas: concepto, estrutura e deseño.
•Proxectos: concepto, tipos e estrutura.
•Deseño, implementación e avaliación de proxectos.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Arias, A., Arias, D., Nazava, A., & Rial, D. (2009). O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria. Xunta de Galicia. http://www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/DXC/9002463-Proxectos_Web.pdf
Díaz, M. y Giráldez, A. (coords.) (2007). Aportaciones teóricas y metodológicas a la educación musical.Graó.
Majó, F. & Baqueró, M. (2014). 8 ideas clave. Los proyectos interdisciplinarios. Graó.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Akoschky, J. (1988). Cotidiáfonos. Instrumentos sonoros realizados con objetos cotidiános. Ricordi.
Borragán, A., Barrio del, J.A. & Gutiérrez, J.N. (1999). El juego vocal para prevenir problemas de voz. Ediciones Aljibe.
Botella Nicolás, A.M. & Ramos Ramos, P. (2020). El aprendizaje basado en proyectos en el aula de música: una revisión sistemática. Per musi, 40, 1-15.
Gillanders, C. & Candisano Mera, J.A. (2011). Métodos y modelos de educación musical. Música y Educación, 8, 62-72.
Giráldez, A. (Ed). (2011). Música. Investigación, innovación y buenas prácticas. Graó.
Giráldez, A. (Coord.) (2015). De los ordenadores a los dispositivos móviles. Propuestas de creación musical y audiovisual. Graó.
Espinosa, S. (2006). Ecología acústica y educación. bases para el diseño de un nuevo paisaje sonoro. Editorial Graó
Hemsy de Gainza, V. (1964). La iniciación musical del niño. Ricordi.
Patton, A. (2012). Work that matters. The teacher’s guide to project-based learning. Paul Hamlyn Foundation.
Santos Rego, M.A., Sotelino Losada, A. & Lorenzo Moledo, M. (2015). Aprendizaje-servicio y misión cívica de la universidad. Una propuesta de desarrollo. Octaedro.
Schafer, M.R. (1994). Hacia una educación sonora. Pedagogías Musicales Abiertas.
XERAIS
CX1 - Coñecer os contidos curriculares das materias relativas á especialización docente correspondente.
CX2 - Coñecer o corpo de coñecementos didácticos ao redor dos procesos de ensino e aprendizaxe respectivos.
CX3 - Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias dos respectivos ensinos, atendendo ao nivel e formación previa dos estudantes, así como á orientación dos mesmos, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
CX4 - Buscar, obter, procesar e comunicar información (oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia), transformala en coñecemento e aplicala aos procesos de ensino e aprendizaxe nas materias propias da especialización cursadas.
CX5 - Contextualizar o currículo que se vaia a implantar nun centro docente participando na planificación colectiva do mesmo.
CX6 - Deseñar e desenvolver metodoloxías didácticas tanto grupales como personalizadas, adaptadas á diversidade dos estudantes.
CX7 - Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á equidade, a igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, a formación cidadá e o respecto aos dereitos humanos que faciliten a vida en sociedade, a toma de decisións e a construción dun futuro sustentable.
CX8 - Adquirir estratexias para estimular o esforzo do estudante e promover a súa capacidade para aprender por se mesmo e con outros e desenvolver habilidades de pensamento e de decisión que faciliten a autonomía, a confianza e iniciativas persoais.
CX9 - Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e dominar destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar a aprendizaxe e a convivencia na aula e abordar problemas de disciplina e resolución de conflitos.
CX10 - Deseñar e realizar actividades formais e non formais que contribúan a facer do centro un lugar de participación e cultura na contorna no que está situado.
ESPECÍFICAS
CEE6 - Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
CEE7 - Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
CEE8 - Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as aportacións dos estudantes.
CEE9 - Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
CEE10 - Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
As clases expositivas consistirán na presentación do marco teórico da materia. Nestas sesións os estudantes presentarán os seus traballos sobre as lecturas do curso que estarán a súa disposición na aula virtual.
Durante o cuadrimestre levarase a cabo, polo menos, 1 proxecto. A participación no proxecto é obrigatoria. A elaboración do proxecto pode levarse a cabo de xeito interdisciplinar con outra materia do mestrado.
Cando os presupostos do centro así o permitan, realizaranse saídas didácticas ou experiencias de ApS.
Utilizarase a aula virtual da USC como canle de traballo obrigatorio e complementario á docencia.
A) PRIMEIRA OPORTUNIDADE ORDINARIA
- Apartado 1 (75% da nota final): Avaliación continua a través de traballos/tarefas e/ou de ser o caso, proxectos ApS e/ou saídas de campo. As diferentes actividades que se desenvolvan especificaranse en cada tema polo profesorado responsable. A cualificación neste apartado será a media ponderada entre o profesorado da materia.
+ Informe lecturas 20%
+ Deseño, implementación e avaliación dos proxectos: 55%
- Apartado 2 (25% da nota final): Exame teórico-práctico.
Para superar a materia nesta oportunidade é requisito ter unha asistencia mínima do 80% das sesións de clase. Así mesmo, tamén é requisito, obter unha cualificación mínima de 5 sobre 10 nos dous apartados. No caso de suspender algún apartado, o alumnado poderá recuperalo na segunda oportunidade.
B) SEGUNDA OPORTUNIDADE ORDINARIA (MESMO CURSO ACADÉMICO)
- Apartado 1 (75% da nota final): O alumnado que teña superado este apartado conservará a súa cualificación para esta oportunidade, non podendo volver examinarse do mesmo. No caso de ter algunha actividade/traballo/tarefa suspensa e/ou pendente o alumnado deberá entregala nesta oportunidade.
- Apartado 2 (25% da nota final): Exame teórico-práctico.
Para superar a materia é necesario ter unha cualificación mínima de 5 sobre 10 nos dous apartados.
C) SISTEMA DE AVALIACIÓN DO ALUMNADO QUE TEN DISPENSA DE ASISTENCIA
O alumnado comunicará ao profesorado da materia a súa condición de alumno/a con dispensa a clase e poderá examinarse tanto na oportunidade ordinaria como extraordinaria.
- Apartado 1 (75% da nota final): Mesmo sistema de avaliación que na oportunidade ordinaria. No caso de non poder desenvolver algunha actividade derivada da súa condición como alumnado de dispensa, o profesorado formulará algunha actividade complementaria.
- Apartado 2 (25% da nota final): Exame teórico-práctico.
Para superar a materia é necesario ter unha cualificación mínima de 5 sobre 10 nos dous apartados.
ALUMNADO REPETIDOR
O alumnado repetidor da materia terá que cursar e examinarse da materia exactamente igual que o alumnado que asiste regularmente, non conservando ningunha cualificación obtida de convocatorias anteriores.
Total horas traballo presencial na aula: 96 h
Total horas traballo persoal do alumno/a : 204 h
Total: 300 h
- Asistencia ás sesións de clase.
- Compromiso e responsabilidade no traballo.
- Tratar de resolver as dúbidas e as dificultades que xurdan dende un primeiro momento nas propias clases ou nas titorías.
- Ser responsable e non esquecer as datas dos traballos ou actividades plantexadas polo profesorado e grupos de traballo.
- Utilizar os recursos da propia Facultade (biblioteca, aulas) para o estudo e para a ampliación dos propios coñecementos.
• Para o desenvolvemento da actividade docente desta materia farase uso do Campus Virtual da USC.
• Segundo a normativa da USC sobre presencialidade, é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase. Nos casos considerados na normativa do Centro, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia debendo informar ó docente desta situación a mesma semana en que se solicite coa fin de concretar o seu plan de traballo e a avaliación da materia. O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Ver tamén a Instrución Nº1/2017, da Secretaría Xeral, sobre a dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias.
• En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa aos temas desenvolvidos.
•Perspectiva de xénero: en atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo de aula como nos traballos académicos encomendados.
•É obrigatorio o uso da conta de correo rai e das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
•Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
•Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
• Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos
https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Carol Jean Gillanders
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Musical
- Teléfono
- 881812063
- Correo electrónico
- carol.gillanders [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xosé María Lopez Carretero
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Musical
- Teléfono
- 881812001
- Correo electrónico
- xosemarialopez.carretero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Carme Lopez Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Musical
- Teléfono
- 881812125
- Correo electrónico
- carmelopez.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán, Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 07 - MÚSICA |
Mércores | |||
16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 07 - MÚSICA |
20.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 07 - MÚSICA |
30.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 07 - MÚSICA |